Ceo máis anubrado canto máis ao Oeste, con precipitacións moi débiles, principalmente pola mañá nas provincias da Coruña e Pontevedra. Pola tarde tenden a remitir as precipitacións. Vento frouxo de compoñente Oeste, con intervalos moderados no litoral e no terzo Norte. Temperaturas en descenso entre lixeiro e moderado. 29/06/12
Medicamentos máis caros a partir do domingo. Entra en vigor o copagamento farmacéutico. // Para o PP, una decisión responsable. Para os grupos da oposición, outro recorte do estado de benestar. // O co presidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso presenta a dimisión, despois de que lle fose reclamada por algúns membros do consello de administración da entidade. // Folga e manifestacións en Ferrolterra en protesta pola falta de saídas á crise que sofre a comarca. 28/06/12
Medicamentos máis caros a partir do domingo. // Para o PP, una decisión responsable. Para a oposición, outro recorte. // O co presidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso presenta a dimisión. // Folga e manifestacións en Ferrolterra. 28/06/12
Néboas e ceos nubrados no litoral de Pontevedra e A Coruña, con algúns chuvascos ocasionais, mentres que nas provincias de Lugo e Ourense quedarán máis despexados. Vento frouxo de Oeste-sueste, con intervalos de moderado no Norte de Lugo e A Coruña. Temperaturas mínimas en moderado descenso; mentres que as máximas baixarán de forma entre moderada e notable. 28/06/12
A Xunta anuncia que plantexará en xullo a comisión que investigue a fusión das caixas. // Protestas contra os recortes e o reagrupamento de alumnos. // Os lingüistas recomendan ver as series e películas en versión orixinal. // Últimos traballos da primeira fase da rehabilitación e consolidación do Castro de Baroña. // Moita calor, sobre todo no interior das provincias de Lugo e Ourense. // España-Portugal, a rivalidade futbolística na fronteira. 27/06/12
Ceos parcialmente nubrados con nubes de tipo medio e alto e nubes de evolución que poden deixar algún chuvasco illado no interior e que pola tarde serán máis numerosos sobre zonas altas de Ourense e Lugo, onde poden ir acompañados de tormentas. Vento frouxo de dirección variable pola mañá, con áreas de calma, e frouxo do Sueste pola tarde, con algúns intervalos de moderado nos arredores de Fisterra. Temperaturas mínimas en lixeiro ou moderado ascenso e máximas sen cambios significativos, agás no terzo Norte, onde ascenderán de modo moderado. 27/06/12
Silencio no Parlamento galego..., e en Narón, para denunciar a violencia de xénero. O pleno do concello coruñés decretou un día de loito oficial en memoria da última das vítimas, unha moza de 28, veciña deste municipio. // Accidentada sesión plenaria no Parlamento galego. // Novagalicia Banco, ao nivel do bono lixo, tras a rebaixa da axencia Moody's. // Unha homenaxe ás vítimas da droga nun lugar que foi símbolo da prepotencia dos narcotraficantes. En Vilanova de Arousa, no pazo de Vista Real, que pertenceu ao clan dos Charlíns. // No concello ourensán de Leiro os termómetros poderían superar hoxe os 40 graos. // Multitudinaria celebración nas rúas de Lugo do ascenso de categoría do seu equipo de fútbol. 26/06/12
Silencio, para denunciar a violencia de xénero. // Accidentada sesión plenaria no Parlamento galego. // Novagalicia Banco, ao nivel do bono lixo. // Unha homenaxe ás vítimas da droga nun lugar que foi símbolo da prepotencia dos narcotraficantes. // No concello ourensán de Leiro os termómetros poderían superar hoxe os 40 graos. // Multitudinaria celebración do ascenso do Lugo. 26/06/12
Ceos pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes de tipo medio e alto entrando polo Sur e néboas costeiras matinais no Norte de Lugo e A Coruña; pola tarde crecerán nubes de evolución en zonas altas. Vento frouxo do Nordés no terzo Norte e frouxo variable no resto. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas en ascenso lixeiro ou moderado, podendo alcanzar valores por enriba dos 34 graos en localidades costeiras e dos 36 no interior. 26/06/12
A multinacional da roupa Inditex amplía as instalacións que ten na Coruña para continuar coa súa expansión mundial. // Expertos e representantes de institucións debaten sobre a cooperación territoral como ferramenta para o futuro da Unión Europea. // Os expertos internacionais en economía enerxética propoñen cambios fiscais que penalicen ás construccións e aos edificios menos sostibles. // Seis bidóns con 1200 litros dun ácido tóxico levan tres semanas á intemperie nas antigas instalacións dunha empresa areeira de Sarreaus, en Ourense. // Ata os penaltis tivo que sufrir o Lugo para lograr o ascenso á división de prata do fútbol español. 25/06/12
