O Sergas ultima os cambios necesarios no sistema de xestión para que os médicos poidan tramitar ao mesmo tempo as altas e baixas laborais
O Sergas ultima os cambios no sistema para que os médicos poidan tramitar ao mesmo tempo as altas e baixas laborais, unha fórmula coa que pretende aliviar a carga burocrática dos profesionais sanitarios, pero que abre debate nas asociacións e sindicatos médicos. // Os expertos consideran que nas próximas semanas se chegará ao pico de incidencia desta vaga, para logo baixar, tal como confirman as Analises das augas residuais na área Metropolitana da Coruña. // As axudas do plan Renove da Xunta facilitan a compra de 500 vehiculos só no primeiro día da apertura das solicitudes. Consúmese así a metade do presuposto de 2,5 millóns de euros, previsto polo Xunta. // O escultor Eduardo Tenreiro, absolto pola Audiencia Provincial de Madrid. Fora acusado de delicto contra a libertade de conciencia e profanación por verquer pintura e realizar unha pintada sobre a tumba de Francisco Franco na Basílica do Val dos Caídos, en 2018. 18-01-2022
Mantense a influencia anticiclónica sobre Galicia. Así, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados en xeral, con néboas matinais. As temperaturas continuan sen cambios significativos, con xeadas no interior, e con máximas que chegan a rondar os 20 graos nas Rías Baixas. 18-01-2022
O complexo hospitalario da Coruña reprograma operacions non urxentes e deriva doentes a outros centros, ante a incidencia de casos de covid. // Os novos contaxios volven estar hoxe por debaixo dos 5.000. A presión hospitalaria diminúe, con oito pacientes ingresados menos. O Sergas notifica o falecemento de 9 persoas nos últimos días. // As solicitudes das axudas do Plan Renove para a compra de coches que ofrece a Xunta cubren nun so día a metade dos tres millóns de euros presupostados. Chegan ata 4.600 euros para vehículos cun prezo inferior a 40.000.// O que empezou como un saneamento das árbores converteuse nunha corta insdiscriminada do bosque que rodea o Insituto Laboral de Ourense. Así o entende un grupo de estudantes do centro. Tralas suas protestas, o Concello ordena paralizar a corta. 18-01-2022

Os colexios galegos comezaron a recibir hoxe os test de antíxenos en saliva para nenos de 5 a 11 anos.
Os nenos farán a proba de xeito voluntario nos seus domicilios e, en caso de resultar positivos, a familia deberá notificalo ao Sergas.
Galicia sitúase entre as comunidades con maior incidencia no ensino, con máis de 1.000 profesores de baixa e 29 aulas pechadas. // A Xunta non decidiu ainda se recorrerá xudicialmente a repartición de fondos europeos de emprego, como fixo a Comunidade de Madrid. O presidente aclarouno esta mañá, na inauguración da biblioteca de Salvaterra de Miño. // Once anos despois da súa desaparición, Sonia Iglesias é declarada oficialmente coma falecida. Decidiuno un xulgado de Pontevedra, logo de que a familia iniciase os trámites hai pouco máis dun ano. // Seis euros o quilo, é o prezo mínimo que deberían poder cobrar pola carne os productores de tenreira galega de calidade suprema para cubrir os custos de produción. Así o indican os Máis de 200 gandeiros que acaban de constituir unha nova asociación que advirten que a sua actividade está a deixar de ser viable. 17-01-2022
Recupérase a influencia anticiclónica sobre Galicia. Logo de algunha nube alta e bancos de néboa, os ceos quedan prácticamente despexados. As temperaturas mínimas caen por baixo de cero no interior, mentres que as máximas experimentan un lixeiro ascenso ata os 20 graos no sur. 17-01-2022
Os colexios comenzan a recibir os máis de 30.000 test de antíxenos en saliva para alumnos de 5 a 11 anos. As familias encargaranse de facer a proba, de xeito voluntario, nos domicilios, e deberán comunicar os casos positivos. // Os casos activos estabilízanse por riba dos 70.000, e poderíamos estar, tal como din os expertos, chegando ao pico da sexta vaga, con 4.000 contaxios menos que o día anterior. // O deputado de Lugo Luís Alvarez asume a función de novo portavoz do grupo socialista no parlamento galego. Estrearase pedindo explicacións a Feijóo polos fondos recibidos do goberno Central para o fomento do emprego. // Avanza a dixitalización das lonxas galegas. Son xa 35 as que teñen instalado o programa Primare, que permite aos mariscadores rexistrar as capturas a pé de Praia. 17-01-2022

