E no tempo volverán as chuvias esta tarde. Serán xeralizadas en toda Galicia con chuvascos que serán mais intensos e persistentes en Ourense, sobre todo en zonas altas onde tamén se agardan refachos de vento moi fortes. AS temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. As máximas aínda chegarán hoxe os 20 graos en moitos puntos grazas ao vento do sur. 20/10/20
A area sanitaria de Vigo, con case 100 novos positivos nun día, sitúase á cabeza no ritmo de aumento de contaxios. Os concellos de Cangas e Nigrán pasan a alerta vermella. //As catro farmacias de Barbadás son as únicas que poden, de momento, facer os test rápidos para o cribado de casos nas zonas confinadas polo colapso da páxina web na que se fan as solicitudes. Os colexios de médicos e enfermeiras rexeitan esta fórmula de realizar un cribado nas zonas máis afectadas. //Desmitificar a enfermidade e chamala polo seu nome sen reparo. É a mensaxe das pacientes no Día Mundial do Cancro de Mama. Unha doenza que afecta cada ano a unha 2.000 mulleres en Galicia. A esperanza de vida mellora ata nun 80 por cento dos casos. 19/10/20
As catro farmacias de Barbadás son as únicas que poden, de momento, facer os test rápidos para o cribado de casos nas zonas confinadas. O colapso da páxina web na que se fan as solicitudes retrasa a sua implantación no resto dos concellos previstos.. //os casos activos seguen a aumentar en Galicia e xa son 5.101, a cifra máis alta da segunda vaga da pandemia. Os falecidos ascenden a 822. Nas últimas 24 horas rexistráronse 417 novos contaxios. //A area sanitaria de Vigo, con case 100 novos positivos nun día, sitúase á cabeza no ritmo de aumento de contaxios, a maioría relacionados con celebracións familiares. Os concellos de Cangas e Nigrán pasan a alerta vermella e Gondomar e Porriño pasan ao nivel 2. // Desmitificar a enfermidade e chamala polo seu nome sen reparo. É a mensaxe das pacientes no Día Mundial do Cancro de Mama. 19/10/20
Unha borrasca foise achegando a Galicia e con ela a partir do mediodía comezaron as chuvias. É unha fronte moi activa que barre Galicia con ventos que xa superaron os 115 km por hora en Vimianzo na Coruña e que deixará chuvias localmente fortes á tarde na metade oeste e en zonas altas con varias alertas activas en toda a fachada atlántica. 19/10/20
O colapso da páxina web na que se fan as solicitudes retrasa a realización de test nas farmacias dos concellos previstos da provincia de Ourense. Os colexios de médicos e enfermeiras rexeitan esta fórmula para facer un cribado de casos. //Os casos activos son xa 5.101, a cifra máis alta da segunda vaga da pandemia. Os falecidos ascenden a 822. //A area sanitaria de Vigo, con case 100 novos positivos nun día, sitúase á cabeza no ritmo de aumento de contaxios, a maioría relacionados con celebracións familiares. //Desmitificar a enfermidade e chamala polo seu nome sen reparo. É a mensaxe das pacientes no Día Mundial do Cancro de Mama. Unha doenza que afecta cada ano a unha 2.000 mulleres en Galicia. A esperanza de vida mellora ata nun 80 por cento dos casos. 19/10/20
As farmacias das zonas confinadas da provincia de Ourense poden xa facer test rápidos de coronavirus a quen o solicite. Así o decidíu o comité de expertos da Xunta, que advirte que os próximos quince días serán vitais para o control da pandemia. //Os contaxios de Covid-19 repuntan en Galicia, con 346 novos positivos confirmados. Os casos activos sitúanse en 4.680.. //Pontedeume cumpre unha semana sen poder consumir auga da traída, pola turbidez do río. A Xunta abre un expediente sancionador a Endesa, a que atribúe unha mala xestión do encoro situado augas arriba. //Olga Novo, unha das voces más destacadas da literatura contemporánea en galego, recibe o premio nacional de poesía deste ano, pola sua obra Feliz Idade. 16/10/20
Máxima atención a manter a máscara posta en lugares pechados. É a mensaxe na que insiste o comité de expertos da Xunta que, consideran críticos os próximos quince días para controlar a evolución da pandemia.. //Os contaxios de Covid-19 repuntan en Galicia nas últimas 24 horas, con 346 novos positivos confirmados. Os casos activos sitúanse en 4.680. Os pacientes ingresados aumentan tamén a 278. //Pontedeume cumpre unha semana sen poder consumir auga da traída, pola turbidez do río. A Xunta abre un expediente sancionador a Endesa, a que atribúe unha mala xestión do encoro situado augas arriba. A empresa argumenta que a causa é o aumento do caudal ecolóxico. //Olga Novo, unha das voces más destacadas da literatura contemporánea en galego, recibe o premio nacional de poesía, pola sua obra Feliz Idade. A autora, orixinaria da Pobra do Brollón, fálanos do seu significado. 16/10/20
