Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Primeira vítima mortal polo andazo de gripe, este ano en Galicia. Trátase dun paciente de 77 anos que estaba ingresado no complezo hospitalario de Pontevedra e que faleceu onte á tarde // A planta envasadora de Coca-cola da Coruña líbrase do peche que sí vai afectar a outras catro factorías repartidas por toda España. Os seus 320 traballadores estudan agora as condicións do expediente de regulación de emprego presentado pola multinacional e que podería supor baixas ou recolocacións // A xunta aproba a construcion dos tres primeiros parques eólicos despois de que adaptase o seu concurso ás novas condicions do goberno central, coa retirada das primas ás enerxias renovables. Supoñen 70 millons de euros de investimento e a producion de enerxia abonda para fornecer a 50 mil fogares. 23/01/14

A planta envasadora de Coca-cola da Coruña líbrase do peche que sí vai afectar a outras catro factorías repartidas por toda España. Os seus 320 traballadores estudan agora as condicións do expediente de regulación de emprego presentado pola multinacional e que podería supor baixas ou recolocacións // Galicia pecha 2013 cun lixeiro aumento do paro. A nosa foi a terceira comunidade na que máis empregos se destruiron durante o ano pasado. Segundo a Enquisa de Poboación Activa, publicada hoxe, perdéronse aquí máis de 38.000 postos de traballo // Pais galegos mercan a vacina da varicela nas zonas fronteirizas de Portugal, onde xa empeza a escasear. Desde xaneiro, só se administra a nenos a partir de 12 anos en toda España. 23/01/14

A planta envasadora de Coca-cola da Coruña líbrase do peche que sí vai afectar a outras catro factorías repartidas por toda España // Galicia pecha 2013 cun lixeiro aumento do paro // Pais galegos mercan a vacina da varicela nas zonas fronteirizas de Portugal, onde xa empeza a escasear. 23/01/14

A factoría lucense de fabricación de taboleiros Tablicia xa tén novo propietario, logo de levar paralizada máis dun ano // Hoxe foi adquirida pola empresa peruana Representaciones Martín que proxecta recuperar a actividade e exportar a Sudamérica boa parte da producción // Aberta unha investigación xudicial sobre a actuación dun ex empregado de Novagalicia Banco por unha presunta fraude millonaria. Trátase de esclarecer como desviou os cartos a contas da sua propiedade. Os defraudados son institucións e particulares // O novo Presidente do Deportivo, Tino Fernández, visitou esta mañá aos xogadores e corpo técnico, mentres adestraban nas instalacións do clube en Abegondo. 22/01/14

O novo Presidente do Deportivo, Tino Fernández, visitou esta mañá aos xogadores e corpo técnico, mentres adestraban nas instalacións do clube. Transmitiulles mensaxes de ánimo e de tranquilidade. Pediulles que se concentren no traballo para conservar o posto privilexiado na clasificación e prometeulles esforzo para superar os problemas económicos // Aberta unha investigación xudicial sobre a actuación dun ex empregado de NGB por unha presunta fraude millonaria. Trátase de esclarecer como desviou os cartos a contas da sua propiedade. Os defraudados son institucións e particulares. Ao parecer prometíalles colocar os cartos en fondos moi rendibles, pero non chegaba a ingresalos // Fitur, o gran escaparate internacional do turismo, abre as súas portas. Galicia promociónase na feira madrileña como un destino ecolóxico e sostible, baixo o lema "Galicia, o bo camiño". O expositor institucional, acollerá daquí ao domingo, 25 presentacións para profesionais do sector. 22/01/14

O novo Presidente do Deportivo, Tino Fernández, visitou esta mañá aos xogadores e corpo técnico // Aberta unha investigación xudicial sobre a actuación dun ex empregado de Novagalicia Banco por unha presunta fraude millonaria // Galicia, presente en Fitur, o gran escaparate internacional do turismo. 22/01/14

Xa chegou ao xulgado de Santiago que instrúe as dilixencias sobre o accidente do Alvia en Angróis a documentación remitida por RENFE e relacionada cun aviso do xefe de maquinistas de Ourense sobre a perigosidade da curva da Grandeira onde o pasado verán se produciu o accidente que lles causou a morte a 80 persoas // Os representantes sindicais dos traballadores de Novagalicia Banco saíron satisfeitos da reunión que mantiveron coa nova cúpula da entidade, logo da compra por parte do venezolano Banesco // Os accionistas do Deportivo elexirán esta tarde ao sucesor de Augusto César Lendoiro, que non se presenta á reelección tras 25 anos e medio á fronte do clube galego, ao que deixa nunha delicada situación económica. 21/01/14

A neve permite disfrutar estes días, a milleiros de afeizoados galegos e do norte de Portugal, da única estación de esquí galega, a de Manzaneda, que abriu hai perto de 50 anos // RENFE entregará hoxe toda a documentación sobre o aviso do xefe de maqunistas de Ourense da perigosidade da curva de Angrois, unha vez rematado o prazo dado polo xuiz Aláez. A ministra de Fomento, Ana Pastor, asegura que o seu departamento quere colaborar coa Xustiza para coñecer toda a verdade sobre o sinistro do 24 de xullo // Os accionistas do Deportivo da Coruña elexirán esta tarde ao sucesor de Augusto César Lendoiro, que non se presenta á reelección tras 25 anos e medio á fronte do clube galego, ao que deixa nunha delicada situación económica. 21/01/14

