Inaugúrase en Vigo a feira Conxemar. // O paro rexistrado aumenta en 2.106 persoas en Galicia durante o mes de setembro. // Entra en vigor un plan para mellorar a resposta en casos de contaminación mariña no litoral galego. // A campaña de vacinación fronte á gripe será entre finais de outubro e mediados de decembro. // /Doce sumillieres compiten por representar a Galicia no campionato de España. 02/10/12
Inaugúrase en Vigo a feira Conxemar, a reunión empresarial anual que maior volume de negocio xera en Galicia. Empresas e institucións de China, 500 expositores de más de trinta países veñen aquí a vender e a comprar produtos da pesca e a acuicultura. // O paro rexistrado aumenta en 2.106 persoas en Galicia durante o mes de setembro. Un incremento do 0'8, debido sobre todo o remate da temporada de verán no sector servizos. // Dez anos despois da marea negra do Prestige hoxe entra en vigor un plan para mellorar a resposta en casos de contaminación mariña no litoral galego. // A campaña de vacinación fronte á gripe vai ser este ano en Galicia entre finais de outubro e mediados de decembro. // /Doce sumillieres compiten por representar a Galicia no campionato de España. 02/10/12
Inaugúrase en Vigo a feira Conxemar. // O paro rexistrado aumenta en 2.106 persoas en Galicia durante o mes de setembro. // Entra en vigor un plan para mellorar a resposta en casos de contaminación mariña no litoral galego. // A campaña de vacinación fronte á gripe será entre finais de outubro e mediados de decembro. // /Doce sumillieres compiten por representar a Galicia no campionato de España. 02/10/12
Intervalos nubrados con algunhas choivas illadas, máis probables na metade Oeste. Vento frouxo do Oeste, con intervalos moderados no litoral da Coruña.
Temperaturas mínimas en ascenso entre lixeiro e moderado. As máximas seguirán sen cambios significativos ou terán un lixeiro descenso. 02/10/12
Milleiros de embarcacións comezaron hoxe nas rías galegas a campaña libre de marisqueo. // Alberto Núñez Feijóo defende en Madrid os presupostos do Estado. Pachi Vázquez, contra o copago nos medicamentos. // Xuízo a dous ex tenentes de alcalde nacionalistas deOurense imputados nun suposto caso de corrupción. // O Real Madrid golea ao Deportivo da Coruña e o Celta que perde ante o Granada. // Unha biografía de John Balan aos catro anos da súa morte. 01/10/12
Milleiros de embarcacións comezaron hoxe nas rías galegas a campaña libre de marisqueo. A primeira xornada de faena estivo marcada na ría de Arousa pola ausencia de berberecho e pola escasas capturas de ameixa. // Alberto Núñez Feijóo defende en Madrid os presupostos do Estado para o ano que ven. Pachi Vázquez promete suprimir o copago nos medicamentos se gaña o día 21. // Os dous ex tenentes de alcalde nacionalistas do concello de Ourense imputados nun suposto caso de corrupción negan no xuízo ter colaborado nunha trama para intentar beneficiarse da explotación comercial duns paneis publicitarios. // O Real Madrid golea ao Deportivo da Coruña. E derrota tamén para o Celta que perdeu dous a 1 fronte ao Granada. // Publícase unha biografía de John Balan aos catro anos da súa morte. 01/10/12
Bancos de néboa pola mañá en comarcas do interior, ceos pouco nubrados ou despexados a primeiras horas e un aumento de nubes de oeste a este ao avanzar o día. Ventos frouxos con dirección variable, tomando compoñente oeste co paso das horas. Temperaturas sen cambios importantes, con algúns descensos lixeiros das máximas. 01/10/12
Milleiros de embarcacións comezaron hoxe nas rías galegas a campaña libre de marisqueo. // Alberto Núñez Feijóo defende en Madrid os presupostos do Estado. Pachi Vázquez, contra o copago nos medicamentos. // Xuízo a dous ex tenentes de alcalde nacionalistas deOurense imputados nun suposto caso de corrupción. // O Real Madrid golea ao Deportivo da Coruña e o Celta que perde ante o Granada. // Unha biografía de John Balan aos catro anos da súa morte. 01/10/12
Socialistas e nacionalistas non concretaron o futuro do pacto de goberno que apoiaba ata agora ao Alcalde de Ourense. A concellleiera socialista Marga Martín exercerá de alcaldesa en funcións // O Presidente da Xunta asegura que os contratos asinados con PEMEX para a construcción de dous floteis en Navantia e Barreras teñen plena vixencia // O Deportivo enfróntase nesta xornada de liga ao Madrid e o Celta viaxa a Granada. 28/09/12 .
Compás de espera na gobernación do Concello de Ourense. Socialistas e nacionalistas non concretaron o futuro do pacto de goberno que mantiña ata agora a Francisco Rodríguez coma rexidor e que demitiu a raíz da súa imputaciòn no caso ¿Pokemon¿. A concellleira socialista Marga Martín exercerá de alcaldesa en función ata a elección de novo alcalde // O Presidente da Xunta asegura que os contratos asinados con PEMEX para a construcción de dous floteis en Navantia e Barreras teñen plena vixencia e que as dúbidas espalladas por algúns medios se refiren a que se están axustando características técnicas das construcción. Os grupos da oposición piden que se fagan públicos eses contratos // O Deportivo enfróntase nesta xornada de liga ao Madrid e o Celta viaxa a Granada. 28/09/12
Agárdanse intervalos anubrados na mitade norte con alguna precipitación feble no litoral e ceus case despexados no resto. 28/09/12
Socialistas e nacionalistas non concretaron o futuro do pacto de goberno que apoiaba ata agora ao Alcalde de Ourense. A concellleiera socialista Marga Martín exercerá de alcaldesa en funcións // O Presidente da Xunta asegura que os contratos asinados con PEMEX para a construcción de dous floteis en Navantia e Barreras teñen plena vixencia // O Deportivo enfróntase nesta xornada de liga ao Madrid e o Celta viaxa a Granada. 28/09/12 .
Demitiu o Alcalde de Ourense, o Socialista Francisco Vázquez logo de ter quedado en minoría a raíz da retirda do apoio do BNG, por non ter renunciado, logo da súa implicación xudicial na operación ¿Pokemon¿ // Preséntanse en París os dous modelos de berlinas Citroen e Peugeot que se fabrican en Vigo en exclusiva mundial // Os traballadores das plantas galegas da multinacional Alcoa manifestáronse en Santiago en demanda de electricidade máis barata para evitar o peche. 27/09/12

Demitiu o Alcalde de Ourense, o Socialista Francisco Vázquez. O rexidor explicou a súa decisión polo feito de ter quedado en minoría a raíz da retirda do apoio do BNG. Os representantes nacionalistas formalizaran a ruptura do Goberno Municipal uns minutos antes, tal como anunciaran debido á negativa do Alcalde a demitir, logo da súa implicación na operación ¿Pokemon¿ // No Salón do automobil de París preséntanse hoxe os dous modelos de berlinas Citroen e Peugeot que se fabrican en Vigo en exclusiva mundial // O Consello da Xunta puxo en marcha unha oferta de emprego do SERGAS para contratar 176 novos médicos destinados a hospitais e servizos de urxencias // Os traballadores das plantas galegas da multinacional Alcoa manifestáronse en Santiago en demanda de electricidade máis barata para evitar o peche das fábricas. 27/09/12
As nubes van deixando paso o sol nun día que amenceu máis fresco pero no que as temperaturas máximas han ser más altas cas de onte. 27/09/12
Seguen as detencións en relación coa denominada ¿Operación Pokemon¿ contra a corrupción. Nas últimas horas foron arrestados un concelleiro do BNG en Ourense e outro do PSdeG-PSOE na localidade lucense de Cospeiro. O xefe da policía local de Ourense, detido onte xa prestou declaración ante a xuíza en Lugo e quedou en liberdade baixo fianza de cinco mil euros // O supermercado económico de España está Vigo, é o economato da factoría de Citroen. 26/09/12
Seguen as detencións en relación coa denominada ¿Operación Pokemon¿ contra a corrupción. Nas últimas horas foron arrestados un concelleiro do BNG en Ourense e outro do PSdeG-PSOE na localidade lucense de Cospeiro. Tamén permanecen na comisaría de policía de Ourense un matrimonio do Carballiño, detido dentro desta operación. O xefe da policía local de Ourense, detido onte xa prestou declaración ante a xuíza en Lugo e quedou en liberdade baixo fianza de cinco mil euros. Francisco Rodriguez seguirá sendo alcalde de Ourense polo menos ata mañá. Puxo o seu cargo a disposición da executiva local do PSOE que rexeitou a dimisión trala súa imputación no caso Pokemon // O supermercado económico de España está en Vigo pero nel só poden mercar os traballadores da factoría de Citroen. O economato desta fábrica de coches é segundo unha enquisa da OCU o máis barato do pais. 26/09/12
As chuvias tenden a remitir segundo avance a tarde e parece que pouco a pouco van ir dando paso os claros nos vindeiros días. 26/09/12