Os equipos da Garda Civil e Vixilancia Aduaneira consiguen reflotar o narcosubmarino localizado na ría de Arousa. Agora Lévano a porto para inspeccionar o seu interior. // Un crego de Ourense, investigado pola xustiza logo de que dúas sobriñas o denunciasen por agredilas sexualmente cando eran menores de idade. // A escaseza de médicos na sanidade pública preocupa aos estudantes de medicina. Mañá comenzan en Santiago unhas xornadas para avaliar ese problema, con representantes de alumnos de toda España. 14-03-23
O somerxible artesanal atopado no medio da Ría e conducido ata a a Illa de Arousa. Os investigadores accederon xa ao interior e din que estaba baleiro. // O prezo dos alimentos volve dispararse en febreiro, con incrementos por riba do 30 por cento respecto a hai un ano en produtos como azucre o leite ou o aceite de oliva. A taxa de inflación interanual queda en Galicia no 6´4 por cento. // O Bispado de Ourense aparta das suas funcións en once parroquias, entre O Irixo e Boborás, ao sacerdote que está a ser investigado por las presuntas agresións sexuais denunciadas por duas sobriñas, cando eran menores de idade. // Chega a Santiago a exposición que resume os cincuenta anos de traxectoria do grupo folk 'Fuxan os ventos'. Recolle instrumentos, fotos e documentos dunha formación imprescindible do imaxinario cultural galego. 14-03-23
Unha borrasca profunda barre a comunidade con ventos que sopran con forza sobre todo na metade norte e que deixaron refachos máximos superiores aos 120 kilómetros por hora. Os chuvascos irán remitindo cara a noite. 13-03-23
Localizado fronte a Vilaxoán un somerxible de construción artesanal. Os investigadores considérano relacionado con actividades de narcotráfico. // Os presidentes autonómicos de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, reunidos en Vitoria, reclaman a Unión Europea que as recoñeza como macrorrexión, e aceleren os proxectos de conexións ferroviarias e enerxéticas. // O acusado do triplo crime de Valga pide perdón á familia da sua ex muller, a sua ex sogra e a sua ex cuñada, no remate do xuízo, en Pontevedra. O xurado delibera agora para pronunciar o veredicto. // Vitoria galega na primeira proba do mundial de motocross na Arxentina, co vigués Rubén Fernández como gañador e o lugués Jorge Prado en terceira posición. 13-03-23
Localizado fronte a Vilaxoán un novo somerxible de construción artesanal. Os investigadores consideran que está destinado a actividades de narcotráfico e relacionano con duas planeadoras aparecidas en días pasados. // Os presidentes autonómicos de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, reunidos en Vitoria, reclaman a Unión Europea que as recoñeza como macrorrexión. // O acusado do triplo crime de Valga pide perdón á familia da sua ex muller, a sua ex sogra e a sua ex cuñada, no remate do xuízo, en Pontevedra. // Vitoria galega na primeira proba do mundial de motocross na Arxentina. O vigués Rubén Fernández ganou o gran premio e o lugués Jorge Prado quedou terceiro. 13-03-23
Despregadura policial na Ría de Arousa trala localización dunha nova embarcación artesanal capaz de navegar baixo a superficie do mar. // Alerta laranxa en todo o litoral por ondas que poden chegar aos 7 metros. O Concello pecha espazos públicos na costa e recomenda extremar as precaucións polo risco de desprendementos. // Os traballadores de Leite Río concéntranse diante da empresa, en Lugo, para reclamar melloras nas súas condicións laboráis. 13-03-23
Homenaxe en Ferrol aos dous traballadores falecidos nunha protesta laboral en 1972, nun día no que o presidente do goberno anuncia a contratación de 1.500 traballadores para Navantia. // O secretario xeral dos socialistas, Valentín González Formoso, confirmou que optará á reelección na alcaldía das Pontes. // Arranca en Vigo o maior Salón do Automobil de Galicia, con máis de 30 marcas participantes. Os vehículos eléctricos gañan presenza, nun mercado dominado pola incerteza dos consumidores. // O compositor coruñés Nani García recibirá o premio de honor na gala dos Mestre Mateo que se celebrará mañá. A academia do audiovisual recoñece a traxectoria do artista que fixo a banda sonora de películas de éxito internacional, incluido un Óscar 10-03-23
Situación intermedia entre o anticiclón situado o sur da península e as borrascas atlánticas que continuan a deixar un ambiente moi húmido. Seguimos con ceo cuberto sobre todo polo oeste e con posibilidade dalgún orballo pola noite. 10-03-23
O presidente do goberno anuncia a contratación de 1.500 traballadores para Navantia. para atender os novos encargos da empresa naval pública. Entre eles, as fragatas F110 que se van construír nas instalacións en Ferrolterra. //Os partidos galegos ultiman xa as listas para as eleccións municipais de maio. // Arranca en Vigo o maior Salón do Automobil de Galicia, con máis de 30 marcas participantes. Os vehículos eléctricos gañan presenza, nun mercado dominado pola incerteza dos consumidores. // O compositor coruñés Nani García recibirá o premio de honor na gala dos Mestre Mateo que se celebrará mañá. A academia do audiovisual recoñece a traxectoria do artista que fixo a banda sonora de películas de éxito internacional, incluido un Óscar 10-03-23
