Ceos pouco nubrados ou despexados, con predominio de nubes baixas e orballos no norte de Lugo. Pola tarde, nubes de evolución no sueste con posibilidade dalgún chubasco ocasional. As temperaturas mínimas, sen cambios e as máximas ascenden lixeiramente no centro e no sur. 13-09-23
Inditex marca un novo récord de beneficios, ao gañar máis de 2.500 millóns de euros na primeira metade do ano. As vendas do grupo textil con sede en Arteixo superan, tamén por primeira vez, os 16.000 millóns.| O pesqueiro apreixado fronte as illas Cíes pola Policía Nacional transportaba preto de 2.300 kilos de cocaína. Os catro tripulantes detidos participaron no rexistro do barco no porto de Vigo.| A Xunta vai declarar a emerxencia cinexética no oitenta por cento dos concellos para controlar o xabaril. | Baldomero Moreiras expón por primeira vez os carteis que fixo nos últimos cincuenta anos. A maioría, feitos con recortes de cartulina, para anunciar as festas máis populares de Galicia.13-09-23
Galicia queda nunha situación intermedia entre altas e baixas presións con certa inestabilidade atmosférica. As néboas matinais dan paso a ceos parcialmente cubertos con posibilidade de chuvascos pola tarde, máis probables na metade leste. As temperaturas, sen cambios significativos. 12-09-23
A inflación sube, de novo, ata o 2´7 por cento en Galicia no mes de agosto, unha décima por riba da media nacional. | Parlamento de Galicia aproba, por cuarta vez, reclamar que o goberno central transfira as competencias da AP-9 á Xunta. Os tres grupos apoiaron unánimemente a demanda. | Comenza a instalación do alumeado de nadal de Vigo, cun investimento previsto de 2 millóns 2 mil euros. | Os arqueólogos sacan á luz en Touro un muro defensivo que, cren, podería ser o primeiro castellum militar romano documentado na Galicia occidental. 12-09-23
O IPC repunta por segundo mes consecutivo, medio punto e situase no 2,7%, unha décima por riba da media nacional. O principal culpable, o encarecemento dos carburantes. | O Parlamento de Galicia aproba, por cuarta vez, reclamar que o goberno central transfira as competencias da AP-9 á Xunta. