Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ceos anubrados e chuvias durante a mañá na franxa atlántica e pola tarde, máis xeneralizadas, localmente moderadas e acompañadas de aparato eléctrico. Vento frouxo do Sueste, con intervalos moderados na Costa da Morte. Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro descenso as máximas, localmente moderado no interior. 10/10/12

Máis do 99 por cento das uvas da comarca ourensá do Ribeiro xa están recollidas. Este ano a produción reduciuse un 40 por cento.// As distintas valoracións sobre a situación económica e os xeitos de encarar a crise centraron o primeiro cara a cara entre os principais candidatos á Presidencia da Xunta.//Cinco empresas colaboran para inventar un xerador que permite ós barcos apagar o motor e reducir emisións contaminantes.// A Universidade de Santiago reconstrúe a traxectoria dun bólido de máis de cen quilos que atravesou o ceo de Galicia e rematou afundíndose no mar Cantábrico. 09/10/12

Máis do 99 por cento das uvas da comarca ourensá do Ribeiro xa están recollidas. Este ano a produción reduciuse un 40 por cento. Sen embargo, a calor que fixo no verán e durante a vendima contribuiu a que a maduración das uvas fose a óptima.// As distintas valoracións sobre a situación económica e os xeitos de encarar a crise centraron o primeiro cara a cara entre os principais candidatos á Presidencia da Xunta.// Cinco empresas galegas e a Universidade únense para inventar un xerador que lle permita aos barcos apagar os motores cando están en porto, reducindo así as emisións contaminantes. Vaise poñer en marcha en Vigo.// A Universidade de Santiago reconstrúe a traxectoria dun bólido de máis de cen quilos que atravesou o ceo de Galicia e rematou afundíndose no mar Cantábrico. A rocha celeste deixou unha estela que puideron ver máis dun cento de testemuñas pouco antes da posta do sol. 09/10/12

Máis do 99 por cento das uvas da comarca ourensá do Ribeiro xa están recollidas. Este ano a produción reduciuse un 40 por cento.// As distintas valoracións sobre a situación económica e os xeitos de encarar a crise centraron o primeiro cara a cara entre os principais candidatos á Presidencia da Xunta.//Cinco empresas colaboran para inventar un xerador que permite ós barcos apagar o motor e reducir emisións contaminantes.// A Universidade de Santiago reconstrúe a traxectoria dun bólido de máis de cen quilos que atravesou o ceo de Galicia e rematou afundíndose no mar Cantábrico. 09/10/12

A Universidade de Vigo asume a dirección do Laboratorio de Referencia da Unión Europea de biotoxinas mariñas. // Cuarto día da campaña electoral. Os líderes preparan o primeiro debate da campaña. // A ministra de Fomento e o alcalde de Santiago anuncian cambios no proxecto da Estación Intermodal de Santiago para abaratalo. // O Deportivo, en postos de descenso. O Celta suma xa tres vitorias seguidas na casa. E o Obradoiro vence a domicilio ao Fuenlabrada. 08/10/12

A Universidade de Vigo asume a dirección científica e técnica do Laboratorio de Referencia da Unión Europea de biotoxinas mariñas. // Cuarto día da campaña electoral, pendentes das enquisas que dan unha cómoda maioría ao partido popular e pronostican a perda dalgún escano para os socialistas. Os líderes destes dous partidos preparan o primeiro debate da campaña. // A ministra de Fomento e o alcalde de Santiago anuncian cambios no proxecto da Estación Intermodal de Santiago para abaratar o seu custe. // O Deportivo sitúase en postos de descenso tras a súa terceira derrota consecutiva. O Celta, mentres, suma xa tres vitorias seguidas na casa. E en baloncesto, o Obradoiro venceu a domicilio ao Fuenlabrada. 08/10/12

A Universidade de Vigo asume a dirección do Laboratorio de Referencia da Unión Europea de biotoxinas mariñas. // Cuarto día da campaña electoral. Os líderes preparan o primeiro debate da campaña. // A ministra de Fomento e o alcalde de Santiago anuncian cambios no proxecto da Estación Intermodal de Santiago para abaratalo. // O Deportivo, en postos de descenso. O Celta suma xa tres vitorias seguidas na casa. E o Obradoiro vence a domicilio ao Fuenlabrada. 08/10/12

Moitas nubes e precipitacións, puntualmente moderadas nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde poden vir acompañadas de aparato eléctrico nas primeiras horas do día. Ventos do sur e sueste, moderados en bisbarras costeiras e frouxos no resto. As temperaturas mínimas permanecen estables e as máximas descenden lixeiramente. 08/10/12

O Partido Popular revalidaría a maioría absoluta nas eleccións do día 21, segundo unha enquisa do CIS que se acaba de facer pública. // O Concello de Ourense sofre as consecuencias políticas da Operación Pokemon. // Coa vendima practicamente rematada, os viticultores das Rías Baixas que a cantidade de uva recollida vai ser un 60 por cento menor ca o ano pasado. // Previas Celta - Sevilla e Deportivo - Raio Vallecano. 05/10/12

