Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O paro rexistrado cae en máis de 2.200 persoas en Galicia no mes de marzo, grazas ao aumento de contratacións no sector servizos. As afiliacións á seguridade social aumentan en case 8.000. // Xa está en marcha a maquinaria electoral con vistas as municipais do próximo 28 de maio. Desde hoxe xa pode solicitarse o voto por correo. // En Lugo, a virxe da Esperanza saiu onte á tardiña acompañada pola Armada de Ferrol na procesión máis concurrida da Semana Santa. 04-04-23

Caída do paro no mes de marzo. O número de desempregados rexistrados en Galicia baixa en 2.245. E un descenso inferior á media do conxunto de España. // A Xunta e Enagás formalizan un pacto enerxético que contempla a construción dun hidroduto entre Guitiriz e Zamora que garantirá, segundo os promotores, a conexión gasística entre Galicia e a meseta. // En Lugo, a virxe da Esperanza saiu onte á tardiña acompañada pola Armada de Ferrol na procesión máis concurrida da Semana Santa. 04-04-23

Xosé Ramón Gómez Besteiro toma posesión como delegado do goberno en Galicia, o que supón á sua volta á política, logo de sete anos... Besteiro puxo á xustiza como eixo das súas futuras responsabilidades. // Presentada en Vigo a Río Luna, unha patrulleira de intervención rápida para labores de rescate e vixilancia contra o narcotráfico da Garda Civil. Conta cun sistema de propulsión eléctrico que lle permite aforrar un 60 por cento de combustible. // Río Luna, unha patrulleira de intervención rápida para labores de rescate e vixilancia contra o narcotráfico da Garda Civil. Entre outras novidades, conta cun sistema de propulsión eléctrico que lle permite aforrar un 60 por cento de combustible. // A semana Santa arranca con elevada ocupación nos hoteis e casas rurais e cunhas previsións de aumentar nos próximos días ata rozar o completo. 03-04-23

Xornada de nubes altas e néboas no interior. Co avance do día entrarán nubes medias polo litoral atlántico, mesmo non se descarta algunha chuvia feble pola noite. Vento frouxo e temperaturas sen cambios, con moita oscilación térmica. 03-04-23

Xosé Ramón Gómez Besteiro toma posesión como delegado do goberno en Galicia, o que supón á sua volta á política, logo de sete anos. // A semana Santa arranca con elevada ocupación nos hoteis e casas rurais e cunhas previsións de aumentar nos próximos días ata rozar o completo. Os principais destinos, a capital, Santiago e cidades como Ferrol ou Viveiro, con procesións declaradas de interese turístico internacional. 03-04-23

A Río Luna, unha patrulleira de intervención rápida para labores de rescate e vixilancia contra o narcotráfico da Garda Civil, preséntase hoxe oficialmente en Vigo. Entre outras novidades, conta cun sistema de propulsión eléctrico que lle permite aforrar un 60 por cento de combustible. // Xosé Ramón Gómez Besteiro toma posesión como novo delegado do Goberno en Galicia. Substitúe no cargo a José Miñones, recén nomeado ministro de Sanidade. // O Celta empata ante o Almería en Balaídos e encadea a sexta xornada puntuando e colocase décimo na clasificación, oito puntos por riba do descenso. O Lugo, que tamén empatou contra a Ponferradina. 03-04-23

Seguemento masivo da folga do transporte colectivo por estrada. Aumenta a afluencia nas estacións de tren, con billetes esgotados en moitas viaxes. // O ambiente para este inicio da Semana Santa xa se fai notar en Santiago. Multitude de turistas que adiantaron a súa chegada e as reservas de última hora non paran de medrar. // Case 3.000 novos casos de cancro de cólon son detectados cada ano en Galicia. O diagnóstico precoz, a alimentación e o exercicio son as claves para previr a doenza, tal como como destacan os especialistas no día adicado a esta enfermidade. 31-03-23

As estacións de autobuses, practicamente inactivas, polo seguemento masivo da Folga dos conductores, en demanda de mellores condicións de traballo. // Moitos turistas adiantan a sua chegada e as reservas de última hora non paran de medrar. O sector conta en toda Galicia con ocupacións superiores ao 85 por cento e chegar ao completo nos días festivos. // Controlados ou extinguidos os incendios rexistrados nas últimas horas. Entre eles o de Baleira, en Lugo, onde arderon máis de 1.400 hectáreas. Foi causado, segundo a Garda Civil, pola neglixencia dun veciño nunha queima forestal non autorizada. // Case 3.000 novos casos de cancro de cólon son detectados cada ano en Galicia. O diagnóstico precoz, a alimentación e o exercicio son as claves para previr a doenza, tal como como destacan os especialistas no día adicado a esta enfermidade.

