Nova detención en relación coa denominada Operación Pokemon. Trátase do xefe da Policía Local de Ourense, Abelardo Ulloa Pardo. Os socialistas galegos puxeron en marcha a baixa do Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, coma militante do Partido, a raiz da súa imputación nesa trama. Os socialistas de Viveiro romperon o pacto co BNG e decidiron asumir o goberno en solitario e en minoría a partir do 1 de outubro. 25/09/12
Nova detención en relación coa denominada Operación Pokemon. Trátase do xefe da Policía Local de Ourense, Abelardo Ulloa Pardo. Os socialistas galegos puxeron en marcha a baixa do Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, coma militante do Partido, a raiz da súa imputación nesa trama de corrupción. Unha decisión que Pachi Vázquez calificou de dolorosa pero necesaria para demostrar a tolerancia cero cos comportamentos irregulares na vida pública. Namentres, o alcalde segue sen demitir, e a súa decisión podería depender dunha reunión da executiva local desta tarde. Quen si presentou xa a súa demisión foi o alcalde coruñés de Boqueixón, do Partido Popular que argumentou o seu desexo de non causarlle danos á localidade para tomar a decisión. Os socialistas de Viveiro romperon o pacto co BNG e decidiron asumir o goberno en solitario e en minoría a partir do 1 de outubro. 25/09/12
Hoxe o dia comenzou con nubes e precipitaciçons localmente intensas. Mañá volverá chover sobre todo pola mañá. No oeste, a partires da tarde a choiva tenderá a remitir. 25/09/12
Nova detención en relación coa denominada Operación Pokemon. Trátase do xefe da Policía Local de Ourense, Abelardo Ulloa Pardo. Os socialistas galegos puxeron en marcha a baixa do Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, coma militante do Partido, a raiz da súa imputación nesa trama . Os socialistas de Viveiro romperon o pacto co BNG e decidiron asumir o goberno en solitario e en minoría a partir do 1 de outubro. 25/09/12
As olladas e céntranse no Alcalde de Ourense. O socialista Francisco Rodríguez presidiu hoxe o Pleno da capital ourensá sen a presenza da tenente de Alcalde, do BNG, logo de que o Consello Local da formación nacionalista pedira a demisión do Alcalde, a raíz da súa imputación no caso Pokemon, na que foi detido, xunto a outras 12 persoas. O outro alcalde imputado, o coruñés de Boqueixón, do PP, non acodiu esta mañá á sede do Concello // Hoxe prestan declaración nos xulgados de Lugo tres detidos que faltaban por comparecer ante a xuíza, entre eles o expresidente da confederación hidrográfica do Miño, Francisco Fernández Liñares // Dous accidentes na Avenida de Alfonso Molina complicaron moito o tráfico de entrada á Coruña a primeira hora da mañá. Houbo colas de ata 8 quilómetros. En ningún dos sinistros houbo feridos. 24/09/12
As olladas e céntranse no Alcalde de Ourense. O socialista Francisco Rodríguez presidiu hoxe o Pleno da capital ourensá sen a presenza da tenente de Alcalde, do BNG, logo de que o Consello Local da formación nacionalista pedira a demisión do Alcalde, a raíz da súa imputación no caso Pokemon.O outro alcalde imputado, o coruñés de Boqueixón, do PP, non acodiu esta mañá á sede do Concello.
Dous accidentes na Avenida de Alfonso Molina complicaron moito o tráfico de entrada á Coruña a primeira hora da mañá. 24/09/12
A expectación polo desenvolvemento da denominada "Operación Pokemon" trasladouse hoxe aos xulgados de Lugo onde se agarda que pasen a declarar os 13 detidos en relación coa presunta trama de corrupción investigada pola xuíza Pilar de Lara // Os Alcaldes de Ourense e da localidade coruñesa de Boqueixón, que figuran entre os detidos continúan nas dependencias policiais ás que foron trasladados onte, mentres se levaban a cabo 25 rexistros // A factoria de Citróen en vigo precisará de 350 novos traballadores para producir catro modelos novos. Entre eles as dúas furgonetas eléctricas que patrocina a Xunta cun investimento de 10.7 millóns de euros. O presidente da Xunta visitaba esta mañá a factoria. 21/09/12
Mudou o tempo e con él hoxe chegaron de novo as chuvias que tamén nos han acompañar durante a fin de semana sobre todo o domingo. 21/09/12
A expectación polo desenvolvemento da denominada "Operación Pokemon" trasladouse hoxe aos xulgados de Lugo onde se agarda que pasen a declarar os 13 detidos en relación coa presunta trama de corrupción investigada pola xuíza Pilar de Lara // A factoria de Citróen en vigo precisará de 350 novos traballadores para producir catro modelos novos. Entre eles dúas furgonetas eléctricas. 21/09/12
Detido o alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez. Estaría sendo investigado por tráfico de influencias, branqueo de capitais e alzamento de bens. Na mesma operación foron detidas outras 11 persoas, a maioría en Galicia. // Os traballadores do estaleiro Barreras de Vigo reciben con satisfaccion o contrato para construir un hotel flotante para PEMEX .Tamén en Navantia de Ferrol se valora positivamente a construcciòn doutro hotel flotante ainda que os portavoces do comité se quéixan de faltade información sobre o contido concreto do contrato // A Xunta destina 58 millóns de euros a unha planta de hospitalización no complexo hospitalario de Ourense. Terá sete plantas e 932 camas en 308 habitacións. 20/09/12
