As treboadas poden volver a repetirse sobre todo en zonas do interior, con alertas ata a medianoite porque poden caer ata 15 litros de auga por metro cadrado nunha hora. As temperaturas, sen cambios. 05-06-23
Repulsa en toda Galicia polo asasinato machista no camping de Oi. O agresor, un axente da Garda Civil que se saltou a orde de afastamento da vítima, cometeu o crime cunha arma sen rexistrar coa que logo, acurralado, puxo fin á sua vida.. // Os socialistas galegos e o BNG celebraban a súa primeira reunión, para abordar a formación de gobernos de esquerda nos concellos onde sumen maiorías alternativas ao Partido Popular. // O buque Ártabro navega xa de regreso a Vigo, logo de rematar a sua misión en augas de Terranova. Con él trae a grabación dos restros do Villa de Pitanxo, localizado a máis de 700 metros de profundidade. 05-06-23
Minutos de silencio, en memoria de a Ana Vanessa Serén, asasinada este sábado pola súa exparella en Oia, en Pontevedra. A muller denunciara o seu agresor, un axente da Garda Civil que tiña unha orde de afastamento. // Os socialistas galegos e o BNG celebraban a súa primeira reunión, para abordar a formación de gobernos de esquerda nos concellos onde sumen maiorías alternativas ao Partido Popular. // Explosion de ledicia dos afeccionados celestes, ante o desenlace da temporada contra o Barcelona. O equipo logra evitar o descenso, con dous goles de Gabri Veiga. 0506-23
Maio volve ser un bo mes para o paro en Galicia. Case 5.000 desempregados menos. A ocupación aumenta en preto de 9.000 persoas e acada as mellores cifras dende antes da crise de 2008. // As familias dos falecidos no Villa de Pitanxo agardan con esperanza, logo de que o buque Ártabro atopase indicios na zona do naufraxio a estrutura dun buque afundido a máis de 800 metros. // Robots que recoñecen as emocións, Impresoras 3D de medicamentos. Son algúns inventos da Maker Faire, o maior evento de inventores de España que chega a Cidade da Cultura, en Santiago. // Os afeccionados do Celta encherán Balaídos o domingo, na final que xogará co Barcelona pola permanencia. Mañá, por primera vez, o club abrirá as portas da Cidade deportiva Afouteza. 02-06-23
Practicamente toda Galicia en alerta amarela, por risco de precipitacións de ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. Serán máis probables no interior e de novo poden vir acompañados de saraiba. 02-06-23
O mes de maio bate récord de emprego, rozando o millón 60 mil afiliados en Galicia, a cifra máis alta dende hai 15 anos. A ponte de maio e o bo tempo fixeron que as contratacións no sector servizos aumentaran. // Esperanza e cautela entre as familias dos 21 falecidos no Villa de Pitanxo, logo de que o buque Artabro, encargado de buscalo, atopase na zona do naufraxio unha estructura compatible coa do pesqueiro. // A DXT pon en marcha unha iniciativa para mellorar a seguridade vial dos peregrinos que fan o camiño en bicicleta e a pé na provincia de Lugo, co reparto de chalecos reflectantes e outros dispositivos, en Portomarín. 02-06-23
Case 5.000 parados rexistrados menos en Galicia no mes de maio. Datos publicados hoxe polo Ministerio de Traballo nos que a ocupación acada as mellores cifras dende antes da crise de 2008. // A Deputación de Ourense acolle un pleno extraordinario para tratar supostas prácticas corruptas nas que estaría implicado o irmán do presidente, a partir dunha información que revelou un medio dixital. // Balaídos, preparado para acoller o domingo a xornada final na que o Celta se xogará co Barcelona a permanencia. Mañá, por primera vez, o club abrirá as portas da Cidade deportiva para asistir ao adestramento.02-06-23
Camións cisterna abastecen de auga á poboación en Betanzos, ao manterse a prohibición de consumir a da traída. Algunhas fontes públicas están clausuradas ante a sospeita de que poidan ter relación co gromo de gastroenterite. // Arranca en Santiago un congreso que aborda o crecente impacto das enfermidades infecciosas. Alertan de que máis dun millón de persoas morre cada ano no mundo a causa das bacterias resistentes. //O Consello da Xunta aproba destinar 200 millóns de euros para investir, nos vindeiros tres anos, nun plan para dotar aos médicos de ferramentas dixitais e de intelixencia artificial. 01-06-23
A situación meteorolóxica non presenta cambios, con ceos parcialmente cubertos durante a mañá e nubes de evolución que deixan chuvascos de tipo tormentoso en comarcas do interior, con chuvias localmente fortes e acompañadas de sarabia. 31-05-23
