Entrevista có actor Diego Anido, nominado ós premios Goya pola súa actuación na película de Diego Sorogoyen "As Bestas".
Realizada por Andrea Oca Domínguez.
Entrevista có actor Diego Anido, nominado ós premios Goya pola súa actuación na película de Diego Sorogoyen "As Bestas".
Realizada por Andrea Oca Domínguez.
Na véspera da manifestación de Sos Sanidade en Santiago, hoxe é a quenda da veciñanza de Verín, que protesta pola falta de pediatras na vila sen cobertura das prazas de xubilados.
Cos problemas da sanidade amosouse de novo comprometido Alfonso Rueda. Segue a defender as medidas da Xunta e dille á oposición, que as criticou, que o que teñen é falta de coñecemento, que non as entenden vaia.
Todo nunha xornada na que os bombeiros forestais galegos denuncian a mala praxe da Xunta na estabilización das prazas a poucos meses da tempada forte de traballo.
E esta noite entrega dos Goya, con moitos candidatos galegos. Entrevistaremos nos vindeiros minutos a un deles: Diego Anido, opta ó premio a mellor actor de reparto polo seu papel en 'As bestas'.
A dous días dunha convocatoria pra manifestarse en Santiago en defensa da sanidade pública, a situación sanitaria segue dando que falar. A confederación de sindicatos médicos cualifica de fracaso a reunión mantida hoxe co Sergas á que lle presentou ás suas propostas pra solucionar a asistencia sanitaria
Mentres a Xunta insiste en que o goberno galego está aprobando todas as medidas que están na súa man.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O Tribunal Supremo estima o recurso presentado pola empresa. Avala a prórroga concedida polo anterior goberno do PP por contar con informes ambientais favorables
A frota de cerco agarda coñecer hoxe os detalles das axudas par compensa-los por un amarre temporal. Hai barcos que levan amarrados dende o mes de novembro. A asociación de armadores confía en que se revisen as contías propostas inicialmente.
As dependentas de Inditex celebran o acordo acadado a nivel estatal por CCOO e UGT coa multinacional. Acaba coa discriminación nos dereitos sociais con respecto a outros traballadores do grupo.
En Lugo, visto pra sentenza o xuizo polo dobre crime do Cash Record.
A fiscalía non cambiou a súa posición, e únese á defensa na petición de absolución pra o único acusado Manuel Juan Vilariño.
O Clínico de Santiago suma xa un cento de intervencións para tratar cunha nova técnica o tremor esencial. Este hospital foi o primeiro en poñer en marcha un novo método pra reducir un tremor involuntario que afecta á calidade de vida dos que o padecen.
O tempo. Todo igual, tamén na fin de semana.
O Tribunal Supremo estima o recurso presentado pola empresa. Avala a prórroga concedida polo anterior goberno do PP por contar con informes ambientais favorables
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Sanidade anuncia novas medidas para cubrir vacantes en atención primaria, como unha bolsa de voluntarios que teríán unha remuneración extra. Pero o feito de que todas estas accións cheguen a uns días da manifestación convocada por Sos sanidade pública fai que aumente a desconfianza no sector.
Orde de prisión para o home acusado de matar o pasado domingo á súa exparella en Baiona. Non pode comunicarse nin achegarse ós seus fillos.
E hoxe coñeceremos as conclusións do xuizo polo dobre crime do Cash Récord cometido en Lugo hai 29 anos.
O tempo. Segue todo igual... ceo despexado, frío con xeadas pola noite e temperatura agradable nas horas centrais do día. No litoral da provincia de Pontevedra vanse rexistrar cerca de 20 graos.
Os sindicatos non están conformes coas medidas anunciadas pola Xunta na mesa sectorial pra mellorar a atención sanitaria e anuncian alegacións- Todo a poucos días da manifestación convocada por Sos sanidade pra este domingo en Compostela e á que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acusa, unha vez máis, de estar politizada.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Outro policía implica ó único acusado no xuizo do Cash Récord. Dixo que hai indicios pra atribuirlle non só o atraco e morte de dous empregados do Cash Récord senón tamén outro homicidio en 1997.
Volve ó xulgado o home acusado de matar á súa exparella o domingo en Baiona.
A xuiza ordenara o seu traslado ó hospital Álvaro Cunqueiro onde hoxe foi dado de alta.
Satisfación nos comités de empresa de ENCE pola confirmación dos investimentos en Lourizán. Tras confirmar o Supremo a prórrog da concesión, a pasteira Ence avanzou investimentos de máis de 130 millóns de euros nos vindeiros dez anos.
En Ourense, a oposición denuncia que o alcalde emprega un clube de fútbol pra poder continuar con obras na cidade. Busca manter proxectos financiados cunha modificación de crédito que só se podía empregar ata o 31 de decembro de 2022.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo