A primeira alerta vermella do outono no mar deixou onte ondas de máis de 10 metros en Bares.(COLAS) Hoxe a situación continuará complicada no litoral onde seguirá ata a medianoite activa a alerta laranxa por ondas poidan de ata 6 metros. En terra, tempo moito máis tranquilo con lixeira suba das temperaturas. 29/10/20
Novo record de casos confirmados nas últimas horas: 682, con repuntes nas residencias de maiores como a de Salvaterra, con máis de cen positivos, que a Xunta decidíu intervir. Os casos activos ascenden a 7.535 e a área sanitaria de Vigo sitúase en cabeza con 1.502 afectados. //A Consellería de Sanidade di que non hai escaseza de vacinas da gripe e que os problemas detectados se poden deber a pequenos fallos nalgún dos 900 puntos de vacinación.Tamén que a gran demanda fixo que se estea a dar prioridade aos grupos de risco. // Os representantes de Alcoa acusan a Xunta e ao goberno central de actuar con parcialidade e alegan graves perdas económicas para xustificar e ERE e o peche da planta de Aluminio, ante o Tribunal Superior de Xustiza. Os traballadores reclaman medidas cautelares. 28/10/20
Novo record de casos confirmados nas últimas horas: 682, con repuntes nas residencias de maiores como a de Salvaterra, con máis de cen positivos, que a Xunta decidíu intervir //O aumento da presión asistencial leva a area sanitaria de Pontevedra-Salnés a suspender as intervencions cirúrxicas non urxentes. A atención primaria está a sofrir tamén problemas de acceso, según a Plataforma SOS Sanidade que denuncia atrasos de máis 15 dias nas consultas telefónicas. //Os representantes de Alcoa alegan graves perdas económicas para xustificar e ERE e o peche da planta de Aluminio, ante o Tribunal Superior de Xustiza. Os traballadores reclaman medidas cautelares para evitar a parada das cubas de electrolise que fagan inviable a planta no futuro. //Chamamento da Hostalaría de Santiago, ante as restriccións decretadas pola Xunta, que consideran inxustificadas. Din que os contaxios son residuais nos seus negocios frente aos que se producen no ámbito familiar. 28/10/20
Toda a costa galega está en alerta laranxa por mar de fondo con ondas que poden chegar aos 8 metros no litoral coruñés. A estas horas xa rozan ese rexistro na Costa da Morte,na boia de Vilán-Sisargas. As temperaturas soben. 28/10/20
Novo record de casos confirmados nas últimas horas: 682, con repuntes nas residencias de maiores como a de Salvaterra, con máis de cen positivos, que a Xunta decidíu intervir. Os casos activos ascenden a 7.535 e a área sanitaria de Vigo sitúase en cabeza con 1.502 afectados. //A Consellería de Sanidade di que non hai escaseza de vacinas da gripe e que os problemas detectados se poden deber a pequenos fallos nalgún dos 900 puntos de vacinación.Tamén que a gran demanda fixo que se estea a dar prioridade aos grupos de risco. // Os representantes de Alcoa acusan a Xunta e ao goberno central de actuar con parcialidade e alegan graves perdas económicas para xustificar e ERE e o peche da planta de Aluminio, ante o Tribunal Superior de Xustiza. Os traballadores reclaman medidas cautelares. 28/10/20
Todas as cidades de Galicia están xa en alerta máxima pola incidencia dos contaxios, coa incorporación da Coruña. O presidente da Xunta non aforrou críticas ao novo estado de alarma decretado polo goberno central. //Os casos activos dispáranse a 6.766 e contabilízanse oito mortes de anciáns, nunha xornada na que Galicia volve superar os 600 contaxios diarios. É a segunda cifra máis elevada de toda a pandemia trala do pasado sábado.
