A Terceira dose chega xa ao grupo de idade de 18 a 29 anos. Uns 165.000 mozos e mozas pasan esta semana polos centros de vacinación masiva.. // O conselleiro de Sanidade anuncia no Parlamento un reforzo para os servizos de atención primaria. Máis de 300 profesionais incorporaránse a partir do próximo mes para axudar sobre todo coa carga burocrática. // A dirección xeral de tráfico presenta un Novo sistema de balizas intelixentes para evitar os frecuentes cortes pola intensa néboa na autovía entre Mondoñedo e Abadín. // O confinamento e a perda de recursos durante a Pandemia agravan as dificultades para as persoas con enfermidade mental. Unha rapaza da Coruña afectada por Anorexia, contanos a sua experiencia. 25-01-2022
Os líderes de Resistencia Galega aceptan penas de 28 anos de cárcere para evitar o xuizo na Audiencia Nacional, por delitos de terrorismo, tenza de explosivos e falsidade documental. Outros dous dos membros da organización dan tamén por boa a petición da fiscalía, Ainda que un deles aproveitou a súa quenda de palabra.// Un estudo da USC destaca que as residencias de maior tamaño foron as peor paradas durante os primeiros meses da pandemia, mentres que na maior parte dos centros non se chegou a rexistrar ningunha morte. // Arranca a semana do Benidorm Fest, para elixir o representante de España en Eurovisión. Hoxe comezan os ensaios da primeira semifinal, na que actúan Tanxugueiras. Dúas das compoñentes do trío atrasaron a súa viaxe á cidade alacantina por problemas de saúde e confían en poder actuar, este mércores. 24-01-2022
Continúa a influencia anticiclónica, logo dunha noite especialmente fría onde os termómetros baixaron ata cinco graos baixo cero en Lugo. Os ceos están despexados en xeral, anque con algunhas nubes baixas no cadrante noroeste, que irán desaparecendo. 24-01-2022
28 anos de prisión. É a pena que os dirixentes de Resistencia Galega, aceptaron hoxe para evitar o xuizo na Audiencia Nacional. Outros dous acusados aceptaron tamén penas menores pola sua integración na banda terrorista. // A curva da Covid mantén a tendencia á baixa iniciada durante a fin de semana, con 4.300 novos contaxios. Os hospitalizados soben a 629. // A Comisión Europea estuda xa o informe definitivo sobre a prórroga das peaxes da AP-9 ao rematar o prazo para que o Goberno español presentase alegacións. A asociación de Usuarios destaca que a Audasa podería obter máis de 1.400 millóns de euros a cambio de investir pouco máis de 200 nas obras de ampliación. // O Obradoiro gaña o derbi galego da ACB ao impoñerse ante o Breogán por 10 a 83 contra o Breogán. 24-01-2022

Prepárase no Arsenal de Ferrol para sair con 200 militares a bordo e participar xunto a outras unidades da OTAN na zona onde aumenta a tensión entre Rusia e Ucraína.
A punto para zarpar dende o Arsenal de Ferrol, cara ao escenario de tensión entre Rusia e Ucraína. A Fragata Blas de Lezo, con cerca de 200 militares a bordo incorpórase ao operativo da OTAN na zona, na que ten previsto permanecer dous meses. // Os médicos do Sergas poden xa tramitar as altas laborais ao mesmo tempo que as baixas dos pacientes positivos de Covid. O programa informático que rexistra as incapacidades temporais permítelles marcar a data prevista de alta. // Comeza a toma de declaracións ás vítimas de gravacións con cámaras ocultas mentres ouriñaban na rúa durante a festa da Maruxaina, en San Cibrao, na Mariña de Lugo. // Pese a pandemia, as doazons e transplantes de órganos continúan. O ano pasado fixeronse en Galicia cerca de 300 transplantes, 100 intervencións menos que no 2020. As que máis diminuiron, as de figado gracias aos novos tratamentos que fan innecesario o trasplantes deste órgano. 21-01-2022
Continúa o predominio anticiclónico, con ventos do nordés. Os ceos estarán completamente despexados mentres segue o descenso paulatino das temperaturas, con mínimas baixo cero no interior e máximas que apenas pasan dos 10 graos no norte e dos 15 na metade sur. 21-01-2022
A Fragata Blas de Lezo, no Arsenal de Ferrol, preparase para sair nas próximas horas, cara o Mar Negro, con cerca de 200 militares a bordo. Formarán parte das unidades da OTAN na zona onde aumenta a tensión entre Rusia e Ucraína.// A ministra de Transportes Raquel Sánchez está hoxe en Santiago co presidente da Xunta, para tratar sobre o cambio do ancho de vía necesario para completar o desplegue da Alta Velocidade. Un encontro cando se cumple un mes da chegada do AVE a Ourense. // A cifra de casos activos frea o seu avance, con menos contaxios, e baixan en 28 os pacientes ingresados. O sergas notifica o falecemento de sete persoas con Covid nos últimos días. // Primeira xornada de folga nas fábricas de conservas en demanda de melloras salariais no sector. As traballadoras, que cubren nove de cada dez postos, denuncian cobrar menos que os homes polo mesmo traballo. 21-01-2022

