O vento do sur deixa tempo seco e con calor no interior de Galicia mentres na costa atlántica predominan as nubes baixas e os orballos cun día moi húmido nas provincias da Coruña e Pontevedra. As temperaturas, con poucos cambios. 28-09-23
O rei Filipe VI está na illa da Toxa, para inaugurar, o foro Vínculo Atlántico | Don Xoán Carlos segue en Sanxenxo e non descartaba, ante as cámaras, un encontro co seu fillo| Os prezos da electricidade e os combustibles impulsan unha nova suba do IPC en setembro, que se sitúa no 3,5 por cento | Alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento á Coruña e outros seis concellos da zona. 28-09-23
Don Xoán Carlos volve navegar pola ría de Pontevedra, pero hoxe non o fixo no Bribón nin para adestrar, senón a bordo dunha embarcación de recreo e acompañado por varios membros da familia. O rei emérito non descartaba, ante as cámaras, un encontro co seu fillo| O Rei Filipe VI intervén esta tarde na inauguración do Foro que se celebra na illa da Toxa | Os prezos da electricidade e os combustibles impulsan unha nova suba do IPC en setembro, que se sitúa no 3,5 por cento | Arranca en Santiago o concurso escolar 'Os Salvacomidas', que pretende reducir o desperdicio de alimentos a través da educación. 28-09-23
Don Xoán Carlos navega xa pola ría de Pontevedra. O ex monarca logrou acceder ao Bribón, aínda que con problemas de mobilidade, e comezou os adestramentos cara as regatas desta fin de semana. | O debate de investidura de Alberto Núñez Feijóo, presente na sesión de control hoxe ao presidente da Xunta. | As bolsas escolares deixan fora ao 60 por cento das familias máis pobres. É a principal conclusión dun informe que advirte da disparidade entre comunidades. | Denuncia de Ecoloxistas en acción ante o Tribunal Superior de Xustiza contra a Xunta pola declaración de proxecto de interese autonómico da cidade deportiva do Celta. 28-09-23
Moitas referencias a Galicia no debate de investidura de Núñez Feijóo. Un debate que se converteu tamén en protagonista na sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento galego. | Espazos emblemáticos, como O Cebreiro, coa sua actividade completamente centrada nos últimos anos no turismo, do que hoxe se celebra o Día Internacional cunha aposta polos investimentos verdes e a sostibilidade. | Abre en Rianxo unha nova fábrica de conservas coa máis moderna tecnoloxía medioambiental e capacidade de producir ata un millón de latas diarias. | Cómo reaccionar ante un ataque terrorista con perigo para a vida de refens. É unha das situacións límite para as que os axentes das forzas de seguridade adestran, en competicións como a organizada pola Garda Civil a Pontevedra 28-09-23
O debate de investidura de Alberto Núñez Feijóo, presente na sesión de control hoxe ao presidente da Xunta. | As bolsas escolares deixan fora ao 60 por cento das familias máis pobres. É a principal conclusión dun informe que advirte da disparidade entre comunidades. | Denuncia de Ecoloxistas en acción ante o Tribunal Superior de Xustiza contra a Xunta por prevaricación, pola declaración como proxecto de interese autonómico da cidade deportiva do Celta. | Abre en Rianxo unha nova fábrica de conservas coa máis moderna tecnoloxía medioambiental e capacidade de producir ata un millón de latas diarias. 28-09-23
Fondeado na ría Corcubión un mercante noruegués cargado con dous hoteis flotantes, de preto de cen metros de eslora, que serán utilizados para aloxar solicitantes de asilo. | O parlamento rexeita unha iniciativa lexislativa popular, avalada por case 16.000 sinaturas, que pedía cambios na letra do himno galego para corrixir erros respecto do poema orixinal, obra de Eduardo Pondal. | A plataforma "Enfermeiras a por todas" organiza concentracións para demandar mellores condicións laborais. | En Galicia son preto de un centenar os centros de traballo que non cumpren, segundo a CIG, coa obriga de presentar os rexistros retributivos que permiten detectar se hai discriminación salarial coas mulleres. 26-09-23
E despois dunha maña con algunhas néboas no interior e brétemas costeiras, os ceos foron quedando despexados. Entrarán algunhas nubes altas polo o oeste. As temperaturas en lixeiro descenso. Con todo as máximas quedarán no arredor dos 25 graos. 26-09-23
Primeiros recén nacidos que reciben a vacina contra o virus sincitial. O mesmo día en que comenza a campaña da vacinación conxunta da Covid e a gripe nas Residencias de Maiores. | o Rei Xoan Carlos I está, de novo, en Sanxenxo, tras aterrar esta mañá, No aeorporto de Peinador acaba de aterrar o avión procedente de Abu Dabi. |A Garda Civil investiga a aparición de nove cabalos abatidos a tiros na serra do BArbanza. | A continuidade da Louseira IROSA de Valdeoras, en perigo pola falla de acordo coa comunidade de montes propietaria dos terreos onde se ubica. A xuiza fixa para dentro de dous meses o desafiuzamento da explotación. 25-09-23
Soben as temperaturas, con máximas entre os 25 graos de Vigo e os 30 de Ourense. Unha fronte pouco activa roza o noroeste de Galicia con ceos con intervalos nubrados, algunha precipitación de carácter feble e ocasional, máis probable pola mañá na metade oeste. 25-09-23
Primeiros recén nacidos que reciben a vacina contra o virus sincitial. |O mesmo día en que comenza a campaña da vacinación conxunta da Covid e a gripe nas Residencias de Maiores. | Cuarta visita a España de Xoan Carlos I dende que fixou a sua residencia en Abu Dabi en 2020. Esta mañá tomaba terra en Vigo. | Os presidentes de Galicia e Asturias reúnense hoxe para intercambiar experiencias e tratar sobre os retos comúns | A continuidade da Louseira IROSA de Valdeoras, en perigo pola falla de acordo coa comunidade de montes propietaria dos terreos onde se ubica. 25-09-23
