Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Alerta pola aparición de catro focos do virus da lingua azul en Ourense.
É unha enfermidade vírica que non se transmite as persoas pero que sí obriga a iniciar unha campaña especial de vacinación e desinfección das explotacións.

A antiga factoría de Siemens Gamesa recuperará a actividade en medio ano da man do grupo Amper. Parte dos antigos traballadores poderían volver, agora pra fabricar compoñentes para a eólica mariña.

Sen cambios nos prazos estimados polo goberno para a posta en servizo dun dos viais da A-6 en Pedrafita. O delegado do goberno di que a previsión é que a finais de ano estea operativo un viaducto que inicialmente se empregará nas dúas direccións.

No Parlamento, a oposición sinala que os recortes da Xunta son os culpables da crise na atención primaria. Rueda negou a acusación e dixo que o SERGAS dispón agora de 1.300 millons máis que en 2009.

O tempo. Conforme avance a tarde van ir baixando as temperatruras e de noite a cota de neve caerá ata os 500 metros.

Pode ser o golpe final para ducias de barcos. O sector, que aínda estaba facendo reconto das perdas que lle supuxo a veda en case un cento de áreas mariñas, ve agora como o obxectivo de protección da Unión Europea vai máis aló: quere que os estados membros fixen unha serie de áreas protexidas ata limitar a pesca de arrastre nun 30 por cento das augas da súa competencia.
Ás dez reanúdase o pleno do Parlamento coa sesión de control na que a oposición preguntará a Rueda pola situación da Sanidade. Este martes o Partido Popular non aceptou que unha comisión parlamentari investigue coo se están tramitando os proxectos eólicos

Boa tarde, indignación no sector pesqueiro. O motivo: que a Comisión Europea insta ós Estados membros a prohibi-la pesca de arrastre no 20% das augas mariñas de cada país pra o ano 2024. Por outra banda, o Partido Popular rexeita a proposta do BNG de crear no Parlamento unha comisión que investigue a xestión da Xunta na tramitación dos parques eólicos.
 

O PP rexeita a creación dunha comisión que investigue a xestión da Xunta na tramitación dos parques eólicos. Unha iniciativa que defendeu o BNG esta mañá ó comezo do pleno ó entender que o proceso é pouco transparente.

A mortadade dos moluscos en Arousa tamén ten impacto na actividade da Lonxa na Illa. Os 9 traballadores están en ERTE. Como en Noia, a confraría estuda pedir á Xunta un cese de actividade e axudas para rexenerar os bancos de marisqueo.

Os usuarios do tren entre Ribadeo e Ferrol trasladan ó ministerio de Transportes as queixas polo mal funcionamento. Aseguran que os retrasos son habituais, denuncian abandono dos apeadoiros e falta de interventores e persoal.

Os rexistros civís da Coruña e Vigo estrean mañá un novo sistema informático. Os funcionarios que o van operar denuncian que tiveron unha formación insuficiente para a súa utilización.

O tempo. Máis inestabiliade e chuvascos pola tarde.

  • 1.900 aldeas deshabitadas en Galicia. Algunhas están ben conservadas aínda que non viva nelas ninguén de xeito permanente
  • Visitamos unha sen ningún habitante empadroado e outra que se repoboou despois de máis dunha década de abandono

En Galicia hai case 1.900 aldeas deshabitadas. Algunhas están en ruínas, pero outras moitas non, aínda que non viva nelas ninguén de xeito permanente. Na provincia de Ourense visitamos unha sen ningún habitante empadroado, pero moi ben conservada, e outra que se repoboou despois de máis dunha década de abandono.

O desenvolvemento do sector eólico será obxecto de debate esta mañá no Parlamento. Primeiro a Cámara debe produnciarse sobre a cración dunha comisión que investigue o proceso de tramitación que o BNG considera pouco transparente. Tamén está prevista a comparecencia do conselleiro Francisco Conde.
O nome propio de hoxe é o de Francisco Pillado.... faleceu este luns víctima do Amianto. Ata o último día mantivo a loita xudicial contra Navantia pola exposición de centos de traballadores a este mineral canceríxeno.

O tempo.
Hoxe predominará a inestabilidade atmosférica, polo que agardamos unha xornada de ceos nubrados con chuvascos máis probables na segunda metade do día.

 

Adiada ata o mércores a reunión dos cerqueiros galegos coa consellería do Mar prevista pra hoxe para coordinar os fondos que percibirán os buques e os mariñeiros que se acollan á parada voluntaria do xurelo.

E a Consellería de Pesca mantivo unha reunión este luns coa organización de produtores de pesca de Burela e uns expertos en dereito comunitario pra fortalecer tecnicamente os argumentos de defensa da frota galega ante o veto á pesca de fondo en augas europeas.