As farmacias das zonas confinadas da provincia de Ourense poden xa facer test rápidos de coronavirus a quen o solicite.// Os contaxios de Covid-19 repuntan en Galicia nas últimas 24 horas, con 346 novos positivos confirmados. Deles 81 na area de Ourense e 68 na e Vigo. Os casos activos sitúanse en 4.680. //Olga Novo, unha das voces más destacadas da literatura contemporánea en galego, recibe o premio nacional de poesía deste ano, pola sua obra Feliz Idade. A autora, orixinaria da Pobra do Brollón, fálanos do seu significado. 16/10/20
A fin de semana agardamos tempo seco e ceos despexados.agás o sábado pola mañá cando se esperan algunhas chuvias febles porque nos rozará unha borrasca situada preto dos Azores. Chuvias pouco significativas.O domingo teremos de novo tempo seco. As temperaturas serán frías pola mañá e quedarán en valores moi agradables durante a tarde pola entrada dunha masa de aire cálido do sur. 16/10/20
A Xunta advirte de que poden vir medidas máis drásticas e fala de comprtamentos irresponsables entre os universitarios. Sanidade fai un cribado a tódolos usuarios de residencias de estudantes de Santiago, sen atopar de momento, casos positivos. //As vítimas da Covid-19 en Galicia superan xa a barreira das 800. Os casos activos elévanse a 4.569, logo de detectarse 233 novos contaxios. Hai 265 persoas hospitalizadas, 42 delas nas UCI. // //A Xunta autoriza ao Deportivo a ampliar a cabida de espectadores en Riazor para a sua estrea en Segunda B o domingo contra o Salamanca. Poderán acudir tódolos afeccionados que xa mercaran a súa entrada,, pero non se porán máis á venda.//As cabanas de árbores de Serra de Outes, o deseño textil Artesán e Trasdeza Natur. Tres iniciativas empresariais encabezadas por galegas, que foron recoñecidas polo MInisterio de Agricultura cos premios á innovación, no día internacional das mulleres rurais. 15/10/20
Están xa en vigor as novas restriccións que limitan as xuntanzas a un máximo de 10 persoas, e empezan a actuar os controis de acceso á área formada polo Carballiño, O Irixo e Boborás. Sanidade fai un cribado a tódolos usuarios de residencias de estudantes universitarios de Santiago. //As vítimas da Covid-19 en Galicia superan xa a barreira das 800. Ca morte de seis persoas nas últimas horas a cifra elévase a 803. Hai 265 persoas hospitalizadas, 42 delas nas UCI. //O Deportivo suspende a venda de entradas para o encontro do domingo en Riazor a espera de que a Xunta confirme se autoriza aumentar a un 30 por cento da cabida total o número de espectadores. //As cabanas de árbores de Serra de Outes, o deseño textil Artesán e Trasdeza Natur. Tres iniciativas empresariais encabezadas por galegas, que foron recoñecidas polo MInisterio de Agricultura cos premios á innovación, no día internacional das mulleres rurais. 15/10/20
Sanidade fai un cribado a tódolos usuarios de residencias de estudantes universitarios de Santiago, sen atopar de momento, casos positivos. //As vítimas da Covid-19 en Galicia superan xa a barreira das 800. Hai 265 persoas hospitalizadas, 42 delas nas UCI. //A Xunta autoriza ao Deportivo a ampliar a cabida de espectadores en Riazor para a sua estrea en Segunda B o domingo contra o Salamanca. Poderán acudir tódolos afeccionados que xa mercaran a súa entrada. //As cabanas de árbores de Serra de Outes, o deseño textil Artesán e Trasdeza Natur. Tres iniciativas empresariais encabezadas por galegas, que foron recoñecidas polo MInisterio de Agricultura no día internacional das mulleres rurais. 15/10/20
Poco a pouco o anticiclón vai gañando terreo. Remiten as chuvias de primeiras horas no terzo norte e en xeral pola tarde os ceos han quedar máis despexados. As temperaturas máximas sen cambios ou en lixeiro ascenso. Oscilarán entre os 16ºc graos previstos en Lugo e os 19 que se agardan en Pontevedra. 15/10/20
Limitadas a partir desta medianoite a un máximo de 10 persoas as reunións en TODA Galicia. O comité clínico da Xunta tamén amplía as restriccións na provincia de Ourense e relaciona o aumento de casos en Santiago co inicio do curso universitario.// Os falecementos por Covid en Galicia ascenden a once nas últimas 24 horas, a cifra máis alta nun día dende o pasado 26 de abril. Os casos activos ascenden a 4.601, despois de rexistrarse 254 novos contaxios. Os pacientes hospitalizados son 259 dos que 41 están nas UCI. //Salvamento marítimo pide a colaboración de bateeiros e confrarías para loitar contra unha gran mancha de combustible vertido á entrada da ría de Arousa. O ministerio de Transportes activa a fase de emerxencia do Plan de Resposta contra a contaminación mariña. 14/10/20