Galicia prevé recibir este ano catro millóns de visitantes. A prolongación do Xacobeo e a chegada o AVE preséntase coma atractivos diferenciais
Á maior carga de traballo nos centros de Atención Primaria súmase un aumento de actitudes violentas hacia o persoal. Así o advirten os sindicatos sanitarios, tralo caso ocorrido en Portonovo, onde unha parella arremeteu contra a médica de urxencias e esnaquizou un cristal do Centro de Saúde. // A fábrica de Alcoa en San Cibrao remata o proceso de parada das cubas de electrólise tal como acordaron a multinacional e os traballadores para poñer fin ao conflicto laboral. // Segue a presenza de Galicia na Feira Internacional do Turismo de Madrid coa presentación das Deputación de Pontevedra ou a de Ourense. O obxectivo é continuar coa recuperación de visitantes que comenzou na segunda mitade do ano pasado // 20-01-2022
Os ventos do nordés traen algunhas nubes baixas con chuvias febles máis probables no extremo norte. Na metade sur, en cambio, segue a notarse a influencia anticiclónica e os ceos permanecen despexados en xeral, con temperaturas lixeiramente máis baixas que os días anteriores, anque por riba dos 15 graos nas horas centrais do día. 20-01-2022
As aulas pechadas por casos de covid multiplícanse por cinco na última semana e suman xa 59. Os contaxios rexistrados entre os alumnos, sen embargo baixan un 40 por cento. A incidencia en xeral tende a estabilizarse e cae o número de ingresados nos hospitais. // Á maior presión asistencial nos centros de Atención Primaria súmase un aumento de comportamentos violentos por parte de usuarios e agresións ao persoal. // As estafas informaticas supoñen xa un de cada seis delitos denunciados en Galicia. As unidades especializadas da Garda Civil destacan o aumento de casos de fraudes na compravenda de productos por internet e os pagamentos simulados a través de Bizum. // Xornada de triunfos para o futbol galego, coa vitoria do Celta ante o Osasuna por dous a cero e. na segunda, o Lugo suma tamén tres puntos ao impoñerse ante o Almería. 20-01-2022

Ibrahima e Magatte viron recompensada a súa valentía, axudando ao mozo coruñés na noite en que o mataron, porque regularizaron a súa situación e ofrecéronlles traballo.
Expertos en inmunoloxía amósanse en contra de acurtar os prazos para os que teñen a pauta completa e aconsellan centrar os reforzos na poboación máis vulnerable. //. Ibrahima e Magatte, os dous senegaleses que tentaron axudar a Samuel Luiz a noite en que recibíu a malleira mortal, contan, seis meses despois, cómo un acto que repetirían sen dubidar mudou as súas vidas. // Comeza en Santiago o xuízo pola suposta fraude na Confederación de Empresarios de Galicia nos anos 90. A Fiscalía pide catro anos de cadea e unha multa de dous millóns de euros para Rafael Sánchez Sostre, secretario da entidade até o ano 2000. É o principal acusado de apropiarse de fondos públicos, procedentes da Xunta e Unión Europea, destinados a subvencionar cursos de formación. // Na Afundación da Coruña sesenta artistas venden os seus cadros para recadar fondos para a ONG Tierra de Hombres, que leva case tres décadas trasladando nenos enfermos de Äfrica a España para seren operados aquí. 19-01-2022
Mantense a influencia das altas presións. Os ceos seguen despexados en xeral, coa entrada de algunhas nubes medias e altas pola tarde. As temperaturas, en lixeiro descenso, sobre todo nas zonas do interior onde os termómetros volveron baixar dos cero graos con intensas xeadas. 19-01-2022
A prolongación do Xacobeo a este ano, é o prato forte da oferta turística de Galicia en Fitur, a Feira Internacional que abríu as suas portas en Madrid. O sector confía en gañar cota sobre todo de viaxeiros nacionais. // O grupo de persoas de 30 a 39 anos comenza hoxe a recibir a terceira dose da vacina, mentres son chamados xa para a semana que ven os de 20 a 29 anos. // Os novos contaxios repuntan, por riba de 6.000 no último día, logo de varios días á baixa. A incidencia acumulada rexistra un primeiro descenso dende o comenzo da sexta vaga. // O Pescados Rubén Burela segue a ser o mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo por segunda tempada consecutiva. Así o considera o prestixioso portal Futsalplanet, que xa recoñeceu con esta distinción a súa traxectoria no 2020. 19-01-2022