 31-03-23

Toda a costa en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 8 metros con refachos fortes que irán amainando durante a tarde. Tenden a desaparecer as chuvias que en xeral están a ser febles, con algús chuvascos illados. 30-03-23

 Amplo seguemento da Folga dos traballadores do transporte de viaxeiros por estrada, en demanda de mellores condicións laborais. A Xunta fala de incumplimento dos servizos mínimos, que inclúen o transporte escolar. // O ambiente para este inicio da Semana Santa xa se fai notar en Santiago. Multitude de turistas que adiantaron a súa chegada e as reservas de última hora non paran de medrar. //Exito da película Matria dende a sua estrea nos cines. As paisaxes da Ría de Arousa complementan unha película baseada na asfixiante vida dunha muller de clase traballadora do Salnés.//31-03-23

Máis de 1.400 hectáreas levan ardido en en Baleira. Nas últimas horas os equipos de extinción conseguiron estabilizar o lume e foi desactivado o nivel 2 ao no haber zonas habitadas en risco. // O IPC de marzo sitúase no 3´3 por cento respecto ao ano pasado. É a menor suba dende que comenzara a guerra de Ucraína. // Hoxe é o Día Internacional das Traballadoras do Fogar. Un sector desempeñado principalmente por mulleres migrantes, e no que se estima que a precariedade chega ao 60 por cento. // O debuxante Miguelanxo Prado renuncia a dirixir o salón internacional do cómic Viñetas desde o Atlántico, da Coruña. Denuncia que levaba anos co presuposto conxelado 30-03-23

Continúa a arreciar o vento con refachos moi fortes de máis de 80 km por hora na metade norte e nas montañas. Unha borrasca centrada ao suroeste de Irlanda deixa nubes na franxa atlántica e máis claros canto máis ao interior. 30-03-23

Máis de 1.400 hectáreas levan ardido en en Baleira. Nas últimas horas os equipos de extinción conseguiron estabilizar o lume e foi desactivado o nivel 2 ao no haber zonas habitadas en risco. // O IPC de marzo sitúase no 3´3 por cento respecto ao ano pasado. É a menor suba dende que comenzara a guerra de Ucraína. // O debuxante Miguelanxo Prado renuncia a dirixir o salón internacional do cómic Viñetas desde o Atlántico, da Coruña. Denuncia que levaba anos co presuposto conxelado 30-03-23

Segue a loita contra o lume en Baleira, onde levan ardido xa máis de 1.400 hectáreas. Nas últimas horas os equipos de extinción conseguiron estabilizalo. // Os traballadores de Navantia, en Ferrol, en pé de guerra contra a empresa. Tras diferentes paros internos, esta mañá manifestáronse polas rúas da cidade esixíndo avances no convenio e no plan industrial. // Case un millón de persoas en Galicia teñen dificultades para a acceder a unha vivenda digna. As organizacións do terceiro sector poñen en marcha unha campaña para pedir as administracións que faciliten alugueiros e novas vivendas sociais. // 30-03-23

 Retírase o anticiclón e chega unha fronte que traerá un progresivo aumento das nubes, e chuvias. Trae tamén vento forte no litoral da Coruña, na Mariña e nas zonas altas, que están en alerta amarela. As temperaturas mínimas suben e as máximas baixan un chisco.29-03-23

Os fortes refachos fan avanzar o lume no incendio de Baleira, na montaña de Lugo. Medio Rural estima en 120 hectáreas a superficie queimada, nunha zona de difícil acceso. // A administración de xustiza recupera a actividade unha vez rematada a folga de letrados, que deixa 10.000 vistas suspendidas e unhas 300.000 demandas sen tramitar en Galicia. // Hoxe, Día do Transplante, as asociacións saen á rúa co fin de incrementar a cifra de doazons e reducir as negativas familiares, para salvar máis vidas. // A estreita Relación de Carmen Martín Gaite con Galicia e o quere poñer en valor o concello de Barbadás a partir dos lugares onde transcorrian os veraneos familiares da escritora.

 29-03-23

O forte vento fai avanzar o lume no incendio de Baleira, na montaña de Lugo. Medio Rural estima en 120 hectáreas a superficie queimada, nunha zona de difícil acceso. // Os colexios médicos demandan ao Sergas polo novo sistema de citación para consultas. Din que supón un risco para a saúde dos pacientes porque as citas as decide unha aplicación informática e non persoal sanitario. // A estreita Relación de Carmen Martín Gaite con Galicia e o quere poñer en valor o concello de Barbadás a partir dos lugares onde transcorrian os veraneos familiares da escritora. 29-03-23

Unhas 100 hectáreas leva queimadas o incendio forestal que avanza, nunha zona de montaña de difícil acceso, no concello de Baleira, en Lugo. // Hoxe incorpóranse de novo aos seus postos os letrados xudiciais, logo do acordo que pón fin a máis de dous meses de folga. Estiman que ata, polo menos, finais de ano, os xulgados non volverán á normalidade. // Presentado un plan para que os maiores que viven nas residencias públicas deixen de ser atados ás súas camas ou cadeiras. De momento, vaise poñer en marcha nun centro da Coruña e outro de Pontevedra. 29-03-23

Soben aínda máis as temperaturas. Notámolo esta mañá, coas mínimas moito máis suaves ca onte. Durante a tarde as máximas oscilarán entre os 21 graos da Coruña e os 26 previstos en Ourense. Aumentan as nubes altas e tamén o vento do sur, que pode deixar refachos fortes no noroeste 28-03-23

O novo ministro de Sanidade, José Miñones, comprometeuse a defender o sistema sanitario público e abriuse ao diálogo con todos os sectores implicados. Hoxe participou no seu primeiro Consello de Ministros // Xosé Ramón Gómez Besteiro, nomeado delegado do Goberno en Galicia. Vai selo seu regreso á vida política despois de sete anos // Dous irmáns morreron intoxicados por fume na súa vivenda de Meilán, moi preto da cidade de Lugo // Vigo lembra a expulsión do exército napoleónico da cidade en 1809. É a festa da Reconquista, que se celebra especialmente no casco vello vigués 28-03-23