Comeza a conta atrás para as eleccións autonómicas do 21 de outubro. Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a disolución do Parlamento e a convocatoria dos comicios. A campaña electoral será entre o 5 e o 19 de outubro. // A planta de extracción de mel máis grande de España está no municipio de Bóveda, no sur de Lugo, e prevé que a colleita deste verán sexa a máis abundante dos últimos cinco anos, despois dun inverno seco e un verán húmido. // A Volta ciclista a España chega a Galicia. Desde hai unha hora estase a percorrer a primeira das cinco etapas que discorren polo país, con remate hoxe en Sanxenxo. // Baldomero Pestana, segue creando arte na aldea que o viu nacer en Castroverde, Lugo. Emigrado de neno a Latinoamérica, durante décadas fotografou a numerosos artistas e intelectuais dende Román Polanski, ata Borges ou Neruda. 28/08/12
Comeza a conta atrás para as eleccións autonómicas do 21 de outubro. // Agárdase que a colleita de mel deste verán sexa a máis abundante dos últimos cinco anos, despois dun inverno seco e uns meses húmidos. // A Volta ciclista a España chega a Galicia. Desde hai unha hora estase a percorrer a primeira das cinco etapas que discorren polo país, con remate hoxe en Sanxenxo. 28/08/12
Ceos anubrados con precipitacións na madrugada e primeiras horas, dando paso á progresiva apertura de claros. Vento frouxo de compoñente Oeste, con intervalos de moderado no litoral de A Coruña e Lugo. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen moitos cambios. 28/08/12
Galicia elixirá novo parlamento autonómico o 21 de outubro, coincidindo coas eleccións no País Vasco e cinco meses antes de completar a lexislatura. Tras unha reunión extraodinaria do Consello da Xunta, o presidente Alberto Núñez Feijóo xustificou este adianto electoral para rematar coa incertidume política e blindar a planificación económica neste momento de grave crise. // Para os grupos da oposición, o adianto dos comicios autonómicos responde máis ao interese electoral do PP que ao beneficio do país. // O Deportivo trae un punto de Valencia tras remontar un tres a un e lograr un empate que sabe a vitoria. Ao Celta estalle a custar o inicio da Liga. Nova derrota, esta vez contra a Real Sociedad. 27/08/12
Ceos despexados con brumas costeiras no litoral oeste. A medida que avance a tarde as nubes irán entrando dende o Atlántico e nas últimas horas cubrirán o ceo deixando precipitacións ao finalizar a xornada e na madrugada do martes.
Temperaturas en ascenso no norte de Lugo e A Coruña, e con poucos cambios no resto. Ventos do sur, frouxos ao principio, aumentando progresivamente co avance da xornada, ata alcanzar intervalos fortes na Costa da Morte e na área Ortegal-Bares. 27/08/12
Galicia elixirá novo parlamento autonómico o 21 de outubro, coincidindo coas eleccións no País Vasco e cinco meses antes de completar a lexislatura. // Para os grupos da oposición, o adianto dos comicios autonómicos responde máis ao interese electoral do PP que ao beneficio do país. // O Deportivo trae un punto de Valencia mentres ao Celta estalle a custar o inicio da Liga. 27/08/12
Centos de persoas están a pasar pola exposición na que se amosa o Códice Calixtino, ao mes de ser recuperado pola Policía do garaxe, próximo a Santiago onde estivo agochado. // Antes de que remate este ano, Galicia terá 22 balnearios. Será cando abra ao público o novo establecemento de Cortegada, en Ourense, unha localidade que conta cunha longa tradición na explotación das augas termais. // Os clientes das participación preferentes e subordinadas poden perder ata 50 por cento dos seus investimentos, e só lles quedará a posibilidade de reclamar na Audiencia Nacional. // Segunda xornada de Liga. O Celta vai tentar recuperar mañá contra a Real Sociedad os puntos que se lle escaparon o sábado pasado. Ao Deportivo tócalle xogar o domingo en Valencia. (24/08/12)
Ceo moi anubrado e chuvias, que empezarán durante a mañá polo litoral Oeste da comunidade, estendéndose progresivamente ao resto de Galicia, sendo máis persistentes en Pontevedra e Sur da Coruña. Vento moderado do Sueste, con momentos fortes durante a mañá e nas horas centrais do día no litoral da Coruña. A partir de media tarde irá virando a Oeste e amainará. Temperaturas en descenso entre lixeiro e moderado. (24/08/12)
Centos de persoas están a pasar pola exposición na que se amosa o Códice Calixtino. // Os clientes das participación preferentes e subordinadas poden perder ata 50 por cento dos seus investimentos. // Segunda xornada de Liga. O Celta vai tentar recuperar mañá contra a Real Sociedad os puntos que se lle escaparon o sábado pasado. Ao Deportivo tócalle xogar o domingo en Valencia. (24/08/12)