O Partido Popular revalidaría a maioría absoluta nas eleccións do día 21, segundo unha enquisa do CIS que se acaba de facer pública. O Parlamento variaría pouco respecto ao actual e podería entrar un deputado da coalición liderada por Beiras. // Por primeira vez no que vai de lexislatura, os dous grupos da oposición do concello de Ourense conseguen que prospere unha moción plenaria só cos seus votos. Son as consecuencias políticas da Operación Pokemon. // Coa vendima practicamente rematada, os viticultores das Rías Baixas que a cantidade de uva recollida vai ser un 60 por cento menor ca o ano pasado, cando se bateron marcas de produción. // O Celta abre esta noite en Balaídos a sétima xornada da Primeira División fronte ó Sevilla. Deportivo xoga mañá en Madrid contra o Raio Vallecano. 05/10/12

O Partido Popular revalidaría a maioría absoluta nas eleccións do día 21, segundo unha enquisa do CIS que se acaba de facer pública. // O Concello de Ourense sofre as consecuencias políticas da Operación Pokemon. // Coa vendima practicamente rematada, os viticultores das Rías Baixas que a cantidade de uva recollida vai ser un 60 por cento menor ca o ano pasado. // Previas Celta - Sevilla e Deportivo - Raio Vallecano. 05/10/12

Ceos pouco anubrados ou despexados. Vento frouxo de compoñente Sur rolando a compoñente Oeste durante o día. Temperaturas mínimas sen cambios significativos no litoral e en ascenso lixeiro ou localmente moderado no interior. As máximas, en ascenso entre un lixeiro e moderado. 05/10/12

Conta atrás para que comece a campaña electoral. // Un informe de Facenda asegura que Galicia é a comunidade autónoma do estado que mellor está executando o orzamento deste ano. // O ex alcalde socialista de Ourense, testemuña no xuízo do caso dos Paneis Publicitarios. // Os gandeiros volven á rúa para rexeitar os contratos homologados do leite. // A Cidade da Cultura mostra as xoias bibliográficas das catedrais galegas. 04/10/12

Conta atrás para que comece a campaña electoral. A partir da medianoite os partidos comezarán a pedir o voto de cara aos comicios autonómicos do próximo día 21. // Un informe de Facenda asegura que Galicia é a comunidade autónoma do estado que mellor está executando o orzamento deste ano, segundo o presidente da Xunta. // O ex alcalde socialista de Ourense asegura que Alexandre Sánchez Vidal, o ex tenente de alcalde do BNG imputado no caso dos Paneis Publicitarios, non estaba autorizado a asinar convenios coa empresa implicada neste suposto caso de corrupción. // Os gandeiros volven á rúa. Reclaman un mediador nos contratos homologados do leite, que dende hoxe son obrigatorios, porque non lles garanten prezos mínimos. // A Cidade da Cultura mostra as xoias bibliográficas das catedrais galegas. 04/10/12

Néboas matinais no interior e ceos pouco nubrados, con intervalos de nubes baixas pola mañá en Pontevedra e A Coruña e con nubes altas no resto.

Vento frouxo de compoñente Sur, con intervalos moderados no Noroeste da Coruña, tenderán a rolar a Oeste durante a tarde. Temperaturas mínimas sen cambios ou en lixeiro descenso; mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, localmente moderado. 04/10/12

Conta atrás para que comece a campaña electoral. // Un informe de Facenda asegura que Galicia é a comunidade autónoma do estado que mellor está executando o orzamento deste ano. // O ex alcalde socialista de Ourense, testemuña no xuízo do caso dos Paneis Publicitarios. // Os gandeiros volven á rúa para rexeitar os contratos homologados do leite. // A Cidade da Cultura mostra as xoias bibliográficas das catedrais galegas. 04/10/12

O sector do mar reclama que se lle aplique ao peixe só o 4 por cento de IVE. // A demanda colectiva presentada pola Fiscalía de Galicia contra Novagalicia Banco polas preferentes segue adiante malia que o xulgado que leva o caso presentou un auto contra ela. // O ministro de Industria garante que Alcoa disporá unha tarifa eléctrica competitiva para Alcoa. // Alberto Núñez Feijóo cualifica de compromiso sen precedentes o acordo acadado na Conferencia de Presidentes autonómicos. // Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. 03/10/12

O sector do mar reclama que se lle aplique ao peixe só o 4 por cento de IVE, como a outros alimentos básicos. // A demanda colectiva presentada pola Fiscalía de Galicia contra Novagalicia Banco polas preferentes segue adiante malia que o xulgado que leva o caso presentou un auto contra ela. Está recorrido. // O ministro de Industria garante que Alcoa disporá unha tarifa eléctrica competitiva para manter o próximo ano a súa produción de aluminio nas súas fábricas en España. // Alberto Núñez Feijóo cualifica de compromiso sen precedentes o acordo acadado na Conferencia de Presidentes autonómicos. Todos aceptaron cumprir os topes de déficit público para o próximo ano. // Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. 03/10/12

Intervalos nubrados con algunhas choivas illadas, máis probables na metade Oeste. Durante a tarde as nubes tenderán a diminuír ocasionando a apertura de grandes claros, principalmente na metade Norte. Vento frouxo de compoñente Oeste, con intervalos moderados nos litorais Norte e Noroeste. Temperaturas sen cambios significativos, con algún descenso local das máximas. 03/10/12