Segundo fontes da investigación, os laboratorios policiais que analizan os restos do cadáver da beba Asunta Basterra atoparon seme na camiseta da pequena .
Indignación na flota cefalopodeira galega , logo de que que a Union Europea ratificase o acordo con Mauritania que deixa fóra aos 24 barcos galegos.
O deputado Jose Luis Mendez Romeu asume a portavocía dos socialistas no parlamento galego. (09/10/13)
Nas próximas horas poderían concretarse novidades decisivas no caso da morte da nena de Santiago Asunta Basterra. Segundo fontes da investigación, os laboratorios policiais que analizan os restos do cadáver atoparon seme na camiseta da pequena .
Indignación na flota cefalopodeira galega , logo de que que a Union Europea ratificase o acordo con Mauritania que deixa fóra aos 24 barcos galegos.
O deputado Jose Luis Mendez Romeu asume a portavocía dos socialistas no parlamento galego. (09/10/13)
Galicia vai destinar os fondos que veñan de Europa ata o 2020 a sanidade, acuicultura, tecnoloxía ou a innovación das empresas.
Anunciouno esta mañá, en Bruxelas o Presidente da Xunta que arestora intervén ante o Comité de Rexións para explicar o investimento deses fondos
As oficinas municipais de Beade tiveron que trasladarse ás instalacións da Mancomunidade do Ribeiro, debido aos destrozos que causou o atentado sofrido na mañanciña de onte.
O Delegado do Goberno asegura que todas as pistas conducen a que o ataque terrorista foi obra de Resistencia Galega.
O poeta coruñés Manuel Álvarez Torneiro gañou o Premio Nacional de Poesía que concede o Ministerio de Educación e Cultura. O galardón foille outorgado pola súa obra en galego "Os ángulos da Brasa". (08/10/13)
É o novo método que se está a usar estes días nos montes galegos para evitar que a cinza dos incendios escape do terreo e cause danos.
Consiste en botar palla dende helicópteros nas zonas onde non se pode chegar a pé ou con vehículos terrestres.
As oficinas municipais de Beade tiveron que trasladarse ás instalacións da Mancomunidade do Ribeiro, debido aos destrozos que causou o atentado sofrido na mañanciña de onte.
O Delegado do Goberno asegura que todas as pistas conducen a que o ataque terrorista foi obra de Resistencia Galega
Pórtico, o grupo vigués de empresas do sector do moble e a decoración, presentou un Expediente de Regulación de emprego para máis de douscentos dos seus traballadores. Arrastra unha débeda de corenta e cinco millóns de euros e a caída de ventas obrigouno a pechar tendas de decoración da filial adicada a nenos e a de complementos
Galicia vai destinar os fondos que veñan de Europa ata o 2020 a sanidade, acuicultura, tecnoloxía ou a innovación das empresas. (08/10/13)
Un artefacto explosivo causou, a pasada madrugada, graves destrozos na casa consistorial de Beade, en Ourense, onde varios tabiques terán que ser retirados, para evitar derrubamentos. A forte explosión sentiuse a máis dun quilómetro de distancia.
A Xunta asina con sete entidades financeiras un convenio para que os impagos de hipotecas non rematen en desafiuzamentos. Un acordo que tamén vai implicar aos concellos
435 auxiliares de conversa empezarán a traballar mañá para axudarlles a practicar os idiomas que aprenden os escolares galegos.
Son recén licenciados ou estudantes nativos que colaborarán no ensino de 5 idiomas extranxeiros. (07/10/13)
Así quedou a casa consistorial da localidade ourensá de Beade.
Alí, un artefacto explosivo estoupaba a pasada mañanciña causando cuantiosos danos materiais, ainda sen avaliar. Por sorte, non provocou desgrazas persoais.
A Xunta asina con sete entidades financeiras un convenio para que os impagos de hipotecas non rematen en desafiuzamentos. Un acordo que tamén vai implicar aos concellos. A Conselleira de Facenda destacou que servirá para que os bancos recoñezan á Xunta coma mediador neses procesos.
Xa están listos para empezar a traballar os 435 auxiliares de conversa que lles van axudar a practicar os idiomas que aprenden os escolares galegos.
Mañá estáran xa nos centros educativos onde estes recén licenciados ou estudantes nativos colaborarán no ensino de 5 idiomas extranxeiros.
O Celta perde 2 a 1 fronte ao Atlético nun partido no que os vigueses non reacionaron ata a segunda parte e no que foi o porteiro, Yoel, o que mantivo vivo ao equipo.
En Segunda tampouco houbo fortuna para os dous equipos galegos. O Deportivo empatou a cero en Riazor e o Lugo perdeu por dous a cero contra o filial do Real Madrid. (07/10/13)
Un artefacto explosivo causou, a pasada madrugada, graves destrozos na casa consistorial de Beade, en Ourense, onde varios tabiques terán que ser retirados, para evitar derrubamentos.
A Xunta asina con sete entidades financeiras un convenio para que os impagos de hipotecas non rematen en desafiuzamentos.
