Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Máis treboadas neste inicio de semana. con media Galicia, sobre todo as provincias do interior están en alerta por chuvascos moi fortes que poden descargar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora, que poden vir acompañados de saraiba. 12-06-23

 

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Industria Francisco Conde, abandonará os seus cargos no goberno de Alfonso Rueda para ser cabeza de lista por Lugo nas eleccións xerais do 23 de xullo. //  Galicia será a primeira comunidade en introducir no sistema educativo, a partir do curso que ven, a materia de Cultura Financeira. Figurará como optativa para os alumnos de Terceiro da ESO. // Animación en aumento na contorna do estadio de Balaídos, ante o concerto, esta noite, dos Guns N'Roses, con The Pretenders como acompañantes de luxo. Máis de 25.000 persoas teñen entrada, moitas delas mercadas dende Portugal. 12-06-23

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Industria Francisco Conde, abandonará os seus cargos no goberno de Alfonso Rueda para ser cabeza de lista por Lugo nas eleccións xerais do 23 de xullo. // O Partido Popular acaba de confirmar tamén as candidaturas de Miguel Tellado, como número un pola Coruña, Ana Pastor por Pontevedra e Ana Belén Vázquez por Ourense. // Chega a Vigo buque Ártabro, tras rematar a misión en Terranova de busca e inspección do Villa de Pitanxo. // . 12-06-23

Razas autóctonas en risco de extinción, como a ovella galega a vaca cachena ou a galiña de Mos, amosan o seu potencial para o futuro da gandería, na Semana Verde de Galicia. // De cara as eleccións xerais,  o PP de Galicia asegura non ter presa en designar os seus candidatos, e prepara a campaña coa visita este domingo de Alberto Núñez Feijoo. // Dez proxectos empresariais relacionados coa moda conseguen consolidarse no mercado despois de pasar pola aceleradora de innovación liderada por Roberto Verino. // Expertos en caligrafía e grafoloxía de todo o mundo reúnense estes días en Santiago nun congreso. Abordan técnicas e novidades sobre a peritaxe para a xustiza ou a relación entre o documento escrito e a psicoloxía. 09-06-23

Mantense a alerta por treboadas na meirande parte da provincia de Lugo,agás na zona sur. No resto, ceos nubrados e chuvascos que serán menos frecuentes á noite. As temperaturas algo máis baixas. 09-06-26

Razas autóctonas en risco de extinción, como a ovella galega a vaca cachena ou a galiña de Mos, amosan o seu potencial para o futuro da gandería, na Semana Verde de Galicia. // A diferencia dos socialistas, que xa decidiron quén encabezará as listas en cada provincia, o PP de Galicia asegura non ter presa en designar os seus candidatos, e prepara a campaña coa visita este domingo de Alberto Núñez Feijoo. // As mellores pizzas napolitanas de España poden comerse nos establecementos que rexenta en Galicia o cociñeiro italiano Alberto Bracone, último gañador do concurso nacional desta modalidade. 09-06-23

A Semana Verde, en Silleda, aspira a superar esta fin de semana o seu record de visitantes. As razas autóctonas amosan o seu potencial como aposta de futuro para gandeiría. // Dez pequenas empresas do téxtil consolidan o negocio e amplían expectativas despois de pasar pola aceleradora de innovación liderada polo modisto Roberto Verino. // Achegarse ao mundo militar e posible esta fin de semana na Coruña. Unha exposición de materiais dos tres exércitos, da Guardia Civil e da UME da a coñecer os vehículos, traxes ou armas utilizados polos soldados españois. 09-06-23

Día de Corpus en Redondela, coa procesión, a danza das espadas, a das burras e as penlas, o desfile do dragón e as alfombras. Rituais típicos da Festa da Coca, caracterizada pola combinación de elementos pagáns e relixiosos. // Socialistas e BNG reeditan en Lugo o pacto que xa mantiveron nos últimos catro anos e en Santiago os socialistas estudan incorporarse a un goberno encabezado pola nacionalista Goretti Sanmartín. // A contaminación por plásticos, o cambio climático e a pesca industrial, son os principais inimigos das especies mariñas e o seu medio. Así o denuncian os científicos no Día Mundial dos océanos. // Preocupación entre os veciños de varios edificios no Centro de Ourense, ante a aparición de fendas que poderían revelar danos estruturais a causa das intensas treboadas. 08-06-23

Activada unha alerta en toda Galicia por chuvias fortes que poden descargar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. As temperaturas volver subir, con máximas, por riba do 25 graos. 08-06-23

Avanzan as negociacións entre socialistas e BNG para formar coalicións nos concellos onde poden xuntar unha maioría alternativa fronte ao Partido Popular. // A Xunta anuncia unha nova axuda denominada Xacobeo xove. Consistirá en finanzar con 200 euros os gastos en aloxamento e restauración a 5.000 a menores de 30 anos, que fagan o Camiño a Santiago en paquetes turísticos das axencias de viaxe galegas. // Día de Corpus en Redondela, coa espectacular danza das espadas, a das burras e as penlas, o desfile do dragón e as alfombras. Tódos os rituais típicos da Festa da Coca, caracterizada pola combinación de elementos pagáns e relixiosos. 08-06-23