Chamamento sindical contra a reforma das pensións, en Ferrol, no día da clase obreira galega, en recordo aos dous traballadores falecidos nunha protesta laboral en 1972. // O presidente do Goberno anunciou hoxe que Navantia vai contratar nos próximos anos 1.500 traballadores nos seus centros de Cádiz, Ferrol e Cartaxena. // Hoxe sae á venda o novo disco do músico vigués Iván Ferreiro, "Trinchera pop". O seu estilo segue sendo recoñecible, pero é un traballo de madurez no que reivindica o valor da música pop para transmitir emocións e filosofar sobra a vida. 10-03-23
Día marcado polo paso dunha nova fronte atlántica, que trouxo unha mañá de ceos cubertos e treboadas. Ao longo da tarde as precipitación van ir remitindo e abrindo claros cara á noite. As temperaturas, en lixeiro descenso. 08-03-2023
O fallo sobre ENCE abre a posibilidade de prorrogar a concesión a un cento de empresas galegas situadas en zonas de dominio público LITORAL. // A Xunta decidiu hoxe comezar a pagar en abril o complemento autonómico de 218 euros das pensións non contributivas. // Galicia leva perdido un 30 por cento das explotacións lácteas dende a desaparición da cotas en 2015. Así o indica un informe da Organización Inteprofesional Láctea presentado hoxe en LUgo. // Máis de 4.000 persoas padecen en Galicia unha enfermidade renal crónica que precisa de diálese ou trasplante de ril. Os medicos alerta de que a maioría teñen orixe en patoloxías evitables como a diabetes ou a hipertensión. As asociacións de pacientes advirten da necesidade da prevención. 09-03-2023
Día marcado polo paso dunha nova fronte atlántica, que trouxo unha mañá de ceos cubertos e treboadas. Ao longo da tarde as precipitación van ir remitindo e abrindo claros cara á noite. As temperaturas, en lixeiro descenso. 09-03-2023
Mañá de temporal con media Galicia en alerta polas chuvias e vento. As precipitacións que por momentos descargaron con forza. // O vento irá amainando cara media tarde nun día no que o peor con todo está no mar. Hai alerta laranxa en todo o litoral por ondas que poden chegar aos 6 metros. // Un centro cultural de Ourense acolle por primeira vez unha exposición conxunta dos escultores Moxom e Tino Canicoba. Os seus estilos son moi diferentes porque un usa a navalla para tallar a madeira e o outro a motoserra. 09-03-2023
Mércores de temporal cunha fronte que deixou chuvias por momentos fortes sobre todo durante a mañá e que agora pola tarde serán en forma de chuvascos con apertura dalgúns claros. 08-03-2023
As mulleres fan escoitar a sua voz neste 8M para denunciar a fenda salarial entre homes e mulleres e a violencia de xénero. // Os grupos da oposición destacan no Parlamento os datos da fenda salarial, que en Galicia e lixeiramente superior á media do conxunto de España. // O sector pesqueiro anuncia que recurrirá por vía xudicial contra a instalación de parques eólicos flotantes na costa galega, aprobada polo goberno. Din que suporá a destrución de moitos postos de traballo. // Documentos do hospital psiquiátrico de Conxo revelan cómo eran tratadas moitas mulleres que acababan ingresadas alí so por transgredir os roles de xénero que a sociedade lles reservaba, na expoisición Voces Esquecidas que hoxe inaugura a Biblioteca de Galicia. 08-03-2023
As mulleres fan escoitar a sua voz nas rúas para denunciar a fenda salarial entre homes e mulleres e a violencia de xénero. // Os grupos da oposición destacan no Parlamento os datos da fenda salarial, que en Galicia e lixeiramente superior á media do conxunto de España. // O sector pesqueiro anuncia que recurrirá por vía xudicial contra a instalación de parques eólicos flotantes na costa galega, aprobada polo goberno. Din que suporá a destrución de moitos postos de traballo. // Documentos do hospital psiquiátrico de Conxo revelan cómo eran tratadas moitas mulleres que acababan ingresadas alí so por transgredir os roles de xénero que a sociedade lles reservaba, na expoisición Voces Esquecidas que hoxe inaugura a Biblioteca de Galicia. 08-03-2023
Voces femininas nas rúas, este 8M, para denunciar as desigualdades. En especial, a fenda salarial entre homes e mulleres que ascende actualmente en Galicia ao 19 por cento. // O presidente Rueda anunciou a aprobación mañá, no Consello, dun plan para crear máis xulgados exclusivos para casos de violencia de xenero. // Poemas, contos e música para reflexionar sobre o feminismo e esixir a igualdade, no acto central do 8M na Deputación de Pontevedra. A música, con letras intimistas e tradicionais, veu da man da compositora Su Garrido e da cantante Sheila Patricia. 08-03-2023
Valle-Inclán íntimo é unha exposición organizada pola Universidade de Santiago no Colexio de Fonseca. Inclúe pezas cedidas pola familia, algunhas expostas por primeira vez, como a máscara mortuoria de Francisco Asorey
Unha muller, detida pola morte do seu marido no municipio coruñés de Paderne. O cadaver foi atopado por axentes da garda civil no domicilio familiar, tapado na cama, con fortes golpes na cabeza. // No xuízo polo triplo crime de Valga o acusado negouse hoxe a declarar. // Tres mulleres galegas, entre os 100 mellores profesionais da medicina de España, segundo a listaxe da revista Forbes. A coruñesa Carmen Vidal Pan, xefa do servizo de alergoloxía do CHUS, traballa a fronte dun equipo que busca unha vacina contra a alerxia ás velutinas. // A memoria de Valle Inclán volveu hoxe á Santiago, á Alameda onde está a súa estatua. Mentres, a exposición, "Valle Inclán Íntimo", no Colexio de Fonseca, ofrece unha imaxe do seu mundo persoal con pezas cedidas pola familia. 07-03-23