Un ano despois do seu roubo e tras mes e medio desde a súa recuperación, o Códice Calixtino auténtico móstrase ao público ata o domingo en Santiago. // Fracasa a constitución da Área Metropolitana de Vigo pola falta de consenso político. // O alcalde de Portas, condenado por fraude e falsidade documental, terá que pagar 300.000 euros, pero segue no Concello. // Máis de dúas mil persoas manifestáronse a pasada noite en Pontevedra para lembrar a Sonia Iglesias., desaparecida hai dous anos. // Un dos músicos de Jazz máis famosos, o cubano Paquito D'Rivera, está estes días na Coruña participando na gravación dun disco. (23/08/12)
Un ano despois do seu roubo e tras mes e medio desde a súa recuperación, o Códice Calixtino auténtico móstrase ao público ata o domingo en Santiago. // Fracasa a constitución da Área Metropolitana de Vigo pola falta de consenso político. // O alcalde de Portas, condenado por fraude e falsidade documental, terá que pagar 300.000 euros, pero segue no Concello. (23/08/12)
Ceos anubrados en xeral, agás en Ourense e Sur de Lugo, onde hai alternancia de nubes e claros. Chuvias débiles no Norte de Lugo e A Coruña, que pola tarde poderán estenderse de modo ocasional ao interior da provincia coruñesa. Vento do Noroeste no terzo Norte pola mañá e calma no resto. A partir do mediodía tenderá a rolar a compoñente Oeste, manténdose ao Norte soamente no extremo Norte da comunidade. Temperaturas mínimas sen cambios significativos e máximas en descenso entre lixeiro e moderado. (23/08/12)
Encher o depósito costa hoxe de media oito euros máis que hai un ano. A gasolina xa pasa de euro e medio e o gasóleo de un corenta. // O adianto electoral en Euskadi alimenta aquí o debate político sobre a oportunidade de facer coincidir as eleccións autonómicas de Galicia coas vascas, coma nos últimos comicios. // Dous anos e cinco días pasaron xa dende a desaparición de Sonia Iglesias. En Pontevedra, familiares, amigos e veciños volverán manifestarse esta noite para lembrala. // "Gallaecia Pétrea", a primeira gran exposición da Cidade da Cultura, recibiu vinte e dúas mil visitas desde a súa inauguración, a mediados de xuño. 22/08/12
Encher o depósito costa hoxe de media oito euros máis que hai un ano. // O adianto electoral en Euskadi alimenta aquí o debate político sobre a oportunidade de facer coincidir as eleccións autonómicas de Galicia coas vascas. // "Gallaecia Pétrea", a primeira gran exposición da Cidade da Cultura, recibiu vinte e dúas mil visitas desde a súa inauguración. 22/08/12
Ceos despexados agás no Norte da Coruña e Lugo, onde hai nubes que poden deixar chuvascos ocasionais. Vento do Norte, moderado no litoral e frouxo no resto. Temperaturas sen cambios significativos, con ascensos das máximas nas Rías Baixas. 22/08/12
Galicia despídese de Avelino Pousa Antelo, o último supervivente da xeneración de políticos e intelectuais que protagonizaron o xurdimento do galeguismo durante a Segunda República. // Descobren as primeiras manifestacións artísticas do paleolítico en Galicia. Son pinturas e gravados que representan animais herbívoros e que poderían ter 25 mil anos de antigüidade. // O reforzo das medidas de seguridade instaladas en febreiro no Corredor do Morrazo non evitaron que se rexistrara a undécima vítima mortal en seis anos. Un motorista faleceu ó chocar contra un camión. // O Deportivo volve triunfante a Primeira. Riki, tras o tiro ao poste do penalti, loita constantemente ata inaugurar o marcador, e Nelson Oliveira sentencia cunha vaselina. 21/08/12
Galicia despídese de Avelino Pousa Antelo, o último supervivente da xeneración de políticos e intelectuais que protagonizaron o xurdimento do galeguismo. // Descobren as primeiras manifestacións artísticas do paleolítico en Galicia. // O Deportivo volve triunfante a Primeira. 21/08/12
Ceos pouco nubrados en xeral, pero con nubes no terzo Norte, que deixarán algunha chuvia débil no litoral Norte de Lugo e A Coruña. Vento frouxo de dirección variable durante a mañá, tomando compoñente Norte pola tarde. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso, mentres que as máximas seguen sen cambios. 21/08/12
As Pontes estrea unha praia de 400 metros no maior lago artificial creado en España. Desde hoxe está aberta ao público esta zona de baño á beira do burato da antiga mina de lignito de Endesa. // Nova protesta dos afectados polas participación preferentes, en espera do decreto que esta semana vai regular o troco deses títulos. Sospeitan que, con el, perderán boa parte dos seus aforros. Na fin de semana, os afectados levaron a súas reclamacións á vila turística de Sanxenxo. // Falece o histórico intelectual e galeguista Avelino Pousa Antelo. // Colas en Riazor para apoiar ao Deportivo no seu regreso a Primeira, esta tarde fronte ao Osasuna. O Celta, mentres, tenta esquecer o mal resultado contra o Málaga. 20/08/12
Predominio das nubes baixas no litoral, con nubes de tipo alto no resto. Pola tarde as nubes baixas quedarán limitadas no norte, onde hai posibilidade dalgún chuvasco ocasional. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso e máximas estables. Ventos frouxos de dirección variable, predominando a compoñente oeste no interior e as brisas no litoral. 20/08/12