A primeira dose chega ao colectivo de 50 a 59 anos. Hoxe son máis de 30.000 as persoas citadas na campaña de vacinación, e xa suman preto de un millón as que teñen recibido algunha dose, e de medio millón os galegos coa pauta completa. //.As vacinas reducen o risco de infección en máis dun 95 por cento, e ao cen por cen o de ingresar na UCI. Así o asegurou hoxe o conselleiro de Sanidade, no Parlamento, a partir dos resultados do estudo do Sergas. // O Parlamento aproba, co voto en contra do BNG, a lei de Recuperación de Terras agrarias que permite á Xunta facerse coa propiedade dos predios abandonados ou sen dono coñecido. Tamén inclue a moratoria de novas prantacións de eucalipto ata o ano 2025. // 30 quilómetros por hora. É a velocidade máxima á que se pode circular dende hoxe en todas as vías urbanas e travesías dun só carril. Nas estradas de plataforma única a limitación é a 20. Unha normativa da que a cidade de Pontevedra foi pioneira. 11-05-2021

Dende hoxe as persoas que viven en residencias de maiores ou centros dependentes de Galicia poden saír ata catro horas ao día. Tamén poden manter contacto físico cos visitantes, o que supón recuperar os bicos e os abrazos.
O Tribunal Superior de Xustiza estuda a prohibición de xuntanse non conviventes nos domicilios a partir da unha da mañá e as outras medidas aprobadas pola Xunta tralo Estado de Alarma. // O Tribunal Supremo da a razón á Xunta sobre a reclamación do IVE de decembro de 2017. Condena a Administración Xeral do Estado a compensar a Galicia polo desfase producido ao non liquidar a recadación dese período, tras un cambio no sistema contable, e que a Xunta estima en 204 millóns de Euros. // Xuízo esta mañá na Audiencia Provincial de Lugo a este home de 82 anos de idade acusado dun delito de solicitude de relación sexual a unha menor de 16 anos. // A Portavo do BNG, Ana Pontón, reúnese cos tres reitores das universidades galegas, cos que coicide en cuestionar a legalidade do proxecto de universidade privada, promovida pola fundación de Abanca, 10-05-2021
Continúa a chuvia logo dunha fin de semana de fortes trebóns. Ceos anubrados en toda a Comunidade e chuvascos intermitentes que poderían ir acompañados de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas mínimas descenden e inda podemos falar de neve a partir dos 1.100 metros de altitude pola noite. 10-05-2021
As apertas, e os bicos volven hoxe ás residencias de maiores. Logo de máis dun ano de limitacións, o novo protocolo permite recuperar o contacto físico entre visitantes e usuarios, unha vez que todos teñen a inmunización completa.. // A decisión sobre as medidas aprobadas pola Xunta para sustituir ao estado de Alarma está xa en mans do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O aspecto máis polémico, a prohibición de xuntanse non conviventes nos domicilios a partir da unha da mañá. // Segue en Vigo, a cidade con maior incidencia, a busca de novos positivos mediante cribados, esta vez entre os traballadores do Porto. Soben a 10 os contaxios confirmados de cepa india e hai dous buques con mariñeiros confinados.//O Obradoiro retén a condición de equipo de máxima categoría, coa vitoria sobre o Estudiantes, un rival directo, por 83 a 94. O Celta consegue tamén un triunfo sobre o Villareal que lle abre posibilidades de soñar con postos europeos. 10-05-2021

Adeus ao toque de recollida e ao peche perimetral da comunidade e horarios máis amplos para a hostalaría
Só algunha chuvia ocasional e alternancia de nubes e claros, hoxe. A partir de mañá unha nova borrasca dende o Atlántico deixará chuvias xeneralizadas, que seguirán o domingo e serán localmente fortes sobre todo no oeste da comunidade. 07-05-2021

Alivio pero tamén moita cautela. Así se reciben na rúa as novas medidas que sustituen ao estado de alarma a partir domingo, e dan un paso máis cara a normalidade. Horarios máis amplos para a hostalaría, sen toque de recollida e eliminación dos límites para entrar e sair da comunidade. //As restricións de mobilidade desaparecen en prácticamente toda Galicia, agás os concellos no nivel máximo, entre eles o de Padrón, que pasará a fin de semana en confinamento perimetral, ante o aumento da incidencia rexistrada. // Taballadores da planta das Pontes piden que se paralicen os traslados de persoal por parte de Endesa, no que consideran Transición xusta, unha vez desbotado definitivamente o cambio a produccion con biocombustibles. // As Rías rexistran o momento máis intenso da marea vermella, que obriga a manter pechados a maioría dos polígonos de mexillón. A tendencia é a estabilización e a mellora deste fenómeno natural para a vindeira semana. 07-05-2021

