Máis do 70% dos concellos galegos ten débedas coas empresas que recollen o lixo. // A Xunta e as deputacións acordan colaborar para reducir gastos. // Apartamentos por vinte mil euros en Barreiros, en Lugo. // Comezan as mobilizacións en contra dos recortes nas escolas do rural. // A Axencia Estatal de Meteoroloxía pronostica un verán de bo tempo en Galicia. // Congreso europeo de ortodoncia en Santiago. (20/06/12)
Dúbidas de usuarios e asociacións ante o anuncio de limitar a velocidade nas estradas secundarias aos 90 quilómetros por hora. // O presidente da Xunta anuncia a ampliación do convenio coa petroleira pública mexicana. Vanse construír tamén dous buques quimiqueiros, probablemente en Navantia. // A economía galega resiste mellor a crise que a do conxunto do estado. // A Xunta avanza que este ano vai gastar 92 millóns de euros na loita contra os incendios forestais. // Un emprego a cambio das pagas extra do alcalde e dous concelleiros. // 185 viños das cinco denominación de orixe compiten por seren considerados os mellores de Galicia. (19/06/12)
Dúbidas ante o anuncio de limitar a velocidade nas estradas secundarias. // Ampliación do convenio coa petroleira pública mexicana. Vanse construír tamén dous buques quimiqueiros. // A economía galega resiste mellor a crise. // A Xunta vai gastar 92 millóns de euros na loita contra os incendios forestais. // Emprego a cambio das pagas extra. // 185 compiten por seren considerados os mellores de Galicia. (19/06/12)
Ceo anubrado canto máis ao Norte, con posibilidade de orballos. Máis despexado no resto de Galicia. Vento de compoñente Norte, moderado en xeral, con intervalos fortes no litoral pola tarde. Temperaturas sen cambios, ou en lixeiro ascenso. (19/06/12)
O presidente de Novagalicia Banco explícalle aos sindicatos o plan de recapitalización que lle presentou ao Banco de España. // Consellería de Medio Ambiente e Deputación de Pontevedra asinan un convenio para mellorar a protección da zona baixa do río Umia. // Aprobado con nota da Unión Europea ao sistema de control sanitario da produción e comercialización dos moluscos de Galicia. // Comezan a circular os primeiros trens híbridos Alvia entre Galicia e Madrid, que utilizan tanto as vías de alta velocidade como as convencionais. // Importante vitoria do Lugo por 3 a 1 contra o Cádiz no primeiro partido da eliminatoria final polo ascenso a Segunda A. // Seis artistas divulgan a arte do graffiti no colexio de Maside, en Ourense. (18/06/12)
O presidente de Novagalicia Banco explícalle aos sindicatos o plan de recapitalización. // Convenio para mellorar a protección do río Umia. // Aprobado con nota da Unión Europea ao sistema de control sanitario dos moluscos de Galicia. // Comezan a circular os primeiros trens híbridos Alvia entre Galicia e Madrid. // Vitoria do Lugo no primeiro partido da eliminatoria final polo ascenso a Segunda A. // Seis artistas divulgan o graffiti no colexio de Maside, en Ourense. (18/06/12)
Ceos moi anubrados con chuvias débiles e ocasionais, máis probables no norte de Lugo. No resto de Galicia, ceos anubrados cunha apertura progresiva de claros. Ventos de compoñente norte, frouxos en xeral, e moderados con intervalos fortes no litoral atlántico. Temperaturas en ascenso entre lixeiro e moderado. (18/06/12)
O Museo de Galicia, na Cidade da Cultura, abre a súa primeira gran exposición. // Novagalicia Banco podería necesitar 10.000 millóns. // A conselleira de Facenda di que os resultados das medidas do goberno se verán a medio prazo. // As razas autóctonas de Galicia, na Semana Verde. // O Club Deportivo Lugo xógase co Cádiz o ascenso. // Mulleres de Ourense e Lugo calcetan ao aire libre. (15/06/12)
Aumento das nubes e precipitacións que empezarán polo Oeste, débiles pola mañá, e máis intensas ao avanzar a tarde, cando se irán estendendo cara ao Leste e poderían alcanzar intensidade localmente forte. Vento forte do Sueste no litoral e zonas altas do interior, con momentos moi fortes no litoral da Coruña, e moderados no resto. Temperaturas sen cambios significativos. (15/06/12)
A Xunta defende a continuidade de Novagalicia Banco en solitario e, de momento, con capital mixto público e privado. // A Xunta dálle o visto e prace ao novo proxecto da lei de universidades coa que busca aumentar a especialización dos 7 campus galegos. // Amancio Ortega é o home máis rico de Europa e o cuarto do mundo. // Abre en Silleda a edición número 35 da Semana Verde de Galicia. // Oito empresas galegas auxiliares de automoción únense para diversificar a súa actividade coa construción de compoñentes para avións. // Percorremos a catedral de Lugo, tralas obras de restauración que van ser inauguradas o próximo domingo. (14/06/12)