// Polémica polo uso de aparatos purificadores de aire para ventilar as aulas. A Xunta desaconsellaos nos centros de ensino, mentres non toma unha postura definitiva, ao tempo que expertos do CSIC considéranos como mellor alternativa..// Inaugurado o treito de Alta Velocidade entre Zamora e Pedralba, que reduce en 50 minutos a viaxe por tren entre Galicia e Madrid. (26/10/2020)
Ceos anubrados, chuvias débiles e chuvascos dispersos que na metade oeste e na costa ocasionalmente poden vir acompañados de treboadas. No litoral segue a alerta por ondas de máis de cinco metros. As temperaturas baixaron. As máximas oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo e os 17 que agardan na Coruña. (26/10/2020)
O presidente da Xunta non aforrou críticas ao novo estado de alarma decretado polo goberno central. //Os casos activos dispáranse a 6.766 e contabilízanse oito mortes de anciáns, nunha xornada na que Galicia volve superar os 600 contaxios diarios. Sobe a presión hospitalaria cun total de 444 pacientes ingresados. // Polémica polo uso de aparatos purificadores de aire para ventilar as aulas. A Xunta desaconsellaos nos centros de ensino, mentres non toma unha postura definitiva, ao tempo que expertos do CSIC considéranos como mellor alternativa cando non se poden manter as ventás abertas. //Inaugurado o treito de Alta Velocidade entre Zamora e Pedralba, que reduce en 50 minutos a viaxe por tren entre Galicia e Madrid. (26/10/2020)
Rúas desertas e tranquilidade xeral. Así entrou en vigor o novo estado de alarma decretado polo Goberno, cando todas as cidades de Galicia están xa en alerta máxima pola incidencia dos contaxios, coa incorporación da Coruña. //Os casos activos dispáranse a 6.766 e contabilízanse oito mortes de anciáns, nunha xornada na que Galicia volve superar os 600 contaxios diarios. É a segunda cifra máis elevada de toda a pandemia trala do pasado sábado. Sobe a presión hospitalaria cun total de 444 pacientes ingresados. //Polémica polo uso de aparatos purificadores de aire para ventilar as aulas. A Xunta desaconsellaos nos centros de ensino, mentres non toma unha postura definitiva. //Inaugurado o treito de Alta Velocidade entre Zamora e Pedralba, que reduce en 50 minutos a viaxe por tren entre Galicia e Madrid. (26/10/2020)
O hospital de Ourense comenza a adiar operacións non urxentes para deixar camas a disposición de doentes de coronavirus. Os contaxios seguen en aumento en Galicia: nas últimas 24 horas se contabilizaron 514 novos positivos, a segunda cifra máis elevada nun día de toda a pandemia //O comité clínico que asesora á Xunta aprobou un protocolo para minimizar o risco de transmisión da covid-19 nos cemiterios con motivo do Día de Defuntos, no que se recomenda un máximo de catro persoas por grupo e que as visitas no sexan de máis de 30 minutos..//Rexistrar un nacemento, cambiar de nome ou calquer outro trámite no rexistro civil requerirá a partir de agora cita previa por internet. 23/10/20
O hospital de Ourense comenza a adiar operacións non urxentes para dispoñer de máis camas para doentes de covid-19. // Os contaxios seguen en aumento en Galicia, onde nas últimas 24 horas se contabilizaron 514 novos positivos, a segunda cifra máis elevada nun día de toda a pandemia. Os casos activos ascenden a 5.880.// Rexistrado o primeiro caso de posible reinfección de Covid-19 en Galicia. É unha doente de Ferrol que pasou a enfermidade en abril e agora volveu dar positivo. Un feito pouco habitual, anque os expertos destacan que engade incerteza sobre a inmunidade de cara á futura vacina. //Néganse a levar os nenos áo colexio por temor a contaxiar a conviventes de alto risco. Son varias familias en Galicia que se Enfrontan a expedientes da consellería de Educación por absentismo escolar. 23/10/20
Tarde sen chuvia e temperaturas en valores suaves, con máximas en descenso. Hoxe quedarán algo por baixo dos 20 graos. Tempo tranquilo á espera da chegada dunha borrasca na fin de semana na noite do sábado o domingo, cando tamén teremos que cambiar de hora para adaptarnos o horario de inverno e atrasar os reloxios. 23/10/20
