Aumenta a nubosidade pola tarde no oeste, nun día no que seguimos sen chuvias e coas temperaturas en valores máis agradables. Durante as horas centrais do día os termómetros poden volver rondar os 20 graos en moitos puntos. 14-02-2023
O relato das primeiras vítimas do accidente do Alvia escóitas no xuízo, en Santiago, onde hoxe comenzou a dirimirse a responsabilidade civil polo sinistro que deixou 80 persoas falecidas e 145 feridas. // A Policía Nacional alerta dunha vaga de estafas telefónicas a pequenos pequenos comercios galegos. Os estafadores reclaman, con distintos enganos, un pago urxente por unha suposta mercancía pendente de envío. // . // Gustavo Dacal, o atleta pontevedrés, dez veces campión de España en lanzamento de xavelina, chega a Coruña despois de contraer en México unha grave infección que a piques estivo, dixo, de causarlle a morte. Agora espera recuperarse aquí, entre mostras de apoio. 14-02-2023
O relato das primeiras vítimas do accidente do Alvia escóitas no xuízo, en Santiago, onde hoxe comenzou a dirimirse a responsabilidade civil polo sinistro que deixou 80 persoas falecidas e 145 feridas. // En 2022 morreron en Galicia tres persoas en sinistros relacionados con camións, e outras sete no accidente do autobús ocorrido en Cerdedo-Cotobade. A DGT pon en marcha unha campaña especial de control deste tipo de vehículos pesados. // Gustavo Dacal, o atleta pontevedrés, dez veces campión de España en lanzamento de xavelina, chega a Coruña despois de contraer en México unha grave infección que a piques estivo, dixo, de causarlle a morte. Agora espera recuperarse aquí, entre mostras de apoio. 14-02-2023
Emoción no aeroporto da Coruña, ao recibir a Gustavo Dacal, o atleta pontevedrés, dez veces campión de España en lanzamento de xavelina, que chegaba despois de contraer en México unha grave infección que a piques estivo, dixo, de causarlle a morte,.// O xuízo polo accidente do Alvia comenza hoxe en Santiago unha nova fase, na que se pretende establecer a responsabilidade civil. // Hoxe coñecemos un dos maiores proxectos de aproveitamento de enerxía eólica mariña en Galicia. Trátase do Parque Nordés, que se proxecta fronte entre A Coruña e Ortigueira. 14-02-2023
Un vehículo incendiado foi a orixe do lume que queimou 125 hectareas en Carnota, a maior parte de monte raso. O incendio dase xa por controlado. // Trala manifestación multitudinaria, en Santiago, en defensa da Sanidade Pública, os grupos da oposición reclaman á xunta que faga cambios. // Familiares das vítimas do Villa de Pintaxo participan nunha homenaxe aos mariñeiros do Praia de Menduiña. Confían en que a inspección do pecio axude na investigación sobre as circunstancias do afundimento. // 2.000 estudantes da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal celebran ao Día Mundial da Radio cunha emisión de quince horas en directo, promovida por Ponte nas Ondas, a asociación recoñocida pola Unesco como modelo de boas prácticas. 13-02-23
Un vehículo incendiado foi a orixe do lume que queimou 125 hectareas en Carnota, a maior parte de monte raso. O incendio dase xa por controlado. // Trala manifestación multitudinaria, en Santiago, en defensa da Sanidade Pública, os grupos da oposición considérana unha proba do descontento dos cidadáns e reclaman que a Xunta faga cambios. // Familiares das vítimas do Villa de Pintaxo participan nunha homenaxe aos mariñeiros do Praia de Menduiña. Confían en que a inspección do pecio axude na investigación sobre as circunstancias do afundimento. // 2.000 estudantes da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal celebran o Día Mundial da Radio cunha emisión de quince horas en directo, promovida por Ponte nas Ondas, a asociación recoñocida pola Unesco como modelo de boas prácticas. 13-02-23
O lume acabou con 125 hectareas en Carnota, a maior parte de monte raso. O incendio comenzou na tarde de onte na parroquia de Lariño e arestora dase xa por controlado. // Os familiares do buque Villa de Pitanxo, afundido hai un ano fronte a Terranova, homenaxean arestora aos tripulantes do buque Praia de Menduiña que lles serviu de apoio naquelas augas tralo naufraxio. // Derrotas dos equipos galegos do fútbol profesional. O Celta caeu en Balaídos pola mínima ante o Atlético de Madrid nun bo partido dos. Na segunda o Lugo, penúltimo na táboa, perdeu por tres a cero fronte ao líder, Las Palmas. 13-02-23
Media frota galega do cerco, amarrada por mor do veto á pesca do xurelo entre Fisterra e o Bidasoa. A situación é límite para moitos tripulantes e empresas que dependen destas capturas. // A Xunta quere implantar xa a próxima semana medidas como a limitación de 33 pacientes diarios para cada médico de primaria. // En Lugo queda visto para sentenza o xuízo do dobre crime do Cash Record, celebrado 29 anos despois dos feitos. A fiscalía mantén que non hai probas directas para pedir a condena do único acusado. // As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen, gran favorita para os premios Goya, con 17 nominacións. Recrea o crime cometido na aldea ourensá de Santoalla hai 13 anos, e foi grabada en espazos naturais de Galicia e o Bierzo. 10-02-2023
Seguiremos toda a fin de semana con tempo seco e solleiro. Temperaturas semellantes as de hoxe, con grandes oscilacións entre a noite e o día. As mínimas en puntos do interior rondarán os cero graos e máximas pode chegar aos 15 en Lugo e aos 20 no litoral de Pontevedra. 10-02-2023
