As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Poucos días despois de que o Supremo dera por boa a prórroga para que ENCE continúe no seu eprezamento ó carón da ría de Pontevedra, a comisión europea inicia un procedemento de infracción a expaña... sinala que as concesións existentes por un período de ata 75 anos sen xustificacións son contrarias ás normas da Unión Europea.
E hoxe protagonista Manuel Fernández de Sousa, o Supremo rebaixalle dous anos a condena pola creba de Pescanova. Agora intentará evita o ingreso en prisión.
E, en Lugo, este xoves hai convocada unha concentración pola posta en liberdade do chamado violador do portal.
O tempo. Todo igual...segue mandando o anticiclón... o mediodía nas rías baixas volveranse a alcanzar os 20 graos.
Tal día coma hoxe, de madrugada, nas augas de Terranova naufragaba o Villa de PItanxo. O barco, saíra o 26 de xaneiro dende Vigo. Dos 24 tripulantes, só tres puideron ser rescatados con vida. Escoitaremos nuns intres as voces das familias
Neste día tamén temos que lamentar una nova morte no mar...un mariñeiro ghanes do pesqueiro Nova Alborada ,con base en Vigo, faleceu tras caer ao mar mentres faenaba no caladoiro británico do Gran Sol.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Doce meses sen os 21 falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo en Terranova. Un ano de dúbidas, contradicións, de reclamacións pra que se baixe ó pecio pra completa-la investigación e poder pechar así un dos capítulos máis negros da historia pesqueira galega. É unha xornada de dor pra todalas familias, 12 delas sen sequera un corpo ó que presentar os seus respetos... Hoxe escoitámolos e revisamos o estado das dúas investigacións abertas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Tal día coma hoxe, hai un ano, espertabamos coa tráxica noticia do naufraxio do Villa de Pitanxo en Terranova que logo resultou ser o peor en varias décadas con 21 falecidos: doce corpos aínda non foron recuperados. As familias levan desde entón reclamando que se baixe ó pecio para coñecer as causas do afundimento. Semella que este verán podería acometerse a operación.
Hoxe seguiremos escoitando ás víctimas e familiares do accidente do Alvia que reviven aqueles duros momentos e contan como están case dez anos despois.
E recollemos a satisfacción dos familiares de Diego Bello ó coñecer que os tres policías acusados de mata-lo en Filipinas xa están en prisión
Boas novas pra familia de Diego Bello, o mozo coruñés asasinado a tiros en Filipinas hai tres anos. Os tres policias supostamente implicados na sua morte entregaronse ás autoridades tras estar case un ano fuxidos. A orde de busca e captura fora cursada o pasado 25 de marzo de 2022 e ata agora estiveron desaparecidos.
E no xuizo do Alvia, momentos de moita emoción hoxe tras escoitar as primeiras declaracións das vítimas do accidente.
Las víctimas del accidente del Alvia comienzan a declarar en el juicio: "Habrá sentencia, pero justicia, lo dudo"
- "No hay dinero que pague la impotencia que se siente", ha dicho una de las primeras víctimas en declarar
- El "daño irreparable" por el accidente marca la primera jornada de la fase que deberá determinar la responsabilidad civil
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O xuizo polo accidente do Alvia entra hoxe nunha nova fase. Da busca de responsables pasamos a escoitar as numerosas víctimas do accidente, que deixou 80 falecidos e 145 supervivintes. A fiscalía pide 57 millóns en danos que os afectados salientan que non teñen reparación posible. 522 testemuñas lembrarán nesta fase a forma na que aquel accidente lles mudou a vida por completo, física e mentalmente.