Os contaxios seguen en aumento en Galicia, onde nas últimas 24 horas se contabilizaron 514 novos positivos, a segunda cifra máis elevada nun día de toda a pandemia. Os casos activos ascenden a 5.880.// Rexistrado o primeiro caso de posible reinfección de Covid-19 en Galicia. É unha doente de Ferrol que pasou a enfermidade en abril e agora volveu dar positivo. //Néganse a levar os nenos áo colexio por temor a contaxiar a conviventes de alto risco. Son varias familias en Galicia que se Enfrontan a expedientes da consellería de Educación por absentismo escolar. //Os rexistros civis de Galicia adaptanse progresivamente ao sistema dixitalizado que xa funciona en Lugo, Pontevedra e Santiago. 23/10/20
Galicia rexistra o record de casos activos dende que comenzou a pandemia. 5.675, logo de contabilizarse 461 positivos nas últimas 24 horas. // Núñez Feijóo manifesta a sua ledicia pola postura do Partido Popular ao votar contra a moción de censura de Vox. O presidente da Xunta insiste en reclamar criterios homoxéneos en toda España para a loita contra a Covid-19, A Xunta ofrece colaboración aos concellos pequenos xestionar as sacións por incumplimento das normas sanitarias.// Os traballadores de Alcoa seguen a reclamar unha solución política. Hoxe escenificaron diante da oficina de emprego de Burela o que podería suceder se non se paraliza o ERE. 22/10/20
Máximo de cinco persoas por mesa, agás en puntos como Santiago, onde so se poden xuntar os conviventes e o interior dos locais está vetado. Son as normas que entran en vigor o mesmo día en que Galicia rexistra o record de casos activos dende que comenzou a pandemia. 5.675, logo de contabilizarse 461 positivos nas últimas 24 horas// Seguen a aumentar os concellos en alerta vermella pola alta incidencia acumulada nos últimos sete días. Pasan de 21 a 24. Incorpóranse á lista Monforte,Teo, Nigrán e O Porriño. 22/10/20
Toda Galicia volve ao nivel 2, con reunións limitadas a un máximo de cinco persoas, para frear o aumento disparado dos contaxios. Os responsables sanitarios advirten de que o 90 por cento prodúcense en reunións familiares. //Feijóo anuncia no Parlamento unha nova proposta de xestión das residencias de maiores para mellorar a protección dos usuarios, ainda que destaca que a mortandade dos centros galegos é menor que os da media de España // En Santiago e o Milladoiro, que soben a nivel 3, a limitación é aínda máis severa e quedan prohibidas as reunións de persoas que non convivan. Ademais Verín, Oímbra e Vilardevós súmanse aos concellos ourensáns con limitación de mobilidade perimetral. E suspéndese toda actividade considerada non esencial no Carballiño, O Irixo e Boborás, onde, segundo sanidade, se endurecen as restriccións porque non se estaban a respetar as que xa estaban vixentes. 21/10/20

Continúa o avance da segunda vaga de covid-19 en Galicia. Os casos activos ascenden hoxe a 5.215, logo de rexistrarse 343 novos positivos no último día. Os pacientes hospitalizados en planta ascenden a 277, once máis ca onte. A área sanitaria de Ourense é a única na que descende o número de contaxios. Esta tarde reúnese o comité clinico, que tomará novas medidas. //intoxicacións e queimaduras relacionadas co xel hidroalcólico, sobre todo en menores. No hospital clínico de Santiago, un neno de Lalín foi sometido esta mañá a un transplante de membrana para salvarlle o ollo, salpicado accidentalmente no colexio. //Unanimidade no parlamento galego para reabrir a investigación sobre a fusión das antigas caixas de aforro. Os tres grupos acordan depurar as responsabilidades sobre o proceso que rematou na privatización das entidades e as indemnizacións millonarias dos seus exdirectivos. 20/10/20
Aumento de Intoxicacións e queimaduras relacionadas co xel hidroalcólico, sobre todo en menores. No hospital clínico de Santiago, un neno de Lalín foi sometido esta mañá a un transplante de membrana para salvarlle o ollo, salpicado accidentalmente no colexio. //Continúa o avance da segunda vaga de covid-19 en Galicia. Os casos activos ascenden hoxe a 5.215, logo de rexistrarse 343 novos positivos no último día. //Unanimidade no parlamento galego para reabrir a investigación sobre a fusión das antigas caixas de aforro. Os tres grupos acordan depurar as responsabilidades sobre o proceso que rematou na privatización das entidades e as indemnizacións millonarias dos seus exdirectivos. /O ministerio de Ciencia aporta 17 millóns de euros para máis de cen proxectos de investigación desenvolvidos en centros galegos. Entre eles destacan os tres estudos de investigadores da Universidade de Santiago para o desenrolo de vacinas do coronavirus. 20/10/20