Seguen as reaccións polo resultado do Benidorm Fest no que as Tanxugueiras foron aclamadas como preferidas polo público, pero quedaron fora de representar a España en Eurovisión. A decisión do xurado desata unha forte controversia nas redes. // Galicia recibe do actual modelo de financiación 800 millóns de euros anuais menos do que lle custa a Xunta financiar a sanidade, a educación e as políticas sociais. O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, presentou alegacións á proposta da poboación axustada do Ministerio para correxir a infrafinanciación. // Xubilados de Lugo maniféstanse contra o trato da banca ás persoas maiores. Quéixanse do peche de sucursais, do uso obrigatorio de caxeiros e da banca electrónica ou dos horarios reducidos, que, segundo denuncian, prexudican especialmente ás persoas maiores do rural. 31-01-2022
Os ceos mantéñense despexados en xeral e con máis nubes no norte das provincias da Coruña e Lugo, onde podería caer algunha precipitación illada na comarca da Mariña. As temperaturas sofren un lixeiro descenso, con máximas que non pasarán dos 15 graos agás nas Rías Baixas. 31-01-2022
As Tanxugueiras piden respecto para a gañadora do Festival Fest, no que elas recibiron a aclamación por parte do público, anque finalmente non serán as que representen a España en Eurovisión. A decisión do xurado desata unha forte controversia nas redes.. // A incidencia da pandemia continúa en descenso con case 3.000 casos activos menos, anque repunta a presión hospitalaria con 686 pacientes hospitalizados. O Sergas notifica o falecemento de oito persoas nas últimas horas. // O Carballo de Conxo, unha árbore bicentenaria e cargada de sinbolismo histórico e social, aspira a ser nomeado Arbore europeo do ano, despois de conseguir xa o título na competición española. O Concello de Santiago presentou hoxe a campaña para a súa nominación na que compite con outros 14 exemplares de todo o continente. 31-01-2022

A hostalaría e o lecer nocturno recuperan esta noite os horarios e as medidas sanitarias previas áo nadal, e acercan a volta á normalidade. O Tribunal Superior de Xustiza autoriza que a esixencia do certificado Covid se manteña, de momento, durante os próximos quince días. // baixada de 20 pacientes menos, e tamén nas UCI. A incidencia do virus tende á estabilizarse, ainda que hai un lixeiro aumento dos casos activos e os novos contaxios mantéñense por riba dos 6.000. // No día mundial da Protección de Datos, a Policía pide extremar a precaución, ante os métodos cada vez máis inxeniosos dos ciberdelincuentes para averiguar contrasinais ou números da tarxeta de crédito. O obxetivo, baleirar as contas bancarias. 28-01-2022
A fin de semana preséntase sen atisbo de cambios, co anticiclón instalado sobre o Atlántico, o que garantiza COLAS tempo seco e solleiro, sen apenas rastro de nubosidade. As temperaturas, cunha notable oscilación que vai dende mínimas por debaixo de cero graos pola noite en zonas do interior, ata superar os 20 graos nas Rías Baixas. 28-01-2022
A hostalaría e o lecer nocturno recuperan esta noite os horarios e as medidas sanitarias previas áo nadal, e acercan a volta á normalidade. O Tribunal Superior de Xustiza autoriza que a esixencia do certificado Covid se manteña, de momento, durante os próximos quince días. // baixada de 20 pacientes menos, e tamén nas UCI. A incidencia do virus tende á estabilizarse, ainda que hai un lixeiro aumento dos casos activos e os novos contaxios mantéñense por riba dos 6.000. // No día mundial da Protección de Datos, a Policía pide extremar a precaución, ante os métodos cada vez máis inxeniosos dos ciberdelincuentes para averiguar contrasinais ou números da tarxeta de crédito. O obxetivo, baleirar as contas bancarias. 28-01-2022
A hostalaría e o lecer nocturno recuperan esta noite os horarios e as medidas sanitarias previas áo nadal, e acercan a volta á normalidade. O Tribunal Superior de Xustiza autoriza que a esixencia do certificado Covid se manteña, de momento, durante os próximos quince días. // baixada de 20 pacientes menos, e tamén nas UCI. A incidencia do virus tende á estabilizarse, ainda que hai un lixeiro aumento dos casos activos e os novos contaxios mantéñense por riba dos 6.000. // No día mundial da Protección de Datos, a Policía pide extremar a precaución, ante os métodos cada vez máis inxeniosos dos ciberdelincuentes para averiguar contrasinais ou números da tarxeta de crédito. O obxetivo, baleirar as contas bancarias. 28-01-2022
O consumo en barra volve estar permitido, amplíase o horario da hostalaría e desaparece o chamado toque de non queda. A Xunta pon fin ás restricións implantadas para frear os contaxios durante a explosión da variante Ómicron.// // Seguen a baixar os casos activos, e os pacientes hospitalizados, aínda que repuntan lixeiramente os novos contaxios. O Sergas notifica o falecemento de catro persoas // As confrarías do Cantábrico mobilízanse contra o proxecto de construcción do parque eólico Nordés, a 30 quilómetros da costa de Ferrol, que sería o maior de España. Considérano incompatible coa actividade pesqueira nun dos caladoiros máis valiosos para a frota. // Máxima espectación en Benidorm, ante a primeira gala de selección do tema que representará a España en Eurovisión, e na que figuran as galegas Tanxugueiras. 26-01-2022
