Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Empezamos unha semana clave para o sector pesqueiro...A Comisión europea vai dar a coñecñer o plan que pode supoñer un novo recorte nas zonas de actividade dos arrastreiros.
A confraría de Noia apraza a reapertura da campaña marisqueira pola elevada mortandade dos moluscos como consecuencia dos grandes aportes de auga doce deste inverno.
Un buque portavehículos, no que se declarou un incendio na cuberta este domingo, ataópase fondeando nas Illas Cíes. Permanecerá inactivo ata comprobar a total extinción do incendio.

Deportes. A mugardesa Belén Toimil gaña o terceiro campionato de España consecutivo en lanzamento de peso.

O tempo. A partir de hoxe a entrada de aire frío en capas altas da atmosfera dará lugar a un aumento da inestabilidade e pra vindiera noite xa se agardan chuvias. A partir do mércores agardase un descenso acusado das temperaturas.
 

As eleccións de maio, máis cerca. Os partidos quentan motores na precampaña. Esta mañá, na Coruña, acto municipalista organizado polo PSdeG coa presenza da portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez.

Recollemos hoxe ademais a denuncia dos colexios médicos, que se opoñen ó plan do SERGAS para que a filtración de pacientes se faga a través de persoal non sanitario.

En Lobios, na provincia de Ourense, xa está apagado o lume que queimou 2,4 hectáreas. A maioría, no Parque Natural do Xurés.

Na entrevista, falaremos coa experta en melanoma Marisol Soengas

Nova homenaxe ós falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo. Os actos de lembranza trasladáronse este mediodía a Pontevedra.

En Monforte, detido un octoxenario e a nai dunha menor en relación a un suposto caso de abusos sexuais á nena

O investigado pola morte de Beatriz Lijó, a muller asasinada en Baiona a comezos de mes, recoñeceu os feitos na que foi a súa terceira comparecencia ante o xulgado de violencia contra a muller de Vigo. Até o de agora, o acusado, aínda non dera declaracións sobre o sucedido

Ángel Rodríguez da Costa, o suposto autor do asasinato da súa exparella
Beatriz Lijó, o pasado 6 de febreiro en Baiona, segue sen da-la súa versión dos feitos. Hoxe regresaba ós xulgados pero só pra coñece-las imputacións que caen sobre él....

Mentres, outras víctimas denuncian que hai agresores que utilizan as medidas que se adoptan pra protexelas pra seguir acosándoas. En Sanxenxo, unha moza de 20 anos viu como o home que denunciara inutilizaba ata 20 veces a pulseira telemática.... A xuiza tivo que ordea-la entrada en prisión pra poñerlle fin ó acoso

- Concentración dos traballadores de Navantia para esixir avances na negociación do plan industrial e do novo convenio colectivo.

Os sindicatos fixeron cadrar as protestas coa reunión na que a dirección lles presenta o plan estratéxico.

- continúa adiante a folga indefinida dos letrados das administración de xustiza.

Despois de case un mes de paros, en Galicia son xa máis de 6.000 as vistas suspendidas.

- En Ferrol presentouse este mediodía unha querela criminal contra os responsables de morte de Moncho Reboiras.

Iniciativa xudicial por un crimen de lesa humanidade, ocorrido hai case medio século, ó amparo da Lei de Memoria Histórica.

- A Agrupación Cultural Auriense acusa a Jácome de secuestrar o meco que colocaran coa súa cara.

Estaba colgado nunha árbore da praza dos Suaves antes de que operarios do concello limparan a zona

- .O concello da Coruña presenta recurso contra a planta de tratamento de aceites de barcos no peirao de Oza,
á que a Xunta lle deu permiso.

- .Concentración en Ortigueira para amosar o rexeitamento á concesión do informe medioambiental positivo ao parque eólico do Barqueiro.

- .Este mediodía presentase nos xulgados de Ferrol unha querela criminal contra os axentes das forzas de seguridade que figuran no sumario pola morte de Moncho Reboiras. Faleceu nun caso de represión franquista no ano 1975.
 

ENCE e a Xunta estiman que a continuidade na pasteira ó carón dar ría de Pontevedra está asgurada.. que á fábrica non lle afecta o expediente que a Comisión Europea lle abriu a España polas concesións en dominio público marítimo terrestre.
Santiago é a primeira cidade galega que regula as vivendas de alugueiro turístico.
E hoxe volve ó xulgado o hoe acusado de matar hai case dúas semanas a súa exparella en Baiona. Estes días rompeu o silencio que mantiña desde que ocorriu o crime.

O tempo. Continuaremos hoxe na influencia do anticiclón con temperaturas máximas que en moitos puntos pasarán dos 20 graos.
 

A pasteira Ence non ve peligro no expediente de Bruselas a España por prorrogar ata 75 anos concesións a industrias pola lei de costas...Así o fixo saber por medio dun comunicado esta tarde..Tamén se pronunciou sobre isto o presidente da xunta quen está de acordo coa papeleira

Cos votos a favor do PSOE e de Compostela Aberta, a abstención do BNG e a negativa do PP, Santiago conta desde hoxe cunha norma que regula os pisos turísticos. A corporación aprobou a modificación do PXOM nun pleno extraordinario

A loita pola permanencia ou retirada da fábrica de Ence en Lourizán aínda non rematou. Así o interpretan os seus opositores logo de coñece-lo expediente aberto pola Comisión Europea contra España. Bruxelas entende que a lei de costas española, e a súa previsión de concesións de ata 75 anos no dominio público, non cumpre coas garantías dunha selección transparente e imparcial á hora de facer as adxudicacións. O procedemento pode acabar no Tribunal de Xustiza da Unión Europea, a onde os promotores do recurso contra a prórroga da pasteira xa estaban estudando acudir

- Santiago dispón desde hoxe dun regulamento de usos pros pisos turísticos.

A norma restrinxe as novas licenzas aos baixos ou primeiros andares fóra do casco histórico, e limita os alugueiros turísticos de vivendas habituais a dous meses ao ano.

- A CIG denuncia inacción do Sergas ante o aumento das agresións ó persoal sanitario.

Reprochan que non haxa un protocolo claro que protexa ós profesionais ante usuarios crispados pola saturación da atención primaria.

- O BNG propón crear por lei unha Fundación parsa impulsar a ciencia en Galicia.

A formaci apostan por incrementar o financiamento da ciencia e darlle máis estabilidade ó persoal investigador.

- Verín celebra hoxe o tradicional "Xoves de Comadres". Un día especial no que as protagonistas son as mulleres.

Desde o Centro de Información a Muller, reivindican esta celebración feminista e libre de violencias machistas