As xuntanzas de amigos e familiares quedarán limitadas a partir desta medianoite a un máximo de 10 persoas en TODA Galicia. Unha medida para frear o aumento de contaxios decidida polo comité clínico da Xunta, que tamén amplía as restriccións na provincia de Ourense co confinamento perimetral do Carballiño, O Irixo e Boborás. //Falecidas 11 persoas nas últimas 24 horas, a cifra máis alta nun día dende o pasado 26 de abril. Os casos activos ascenden a 4.600, despois de rexistrarse 254 novos contaxios. Os pacientes hospitalizados son 259 dos que 41 están nas UCI. //Salvamento marítimo pide a colaboración de bateeiros e confrarías para loitar contra unha gran mancha de combustible vertido á entrada da ría de Arousa. //A entrada e saida do autobús son os momentos máis perigosos, nos que se produce o 90 por cento dos accidentes no transporte escolar. A asociación stop accidentes presenta un manual de boas prácticas para mellorar a seguridade. 14/10/20
Xornada de ceos parcialmente cubertos con chuvascos máis frecuentes nas provincias na Coruña e Lugo, máis illados e ocasionais na metade sur. As temperaturas con poucos cambios ou algo máis baixas. as máximas oscilarán entre os 15 graos previstos en Lugo e os 19 que agardan en Ourense. 14/10/20
As xuntanzas de amigos e familiares quedarán limitadas a partir desta medianoite a un máximo de 10 persoas en TODA Galicia..// 11 persoas falecidas nas últimas 24 horas, a cifra máis alta nun día dende o pasado 26 de abril. Os casos activos ascenden a 4.600, despois de rexistrarse 254 novos contaxios.// Salvamento marítimo pide a colaboración de bateeiros e confrarías para loitar contra unha gran mancha de combustible vertido á entrada da ría de Arousa. O ministerio de Transportes activa a fase de emerxencia do Plan de Resposta contra a contaminación mariña. 14/10/20
Establecementos de hostalería de Verín prepáranse para pechar a partir das oito desta tarde, de xeito voluntario. Atenden a petición do Concello, ante os datos de aumento de incidencia que sitúan esa comarca entre as máis afectadas.//Galicia, que rexistra outros 238 contaxios de Covid-19 confirmados nas últimas horas. Os casos activos ascenden en total a 4.510. A inclusión de Tomiño, xunto a Santiago e Arteixo, Eleva a 11 os concellos en alerta máxima. //PSOE, PP e BNG pactan no Congreso unha iniciativa para pedir a intervención pública temporal da fábrica de Alcoa en San Cibrao e salvar a actividade industrial e o emprego. //Axudan a facer movementos para evitar lesións provocadas por traballar durante horas. Son os exoesqueletos, como os que proba o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia. 13/10/20
Bares, cafetarías e outros establecementos de Verín prepáranse para pechar, a partir das oito desta tarde, de xeito voluntario. Atenden así a petición do concello, ante os datos de aumento de incidencia que sitúan esa comarca entre as máis afectadas. //A situación sanitaria empeora en Galicia, que rexistra outros 238 contaxios confirmados nas últimas horas. Os casos activos ascenden en total a 4.514. A inclusión de Tomiño, xunto a Santiago e Arteixo, Eleva a 11 os concellos en alerta máxima. // No congreso dos deputados, PSOE, PP e BNG pactan unha iniciativa para pedir a intervención pública temporal da fábrica de Alcoa en San Cibrao e salvar a actividade industrial e o emprego. //Son robots que se levan postos, e axudan a facer movementos para evitar lesións provocadas por traballar durante horas con brazos erguidos. Os Exoesqueletos, como os que proba o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia. 500 expertos participan dende hoxe nun Congreso mundial de robótica vestible. 13/10/20
Galicia rexistra outros 238 contaxios de Covid-19 nas últimas horas. Os casos activos ascenden a 4.514. A inclusión de Tomiño, xunto a Santiago e Arteixo, Eleva a 11 os concellos en alerta máxima.// No Congreso dos Deputados, PSOE, PP e BNG pactan unha iniciativa para pedir a intervención pública temporal da fábrica de Alcoa en San Cibrao..//Robots que se levan postos e axudan a facer movementos para evitar lesións provocadas por traballar durante horas con brazos erguidos. Son os exoesqueletos, como os que proba o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia. 13/10/20