Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Continúa a chegada de aire frío. O ceo está despexado ao sur e con máis nubes canto máis ao norte, con posibilidade de precipitacións moi ocasionais, que serán en forma de neve arredor dos 400 metros. As temperaturas mínimas en descenso. 28-02-23

O Goberno aprobou hoxe o Plan de Ordenación do Espazo Marítimo, que contempla a instalación de 5 parques eólicos fronte ao litoral galego. Catro no Norte e un fronte ao límite con Portugal. // O IPC de febreiro deixa unha repunta dos prezos, con especial subida da electricidade e dos alimentos. A inflación subxacente ascende xa ao 7´7%, o nivel máis alto dende hai 40 anos. // Unhas 200.000 persoas padecen en Galicia algunha enfermidade rara, das que hoxe se celebra o Día Mundial. // As pegadas de Pablo Picasso coleccionadas ao longo dos anos por Camilo José Cela. Cadros, debuxos e fotografías forman a exposición inaugurada na sede da Fundación que leva o nome do escritor en Iria Flavia. 28-02-23

Ana Baneira, a activista coruñesa que foi posta en liberdade por Irán, xa está de volta en Galicia. Os seus familiares acudiron a recibila ao aeroporto de Lavacolla, onde chegaba, logo de pasar catro meses baixo arresto.. // Protestas contra as dificultades para conseguir atención presencial nas oficinas de bancos e de diferentes servizos públicos. // Comenza en Lugo a repetición do xuízo polo crime da nena de Muimenta Desirée Leal. A súa nai fora condenada a prisión permanente revisable hai un ano, pero o tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenou repetir o xuízo por falta de motivación do veredicto do xurado. // O Celta da un impulso na clasificación que lle permite deixar atrás a zona de descenso, trala vitoria por 3 a cero contra o Valladolid, con dous goles do canteirán Gabri Veiga. 27-02-23

Circulación do nordés que arrastra aire frío, nun día de tempo seco e ceos despexados en xeral, con algunhas nubes baixas ao norte da provincia de Lugo. As temperaturas sufren un lixeiro descenso, con máxima de 14 graos en Vigo e mínimas baixo cero. 27-02-23

A primeira hora da tarde aterraba no aeroporto de Lavacolla Ana Baneira, a activista coruñesa que estivo detida en Irán. O reencontro coa familia tivo lugar de xeito discreto. // Comenza en Lugo a repetición do xuízo polo crime da nena de Muimenta Desirée Leal. A súa nai fora condenada a prisión permanente revisable hai un ano. // Aumentan as protestas contra as dificultades para conseguir atención presencial nas oficinas de bancos e de diferentes servizos públicos. // O Celta da un impulso na clasificación que lle permite deixar atrás a zona de descenso, trala vitoria por 3 a cero contra o Valladolid. 27-02-23

Ana Sandamil chega a audiencia de Lugo para ser xulgada, de novo, polo asasinato da sua filla Desirée, de sete anos. // Nas próximas horas está previsto que aterre en Galicia Ana Baneira, a activista coruñesa que fora detida en Irán nunha protesta trala morte de Masha Amini, e que foi liberada logo de catro meses. // Os pilotos galegos copan o podio na proba do Campionato de España de Motocross en Lugo. Jorge Prado, bicampión do Mundo, e Rubén Fernández loitaron por ser os mellores da máxima categoría. O triunfo foi finalmente para o vigués do Honda. 27-02-23

Homenaxes, en toda Galicia, á resistencia de Ucraína, cando se cumpre un ano da invasión rusa. Minutos de silencio, coma en Santiago, interrumpidos polo himno de Ucraína. // Varios milleiros de produtores galegos súmanse ás demandas presentadas contra as industrias lácteas, as que acusan de concertar os prezos e causarlles uns perxuizos de 800 millóns de euros. // Galicia recibe un total de 35 sendeiros azuis, uns distintivos que recoñecen rotas e itinerarios que unen espazos naturais con praias coa bandeira azul, // En Lugo todo está preparado para acoller a proba do campionato de España de Motocross no circuito que leva o nome de Jorge Pardo, ca participación do propio piloto, que volve correr na sua terra natal logo de converterse en figura internacional, 24-02-23

Xornada de xeadas e ceos cubertos na que irán entrando ao longo da tarde as precipitacións, de norte a sur. A Cota de neve elévase a os 700 ou 800 metros. Os chuvascos seguirán mañá, a medida que a borrasca se traslada cara Portugal. 24-02-23

Homenaxes, en toda Galicia, á resistencia de Ucraína, cando se cumpre un ano da invasión rusa. Minutos de silencio, coma en Santiago, interrumpidos polo himno de Ucraína. // Varios milleiros de produtores galegos súmanse ás demandas presentadas contra as industrias lácteas, as que acusan de concertar os prezos e causarlles uns perxuizos de 800 millóns de euros. // Galicia recibe un total de 35 sendeiros azuis, uns distintivos que recoñecen rotas e itinerarios que unen espazos naturais con praias coa bandeira azul, // En Lugo todo está preparado para acoller a proba do campionato de España de Motocross no circuito que leva o nome de Jorge Pardo, ca participación do propio piloto, que volve correr na sua terra natal logo de converterse en figura internacional, 24-02-23

Minutos de silencio en toda Galicia, e concentracións diante dos concellos, para lembrar que hai un ano comenzou a invasión rusa de Ucraína. // A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, pide o Parlamento Europeo e ao Goberno de España que prantexen unha "queixa formal" ante Israel ,en protesta pola súa deportación, cando participaba na Delegación Oficial para as Relacións con Palestina. // Lugo acolle esta fin de semana unha proba do campionato de España de Motocross, a primeira que se celebra no recén creado circuito Jorge Prado. O lucense, bicampeón do mundo, participará nesta competición. 24-02-23

