Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A aparición de grandes fendas fendas no lateral dun edificio da zona histórica de Ferrol obrigou a desaloxar a sete familias deste inmoble e doutros tres lindeiros logo de que as intensas choivs agravaran o seu estado de deterioro // O Consello da Xunta aprobou hoxe o regulamento que desenvolve a lei de augas e que clarifica asuntos coma os caudais ecolóxicos dos ríos, ou a limpeza das canles. Tamén estudou un informe segundo o que a administración galega pagou as súas facturas o ano pasado, aos 30 días e adxudicou as obras de ampliación do hospital de Ourense por valor de 41 millóns de euros, para que estean rematadas no 2016 // A Policía Nacional detivo en Mos, preto de Vigo, a dous gardas civís e outras cinco persoas por un presunto delito de tráfico de drogas. A Policía requisou o coche patrulla dos gardas. Sospeitan que foi empregado para cubrir o transporte de droga. 16/01/14

A aparición de grandes fendas fendas no lateral dun edificio da zona histórica de Ferrol obrigou a desaloxar a 7 familias deste inmoble e doutros 3 lindeiros logo de que as intensas choivs agravaran o seu estado de deterioro // O Consello da Xunta aprobou hoxe o regulamento que desenvolve a lei de augas e que clarifica asuntos coma os caudais ecolóxicos dos ríos, ou a limpeza das canles. Tamén estudou un informe segundo o que a administración galega pagou as súas facturas o ano pasado, aos 30 días e adxudicou as obras de ampliación do hospital de Ourense por valor de 41 millóns de euros, para que estean rematadas no 2016 // A Policía Nacional detivo en Mos, preto de Vigo, a 2 gardas civís e outras 5 persoas por un presunto delito de tráfico de drogas. A operación está dirixida polo xulgado de instrucción múmero 3 de Vigo, que decretou o segredo do sumario. 16/01/14

A aparición de grandes fendas fendas no lateral dun edificio da zona histórica de Ferrol obrigou a desaloxar a sete familias // O Consello da Xunta aprobou hoxe o regulamento que desenvolve a lei de augas e que clarifica asuntos coma os caudais ecolóxicos dos ríos, ou a limpeza das canles // A Policía Nacional detivo en Mos, preto de Vigo, a dous gardas civís e outras cinco persoas por un presunto delito de tráfico de drogas. 16/01/14

Esta tarde pasará a disposición xudicial o autor confeso do dobre crime de Cervo, que matou presuntamente a súa muller e a súa sogra cun pau e unha machada // O ministro Arias Cañete, inaugura a estación de tratamento de auga potable de Ourense // Cúmprense hoxe dous anos da morte de Manuel Fraga e o PP réndelle homenaxe en Vilalba. 15/01/14

Concentracións de repulsa pola morte de nai e filla a mans, presuntamente, do home dunha delas // O avogado do home cuxo seme apareceu na camiseta de Asunta Basterra entrega no xulgado de Santiago probas que demostran que o seu cliente estaba en Madrid no momento do crime // Os prezos mantivéronse sen cambios en Galicia en decembro respecto de novembro. En 2013 encarecéronse cinco decimas // O ministro Miguel Arias Cañete inaugura a estación de tratamento de auga potable de Ourense. En Coren pedíu facilidades para as exportacións cárnicas a Estados Unidos e China // A forte ondada impide retirar a gabarra que embarrancou en Camariñas. A embarcación xa ten o casco fendido pola bravura do mar // Unha cuberta de palla seca botada sobre zonas recentemente queimadas pode reducir en máis dun noventa por cento a erosión producida tempo despois polas choivas. 15/01/14

Esta tarde pasará a disposición xudicial o autor confeso do dobre crime de Cervo, que matou presuntamente a súa muller e a súa sogra cun pau e unha machada // O ministro Arias Cañete, inaugura a estación de tratamento de auga potable de Ourense // Cúmprense hoxe dous anos da morte de Manuel Fraga e o PP réndelle homenaxe en Vilalba. 15/01/14

En paradoiro descoñecido o home que presuntamente acoitelou a súa muller e á sogra en Cervo, Lugo. Os servizos sanitarios só puideron certificar a morte das dúas mulleres, de 72 e 44 anos // Dúas profesoras de Música de Asunta Basterra ratifican no xulgado que o pai levou a nena a clase drogada // En Galicia fixeronse o ano pasado 283 doazóns de organos. O Sergas chama a atención sobre a elevada negativa dos familiares a facer doazóns. 14/01/14

Dúas profesoras de Música de Asunta Basterra ratifican no xulgado que o pai levou a nena a clase drogada // O avogado do profesor de Lugo que confesara ter matado á súa muller alega trece motivos para pedir no TSXG unha rebaixa da pena // En Galicia fixeronse o ano pasado 283 doazóns de organos. O Sergas chama a atención sobre a elevada negativa dos familiares a facer doazóns // A dirección dos socialistas galegos di que aplicará o rexime disciplinario con castigos aos concelleiros de Ourense que incorran en novos incumprimentos, despois do conflito xurdido hai un mes, en desacordo con medidas do alcalde // O temporal no mar mantivo as pequenas embarcacións de baixura amarradas a porto. Tamén impediu a busca por aire e por mar do pai e da filla de Valdoviño que foron engulidos por unha onda xigante hai 9 días // Un enxeñeiro de Marín, experto no uso de xeorradar, participa nun proxecto da universidade de California buscando a tumba de Gengis Khan, o fundador do imperio mongol. 14/01/14