Novo récord de máis de 8.400 positivos detectados nun día. Unha cifra que leva a manter a prudencia sobre cando se chegará ao pico da sexta vaga. O próximo luns estarán dispoñibles nos colexios os test para os escolares con síntomas. E nas farmacias, a partir de mañá, co prezo máximo fixado polo goberno. // A enfermeiras eventuais protestan pola contratación de persoal xubilado . Aseguran que se trata de contratos con mellores condicións que os que lles ofrece o Sergas e negan que falte persoal. // A venda do estaleiro Barreras de Vigo está en marcha separada do concurso de acredores. Hai tres ofertas de empresas navais e será a xuiza a que adxudique ao mellor postor. Os traballadores apostan polas que aseguran a súa subrogación. // As últimas obras de Ramón Conde están dende hoxe expostas no Casino de Santiago. A mostra inaugurada este mediodía, recolle o traballo máis recente do escultor ourensán. 14-01-2022
Os restos mortais do poeta foron trasladados do cemiterio municipal de San Froilán, en Lugo, á súa casa no Courel.
22 anos despois do seu falecemento, a familia de Novoneyra quixo cumprir o desexo do poeta
Ceos despexados, e algunhas néboas matinais en zonas do interior, onde os termómetros volveron marcar mínimas de catro graos baixo cero en Lugo. As máximas chegan ata os 15 graos na costa de Pontevedra. 14-01-2022
Os casos de pacientes que se reinfectan logo de ter superado a covid multiplícanse por dez nesta sexta vaga. Os hospitais galegos confirman a maior capacidade de contaxio da variante ómicron, ainda que máis do 70 por cento dos ingresos graves seguen a ser causados pola delta. // Novo récord de máis de 8.400 positivos detectados nun día. Unha cifra que leva a manter a prudencia sobre cando se chegará ao pico da sexta vaga. O próximo luns estarán dispoñibles nos colexios os test para os escolares con síntomas. //.A zona do salnés, a de maior risco en Galicia de propagación da gripe aviar. Medio Rural decreta alí o confinamento de todalas galiñas de curral // Vinte dous anos despois do seu falecemento, cumprese o desexo do poeta Uxío NOvoneyra, os seus restos mortais son trasladados dende o cemiterio de Lugo ata a que foi a sua casa no Courel, 14-01-2022

Os ceos despexados e o sol seguen a ser protagonistas do tempo, logo do intenso frío da pasada noite con xeadas xeneralizadas sobre todo nas zonas do interior, como en Lugo, onde os termómetros caeron ata dous graos baixo cero. 13-01-2022
As altas laborais serán tramitadas simultaneamente coas baixas ao cumplirse sete días para os positivos de covid,, para aliviar a presión que está a saturar os servizos de atención primaria. // O goberno central aproba o límite de prezo para os test de antíxenos, que a partir do sábado custarán un máximo de 2,94 euros, prezo similar ao que teñen agora en Portugal. // No Día Internacional Internacional da Loita contra a Depresión expertas e afectadas advirten dos efectos desta doenza, primeira causa de discapacidade en todo o mundo e que podería afectar ata un cinco por cento da poboación. // Dispostas a levar a música e a cultura galega a Eurovisión. É o propósito de Tanxugueiras, o trío prepara a sua intervención no Festival de Benidorm onde se decidirá quen representa a España. 13-01-2022

A hostalaría rexeita que se establezan novas restricións, á vista dos datos da Pandemia. O presidente da Confederación de Hostalerios de Galicia, Cheché Real, fai un balance negativo da campaña de Nadal, e fala das espectativas de recuperación. // A ministra de Defensa, Margarita Robles, supervisa arestora en Pontevedra o operativo militar que colabora co Sergas na vacinación contra a covid.Antes, coñeceu de preto na base da Brilat o traballo dos 80 militares que se ocupan dos labores de rastrexo. // Con apenas 23 quilometros cadrados, o concello de Larouco, na comarca de Valdeorras garda un importante patrimonio arquitectonico: As covas de Seadur. Adegas con séculos de historia que trala pandemia un empresario vinculado a vila quere transformar nun importante reclamo turístico. 12-01-2022
Os ceos están hoxe despexados en xeral, con nubes máis compactas pola mañá no terzo norte. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, mentres que as máximas sen cambios significativos, en torno aos 13 graos en Santiago, e no sur soben ata 17 en Vigo. 12-01-2022