Vitoria electoral do PP, tamén en Galicia, que se tradúce na conquista da alcaldía de Ferrol. A baixada dos socialistas en Santiago provoca a marcha de Sánchez Bugallo da alcaldía en favor da candidata do BNG Goretti Sanmartín. // Gonzalo Pérez Jácome da a sopresa ao resultar o máis votado na cidade de Ourense,. // A Deputación de Pontevedra volve a mans do PP, logo de oito anos. A coalición de socialistas nacionalistas pode repetir no organismo provincial da Coruña e tamén en Lugo. 29-05-23
Remata a campaña electoral, cos líderes multiplícando esforzos en apoio dos candidatos. Rueda aposta por Santiago para o acto central do PP. Os socialistas respaldan a Angel Mato en Ferrol e a Lara Méndez en Lugo, mentres o BNG elixe a cidade da Coruña. // O presidente da Deputación de Ourense asegura que foi o seu antigo chófer, xa xubilado, quen identificou a dúas parentes como condutoras dun coche oficial que resultou multado Vitoria electoral do PP, tamén en Galicia, que se tradúce na conquista da alcaldía de Ferrol. Jácome da a sopresa como máis votado en Ourense. // O PSdeG conserva tres alcaldías nas cidades. En Vigo Abel Caballero acada a terceira maioría absoluta. Na Coruña e Lugo Inés Rey e Lara Méndez poderán seguir gobernando co apoio do BNG. // Os nacionalistas sobrepasan en Santiago aos socialistas e forzan a Bugallo a abandonar a alcaldía en favor de Goretti Sanmartín. 29-05-23
O PP aposta por Santiago para o acto de peche, esta noite, da campaña electoral, ainda que Alfonso Rueda estará tamén en Pontevedra e Vigo. Os socialistas respaldan a Angel Mato en Ferrol e a Lara Méndez en Lugo e Paco Rodriguez en Ourense, mentres o BNG elixe a cidade da Coruña. // Os partidos apuran as últimas horas tentado convencer os indecisos, unha información que lles ofrecemos conforme ao reparto de tempos que marca a xunta electoral. // Hoxe temos entrevistas cos candidatos do Partido Popular a alcaldía de Santiago, Borja Verea e á de Vigo, Marta Fernández Tapias. // . 26-05-23
Alternancia de nubes e claros que da paso, pola tarde, a chuvascos que poden ser localmente treboentos, mentres que as temperaturas seguen sen apenas cambios. Mañá a inestabilidade irá a máis, sobre todo a partir do mediodía, con precipitacións que poden ir acompañadas de aparato eléctrico e sarabia. 26-05-23
Remata a campaña electoral, cos líderes multiplícando esforzos en apoio dos candidatos. Rueda aposta por Santiago para o acto central do PP. Os socialistas respaldan a Angel Mato en Ferrol e a Lara Méndez en Lugo, mentres o BNG elixe a cidade da Coruña. // O presidente da Deputación de Ourense asegura que foi o seu antigo chófer, xa xubilado, quen identificou a dúas parentes como condutoras dun coche oficial que resultou multado por exceso de velocidade. // Profesionais e doentes da unidade de rehabilitación do hospital de Pontevedra protagonizan unha andaina saudable para visibilizar a importancia do exercicio físico. 26-05-23
Accidente con dúas vítimas mortais en Vilamartín de Valdeorras. Sonun camioneiro, ao envorcar o vehiculo tras unha saída da vía, e tamén a condutora dun coche que quedou atrapada debaixo. Hai tres feridos leves, nun coche que ia en sentido contrario. // O buque Ártabro, que partíu a Terranova para inspeccionar o pecio do Villa de Pitanxo, recollerá esta tarde no porto de San Xoan a dous peritos máis, por orde do Tribunal Supermo, un deles designado polas familias dos náufragos. // Dentro da información adicada á campaña das municipais, ofrécemoslles entrevistas electorais cos candidatos socialistas a alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez e á de Pontevedra, iván Puentes. // . 25-05-23
Falece un camioneiro que transportaba un cargamento de porcos, ao envocar o seu vehículo e tamén a condutora dun coche que quedou atrapada debaixo. Ocorreu a primeira hora da mañá, na Nacional 120 en Vilamartín de Valdeorras. // Esta tarde chegará ao porto de San Xoan, en Terranova o buque ÁRTABRO, que partiu coa misión de baixar ao pecio do Villa de Pitanxo, para embarcar dous peritos máis autorizados polo xuiz, un deles designado polas familias dos 21 falecidos no naufraxio. // O Consello da Xunta aproba unha estratexia de loita contra o tabaquismo, ante o feito de que o 80 por cento dos cancros de pulmón se deben ó consumo de tabaco. 25-05-23
Ceos pouco nubrados ou despexados con nubes de evolución ao sueste pola tarde, que poden deixar chuvascos de tipo treboento pola noite. As temperaturas continuarán sen cambios. O vento soprará do nordés moderado, forte no litoral da Coruña. 25-05-23
Atropelo múltiple en Vigo, con tres peatóns feridos, un deles de gravidade. No cruce da Avenida da Florida coa rua Padre Seixas, un vehículo, conducido por un home duns 70 anos, impactou contra as persoas que esperaban nunha parada de autobús. // Ingreso en prisión para o home detido en relación coa queima de dous autobuses urbanos o primeiro de maio en Vigo. Está acusado de ser o autor material dos incendios. // Enviado tamén a prisión o acusado de matar a golpes e coiteladas unha muller en Estribela, Pontevedra. // Na recta final da campaña, iniciamos unha xeira de entrevistas con algunhas candidatas e candidatos ás alcaldías das principais cidades. Hoxe, con Goretti Sanmartín, candidata do Bloque Nacionalista Galego en Santiago e Olga Louzao, que encbeza en Lugo a lista de Ciudadanos. 24-05-23