Inditex amplía as instalacións que ten na Coruña para continuar coa súa expansión. // Debate sobre a cooperación territoral como ferramenta para o futuro da Unión Europea. // Piden cambios fiscais que penalicen ás construccións menos sostibles. // Seis bidóns con 1200 litros dun ácido tóxico levan tres semanas á intemperie nas antigas instalacións dunha empresa areeira. // Ata os penaltis tivo que sufrir o Lugo para lograr o ascenso. 25/06/12
Día de sol, agás no litoral norte, onde haberá brumas costeiras e intervalos de nubes. Pola tarde crecerán nubes de evolución en zonas altas de Ourense e Lugo. Temperaturas en ascenso tanto as mínimas como as máximas. Ventos frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderados nas Rías Baixas. 25/06/12
A Xunta busca unha maior rendibilidade para a Cidade da Cultura e reducir á metade o que lle costa á administración autonómica. // Poucas e caras. O quilo de sardiñas vendíase esta mañá nalgunhas lonxas a máis de dez euros. // Parte de Vigo o buque o oceanográfico Sarmiento de Gamboa para estudar os efectos do cambio climático en Groenlandia e o Mar do Norte. // A orquesta Sinfónica de Galicia interpreta a banda sonora da última película de Daniel Calparsoro. // O Lugo viaxa mañá a Cádiz para disputar a última eliminatoria polo Ascenso a Segunda A. (22/06/12)
As nubes irán diminuíndo conforme pasen as horas para quedar pola tarde co ceo despexado, só con nubes de estancamento que se irán formando no Norte da provincia de Lugo. Vento de compoñente Oeste frouxo pola mañá virando a compoñente Norte á tarde, con intervalos moderados nas Rías Baixas. Temperaturas mínimas en descenso entre lixeiro e moderado e máximas sen cambios ou en lixeiro ascenso. (22/06/12)
A Xunta busca unha maior rendibilidade para a Cidade da Cultura. // O quilo de sardiñas vendíase esta mañá nalgunhas lonxas a máis de dez euros. // Parte de Vigo o buque o oceanográfico Sarmiento de Gamboa para estudar os efectos do cambio climático. // A orquesta Sinfónica de Galicia interpreta a banda sonora da película `Invasor¿. // O Lugo, a un partido do ascenso. (22/06/12)
A Xunta pon en marcha un plan de inspeccións no sector turístico para tentar evitar o intrusismo, a publicidade enganosa e as fraudes na restauración. // Esta tarde vaise saber a cantidade que necesita NovaGalicia Banco, dentro do crédito concedido a España para sanear as entidades en situación difícil. // Protestas dos traballadores da Xunta contra os recortes e a privatización de servizos públicos. // Un colexio de monxas de Ourense pretende vender os libros de texto do curso que ven no propio centro, algo que está prohibido por lei. // Últimos preparativos en Lugo para a úndecima edición do Arde Lucus, a festa de recreación do pasado romano da cidade. // Todo listo para o concerto de Björk en Santiago. (21/06/12)
Nas primeiras horas, ceos nubrados con chuvascos que irán desaparecendo ao longo da xornada, xa con sol pola tarde, agás no litoral Oeste, onde permanecerán as nubes alternando cos claros. Vento do Oeste en xeral, moderado no litoral Norte con momentos fortes arredor de Bares. Temperaturas sen cambios significativos. (21/06/12)
Plan de inspeccións no sector turístico. // Esta tarde vaise saber a cantidade que necesita NovaGalicia Banco para sanearse. // Protestas dos traballadores da Xunta contra os recortes. // Un colexio de monxas de Ourense pretende vender os libros de texto no propio centro. // Últimos preparativos en Lugo para o Arde Lucus. // Todo listo para o concerto de Björk en Santiago. (21/06/12)
Máis do 70% dos concellos galegos ten débedas coas empresas que recollen o lixo. Pendente tamén está a factura coas plantas onde se trata. // A Xunta e as catro deputacións provinciais galegas acordan colaborar máis entre elas para reducir gastos. // Un banco vende apartamentos por vinte mil euros en Barreiros, na Mariña de Lugo. // Comezan en Carballeda de Avia, en Ourense, as mobilizacións en contra dos recortes nas escolas do rural. // A Axencia Estatal de Meteoroloxía cualifica de normais as chuvias e as temperaturas da primavera que remata e pronostica un verán de bo tempo en Galicia. // Congreso europeo de ortodoncia en Santiago. (20/06/12)
Ceos parcialmente cubertos pola mañá coa posibilidade dalgunha chuvia na metade Oeste. Pola tarde as chuvias irán entrando pola metade Oeste e cara á noite serán xeneralizadas en toda Galicia e caerán con intensidade puntualmente forte. Vento soprará frouxo do Nordés no litoral Norte e variable no resto. Temperaturas mínimas sen cambios significativos, e máximas en lixeiro ou moderado descenso. (20/06/12)