Ceos nubrados pola mañá, con chuvias, máis probables na metade Oeste. Pola tarde iranse abrindo claros, máis importantes no Leste. Vento do Sueste moderado, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso; mentres que as máximas seguirán sen cambios importantes. (14/06/12)
A Xunta defende a continuidade de Novagalicia Banco en solitario. // A Xunta dálle o visto e prace ao novo proxecto da lei de universidades. // Amancio Ortega é o home máis rico de Europa. // Abre en Silleda a Semana Verde de Galicia. // Oito empresas da automoción únense para construír compoñentes para avións. // A catedral de Lugo, tralas obras de restauración. (14/06/12)
O presidente da Xunta anuncia que o Parlamento galego vai investigar, aínda que non neste momento, o ocorrido coa fusión das caixas. // Inditex tivo uns beneficios de 432 millóns de euros no primeiro trimestre do ano. É un 30% máis que o ano pasado. // A farmacéutica Zeltia tamén confía en consolidarse en beneficios, e superar este ano os que obtivo en 2011, os primeiros tras moitos anos de perdas. // Absolven á primeira persoa xulgada en Galicia por non ter escolarizado ao seu fillo. // A Unión de Consumidores pide una regulación homoxénea para os taxis en toda Galicia. // Clases de educación viaria para escolares. (13/06/12)
O Parlamento galego vai investigar o ocorrido coa fusión das caixas. // Inditex tivo uns beneficios de 432 millóns de euros no primeiro trimestre. // A farmacéutica Zeltia tamén confía en consolidarse en beneficios. // Absolven á primeira persoa xulgada en Galicia por non ter escolarizado ao seu fillo. // Piden una regulación homoxénea para os taxis. // Educación viaria para escolares. (13/06/12)
A deputada por Lugo Olga Iglesias exerce por primeira vez na historia o voto a distancia nunha sesión do Congreso dos deputados desde o concello de Triacastela, onde tamén é alcaldesa. // Enrique López Veiga, novo senador por designación autonómica. // Protestas contra o rescate europeo á banca española. Os deputados do BNG concentráronse no Parlamento. Os sindicatos convocan mobilizacións. // Os acredores do estaleiro Barreras, de Vigo, aceptan cobrar só o vinte por cento do que lles adebeda esta industria. // O Batallón de Zapadores da Brilat volve bater marcas no concurso de patrullas Tui Santiago. // A pesca artesanal emprega en Galicia a unhas 30 mil persoas. (12/06/12)
Intervalos nubrados e chuvias, que irán remitindo cara ás últimas horas do día. Ventos do noroeste, moderados no litoral e máis frouxos no interior. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. (12/06/12)
A deputada por Lugo Olga Iglesias estrea do voto telemático do Congreso. // Enrique López Veiga, novo senador. // Protestas contra o rescate europeo á banca española. // Os acredores do estaleiro Barreras aceptan cobrar só o vinte por cento. // O Batallón de Zapadores da Brilat volve bater marcas no concurso de patrullas Tui Santiago. // A pesca artesanal en Galicia. (12/06/12)
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que a petición de axuda a Europa para sanear o sistema financeiro español é a menos mala das alternativas posibles. // Nos últimos tres anos creáronse 5.500 novas prazas públicas en escolas infantís e centros de día. // Os centros tecnolóxicos da automoción, o metal e as conservas alíanse na principal institución privada galega de innovación. // Máis de 30.000 persoas piden na rúa, en Ferrol, medidas que garantan o futuro do sector naval da comarca. // O Lugo, máis preto de ocupar en Segunda A un dos postos que deixaron Deportivo e Celta. // Recordamos ao Galatea, o buque escola antecesor do Juan Sebastián el Cano. (11/06/12)
Ceos anubrados con chuvias xeneralizadas, máis intensas na metade oeste e no norte de Lugo. Ventos de compoñente oeste, moderados con momentos fortes no litoral norte de A Coruña e na costa de Lugo. Temperaturas en descenso entre lixeiro e moderado. (11/06/12)
O presidente da Xunta considera que a petición de axuda a Europa é a menos mala das alternativas posibles. // Nos últimos tres anos creáronse 5.500 novas prazas públicas en escolas infantís e centros de día. // Os centros tecnolóxicos da automoción, o metal e as conservas alíanse. // Máis de 30.000 persoas piden medidas que garantan o futuro do sector naval. // O Lugo, máis preto da Segunda A. // O Galatea, o antigo buque escola con base en Ferrol. (11/06/12)