Tripulantes da frota do cerco, á espera dunhas axudas que o Ministerio de Pesca, ante o paro da actividade provocado polo veto á pesca do xurelo // A Xunta quere implantar xa a próxima semana medidas como a limitación de 33 pacientes diarios para cada médico de primaria. // En Lugo queda visto para sentenza o xuízo do dobre crime do Cash Record, celebrado 29 anos despois dos feitos. A fiscalía mantén que non hai probas directas para pedir a condena do único acusado. // As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen, gran favorita para os premios Goya, con 17 nominacións. Recrea o crime cometido na aldea ourensá de Santoalla hai 13 anos, e foi grabada en espazos naturais de Galicia e o Bierzo. 10-02-2023
A metade da frota do cerco, amarrada por mor do veto á pesca do xurelo entre Fisterra e o Bidasoa. A situación é límite para moitos tripulantes e empresas que dependen destas capturas. // A Xunta quere implantar xa a próxima semana na área sanitaria de Pontevedra as medidas que acaba de aprobar para paliar a falta de facultativos. // O Grupo Inditex e sindicatos chegan a un acordo de salario mínimo de 18.000 euros para todos os seus empregados de tenda. Culminan así unas reivindicacións laborais que comezaron na provincia da Coruña. 10-02-2023
O Tribunal Supremo estima o recurso presentado pola empresa. Avala a prórroga concedida polo anterior goberno do PP por contar con informes ambientais favorables
O Tribunal Supremo estima o recurso presentado pola empresa. Avala a prórroga concedida polo anterior goberno do PP por contar con informes ambientais favorables
Ence anuncia novos investimentos en Pontevedra, unha vez que o Tribunal Supremo avala a sua permanencia nos terreos da Ría. Os traballadores reclaman unha fábrica de papel para pechar o ciclo produtivo. // A Xunta pon en marcha unha bolsa de persoal voluntario para cubrir gardas nos PAC que teñen ata un 20 por cento de vacantes. Os profesionais que se apunten serán compensados cunha remuneración por horas extras de ata 5.000 euros brutos ao mes. // Dende medir a presión arterial a facer un electrocardiograma. A asistencia sanitaria por videoconferencia está xa dispoñible para as embarcacións civis de altura. // Alumnas ucraínas do Conservatorio de Música de Vigo dan un concerto para visibilizar a situación do seu país e buscar un futuro para o próximo curso. 09-02-2023
Ceos despexados e temperaturas con poucos cambios. As mínimas subiron no litoral norte e as máximas oscilarán entre os 12 graos previstos en Lugo aos 17 de Ourense ou Pontevedra. Sopra nordés con refachos máis fortes na costa entre Fisterra e Estaca de Bares. 09-02-2023
Ence anuncia novos investimentos en Pontevedra, unha vez que o Tribunal Supremo avala a sua permanencia nos terreos da Ría. Os traballadores reclaman unha fábrica de papel para pechar o ciclo produtivo.. // a Xunta pon en marcha unha bolsa de persoal voluntario para cubrir gardas nos PAC que teñen ata un 20 por cento de vacantes. Os profesionais que se apunten serán compensados cunha remuneración por horas extras de ata 5.000 euros brutos ao mes. // Dende medir a presión arterial a facer un electrocardiograma. A asistencia sanitaria por videoconferencia está xa dispoñible para as embarcacións civis de altura. // Alumnas ucraínas do Conservatorio de Música de Vigo dan un concerto para visibilizar a situación do seu país e buscar un futuro para o próximo curso. 09-02-2023
Angel Rodriguez da Costa, comparece, de novo ante a xuíza de violencia de xénero, en Vigo, para declarar sobre o asasinato da sua ex muller en Baiona tras ser examinado polos servizos de siquiatría. // O xuízo do dobre crime do Cash Record encara a súa recta final. Un axente da Policía nacional ratifica que todos os indicios apuntan ao acusado. // Na categoría de animación dos premios Goya, unha das películas nomeadas é Unicorn Wars, de produción galega. Estivemos co director, Alberto Vázquez, no seu estudio da Coruña. 09-02-2023
Satisfacción e alivio entre os traballadores, decepción dos grupos contrarios á permanencia da fábrica de celulosa en Pontevedra. A decisión do Tribunal Supremo que da a razón á ENCE. // O exmarido de Beatriz Lijó comparece ainda no xulgado de Vigo para declarar sobre o asasinato da muller, cometido en Baiona, diante dos seus fillos menores. // O presidente da Xunta anuncia un plan para reducir o numero de pacientes que os médicos poden atender na consulta cada día, que serán 33. // Primeiro día sen máscara obrigatoria no transporte público. Moitos usuarios aproveitaron para quitala, pero comprobamos que outros prefiren manter a protección. 08-02-23
As temperaturas recuperanse despois dunha noite na que chegou a nevar en cotas de 500 a 700 metros. Neve que só queda agora nas zonas altas de montaña de Lugo e Ourense. O vento tamén é protagonista un día máis, con refachos que serán moi fortes entre Fisterra e Ortegal. 08-02-23
Satisfacción e alivio entre os traballadores, decepción dos grupos contrarios á permanencia da fábrica de celulosa en Pontevedra. A decisión do Tribunal Supremo que da a razón á ENCE. // O exmarido de Beatriz Lijó comparece ainda no xulgado de Vigo para declarar sobre o asasinato da muller, cometido en Baiona, diante dos seus fillos menores. // A Xunta anuncia un plan para reducir o numero de pacientes que os médicos poden atender na consulta cada día, que serán 33. // Primeiro día sen máscara obrigatoria no transporte público. Moitos usuarios aproveitaron para quitala, pero comprobamos que outros prefiren manter a protección. 08-02-23