A policía atopa unha maleta cuns 600.000 euros nunha das propiedades do ex electricista da catedral acusado de roubar o Códice Calixtino. // O códice calixtino foille entregado ao arcebispado de Santiago polo presidente do Goberno, Marinao Rajoy. Tanto él como o presidente da Xunta ofreceron a súa axuda para mellorar a seguridade do patrimonio histórico da igrexa. // O Presidente da Xunta visita as obras de construción dos novos xulgados de Ourense para agradecerlle ao alcalde publicamente a cesión dos terreos. // A concelleira socialista de Vigo, Carmela Silva, deixa temporalmente a súa actividade pública por enfermidade. // Sabucedo, na Estrada, despidese por este ano da rapa das bestas. 09/07/12
Ceos máis despexados canto máis ao Sur e con máis nubes canto máis ao Norte, onde haberá posibilidade de orballos ocasionais, que serán máis probables pola mañá. Ventos frouxos, de compoñente Norte pola mañá e do Noroeste pola tarde, cando aumentarán a moderados nas Rías Baixas. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios ou experimentarán un lixeiro descenso; as máximas non terán cambios ou sufrirán un lixeiro ascenso, especialmente no interior. 09/07/12
A policía atopa unha maleta cuns 600.000 euros nunha das propiedades do ex electricista da catedral acusado de roubar o Códice Calixtino. // O códice calixtino foille entregado ao arcebispado de Santiago polo presidente do Goberno. // O Presidente da Xunta visita as obras de construción dos novos xulgados de Ourense. // A concelleira socialista de Vigo, Carmela Silva, deixa temporalmente a súa actividade pública por enfermidade. // A rapa das bestas de Sabucedo 09/07/12
Comezaron a declarar no xulgado os tres detidos pola sustracción do Códice Calixtino da Catedral de Santiago. Manuel Fernández Castiñeiras, o ex-electricista do templo, foi levado ante o xuiz xunto coa súa muller e o fillo de ambos, tamén inculpados. O Xuiz decretou prisión provisional para o principal acusado, antes de continuar cos interrogatorios dos outros detidos. As pescudas policiais policiais céntranse agora en saber exactamente a procedencia dos máis dun millón de euros en metálico que lle atoparon ao encausado quen recoñeceu ser o autor do roubo. O Códice será exposto na Catedral dentro duns días. Como feito insólito e en xesto de agradecemento, será amosado temporalmente ao público a partir do mes de agosto. Vai ser devolto ao templo nun acto ao que vai asistir o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy. (06/07/12)
Comezaron a declarar no xulgado os tres detidos pola sustracción do Códice Calixtino da Catedral de Santiago. O Xuiz decretou prisión provisional para o principal acusado, antes de continuar cos interrogatorios dos outros detidos. As pescudas policiais policiais céntranse agora en saber exactamente a procedencia dos máis dun millón de euros en metálico que lle atoparon ao encausado quen recoñeceu ser o autor do roubo. O Códice será exposto na Catedral dentro duns días. Vai ser devolto ao templo nun acto ao que vai asistir o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy. (06/07/12)
Vai seguir o tempo revolto que nos está a deixar temperatuas frescas en toda a comunidade. Para os próximos días non haberá cambios significativos. Agárdase unha fin de semana pasada por auga, sobre todo nas primeiras horas dos días. (06/07/12)
A Catedral celebra a recuperación do Códice Calixtino en perfecto estado. O Cabildo asegura que as condicions de seguridade serán mellores a partir de agora. Mañá o libro será recibido con toda solemnidade e quedará exposto ó público na Sala Capitular, a partir do mediodía. Mentres, os encargados da investigación realizan probas periciáis no libro, recuperado onte nun garaxe do Milladoiro onde estivo agochado durante un ano envolto en bolsas de plástico e xornáis. O presunto autor do roubo do Códice Calixtino, o electricista Manuel Fernández Castiñeiras, e a súa muller, permanecen detidos na Comisaría de Santiago, e pasarán mañá a disposición xudicial. Unha muller de 72 anos é atopada morta acoitelada en Redondela e o seu marido ferido denuncia que uns descoñecidos asaltaron o seu domicilio. De momento a policía mantén todalas hipóteses abertas. Na Cañiza un enfrontamento entre veciños acabou coa vida de dous homes. (05/07/12)
O presunto autor do roubo do Códice Calixtino, o electricista Manuel Fernández Castiñeiras, e a súa muller, permanecen detidos na Comisaría de Santiago, e pasarán mañá a disposición xudicial. Unha muller de 72 anos é atopada morta acoitelada en Redondela e o seu marido ferido denuncia que uns descoñecidos asaltaron o seu domicilio. (05/07/12)
Este xoves Galicia continua cunha situación similar á de días atrás, coa borrasca estática, preto das Illas Británicas, e co anticiclón das Azores lonxe da comunidade. Deste modo, o ceo sigue dominado polas nubes. (05/07/12)
Algo máis de SETE MIL CATROCENTAS persoas abandonaron as listas do paro en Galicia en xuño, o que supón un descenso do DOUS COMA SESENTA E OITO por cento, respecto ao mes anterior. E o segundo mes consecutivo no que descende o número de desempregados na nosa comunidade. O Parlamento inicia os trámites para recortar a estructura da institución do Valedor do Pobo que pasará de 5 membros a 2. A correspondencia amoréase sen repartir na zona centro de Vigo, logo dun mes de folga dos carteiros. Boas capturas e bon prezo no inicio do levantamento da veda do polbo. Os barcos pescaron en pouco tempo os topes de capturas que teñen autorizados. E hoxe lembraremos o peor sinistro de tráfico que se ten rexistrado nas estradas galegas, con 38 mortos, do que se cumpren nesta data 25 anos. 04/07/12