Máxima emoción no Benidorm Fest, logo de que as Taxugueiras lograsen a vitoria entre o público, pese a non ser apoiadas polo xurado. Esta noite, segunda semifinal// 10.400 novos postos de traballo, creados durante o ano pasado. Unha recuperación do emprego na que atopamos casos como o de Azahara, imigrante marroquina, á que lle chegaron as ofertas tras facer pública a sua situación ao borde do desafiuzamento. // O presidente da Xunta destacou que máis do 40 por cento dos hospitalizados por Covid actualmente son persoas sen vacinar, e fixo un chamamento á responsabilidade para que o remate da sexta vaga sexa máis rápido.. // Cumprense 10 anos da traxedia do Orzán, na que tres policías nacionais perderon a vida na Coruña tentando salvar a doutra persoa, o estudante eslovaco Tomas Velicky. 27-01-2022
seguimos baixo influencia anticiclónica, nun día de ceos despexados en xeral, con algunha néboa matinal e nubes de estancamento ao norte de Lugo. As temperaturas ascenden lixeiramente. O vento soprará do nordés frouxo, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra ás últimas horas. 27-01-2022
As Tanxugueiras, emocionadas ao coñecer a masiva votación do público, que lles permite pasar á final no Benidorm Fest, pese a non figurar entre as apostas do xurado. // Os casos activos repuntan lixeiramente, logo de varios días á baixa, con máis de 6.000 novos contaxios, e hai tamén un aumento dos pacientes ingresados, anque se manteñen os que están nas UCI. // Compañeiros, familiares e autoridades, renden homenaxe na Coruña aos policías José Antonio Vilamor, Rodrigo Maseda e Javier López, coñecidos como os herois do Orzán, que perderon a vida no mar tentando salvar a do estudante eslovaco Tomas Velicky. Unha traxedia da que se cumplen xusto dez anos. // En Galicia creáronse 10.400 novos empregos durante o ano pasado, segundo os datos da Enquisa de poboación Activa. A cifra total de ocupados ascende a un millón cen mil persoas. 27-01-2022

A maioría das restricións, como a de consumo en barra ou o toque de queda, deixarán de ter efecto próximo venres. Amplíanse os horarios para a hostalaría anque se mantén a obriga de presentar o certificado covid. A Xunta propón a partir de agora reducir de sete a cinco días o illamento dos infectados. // O proxecto de construcción dun parque eólico a 30 quilómetros da costa de Ferrol, que sería o maior de España, levanta a protesta de tódalas confrarías do Cantábrico. Considérano incompatible coa actividade pesqueira nun dos caladoiros máis valiosos para a frota. // Un vecino de Porriño de 39 años, afincado en México, morre nese país a consecuencia dos disparos de dous atracadores que pretendían roubarlle o coche // Hoxe coñecemos un adianto do novo sinxelo de Tanxugueiras: Averno, que é tamén a sua primeira colaboración co rapeiro madrileño Rayden, un dos rivais que compiten con elas no Benidorm Fest. 26-01-2022
A primeira hora da mañá, os termómetros marcaban a mínima de sete graos baixo cero en Xinzo de Limia, e tres baixo cero na capital. Os ceos seguen despexados en xeral, cun aumento da temperatura nas horas centrais. 26-01-2022
O consumo en barra volve estar permitido, amplíase o horario da hostalaría e desaparece o chamado toque de non queda. A Xunta pon fin ás restricións implantadas para frear os contaxios durante a explosión da variante Ómicron.// // Seguen a baixar os casos activos, e os pacientes hospitalizados, aínda que repuntan lixeiramente os novos contaxios. O Sergas notifica o falecemento de catro persoas // As confrarías do Cantábrico mobilízanse contra o proxecto de construcción do parque eólico Nordés, a 30 quilómetros da costa de Ferrol, que sería o maior de España. Considérano incompatible coa actividade pesqueira nun dos caladoiros máis valiosos para a frota. // Máxima espectación en Benidorm, ante a primeira gala de selección do tema que representará a España en Eurovisión, e na que figuran as galegas Tanxugueiras. 26-01-2022
a Xunta estuda relaxar as restricións na hostalaría. Os encargados dos establecementos piden que deixe de ser obrigatorio o certificado covid. Aumenta tamén o debate sobre o uso da máscara en exteriores. // Receitas tradicionais das avoas, cun toque de modernidade. É o proxecto no que traballan alumnos de cociña do Centro Carlos Oroza de Pontevedra. Os menús, a 10 euros poden degustarse no comedor do centro.E entre os comensais,están algunhas das autoras das receitas // O museo do Pobo Galego, en Santiago, inaugura tres novas salas dedicadas á historia de Galicia. Relatan o período que vai dende os primeiros habitantes ata a o Reino Suevo. As salas correspondentes a a outras etapas irán abrindo ao público nos próximos meses. 25-01-2022
Os alumnos de cociña do centro Carlos Oroza de Pontevedra rescatan e actualizan as receitas máis tradicionais. Os menús pódense degustar no comedor do centro, ao que acoden as propias avoas para dar a súa opinión.
Galicia continua baixo influencia anticiclónica. Agárdase así un día de ceos despexados en xeral, con néboas no interior. As temperaturas mínimas experimentaron un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non terán cambios ou lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo, de compoñente leste. 25-01-2022
A Terceira dose chega xa ao grupo de idade de 18 a 29 anos. Uns 165.000 mozos e mozas pasan esta semana polos centros de vacinación masiva.. // O conselleiro de Sanidade anuncia no Parlamento un reforzo para os servizos de atención primaria. Máis de 300 profesionais incorporaránse a partir do próximo mes para axudar sobre todo coa carga burocrática. // A dirección xeral de tráfico presenta un Novo sistema de balizas intelixentes para evitar os frecuentes cortes pola intensa néboa na autovía entre Mondoñedo e Abadín. // O confinamento e a perda de recursos durante a Pandemia agravan as dificultades para as persoas con enfermidade mental. Unha rapaza da Coruña afectada por Anorexia, contanos a sua experiencia. 25-01-2022