A neve permite disfrutar estes días, a milleiros de afeizoados galegos e do norte de Portugal, da única estación de esquí galega, a de Manzaneda // RENFE entregará hoxe toda a documentación sobre o aviso do xefe de maqunistas de Ourense da perigosidade da curva de Angrois // Os accionistas do Deportivo da Coruña elexirán esta tarde ao sucesor de Augusto César Lendoiro. 21/01/14

Segue nevando hoxe por riba dos 1.200 metros no interior de Lugo e Ourense. Non houbo problemas graves de tráfico ainda que, a primeira hora estivo pechado o Alto de Poio polo que arestora xa se pode circular // A localidade coruñesa das Somozas segue conmocionada polo falecemento repentino do seu alcalde, Manuel Candocia, que levaba 35 anos no cargo. Morreu, víctima dun infarto, cando presenciaba un partido de futbol do equipo local, do que tamén era presidente // Un xulgado ordenou a paralizacion dunha partida de 15 mil botellas de tónica Shweppes fabricada no Reino Unido e que se comercializaban, ao parecer, ilegalmente por non seren elaboradas en España. 20/01/14

Segue nevando hoxe por riba dos 1.200 metros no interior de Lugo e Ourense. Non houbo problemas graves de tráfico ainda que, a primeira hora estivo pechado o Alto de Poio polo que arestora xa se pode circular // A localidade coruñesa das Somozas segue conmocionada polo falecemento repentino do seu alcalde, Manuel Candocia, que levaba 35 anos no cargo. Morreu, víctima dun infarto, cando presenciaba un partido de futbol do equipo local, do que tamén era presidente, contra o Cerceda. O campo non contaba con desfibrilador, segundo a Federación, logo de devolver o que lle fora entregado // 15 días despois da chuvia de millóns que deixou a lotaría do Neno en Monforte, negocios desta localidade lucense ven incrementadas as súas vendas. Coches, vivendas ou viaxes son algúns dos investimentos dos agraciados con algúns dos 120 millóns de euros. O que segue sen aparecer é o afortunado propietario do premio especial de corenta millóns de euros. 20/01/14

Segue nevando hoxe por riba dos 1.200 metros no interior de Lugo e Ourense // A localidade coruñesa das Somozas segue conmocionada polo falecemento repentino do seu alcalde, Manuel Candocia, que levaba 35 anos no cargo // 15 días despois da chuvia de millóns que deixou a lotaría do Neno en Monforte, negocios desta localidade lucense ven incrementadas as súas vendas. 20/01/14

Galicia queda nunha xornada de transición, á espera dunha nova fronte que traerá máis chuvia mañá. As temperaturas subirán lixeiramente e a cota de neve quedará ao final do día nos 1.200 metros. 20/01/14

Prisión para un dos 7 detidos nunha operación contra o tráfico de drogas, no sur de Pontevedra. Entre eles, dous gardas civís que residían e prestaban servizo no cuartel de Mos. A policía detívo a estes cando presuntamente agardaban, no coche patrulla, unha entrega de droga // Rosario Porto podería vestir a toga de avogada para autodefenderse cando se xulgue o asasinato da súa filla Asunta. Dous anos despois de darse de baixa no colexio de avogados, pide a habilitación para exercer a defensa xunto ao seu letrado // Este 17 de xaneiro moitos lugares festexan o día de San Antón, patrón dos animais. Acuden, cos seus donos e locindo as súas mellores galas, a que os bendigan. 17/01/14

Prisión para un dos 7 detidos nunha operación contra o tráfico de drogas, no sur de Pontevedra. Entre eles, 2 gardas civís que residían e prestaban servizo no cuartel de Mos. A policía detívo a estes cando presuntamente agardaban, unha entrega de droga // Renfe ten 3 días para aclararlle ao xuiz cal foi a súa resposta a un correo dun traballador que advertía, hai ano e medio, da perigosidade da vía na curva de Angrois // Rosario Porto podería vestir a toga de avogada para autodefenderse cando se xulgue o asasinato da súa filla Asunta. Pide a habilitación para exercer a defensa xunto ao seu letrado // Continúa a busca dunha anciá en Rivadavia que falta da súa casa desde o mércores. Tamén en Caldas De Reis falta outra persoa maior // Os temporais destes días teñen traído á costa máis lobos maríños que en todo o ano pasado // Este 17 de xaneiro moitos lugares festexan o San Antón, patrón dos animais. Acuden, cos seus donos e locindo as súas mellores galas, a que os bendigan. 17/01/14

Prisión para un dos 7 detidos nunha operación contra o tráfico de drogas, no sur de Pontevedra. Entre eles, 2 gardas civís que residían e prestaban servizo no cuartel de Mos. A policía detívo a estes cando presuntamente agardaban, unha entrega de droga // Renfe ten 3 días para aclararlle ao xuiz cal foi a súa resposta a un correo dun traballador que advertía, hai ano e medio, da perigosidade da vía na curva de Angrois // Rosario Porto podería vestir a toga de avogada para autodefenderse cando se xulgue o asasinato da súa filla Asunta. Pide a habilitación para exercer a defensa xunto ao seu letrado // Continúa a busca dunha anciá en Rivadavia que falta da súa casa desde o mércores. Tamén en Caldas De Reis falta outra persoa maior // Os temporais destes días teñen traído á costa máis lobos maríños que en todo o ano pasado // Este 17 de xaneiro moitos lugares festexan o San Antón, patrón dos animais. Acuden, cos seus donos e locindo as súas mellores galas, a que os bendigan. 17/01/14