Xa son máis de 200 os casos de gastroenterite rexistrados en Betanzos. Sanidade mantén a prohibición de utilizar a auga da traída para o consumo, a espera do resultado de novas analíticas. // A folga de funcionarios xudiciais provoca a suspensión, en Zamora, do xuízo ao que ía someterse o presidente, en funcións, da Deputación de Ourense. A súa defensa alega que non é certo que fose a máis 200 quilómetros nun coche oficial. // No día sen tabaco, actividades informativas en todas as cidades para alertar dos perigos de fumar. A Xunta presenta un plan para reducir a porcentaxe de adolescentes fumadores, actualmente do 16 por cento. // 31-05-23
Máis de 200 os casos no gromo de gastroenterite en Betanzos. Sanidade mantén a prohibición de utilizar a auga da traída para o consumo, a espera do resultado de novas analíticas. // A folga de funcionarios xudiciais provoca a suspensión, en Zamora, do xuízo ao que ía someterse o presidente, en funcións, da Deputación de Ourense.. // As treboadas das últimas horas deixan máis de 2.400 raios en Galicia, Un deles causa o incendio dunha vivenda en Rábade. As fortes chuvias provocan tamén inundación de rúas, garaxes e baixos comerciais en Verín. 31-05-23
Nove as persoas detidas en Pontevedra, Ourense e Barcelona nunha operación contra os roubos con violencia en domicilios. Axentes da Garda Civil e a Policía Nacional levan a cabo rexistros nos que foi atopada unha cantidade de droga. // Suspendida a vista do xuízo de Manuel Baltar en Zamora, nesta ocasión debido á folga de xustiza. O se avogado asegura que Baltar nunca superou os 200 kilómetros por hora. //A cantante galega Luz Casal, nomeada en París comendadora das Artes e as Letras de Francia, a maior distinción artística dese país. 31-05-23
Efectivos de emerxencias de Galicia e Portugal poñen a proba, nun simulacro, a súa coordinación para rescatar aos tripulantes dunha embarcación que sobre un acciedente no Baixo Miño. // O abaratamento dos carburantes respecto a hai un ano, permite conter a tendencia a alza da inflación, que se sitúa no 3´2 por cento, o índice máis baixo dende xuño de 2021. Tamén os alimentos empezan a moderar a súa subida, // Intelixencia Artificial e Tecnoloxías Intelixentes, serán novas materias optativas ás que poderán optar a partir do próximo curso os alumnos de cuarto de ESO e primeiro de Bachalerato . // Hoxe é o día mundial da esclerose múltiple e as asociación de pacientes saen a rúa para concienciar sobre esta doenza do sistema nervioso e que afecta sobre todo a mulleres de entre 40 e 50 anos 30-05-23
Mantense a inestabilidade, con ceos parcialmente nubrados con chuvascos localmente treboentos pola tarde, máis intensos en comarcas do interior onde poderán deixar chuvias puntualmente fortes e acompañadas de sarabia. 30-05-23
O abaratamento dos carburantes respecto a hai un ano, permite conter a tendencia a alza da inflación, que se sitúa no 3´2 por cento, o índice máis baixo dende xuño de 2021. Tamén os alimentos empezan a moderar a súa subida, . // Intelixencia Artificial e Tecnoloxías Intelixentes, serán novas materias optativas ás que poderán optar a partir do próximo curso os alumnos de cuarto de ESO e primeiro de Bachalerato. // Hoxe é o día mundial da esclerose múltiple e as asociación de pacientes saen a rúa para concienciar sobre esta doenza do sistema nervioso e que afecta sobre todo a mulleres de entre 40 e 50 anos 30-05-23
Os prezos frearon a sua escalada en maio, segundo o dato adiantado do IPC, publicado hoxe. O índice interanual Situase no 3,2%, en mínimos dende hai case 2 anos. // Ourense recupérase ainda da treboada torrencial e repentina colapsou a cidade de Ourense onte pola tarde. En dez minutos caeron 21 litros por metro cadrado paralizando o tráfico e asolagando baixos e tendas. O colector dunha zona céntrica rebentou ao non poder soportar a presión. // Os alumnos galegos poderán optar no vindeiro curso a materias sobre a intelixencia Artificial e Tecnoloxías intelixentes. 30-05-23
O PP recupera poder urbano en Galicia, logo de catro anos, coa maioría absoluta en Ferrol. Os socialistas, manteñen a maioría en Vigo pero a baixada de votos en Santiago provoca a marcha de Sánche Bugallo da alcaldía en favor da candidata do BNG Goretti Sanmartín. // A participación chega finalmente ao 65 por cento na nosa comunidade, dous puntos por debaixo respecto as municipais de hai catro anos. // Gonzalo Pérez Jácome da a sopresa ao resultar o máis votado na cidade de Ourense, e ofrece un pacto de gobernabilidade ao resto das forzas. // A Deputación de Pontevedra volve a mans do PP, logo de oito anos. A coalición de socialistas nacionalistas pode repetir no organismo provincial da Coruña e tamén en Lugo. 29-05-23
Seguimos con alternacia de nubes e claros con nubes de evolución que deixan chuvascos de tipo tormentoso, ocasionalmente fortes e acompañados de sarabia, menos probables no terzo norte. 29-05-23