Galicia convértese na primeira comunidade en administrar ese fármaco que permite inmunizar da bronquiolite, unha doenza que causa unhas mil hospitalizacións de lactantes cada ano. | O Rei Xoán Carlos I viaxa arestora a Sanxenxo, onde ten previsto permanecer ata o próximo domingo, para participar nunha regata que leva o seu nome.| Os presidentes de Galicia e Asturias reúnense hoxe para intercambiar experiencias e tratar sobre os retos comúns. Alfonso Rueda e Adrián Barbón están en Vegadeo. | Cheo absoluto en Pontevedra. Por primeira vez, a cidade acolleu a Gran Final de Series Mundiais de Triatlón, un dos eventos deportivos máis importantes do ano. 25-09-23
O futuro do traballo e o diálogo social é o tema do encontro de Alto nivel que se celebra en Santiago, co protagonismo da vicepresidenta segunda en funcións, Yolanda Díaz. | A Organización de Pesquerías do Atlántico norte anuncia un aumento de máis do 90 por cento da cota de pesca de bacallao para a frota española. O ano que ven poderá capturar en augas de Terranova preto de 12.000 toneladas, fronte as 6.100 deste ano. | O Parque Nacional das Illas Atlánticas remata a temporada de verán como un dos destinos turísticos máis demandados de Galicia, cunha afluencia de 460.000 visitantes. | Unha homenaxe a Ana Kiro, a cantante falecida en 2010, para representar a Galicia na chamada Eurovisión da Intelixencia Artificial. 22-09-23
Hoxe temos unha xornada de intervalos de nubes e claros, con algúns chuvascos ocasionais. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuan sen cambios. A partir de Mañá, o ceo estará xa prácticamente despexado na maior parte do territorio 22-09-23
Regular o teletraballo ou a desconexión dixital, na axenda do encontro europeo de emprego, co protagonismo da vicepresidenta segunda en funcións, Yolanda Díaz. | A flota española poderá capturar preto de 12.000 toneladas de bacallao en augas de Terranova, fronte as 6.100 deste ano. |O parque das Illas Atlánticas consolídase coma un dos destinos mais populares de Galicia, con 460.000 visitantes, un 5 por cento máis ca o ano pasado | As principais galerías de arte galegas abren tempada expositiva cunha iniciativa conxunta para dar maior visibilidade ós seus proxectos,. | Unha homenaxe a Ana Kiro, a cantante falecida en 2010, para representar a Galicia na chamada Eurovisión da Intelixencia Artificial 22-09-23
Representantes dos gobernos europeos debaten en Santiago o futuro das relacións entre empresarios e traballadores. | En cidades coma Pontevedra, a Asociación de Loita contra o Cancro instalou mesas informativas para dar a coñecer alguns dos novos proxectos de investigación. | O parque das Illas Atlánticas consolídase coma un dos destinos mais populares de Galicia, con 460.000 visitantes, un 5 por cento máis ca o ano pasado. | As principais galerías de arte galegas abren tempada expositiva cunha iniciativa conxunta para dar maior visibilidade ós seus proxectos, todos dentro da arte contemporánea. 22-09-23
Flores xunto á cuneta, cerca de Santiago, onde foi atopado o cadaver de Asunta Basterra, hai xusto dez anos. | Alfonso Rueda cuestiona a aprobación dos idiomas cooficiais no Congreso como unha concesións aos independentistas, ainda que non se opón a que os deputados do PP falen galego no congreso. | So en Galicia hai mais exemplares de lobo que en toda Francia. Así o advirte o sindicato gandeiro Unións Agrarias, que celebra o cambio de actitude por parte da Unión Europea sobre a protección desta especie.| Pontevedra vive xa o ambiente das grandes citas deportivas co arranque da Gran final das series mundiais de Triatlón. A elite internacional vai competir ata o domingo nas probas, cun retorno económico na cidade estimado en 15 millóns de euros. 21-09-23
Tralo paso da fronte, entra aire frío que deixará temperaturas bastante frescas para esta época do ano, con máximas que quedarán por baixo dos 20 graos en xeral. Polo demais, día de nubes e claros, con chuvias intermitentes que remiten cara a noite. No litoral norte hai alerta amarela porondas de ata cinco metros. 21-09-23
Cúmprense dez anos do caso Asunta, a nena de Santiago asasinada polos seus propios pais. |O Congreso aproba a reforma do Regulamento para permitir o uso das linguas cooficiais nos plenos. |Só en Galicia hai mais exemplares de lobo que en toda Francia. Así o advirte o sindicato gandeiro Unións Agrarias. |O comisario europeo de traballo e dereitos sociais, Nicolas Schmit, participa dende hoxe en diferentes actos en Santiago. | A elite internacional do Triatlón compite no mundial que se celebra en Pontevedra, cun retorno económico na cidade estimado en 15 millóns de euros. 21-09-23
O Congreso aproba a reforma do Regulamento para permitir o uso das linguas cooficiais nos plenos. | Cúmprense dez anos do caso Asunta, a nena de Santiago asasinada polos seus propios pais, tras ser intoxicada con sedantes en reiteradas ocasións, segundo revelou o sumario do caso. | A investidura de Pedro Sánchez como novo presidente do goberno vai custar 450 mil millóns de euros, segundo indicou o Presidente Alfonso Rueda trala celebración do Consello da Xunta. | O comisario europeo de traballo e dereitos sociais, Nicolas Schmit, participa dende hoxe en diferentes actos en Santiago, previos ao cumio europeo de mañá. 21-09-23