A investigación céntrase nas cámaras de seguirdade para aclarar quen está detrás da acción violenta no casco histórico de Tui. Ata 21 vehículos resultaron totalmente calcinados e outros cinco afectados parcialmente. // A flota pesqueira conta recuperarse co arranque, hoxe, da campaña da sardiña, logo do paro biolóxico do xurelo. // No Día Mundial da Narración oral, iniciativas como a do hospital de Pontevedra, tentan fomentar o arte de contar contos en voz alta. // O Celta mira cara os postos europeos tras impoñerse con rotundidade a o Español por un a tres. Na Segunda División o Lugo empatou a un gol co Racing de Santander, e segue no último posto da clasificación. 20-03-23
Noite de pesadelo en Tui, con explosións e lume en distintos puntos do casco histórico que mantiveron en alerta durante horas a vecinos, policía e bombeiros. Ata 21 vehículos resultaron totalmente calcinados. // Galicia duplicará a capacidade para atender aos nenos e adolescentes con patoloxía psiquiátrica que precisen hospitalización cunha nova unidade no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo que complementa á xa existente en Santiago. // A Xunta pon en marcha a plataforma Galicia Film Commission, co obxetivo de consolidar a comunidade como plató de Cine e televisión. // 20-03-23
Iago Aspas viste de novo a camiseta da selección. A convocatoria do seleccionador Luis de la Fuente supón o se regreso ao equipo nacional logo de catro anos. // A Audiencia de Lugo condena a prisión permanente revisable á muller que asasinou a súa filla de sete anos en Muimenta no ano 2019. A sentenza é a mesma que no anterior xuízo, que se repetiu ao considerar o Tribunal Superior que o veredicto non tiña motivación suficiente.// Un relato de Galicia a través da ollada de grandes nomes da cultura universal do último século e medio. É o que propón “Detrás do Espello”, a nova mostra no Gaiás. 17-03-2023
Iago Aspas viste de novo a camiseta da selección.A convocatoria do seleccionador Luis de la Fuente supón o regreso do dianteiro de Moaña ao equipo nacional logo de catro anos. Non estará, en cambio, Gabri Veiga, // Nunha protesta en Ribeira, os percebeiros acusan aos produtores de mexillón de esquilmar os seus recursos coa recollida de mexilla. // Os presidentes autonómicos de Galicia e Asturias acordan reclamar que a Unión Europea cambie os criterios para poder recibir axudas destinadas a zonas escasamente poboadas. // 'Detrás do Espello', a nova exposición do Museo Gaiás, recompila en trescentas pezas a pegada galega na vida e obra de cincuenta xenios, coma Einstein, Buñuel ou Lorca. 17-03-2023
Seguimos baixo a influencia das borrascas atlánticas que envía unha nova fronte e déixa ceos nubrados con chuvias, localmente fortes, ocasionalmente treboentas, máis persistentes na metade oeste. As temperaturas experimentan un lixeiro descenso. Vento do suroeste, con intervalos fortes. 17-03-2023
Iago Aspas volve a selección. É unha das principais novidades na convocatoria do novo seleccionador, Luis de la Fuente, e supón o regreso do dianteiro de Moaña ao equipo nacional case catro anos despois. // O inverno que remata foi especialmente húmido e chuvioso, pero cálido. A AEMET fixo hoxe balance da estación, e avanzou unha primavera normal. // Proesta de percebeiros e percebeiras, en Ribeira, para exixir que se respecten as zonas vedadas á extracción de mexilla establecidas dende o ano 2021. // Detrás do Espello expón no Gaiás a mirada de xenios universais que quedaron fascinados con Galicia. 17-03-2023