435 auxiliares de conversa empezarán a traballar mañá para axudarlles a practicar os idiomas que aprenden os escolares galegos. (07/10/13)
Os pais de Asunta Basterra néganse a colaborar co xuiz ata que non se levante o segredo sumario. Os informes periciais demostran que a nena estaba con ela cando a sedaron e cando morreu.
O próximo verán está previsto que entre en servizo a variante de Noia, unha obra que evitará o paso por esta vila da costa coruñesa de dous millóns de vehículos ao ano e que inclúe unha ponte sobre a ría de case dous quilómetros.
Os raios caídos no medio dunha forte treboada causaron grandes danos nun cemiterio ourensán en Melón. Polo menos, medio cento de tumbas quedaron estragadas. (04/10/13)
A situación atmosférica actual vai seguir con nós ainda nas próximas horas, nas que está previsto que mesmo empeore, deixando chuvias e treboadas. (04/10/13)
Mañá moi movida hoxe, de novo, nos xulgados de Santiago ata onde foron trasladados os pais de Asunta Basterra, a nena que aparecera morta en Teo.
Os dous se negaron a participar na reconstrucción dos feitos que precederon á morte da nena e foron enviados, de regreso ao cárcere de Teixeiro. O abogado da nai negouse á práctica de novas probas ata o erguemento do sumario.
O próximo verán está previsto que entre en servizo a variante de Noia, unha obra que evitará o paso por esta vila da costa coruñesa de dous millóns de vehículos ao ano e que inclúe unha ponte sobre a ría de case dous quilómetros. Os traballos xa están executados no 80 por cento.
Os raios caídos no medio dunha forte treboada causaron grandes danos nun cemiterio ourensán en Melón. Polo menos, medio cento de tumbas quedaron estragadas . Os veciños afectados agardan que o Bispado ou algunha administración lles axude a pagar a reparación. (04/10/13)
A Xunta vai por en marcha unha oficina para negociar coas entidades bancarias, nos casos de desafiuzamentos por falla de pago das hipotecas.
Decision tomada nun consello que tamén acordou avalar ás adegas para que poidan mercarlles a producción de uva aos viticultores e puxo en marcha un proxecto para permitir o horario flexible e o teletraballo para os funcionarios autonómicos
As obras de ampliación da Ponte de A Rande , na autopista AP9 , van comezar o próximo ano. Anunciono hoxe en Vigo o prsidente da concesionaria que conta con resolver o financiamento a través dunha emisión de débeda pendente de aprobación.
Segue a investigación do crime da nena de Santiago e nas últimas horas o xuíz tomou declaración a doce testemuñas, entre elas os dous homes que atoparon o cadáver. O fiscal superior de Galicia aclarou hoxe que o ingreso en prisión dos pais da nena conta co apio do fiscal do caso. (03/10/13)
As precipitacións que foron moi fortes nalgúns puntos, sobre todo da fachada atlántica, seguirán nas próximas horas por mor dunha fonda borrasca . Pode chover con intensidade en calquera punto da xeografía. (03/10/13)
A Xunta vai por en marcha unha oficina para negociar coas entidades bancarias, nos casos de desafiuzamentos por falla de pago das hipotecas.
As obras de ampliación da Ponte de A Rande , na autopista AP9 , van comezar o próximo ano. O fiscal superior de Galicia aclarou hoxe que o ingreso en prisión dos pais da nena Asunta Basterra conta co apio do fiscal do caso. (03/10/13)
A Xunta vai por en marcha unha oficina para negociar coas entidades bancarias, nos casos de desafiuzamentos por falla de pago das hipotecas.
Decision tomada nun consello que tamén acordou avalar ás adegas para que poidan mercarlles a producción de uva aos viticultores e puxo en marcha un proxecto para permitir o horario flexible e o teletraballo para os funcionarios autonómicos
As obras de ampliación da Ponte de A Rande , na autopista AP9 , van comezar o próximo ano. Anunciono hoxe en Vigo o prsidente da concesionaria que conta con resolver o financiamento a través dunha emisión de débeda pendente de aprobación.
O fiscal superior de Galicia aclarou hoxe que o ingreso en prisión dos pais da nena Asunta Basterra conta co apio do fiscal do caso. (03/10/13)
Aportación de ideas para mellorar a gobernació do pais e para saír da crise. Esa é a linea que preside a reunión que, dende a unha da tarde, manteñen, na residencia oficial do Presidente da Xunta, en Santiago, o seu titular, Alberto Núñez Feijóo e os seus antecesores, Pérez Touriño, González Laxe e Fernández Albor.
O paro aumentou en Galicia en 3.209 persoas, no pasado mes de setembro, o que supón un aumento do 1,25 por cento, respecto ao mes anterior. É un incremento superior ao da media de España onde foi do 0,54 por cento.
A asociación Clara Campoamor, adicada á defensa dos dereitos da infancia e da muller personouse no caso da nena Asunta Basterra. Os seus avogados pediron exercer a acción popular ante o xulgado instructor. (02/10/13)