Un traballador de 41 anos perdeu a vida este mediodía ó quedar atrapado nun dos guindastres da factoría. / Os alcaldes dos concellos polos que transcurre a N-541 seguen a reclamarunha reforma integra, nove meses despois do accidente con seis persoas mortas. / Dende o mediodía a Aemet ten activada a alerta amarela por fortes ventos e fenómenos costeiros en todo o litoral norte, e pola tarde por chuvia. / Primeira cesárea programada no Hospital Clínico de Santiago na que a nai puido estar acompañada polo pai da nena. / Feito con uvas de albariño e espadeiro branco, e o Viño de Area, que se elabora no complexo dunar protexido de Nerga-Donón, en Cangas. 20/09/2023
Unha fronte activa achégase polo noroeste. Mañá de ceos nubrados, con menos nubes ao sueste. Pola tarde aumentarán as nubes en xeral e con choivas localmente fortes na provincia da Coruña e oeste de Pontevedra, serán xeneralizadas cara á noite. Vento forte do suroeste no litoral, con refachos superiores aos 80 km/h. 20/09/2023
Rueda critia que o goberno de prioridade ao catalán como idioma oficial na UE. O BNG di que non consentirá que o galego sexa relegado como unha lingua de segunda, tampouco en Europa. / Un traballador de 41 anos perdeu a vida este mediodía ó quedar atrapado nun dos guindastres da factoría. / Primeira cesárea programada no Hospital Clínico de Santiago na que a nai puido estar acompañada polo pai da nena. 20/09/2023
O lugar onde ocorríu o accidente do autobús que caeu ao Lérez en Noiteboa, con sete persoas mortas, segue en mal estado. Os alcaldes dos concellos polos que transcurre a estrada seguen a reclamar, nove meses despois unha reforma integra./ Continúa a búsqueda de catro asasinados polo franquismo nunha fosa común do cimeterio de Bértoa en Carballo. / Arte urbana con reivindicación feminista, o Delas Fest, e o primeiro festival deste xénero en Europa, celebra a súa quinta edición cun cartel composto unicamente por nomes femininos. 20/09/2023
Imaxe inédita no porto de Vigo. cinco grandes cruceiros fan escala de xeito simultáneo, por primeira vez na sua historia. | Hoxe escoitamos empregar o galego, por primeira vez, no Congreso dos Deputados, con tradución simultánea. Os deputados de Vox decidiron abandonar o hemiciclo. | | As plantacións de eucalipto incrementáronse en máis de 50.000 hectáreas na última década. Unha expansión que provoca efectos como a perda da biodiversidade e unha diminución de bosques tradicionais como carballeiras e soutos de castiñeiros. | O Rafa Nadal do tenis de mesa. é galego. Sasha Malov, un neno veciño do concello coruñés de Oroso, converteuSE este ano no primeiro español en proclamarse número un do mundo na categoría sub-11. 19-09-23
Os ceos quedan máis despexados sobre todo polo sur. As temperaturas máximas ascenderán lixeiramente. Este martes será unha xornada de transición porque xa mañá agardamos a chegada dunha fronte activa con chuvias e vento. 19-09-23
O galego emprégase, por primeira vez, no Congreso dos Deputados, con tradución simultánea. Os deputados de Vox decidiron abandonar o hemiciclo. | As plantacións de eucalipto incrementáronse en máis de 50.000 hectáreas na última década. Así o advirte un informe do consello da cultura galega. | Cinco grandes cruceiros fan escala de xeito simultáneo, por primeira vez na sua historia. | O Rafa Nadal do tenis de mesa é galego. Sasha Malov, un neno de Sigüeiro, convertiuse este ano no primeiro español en proclamarse número un do mundo na categoría sub-11. 19-09-23
O galego emprégase, por primeira vez, no Congreso dos Deputados, con tradución simultánea. O socialista Gómez Besteiro abríu o debate da reforma do regulamento para permitir o uso das linguas cooficiais, e os deputados de Voz decidiron abandonar o hemiciclo. | O cultivo do eucalipto en Galicia está provocando perda da biodiversidade, polo que urxe adoptar medidas. Así o advirte un estudo elaborado polo Consello da Cultura Galega. | O Rafa Nadal do tenis de mesa é galego. Sasha Malov, un neno de Sigüeiro, convertiuse este ano no primeiro español en proclamarse número un do mundo na categoría sub-11 | 19-09-23
Bandeiras a media asta en Padrón, en sinal de loito pola morte de Pepe Domingo Castaño, fillo ilustre da localidade e convertido nun dos comunicadores máis aprezados do país. | O goberno galego puxo hoxe en escena a sua unidade, no arranque dun novo curso político que rematará coas proximas eleccións autonómicas. |Batidas sen límite, esta fin de semana en 248 concellos e uso de medios auxiliares, como visores ópticos ou detectores electrónicos de presenza de animais. O obxectivo, reducir a poboación de xabaríns para evitar os danos en cultivos e gandeirías. |O piloto lugués Jorge Prado fai historia no gran premio de Italia ao gañar o campionato do mundo da máxima categoría do motocross. É o primeiro español en conseguir este título, un soño feito realidade para él desde que subiu a unha moto con só tres anos 19-09-23
Aumento progresivo da influencia anticiclónica sobre Galicia. Ceos parcialmente cubertos en xeral, con chuvascos que irán remitindo co avance da tarde. As temperaturas en lixeiro ascenso, con máximas de 23 graos na Coruña e 24 en Ourense, Vigo e Pontevedra. 19-09-23