Impulso á investigación e apoio ás persoas que padecen enfermidades raras. É a mensaxe que lanzou, dende Santiago, a Raíña Letizia, no acto para conmemorar o Día Mundial destas doenzas. // Os pensionistas denuncian que non poden realizar trámites na seguridade social porque lles impiden o acceso ás oficinas sen cita previa, que en moitos casos non son quen de conseguir. // As novas tecnoloxías axudan a recuperar zonas rurais. Na localidade ourensá de San Xoan de Río, unha aplicación de móbil axuda a persoas de todo o mundo interesadas en establecerse en núcleos despoboados. // Fresco, lixeiro e moi saudable, así e, din, o té verde de camelia producido por pequenas empresas de Pontevedra, as que a Deputación quere dar un distintivo de calidade a partir das investigacións da estación fitopatolóxica do Areeiro.16-03-23
Unha fronte recorre Galicia deixando ceos nubrados e precipitacións de carácter persistente ao oeste, localmente fortes acompañadas de tormenta nas rías baixas e intermitentes no resto. As temperaturas mínimas experimentan lixeiros ascensos mentres que as máximas sofren un descenso. 16-03-23
Impulso á investigación e apoio ás persoas que padecen enfermidades raras. É a mensaxe que lanzou, dende Santiago, a Raíña Letizia, no acto para conmemorar o Día Mundial destas doenzas que sofren en España cerca de tres millóns de persoas.. // Os pensionistas denuncian que non poden realizar trámites na seguridade social porque lles impiden o acceso ás oficinas sen cita previa. // Na localidade ourensá de San Xoan de Río, unha aplicación de móbil axuda a persoas de todo o mundo interesadas en establecerse en núcleos despoboados. // Fresco, lixeiro e moi saudable, así e, din, o té verde de camelia producido por pequenas empresas de Pontevedra, as que a Deputación quere dar un distintivo de calidade a partir das investigacións da estación fitopatolóxica do Areeiro, 16-03-23
A Raíña Letizia pide, dende Santiago, un impulso á investigación das enfermidades raras, na xuntanza da Federación Española, para conmemorar o Día Mundial destas doenzas. // Pensionistas de toda Galicia concentráronse hoxe ante as sedes do Instituto Nacional da Seguridade Social para reclamar que volva a atención presencial nas oficinas sen necesidade da cita previa. // España e Portugal piden ue a UE inclúa o AVE entre Vigo e Porto como prioritario. // A estación fitopatolóxica do Areeiro, en Pontevedra, lanza un selo de calidade para impulsar o cultivo de té de camelia entre emprendedores da provincia. // 16-03-23
O grupo Inditex manterá en Arteixo a súa sede social. Así o quixo deixar claro o conselleiro delegado Óscar Maceiras durante a presentación dos resultados do último exercicio, cuns beneficios de 4.130 millóns, que se converte no mellor dende a fundación da compañía. // Xunta aproba a inclusión no calendario de vacinación infantil da inmunización fronte ao virus respirativo sincitial, un patóxeno causante de neumonías e bronquiolites. // O vehículo somerxible aparecido na Ría de Arousa bautizado como El Poseidón está a ser analizado polos investigadores // Cúmprense oito anos de que o Párroco de Vilanova dos Infantes Adolfo Enríquez aparecera morto dun golpe na cabeza, mentres era roubada a virxe do cristal que custodiaba na igrexa. Un colectivo xuvenil da localidade reclama que se faga xustiza. 15-03-23
Sol e ceos despexados ao estar transitoriamente baixo a influencia do anticiclón. As temperaturas soben, con máximas entre os 18 graos na Coruña aos 23 en Ourense. O vento sur moderado na costa. 15-03-23
O grupo Inditex manterá en Arteixo a súa sede social. Así o quixo deixar claro o conselleiro delegado Óscar Maceiras durante a presentación dos resultados do último exercicio, cuns beneficios de 4.130 millóns. // Xunta aproba a inclusión no calendario de vacinación infantil da inmunización fronte ao virus respirativo sincitial, un patóxeno causante de neumonías e bronquiolites. // O vehículo somerxible aparecido na Ría de Arousa bautizado como El Poseidón está a ser analizado polos investigadores. // Cúmprense oito anos de que o Párroco de Vilanova dos Infantes Adolfo Enríquez aparecera morto dun golpe na cabeza, mentres era roubada a virxe do cristal que custodiaba na igrexa. 15-03-23