Ceos pouco nubrados ou despexados, con nubes de evolución que pola tarde deixarán chuvascos, máis probables na provincia de Ourense. As temperaturas sen apenas cambios. 24-05-23
A Policía Nacional detén en Vigo a unha traballadora de Vitrasa e á súa parella pola queima de dous autobuses urbanos o primeiro de maio. Vitrasa denunciou hoxe dous novos ataques a autobuses. //A dez dias para que as industrias lácteas presenten as propostas de renovacion dos contratos aos gandeiros, Unions Agrarias alerta de que pretenden unha baixada de entre sete e dez centimos por litro. // Pasou o Día das Letras Galegas pero segue en marcha o Correlingua, a carreira en defensa do galego na que están a participar milleiros de rapaces de 12 comarcas. Hoxe fixo parada en Pontevedra. 24-05-23
A aldea de Paramos, en Tui, quedaba completamente arrasada, hai xusto cinco anos, pola explosión dun almacén ilegal de materiais pirotécnicos. A traxedia deixou dúas vítimas mortais e centos de vivendas afectadas. // Hoxe comenzan a sua formación nas areas sanitarias galegas os 614 médicos internos residentes da convocatoria deste ano, na que 33 prazas de médicos de familia quedaron vacantes. // O Melanoma, o cancro de pel máis agresivo e mortal, é diagnosticado cada ano a unhas 400 persoas en Galicia. Os Dermatólogos advirten do risco de expoñerse ao sol sen protección, no Día mundial contra esta enfermidade. // Un singular movemento artístico ten por escenario as rúas da Coruña. Son os mosaicos elaborados, baixo o máis estrito anonimato, coa referencia da figura mitolóxica de Xerión. O concello acordou que as obras debían ser obxeto de protección. 23-05-23
As altas presións combínanse coa presenza de aire frío nas capas medias e altas da atmosfera. Ceos parcialmente nubrados, con chuvias febles no extremo norte de Lugo e chuvascos illados, puntualmente treboentos, na metade sur. As temperaturas en ascenso. 23-05-23
O barrio da Torre de Paramos, en Tui, acollerá esta tarde un acto de homenaxe aos dous falecidos na explosión dun almacén pirotécnico clandestino, da que hoxe se cumpren 5 anos. A onda expansiva afectou a mais de 400 vivendas e a case 80 vehículos. // A Policía Nacional atopou a arma de fogo do intento homicida de Ribeira. Os mergulladores atopárona sumerxida tras inspeccionar a zona do peirao como xa o fixeran onte. // Cada ano diagnostícanse e Galicia 400 casos de melanoma, o cancro de pel máis mortal. No día mundial desta enfermidade, os dermatólogos advirten do risco de exporse ao sol sen protección e da importancia de comprobar a evolución dos lunares. 23-05-23
A traxedia da aldea de Paramos, en Tui, pola explosión dun almacén ilegal de materiais pirotécnicos, con dúas vítimas mortais, cumpre hoxe cinco anos. Os veciños conviven ainda coa pegada do estourido e lembran cómo ocorreu. // Stellantis Vigo contratará setecentas persoas para recuperar unha quenda de fin de semana a partir do 16 de setembro. A factoría retomará, case dous anos despois, a cuarta quenda, que é o que ensambla as furgonetas do grupo. // Nas rúas da Coruña, alguén retrata con mosaicos a figura mitolóxica do Xerión. Despois de que o Concello borrase algunha destas accións, o Pleno acordou protexelas. 23-05-23
En Pontevedra, permanece detido o presunto autor da morte a coiteladas dunha moza de 33 anos. A Policía desbota xa que se trate dun caso de violencia de xénero. // O vehículo no que viaxaba Manuel Baltar, captado por un radar a 170 quilómetros por hora en Allaríz, xusto o mesmo día en que, minutos despois, axentes de tráfico interceptábano a 215 en Zamora. // A Xunta estuda recorrer ante o Constitucional a nova lei de vivenda, e asina un convenio cos colexios de avogados para que ofrezan asesoramento aos propietarios en caso de ocupación ilegal. // A suba dos prezos aumenta o interese polos destinos vacacionais máis económicos en apartamentos ou camping. Para algúns, a fórmula do aforro pasa por reservar con meses de antelación e recortar o número de días fora. 22-05-23
Ceos ceos moi abertos en xeral, agás no extremo norte, ainda que pola tarde o ceo estará parcialmente nubrado con algunhas precipitacións no norte de Lugo e chuvascos illados treboentos en zonas de Ourense. As temperaturas experimentan un ascenso entre lixeiro e moderado. 22-05-23
Permanece detido o presunto autor da morte a coiteladas dunha moza de 33 anos. Ocorreu esta madrugada nunha casa da parroquia de Estribela habitada por okupas. A Policía desbota xa que se trate dun caso de violencia de xénero. // Duro reproche da Audiencia Nacional pola misión para baixar ao pecio do Villa de Pitanxo. Reclama ao Ministerio que aclare por qué non aportou información sobre o itinerario, data de realización dos traballos e presenza dos peritos xudiciais. // No remate do ano Laxeiro, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo propón un diálogo da súa pintura con outros artistas dende Asorey, e Maruja Mallo a Miró, Antonio Saura ou Rafael Canogar. 22-05-23