Detido o alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, investigado por tráfico de influencias, branqueo de capitais e alzamento de bens. Na mesma operación foron detidas outras once persoas, a maioría en Galicia // A Xunta destina 58 millóns de euros a unha planta de hospitalización no complexo hospitalario de Ourense. Terá sete plantas e 932 camas en 308 habitacións. 20/09/12
Este xoves deixanos un díad e sol e calor no que as temperaturas máximas xa o notaron subiron bastante. As máximas han rondar os 30 graos. 20/09/12
Hoxe concretouse a colaboración dos estaleiros galegos coa petroleira mexicana PEMEX. A cuarta empresa mundial do sector dos hidrocarburos vai construir nas gradas viguesas de Barreras e nas ferrolás de Navantia, dous floteis, ou hoteis flotantes. O acordo acaba de ser asinado en Santiago, na presenza do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Os dous floteis suporán para os estaleiros ferroláns e vigueses un investimento de 300 millóns de euros e traballo para uns 1500 operarios en cada cidade, durante dous anos // O grupo PSA Peugeot-Citroen presentou esta mañá a nivel mundial en Hannover, en Alemaña, as novas furgonetas eléctricas Partner Galicia e Berlingo Galicia // Tres persoas faleceron nas últimas horas nas provincias de Pontevedra e A Coruña en accidentes de tráfico. Duas delas atropeladas. En Vigo,faleceu unha muller á que pillou unha moto cando cruzaba por un paso de peóns. 19/09/12
Hoxe concretouse a colaboración dos estaleiros galegos coa petroleira mexicana PEMEX. A cuarta empresa mundial do sector dos hidrocarburos vai construir nas gradas viguesas de Barreras e nas ferrolás de Navantia, dous floteis, ou hoteis flotantes // O grupo PSA Peugeot-Citroen presentou esta mañá a nivel mundial no salón internacional do automóbil de Hannover as novas furgonetas eléctricas Partner Galicia e Berlingo Galicia // Tres persoas faleceron nas últimas horas nas provincias de Pontevedra e A Coruña en accidentes de tráfico. Duas delas atropeladas. 19/09/12
Ceos pouco anubrados e temperaturas que se manteñen coma onte ou soben lixeiramente. As máximas moveranse entre os 22 graos da Coruña e os 31 de Ourense. 19/09/12
A traxedia volveu golpear un porto galego. Foi no coruñés de Muros onde un mariñeiro morreu e outro tivo que ser hospitalizado, logo de que a súa embarcación chocara cunha batea. Catro tripulantes foron rescatados con vida pero o quinto, Manuel Carou, de 51 anos e veciño de Porto do Son, faleceu, posiblemente víctima dun ataque cardiaco. Outro compañeiro tivo que ser atendido no hospital con hipotermia // A Xunta cuantifica en 11 millóns de euros ao mes o que aforra o sistema de saúde dende que entrou en vigor o novo método de prestación farmacéutica que modifica o sistema de pago por medicamentos // Factoría Naval de Marin podería reiniciar en breve a reparación de buques. Tras 2 anos de fonda crise, que puxo mesmo en risco a sua supervivencia , a compañía pechou con Xunta, bancos e proveedores o acordo que desbloquea o pago da débeda ás empresas auxiliares. 18/09/12
Seguen baixando as temperaturas nun día no que a maís das nubes poderemos ter algunhas chuvias débiles que xa mañá practicamente desaparecerán. 18/09/12
A traxedia golpeou o porto coruñés de Muros onde un mariñeiro morreu e outro tivo que ser hospitalizado, logo de que a súa embarcación chocara cunha batea. Catro tripulantes foron rescatados con vida pero o quinto, Manuel Carou, de 51 anos e veciño de Porto do Son, faleceu // A Xunta cuantifica en 11 millóns de euros ao mes o que aforra dende que entrou en vigor o novo método de prestación farmacéutica.
Factoría Naval de Marin podería reiniciar en breve a reparación de buques. Tras dous anos de fonda crise. 18/09/12
A policía nacional investiga o novo acto violento perpetrado a pasada madrugada en Vigo. Foi o lanzamento de cócteles molotov á sede do Club Financieiro. As forzas de seguridade consideran coma a hipótese máis probable que se trate da obra de grupos independentistas e teña relación coa detenciòn na cidade, esta fin de semana, de catro mozos vencellados a Resistencia galega. Os investigadores cren que os explosivos que levaban dous dos detidos ívan ser utilizados en atentados na campaña electoral // 145.000 alumnos volven hoxe ás clases nos institutos de Galicia. Son 700 menos entre ESO e bacharelato. Tamén comezan o curso os estudantes de F.P. na que se incrementou a oferta en 2.600 prazas e con 27 títulos máis que o ano anterior // Comeza na Audiencia Provincial de Ourense o xuízo contra Javier Cruz, o mozo de Toén que supostamente matou a Laura Alonso esganándoa. 3 anos despois segue mantendo que non tiña intención de matarla. Un xurado popular terá que dictaminar o seu grao de culpabilidade. 15/09/12
A policía nacional investiga o novo acto violento perpetrado a pasada madrugada en Vigo. Foi o lanzamento de cócteles molotov á sede do Club Financieiro. As forzas de seguridade consideran coma a hipótese máis probable que se trate da obra de grupos independentistas e teña relación coa detenciòn na cidade, esta fin de semana, de catro mozos vencellados a Resistencia galega // 145.000 alumnos volven hoxe ás clases nos institutos de Galicia. Son 700 menos entre ESO e bacharelato. Tamén comezan o curso os estudantes de FP // Comeza na Audiencia Provincial de Ourense o xuízo contra Javier Cruz, o mozo de Toén que supostamente matou a Laura Alonso esganándoa. 15/09/12