Bandeiras a media asta en Padrón, en sinal de loito pola morte de Pepe Domingo Castaño | Alfonso Rueda pide a conselleiros e altos cargos da Xunta non baixar a garda fronte á inestabilidade política no ámbito estatal. O principal anuncio: un bono de 120 euros para fomentar o deporte entre escolares. |A disputa pola investidura trasladouse a Galicia, onde Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo, case a mesma hora e a poucos kms un do outro, defenderon os seus posicionamentos. | O piloto lucense Jorge Prado é o novo campión do mundo da máxima categoría do motocross. 19-09-23
Alfonso Rueda pide a conselleiros e altos cargos da Xunta non baixar a garda fronte á inestabilidade política no ámbito estatal. O principal anuncio: un bono de 120 euros para fomentar o deporte entre escolares. / A disputa pola investidura trasladouse a Galicia, onde Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo, case a mesma hora e a poucos kms un do outro, defenderon os seus posicionamentos. / O piloto lucense Jorge Prado é o novo campión do mundo da máxima categoría do motocross. Fíxose co título onte en Italia despois dunha tempada impecable. E o primeiro español en gañar o campionato mundial de motocross. 19-09-23
Chuvias polo sueste nun día no que está activa a alerta amarela en Ourense e na provincia de Lugo, agás a zona da Mariña. Así comeza unha fin de semana marcada polos chuvascos e pola entrada doutra fronte o domingo que deixará precipitacións a primeira hora pola costa e avanzará cara o interior. 14-09-2023
Os ministros de Economía e Finanzas do Eurogrupo, na Cidade da Cultura, de Santiago, coa vicepresidenta Nadia Calviño de anfitrioa. |O evento converte a Santiago nunha cidade blindada, co maior dispositivo policial que se recorda nos últimos anos. | | Unha empresa galega, premiada polo deseño dun avión non tripulado que permite identificar bancos de atún e axuda nas operacións de captura de forma máis eficaz | A Federación de Caza satisfeita coa emerxencia cinexética que entra mañá en vigor na maior parte de Galicia para controlar a poboación de xabaril. 14-09-2023
Os ministros de Economía e Finanzas do Eurogrupo, na Cidade da Cultura, de Santiago, coa vicepresidenta Nadia Calviño de anfitrioa. | O evento converte a Santiago nunha cidade blindada, co maior dispositivo policial que se recorda nos últimos anos. Máis de 1.200 axentes, para reforzar a seguridade. | Bruxelas quere aumentar o control da procedencia dos productos da pesca que entran en Europa. | Unha empresa galega, premiada polo deseño dun avión non tripulado que permite identificar bancos de atún e axuda nas operacións de captura de forma máis eficaz. | A Federación de Caza satisfeita coa emerxencia cinexética que entra mañá en vigor na maior parte de Galicia para controlar a poboación de xabaril. 14-09-2023
A cidade de Santiago, blindada co maior dispositivo policial que se recorda nos últimos anos, con máis de 1.200 axentes, para reforzar a seguridade durante a reunión dos Ministros de Economía da Unión Europea e Latinoamérica. | O aumento de control da procedencia dos productos da pesca que entran en Europa, a debate na Conferencia Mundial do atún que hoxe remata en Vigo. | A Federación de Caza satisfeita coa emerxencia cinexética que entra mañá en vigor na maior parte de Galicia para controlar a poboación de xabaril. 14-09-2023
Remata o encontro dos principais banqueiros de España e Latinoamérica, en Santiago. | Vigo acolle dende hoxe a Conferencia mundial do atún con directivos e expertos de todo o mundo. O sector celebra que as poboacións mundiais estean, en xeral, recuperándose da sobrepesca.|O vindeiro 25 de setembro comezará a vacinación preventiva para a Covid e a gripe. Así o acordou hoxe a Xunta, que tamen aprobou o plan estratéxico para a sanidade galega para os vindeiros sete anos. | Comeza a temporada de ópera da Coruña cunha dobre representación de Aída, a obra magna de Verdi, Unh obra monumental na que traballan máis de 200 profesionais.. 14-09-23
Sol e máis calor neste xoves no que os termómetros rondarán aos 30 graos en moitos puntos de Galicia. A partir de mañá agardamos tempo máis fresco e húmido. Hoxe de momento ceos despexados e pola tarde poderían medrar nubes de evolución con posibilidade dalgún chuvasco illado no leste. 14-09-23
Encontro dos principais banqueiros de España e Latinoamérica, en Santiago, Xusto un día antes da xuntanza do Ecofín.| O vindeiro 25 de setembro comezará nos centros de saúde a vacinación preventiva para a COVID e a gripe. Así o acordou hoxe a Xunta no Consello.|Vigo acolle dende hoxe a Conferencia mundial do atún. O sector celebra que as poboacións da especie estean, en xeral, recuperándose da sobrepesca. | A presidenta de Hablamos Español ratifica nun xulgado de Ourense a denuncia polos danos causados a un valo publicitario que reivindicaba o uso dos topónimos en castelán. | 14-09-23
Inditex marca un novo récord, ao gañar máis de 2.500 millóns de euros na primeira metade do ano, que supoñen un 40 por cento máis que o ano pasado .| O pesqueiro apreixado fronteas illas Cíes transportaba preto de 2.300 kilos de cocaína. Os catro tripulantes detidos participaron no rexistro do barco no porto de Vigo.| A Xunta vai declarar a emerxencia cinexética no oitenta por cento dos concellos para controlar o xabaril. | Baldomero Moreiras expón por primeira vez os carteis que fixo nos últimos cincuenta anos. A maioría, feitos con recortes de cartulina, para anunciar as festas máis populares de Galicia. 13-09-23