As mariscadoras alertan da perda de máis da metade da ameixa na Ríade Arusa, nun fenómeno do que non recordan precedentes e que ameaza a sua viabilidade. // Os bufetes de avogados acumulan traballo pendente a causa da folga de letrados xudiciais, que, de seguir, podería afectar, din, ata a celebración das eleccións municipais. // O Viaducto do Castro, na A-6, deberá ser demolido e reconstruído integramente, incluidos os piares. Así o confirmou o ministerio de Transportes. A Xunta advirte de que a obra suporá un atraso nos prazos para a reapertura. // O trovador Martín Codax é a figura á que rende homenaxe este ano a Academia de Belas Artes, como símbolo da cultura medieval galega. 22-02-2023

Unha fronte fría entra polo litoral noroeste que mantén o ceo anubrado e con chuvascos. A cota de neve rolda os 1.200 metros pero baixará ata os 500 á noite e manterase así ata mañá. O vento sopra do norte e as temperaturas máximas quedan nas cidades arredor dos 10 graos. 22-02-2023

A morte masiva do marisco afecta tamén aos bancos da Ría de Arousa. As mariscadoras alertan da perda de máis da metade da ameixa, nun fenómeno do que non se recordan precedentes. // O sector da pesca do arrastre rexeita a proposta da Comisión Europea de reducir as zonas de actividade, plan que cada Estado terá que aplicar nas súas augas. As frotas de Ribeira, Celeiro e Vigo son das máis afectadas // Os GUNS N'ROSES actuarán por primeira vez en Galicia. Será o 12 de xuño no estadio de Balaídos, en Vigo. 22-02-2023

Preocupación entre o colectivo de mariscadoras da Illa de Arousa pola elevada mortandade da ameixa. A escaseza de produto impídelles continuar coa actividade, e mesmo ten levado a decretar un ERTE entre os traballadores da lonxa. // Os bufetes de avogados acumulan traballo pendente a causa da folga de letrados xudiciais, que, de seguir, podería afectar, din, ata a celebración das eleccións municipais. // O Viaducto do Castro, na A-6, deberá ser demolido e reconstruído integramente, incluidos os piares. Así o confirmou o ministerio de Transportes. A Xunta advirte de que a obra suporá un atraso nos prazos para a reapertura. // O trovador Martín Codax é a figura á que rende homenaxe este ano a Academia de Belas Artes, como símbolo da cultura medieval galega. 22-02-2023

Baixan as temperaturas, e tamén a cota de neve que pode caer a partir dos 500 metros. No resto, ceos cubertos con chuvias menos probables polo sur, mentres no norte poden ser trebóns máis intensos e persistentes. 23/02/2023

Ofrenda de flores, Lectura de poemas e son da alborada, para celebrar o día no que naceu Rosalía de Castro, a máis ilustre escritora galega, hai 186 anos. / A Ministra de Defensa reiterou hoxe, dende Ferrol, o compromiso de España con Ucraína, cando se cumpre un ano da invasión rusa. Margarita Robles destacou a impulso que supón para a comarca a construcción das Fragatas F-110. / Un grupo de produtores de mexillón maniféstase en Santiago para denunciar a escaseza de mexilla que poden recoller esta campaña polas restricións establecidas pola Xunta para protexer o percebe. / O Gran Camiño, a proba de clicismo profesional que revive o espírito da Volta a Galicia, partiu xa desde Lugo. Ata o domingo, os 125 participantes percorrerán as catro provincia. 23/02/2023

Ofrenda de flores, Lectura de poemas e son da alborada, para celebrar o día no que naceu Rosalía de Castro, a máis ilustre escritora galega, hai 186 anos. / A Ministra de Defensa reiterou hoxe, dende Ferrol, o compromiso de España con Ucraína, cando se cumpre un ano da invasión rusa. Margarita Robles destacou a impulso que supón para a comarca a construcción das Fragatas F-110. / Un grupo de produtores de mexillón maniféstase en Santiago para denunciar a escaseza de mexilla que poden recoller esta campaña polas restricións establecidas pola Xunta para protexer o percebe. / O Gran Camiño, a proba de clicismo profesional que revive o espírito da Volta a Galicia, partiu xa desde Lugo. Ata o domingo, os 125 participantes percorrerán as catro provincias. 23/02/2023

Máis frío e tamén descenso da cota de neve, que cae entre os 400 e os 600 metros, e cobre xa zonas da montaña oriental como vemos aquí, en Pedrafita. Boa parte do interior está en alerta pola notable baixada das temperaturas. // A Ministra de Defensa, Margarita Robles, participa hoxe en Ferrol nunha reunión co sector empresarial da comarca para abordar as oportunidades de futuro. Antes visitou as instalacións do estaleiro de Navantia. // Axentes de aduanas inspeccionan dúas embarcacións que se sospeita pertencen a redes adicadas ao narcotráfico, e que foron atopadas na costa de Ribeira. 23/02/2023

Ambiente de festa en localidades como Xinzo de Limia, no triángulo máxico ourensán, que celebra o desfile de Entroido. Esta tarde, as comparsas recorren as rúas en cidades e vilas de toda Galicia. // A consellería de Sanidade anuncia hoxe a cobertura de 23 novas prazas na na área de Pontevedra Salnés, mediante facultativos contrados por concurso de méritos, sen oposición. // O grupo popular rexeita a creación dunha comisión parlamentaria para investigar a concesión de parques eólicos de 2010. O conselleiro de industria promete dar toda a documentación á fiscalía. // O cemiterio deseñado por César Portela en Fisterra hai un cuarto de século, vai ter por fin uso. O concello pretende convertila nun COLUMBARIO para depositar urnas cincerarias. 21-02-23