Aportación de ideas para mellorar a gobernació do pais e para saír da crise. Esa é a linea que preside a reunión que, dende a unha da tarde, manteñen, na residencia oficial do Presidente da Xunta, en Santiago, o seu titular, Alberto Núñez Feijóo e os seus antecesores, Pérez Touriño, González Laxe e Fernández Albor.
O paro aumentou en Galicia en 3.209 persoas, no pasado mes de setembro, o que supón un aumento do 1,25 por cento, respecto ao mes anterior. É un incremento superior ao da media de España onde foi do 0,54 por cento.
A asociación Clara Campoamor, adicada á defensa dos dereitos da infancia e da muller personouse no caso da nena Asunta Basterra. Os seus avogados pediron exercer a acción popular ante o xulgado instructor. (02/10/13)