Preocupación entre os veciños de varios edificios no Centro de Ourense, ante a aparición de fendas que poderían revelar danos estruturais a causa das intensas treboadas. // Pese as últimas semanas de tempo tormentoso, a primavera foi moi seca e cálida, segundo o balance da axencia estatal de meteoroloxía, que pronostica un verán mais caloroso do habitual. // No Xulgado de Tui ,a fiscalía escoitou hoxe o informe dun perito forense contratado pola familia de Débora Fernández, no que conclúe que a morte da muller foi un homicidio e non se debeu a causas naturais, como sostiñan os informes anteriores. 08-06-23

En Xove un equipo especializado da Garda Civil realiza unha reconstrución do accidente no que faleceron catro rapaces o pasado un de abril. Tratan de aclarar a qué velocidade ía o vehículo, pero tamén ata que punto puideron influir o trazado e as condicións da vía. // O Grupo Inditex presenta un beneficio récord de 1.168 millóns no último trimestre. A facturación supera por primeira vez os 7.000 millóns. // Uns 250 pacientes esperan en Galicia un órgano para un transplante. Máis de 120.000 persoas que teñen xa a tarxeta de doador na nosa comunidade. // Preocupación na comarca ourensá da Limia polas consecuencias das intensas choivas dos últimos días na colleita da pataca. . 07-06-23

Un equipo especializado da Garda Civil realiza en Xove unha reconstrución do accidente no que faleceron catro rapaces o pasado un de abril. Tratan de aclarar a qué velocidade ía o vehículo, pero tamén ata que punto puideron influir o trazado e as condicións da vía. // O Grupo Inditex presenta un beneficio récord de 1.168 millóns no último trimestre. A facturación supera por primeira vez os 7.000 millóns. // Preocupación na comarca ourensá da Limia polas consecuencias das intensas choivas dos últimos días na colleita da pataca. Os produtores advirten de posibles perdass pola proliferación de herbas e o mildio. // 07-06-23

A Borrasca Óscar déixa un día de chuvias persistentes que serán máis fortes á noite.. As temperaturas máximas baixan pero, así e todo, oscilarán entre os 24 graos previstos na Coruña aos 27 de Ourense. 07-06-23

Especialistas da garda civil reconstrúen o acidente no que morreron catro mozos, de entre 17 e 19 anos o un de abril pasado en Xove. Toman medicións e compáranas cos sinais de freada do vehículo, que saíu da vía nunha curva pronunciada e caeu por un terraplén. // O Parlamento de Galicia rende homenaxe a Alexandre Bóveda, e a tódalas vítimas da ditadura franquista, nunha resolución que contou co acordo unánime dos tres grupos parlamentarios. // A Cidade da Cultura, en Santiago, acollerá este verán medio cento de actividades, incluíndo concertos, espectáculos familiares e campamentos urbanos, que serán de balde. 07-06-23

 Arrancan as probas da Abau ás que se enfrontan ata o xoves os preto de 13.000 estudantes galegos matriculados nesta convocatoria. Ademais da parte obrigatoria, a maioría farán tamén a optativa para subir nota. // Plan de limpeza e desinfección na rede de abastecemento de Betanzos despois de que as ultimas analiticas confirmasen presenza de norovirus nela. os afectados suman máis de 400, a espera de novas mostras, os técnicos sospeitan que virus procede do río que abastece ao pobo . // Aumentar a presenza dos viños das denominacións galegas nos mercados internacionais. E o obxetivo do certame Vinis Terrae, en Ourense, onde importadores de todo o mundo poden contactar directamente cos produtores 06-06-23

Temperaturas altas para a época. As máximas han quedar no entorno dos 30 graos en boa parte da comunidade. Pola tarde aumentará a nubosidade e poderíamos ter algunhas treboadas. 06-06-23

Con textos sobre a Segunda República e a Revolución Gloriosa, arrancan as probas da Abau ás que se enfrontan ata o xoves os preto de 13.000 estudantes galegos matriculados nesta convocatoria. // O sector inmobiliario da a voz de alerta pola situación do mercado do alugueiro en Galicia. A oferta total de vivendas disponibles para o arrendamento tradicional está en mínimos, por debaixo das 3.000, mentres as que figuran como turísticas superan as 18.000. // 06-06-23

 Exames de Historia e de Lingua española para arrancar as probas da Abau ás que se enfrontan os preto de 13.000 estudantes galegos matriculados nesta convocatoria. // O delegado do goberno en Galicia José Ramón Gómez Besteiro será candidato do partido socialista ó Congreso, nas eleccions xerais do 23 de xullo. Tamén o é o seu antecesor na delegacion, e agora ministro de sanidade, José Miñones. // Parte do asfalto de Nova York aparece cuberto por un mural, obra da deseñadora viguesa Vanesa Álvarez, que gañou un concurso para desenvolver este proxecto de arte pública.06-06-23

Repulsa en toda Galicia polo asasinato machista no camping de Oi. O agresor, un axente da Garda Civil que se saltou a orde de afastamento da vítima, cometeu o crime cunha arma sen rexistrar coa que logo, acurralado, puxo fin á sua vida. // O buque Ártabro navega xa de regreso a Vigo, logo de rematar a sua misión en augas de Terranova. Con él trae a grabación dos restros do Villa de Pitanxo. // Bibliotecas públicas ateigadas e moito nerviosismo. Son as horas previas ao comenzo das probas de Avaliación para o acceso á Universidade, ás que están citados, dende mañá, uns 13.000 estudantes galegos. // Remate feliz da temporada para os celestes pola vitoria do Celta n partido final contra o Barcelona, e con dous goles do canteirán Gabri Veiga. 05-06-23