Dúas profesoras de Música de Asunta Basterra ratifican no xulgado que o pai levou a nena a clase drogada // O avogado do profesor de Lugo que confesara ter matado á súa muller alega trece motivos para pedir no TSXG unha rebaixa da pena // En Galicia fixeronse o ano pasado 283 doazóns de organos. O Sergas chama a atención sobre a elevada negativa dos familiares a facer doazóns // A dirección dos socialistas galegos di que aplicará o rexime disciplinario con castigos aos concelleiros de Ourense que incorran en novos incumprimentos, despois do conflito xurdido hai un mes, en desacordo con medidas do alcalde // O temporal no mar mantivo as pequenas embarcacións de baixura amarradas a porto. Tamén impediu a busca por aire e por mar do pai e da filla de Valdoviño que foron engulidos por unha onda xigante hai 9 días. 14/01/14

Un novo temporal no mar deixa boa parte da costa galega en alerta laranxa // O comisario de Santiago ratifica que a testemuña que dixo ver á nena soa na rúa na tarde do crime finalmente afirmou que non era ela // As pallozas dos Ancares corren o risco de desaparecer polos últimos temporais e a suspensión das axudas ao seu mantemento. 13/01/14

Un novo temporal no mar deixa boa parte da costa en alerta laranxa. As ondas superan os cinco metros // O comisario de Santiago ratifica que a testemuña que dixo ver a Asunta soa na rúa na tarde do crime finalmente afirmou que non era ela // A Xunta está pendente de pechar a data para implantar o novo copagamento sanitario, que afecta aos medicamentos dispensados nos hospitais // Unha transexual viguesa reclama nos xulgados que a Xunta cumpra a sentenza que a obriga a pagarlle a cirurxía de cambio de sexo // O Celta reinvidícase tras vencer ao Valencia. O Deportivo remata a primeira volta como campión de inverno de segunda e o Lugo suma sete xornadas seguidas sen gañar // As pallozas dos Ancares poden desaparecer afectadas polos últimos temporais e a suspensión das axudas ao seu mantemento. 13/01/14

Alerta laranxa no mar, con ondas de máis de cinco metros // O comisario de Santiago ratifica que a testemuña que dixo ver a Asunta soa na rúa na tarde do crime finalmente afirmou que non era ela // A Xunta está pendente de pechar a data para implantar o novo copagamento sanitario, que afecta aos medicamentos dispensados nos hospitais // Unha transexual viguesa reclama nos xulgados que a Xunta cumpra a sentenza que a obriga a pagarlle a cirurxía de cambio de sexo // O Celta reinvidícase tras vencer ao Valencia. O Deportivo remata a primeira volta como campión de inverno de segunda e o Lugo suma sete xornadas seguidas sen gañar. 13/01/14

O Deportivo saca adiante a súa proposta de convenio na xunta de acreedores. Inclúe unha quita do 33 % da débeda ordinaria, a pagar en 17 anos, con 2 de carencia e sen pago de intereses // Un representante da Garda civil denunciou ao avogado da nai da nena morta en Santiago por un presunto delicto de calumnias, logo de que o letrado insinuase que os investigadores do asasinato presionaran a testemuñas // A denuncia contra Rosario Porto foi presentada hoxe na Coruña por un representante da Unión de oficiáis da Garda Civil // Os edís socialistas que desencadearon a crise interna no grupo de goberno municipal de Ourense amósanse dispostos a acatar as decisións que adopte o partido respecto a eles e din que non van esixir a devolución de competencias ao concelleiro Rodríguez Penín, destituído polo alcalde. 10/01/14

O Deportivo saca adiante a súa proposta de convenio na xunta de acreedores. Inclúe unha quita do 33 % da débeda ordinaria, a pagar en 17 anos, con 2 de carencia e sen pago de intereses // O porto de Vigo aumentou a súa actividade en máis dun 5% nos once primeiros meses do ano pasado. É o primeiro do mundo en movemento de peixe para consumo humano. O sector pesqueiro que opera neste porto xenera 6.500 empregos directos e 32.000 indirectos e factura ao ano case mil millóns de euros // Os edís socialistas que desencadearon a crise interna no grupo de goberno municipal de Ourense amósanse dispostos a acatar as decisións que adopte o partido respecto a eles e din que non van esixir a devolución de competencias ao concelleiro Rodríguez Penín, destituído polo alcalde, logo de ausentarse dunha votación. 10/01/14

O Deportivo saca adiante a súa proposta de convenio na xunta de acreedores // O porto de Vigo aumentou a súa actividade en máis dun 5% // Os edís socialistas críticos de Ourense amósanse dispostos a acatar as decisións do partido. 10/01/14