O vehículo somerxible aparecido na Ría de Arousa, bautizado como El Poseidón e fabricado artesanalmente en fibra de vidro, está a ser analizado agora polos investigadores. // Inditex bateu récord de beneficios e ingresos. O meirande distribuidor textil de España gañou 4.130 millóns de euros no último exercicio, o primeiro de Marta Ortega á fronte da multinacional. // O xurado popular declara culpable a Jose Luis Abet polo triplo crime de Valga. // O Arde Lucus xa é festa de interese turístico internacional. Así a ven de declarar o Ministerio de Industria e Turismo. 15-03-23
O somerxible artesanal atopado no medio da Ría e conducido ata a a Illa de Arousa. Os investigadores accederon xa ao interior e din que estaba baleiro. // O prezo dos alimentos volve dispararse en febreiro, con incrementos por riba do 30 por cento respecto a hai un ano en produtos como azucre o leite ou o aceite de oliva. // O Bispado de Ourense aparta das suas funcións en once parroquias, entre O Irixo e Boborás, ao sacerdote que está a ser investigado por las presuntas agresións sexuais denunciadas por duas sobriñas, cando eran menores de idade. // Chega a Santiago a exposición que resume os cincuenta anos de traxectoria do grupo folk 'Fuxan os ventos'.14-03-2023
Mantense a alerta amarela no mar por ondas que poden chegar aos 5 metros. Chubascos illados e ocasionais nas comarcas atlánticas e ceos parcialmente nubrados. As temperaturas mínimas descenden lixeiramente e as máximas, sen cambios. 14-03-23
Os equipos da Garda Civil e Vixilancia Aduaneira consiguen reflotar o narcosubmarino localizado na ría de Arousa. Agora Lévano a porto para inspeccionar o seu interior. // Un crego de Ourense, investigado pola xustiza logo de que dúas sobriñas o denunciasen por agredilas sexualmente cando eran menores de idade. // A escaseza de médicos na sanidade pública preocupa aos estudantes de medicina. Mañá comenzan en Santiago unhas xornadas para avaliar ese problema, con representantes de alumnos de toda España. 14-03-23
O somerxible artesanal atopado no medio da Ría e conducido ata a a Illa de Arousa. Os investigadores accederon xa ao interior e din que estaba baleiro. // O prezo dos alimentos volve dispararse en febreiro, con incrementos por riba do 30 por cento respecto a hai un ano en produtos como azucre o leite ou o aceite de oliva. A taxa de inflación interanual queda en Galicia no 6´4 por cento. // O Bispado de Ourense aparta das suas funcións en once parroquias, entre O Irixo e Boborás, ao sacerdote que está a ser investigado por las presuntas agresións sexuais denunciadas por duas sobriñas, cando eran menores de idade. // Chega a Santiago a exposición que resume os cincuenta anos de traxectoria do grupo folk 'Fuxan os ventos'. Recolle instrumentos, fotos e documentos dunha formación imprescindible do imaxinario cultural galego. 14-03-23
Unha borrasca profunda barre a comunidade con ventos que sopran con forza sobre todo na metade norte e que deixaron refachos máximos superiores aos 120 kilómetros por hora. Os chuvascos irán remitindo cara a noite. 13-03-23
Localizado fronte a Vilaxoán un somerxible de construción artesanal. Os investigadores considérano relacionado con actividades de narcotráfico. // Os presidentes autonómicos de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, reunidos en Vitoria, reclaman a Unión Europea que as recoñeza como macrorrexión, e aceleren os proxectos de conexións ferroviarias e enerxéticas. // O acusado do triplo crime de Valga pide perdón á familia da sua ex muller, a sua ex sogra e a sua ex cuñada, no remate do xuízo, en Pontevedra. O xurado delibera agora para pronunciar o veredicto. // Vitoria galega na primeira proba do mundial de motocross na Arxentina, co vigués Rubén Fernández como gañador e o lugués Jorge Prado en terceira posición. 13-03-23