Os bares poderán abrir ata as once da noite e os restaurantes ata a 1. A partir do sábado, a Xunta establece o fin do peche perimetral da comunidade e do toque de recollida, ainda que coas reunións en domicilios limitadas a conviventes a partir da 1 da madrugada. Unha nova fase da desescalada, que terá que contar coa autorización do Tribunal Superior de Xustiza. // O toque de recollida seguirá vixente, xunto co peche perimetral, nos concellos co máximo nivel de restricións, aos que se suma o de Padrón. A alta incidencia afecta tamén aos de Cambados e Vilanova, Na comarca do Salnés, que os responsables sanitarios atribúen a actividade turística e a mobilidade derivada da pesca. // A Plataforma S.O.S Sanidade Pública recolle sinaturas para que a Comisión europea apoie a liberación das patentes das vacinas, igual que acaba de anunciar Estados Unidos. // Sobe a oito o número de afectados polo gromo de variante india detectado nun barco atracado en Vigo. Tamén se acaba de detectar a variante india nunha muller que chegou a esa cidade desde Nova Delhi a través do aeroporto de Madrid. 06-05-2021
Vento do suroeste, que trae humidade dende o mar, e que deixa ceos moi anubrados e chuvias febles, máis frecuentes cerca do litoral. A tendencia é que se vaian abrindo claros a medida que avance a tarde. As temperatura soben, ata 24 graos en Ourense, e as mínimas, de 10, en LugO. 06-05-2021
Cambios nos horarios da hostalaría e outras normas que sustitúan as restricións impostas polo estado de Alarma. E o que decide arestora o Comité Clínico da Xunta. // O concello de Cambados súmase aos que están no nivel máximo de restricións. Os responsables sanitarios atribúen a actividade turística e pesqueira a maior incidencia na comarca do Salnés. // Os novos contaxios rexistran un aumento, ata 225 nas últimas horas, mentres descenden a 197 os pacientes ingresados, 48 nas UCI. A taxa de positividade sobe ao 3 por cento e os casos activos quedan en 3.072. // Aumentan as denuncias por plantacións de eucalipto en zonas protexidas ou en terras agrarias, prohibidas na lei de montes actualmente en vigor. A Xunta tramitou nos últimos anos máis de 1.700 expedientes sancionadores por este motivo 06-05-2021

Pendentes da decisión das autoridades sanitarias sobre as medidas que rexirán cando remate o estado de alarma, mentres segue a vacinación masiva, con Máis de 40.000 persoas citadas nun so día. Entre elas, o presidente da Xunta, que recibíu AstraZeneca, como corresponde ao seu grupo de idade. Feijóo di que as restriccións na hostalaría se poderán relaxar, pero falta concretar cómo se controlará o cumplimento // Os dirixentes políticos galegos extraen conclusións dos resultados electorais en Madrid nos que Isabel Díaz Ayuso foi a gran vencedora, e a esquerda resultou debilitada. // As liñas aereas lanzan voos a baixo custo para reactivar o turismo unha vez rematado o estado de alarma. Galicia incrementará de cara o verán 40 rutas aereas. // Entrega esta tarde dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020. No acto, Houbo un recoñecemento Especial á Traxectoria profesional de Manuel Gallego Jorreto, que non pudo recollelo persoalmente pero enviou unha mensaxe defendendo a arquitectura como un xeito de facer a vida mellor. 05-05-2021
O Sergas realiza hoxe e mañá cribados con PCR nos mercados de Vigo, a área sanitaria galega máis castigada neste momento pola covid. Unha iniciativa pioneira en Galicia e que busca detectar novos asintomáticos.
A vacinación masiva avanza con máis de 40.000 doses administradas nun so día. Entre elas, a do presidente da Xunta, que recibíu AstraZeneca, como corresponde ao seu grupo de idade. A Xunta estuda cómo quedará o control das medidas sanitarias, unha vez que remate o Estado de Alarma. // En San Cibrao, os Traballadores de Alcoa deciden hoxe, nunha nova asamblea se retoman as mobilizacións, ao rematar, de momento sen resultado, o prazo para negociar a venda da Factoría entre Alcoa e a Sepi. // Galicia e a comunidade coa maior baixada do paro en abril, con 9.941 desempregados menos, unha caída de cinco puntos e medio. O total de parados rexistrados na nosa comunidade acada os 170.000. // A Pandemia triplica a demanda de vivendas prefabricadas. Unha empresa de CArballo e lider en España da producción de vivendas que se poden construir e instalar en so seis meses. 05-05-2021
Lixeiro cambio no tempo con ceos anubrados e orballos. O vento do oeste achega humidade dende o mar. Temperaturas mínimas en notable ascenso por riba dos 10 graos e máximas sen cambios. 05-05-2021