Algo máis de SETE MIL CATROCENTAS persoas abandonaron as listas do paro en Galicia en xuño, o que supón un descenso do DOUS COMA SESENTA E OITO por cento, respecto ao mes anterior. . O Parlamento inicia os trámites para recortar a estructura da institución do Valedor do Pobo que pasará de 5 membros a 2. E hoxe lembraremos o peor sinistro de tráfico que se ten rexistrado nas estradas galegas, do que se cumpren nesta data 25 anos. 04/07/12
Seguimos con ceos moi anubrados e con posibilidade dalgún orgallo sobre todo canto máis o norte. Ceos grises que tenderán a despexarse durante a tarde sobre todo no interior de galicia. 04/07/12
Algo máis de SETE MIL CATROCENTAS persoas abandonaron as listas do paro en Galicia en xuño, o que supón un descenso do DOUS COMA SESENTA E OITO por cento, respecto ao mes anterior. E o segundo mes consecutivo no que descende o número de desempregados na nosa comunidade. O Parlamento inicia os trámites para recortar a estructura da institución do Valedor do Pobo que pasará de 5 membros a 2. A correspondencia amoréase sen repartir na zona centro de Vigo, logo dun mes de folga dos carteiros. Boas capturas e bon prezo no inicio do levantamento da veda do polbo. Os barcos pescaron en pouco tempo os topes de capturas que teñen autorizados. E hoxe lembraremos o peor sinistro de tráfico que se ten rexistrado nas estradas galegas, con 38 mortos, do que se cumpren nesta data 25 anos. 03/07/12
Seguimos con ceos moi anubrados e con posibilidade dalgún orgallo sobre todo canto máis o norte. Ceos grises que tenderán a despexarse durante a tarde sobre todo no interior de galicia. 03/07/12
Algo máis de SETE MIL CATROCENTAS persoas abandonaron as listas do paro en Galicia en xuño, o que supón un descenso do DOUS COMA SESENTA E OITO por cento, respecto ao mes anterior. . O Parlamento inicia os trámites para recortar a estructura da institución do Valedor do Pobo que pasará de 5 membros a 2. E hoxe lembraremos o peor sinistro de tráfico que se ten rexistrado nas estradas galegas, do que se cumpren nesta data 25 anos. 03/07/12
Milleiros de galegos sairon onte á rúa para celebraren a histórica victoria da selección de futbol fronte a Italia. Lugares emblemáricos das ciudades coma a Fonte de Catro Camiños na Coruña, o Parque de Castrelos en Vigo ou a Praza Roxa de Santiago foron os puntos onde se concentraron esas celebracións // As novas tarifas para o copagamento dos productos farmacéuticos estanse aplicando en Galicia con normalidade ainda que a afluencia a estes establecementos está sendo menos da habitual // O Presidente da Xunta está convencido de que o cambio de goberno en México non vai influir nos pedidos que a petroleira daquel país, PEMEX, tén previsto concretar nos estaleiros de Vigo e Ferrol // Cando só lle faltan quince días para cumprir as súas condenas, Laureano Oubiña senta de novo no banquiño dos acusados da Audiencia Nacional. A fiscalía acúsao de branquear catro millóns e medio de euros procedentes do narcotráfico. 02/07/12
Comezamos semana con moitas nubes, algunha chuvia débil e con temperaturas que soben algo e rondarán os 22 graos. 02/07/12
Milleiros de galegos sairon á rúa para celebraren a histórica victoria da selección de futbol fronte a Italia // As novas tarifas para o copagamento dos productos farmacéuticos estanse aplicando en Galicia con normalidade ainda que a afluencia a estes establecementos está sendo menos da habitual // O Presidente da Xunta está convencido de que o cambio de goberno en México non vai influir nos pedidos que a petroleira daquel país, PEMEX, tén previsto concretar nos estaleiros galegos // Cando só lle faltan quince días para cumprir as súas condenas, Laureano Oubiña senta de novo no banquiño dos acusados da Audiencia Nacional. 02/07/12
Os galegos miramos máis a calidade que o prezo á hora de facer a compra. // O comercio de roupa e calzado agarda facturar uns 72 millóns de euros, na campaña de rebaixas estival, un dez por cento menos que o ano pasado. // A Xunta vai construir 15 novos centros de saúde e ampliar o servizo de urxencias e a zona cirúrxica do hospital comarcal do Salnés. // Os sindicatos médicos aseguran que a sanidade pública galega vai perder uns de 270 facultativos nos próximos dous anos. // Polémica en Pontevedra pola decisión da Deputación de suprimir o organismo que viña xestionando o Museo provincial. // Milladoiro regresa ao Teatro Colón da Coruña. 29/06/12
Os galegos miramos máis a calidade que o prezo á hora de facer a compra. // O comercio de roupa e calzado agarda facturar uns 72 millóns de euros nas rebaixas. // A Xunta vai construir 15 centros de saúde e ampliar o hospital comarcal do Salnés. // A sanidade pública galega vai perder uns de 270 facultativos en dous anos. // A Deputación suprime o organismo que viña xestionando o Museo provincial de Pontevedra. // Milladoiro regresa á Coruña. 29/06/12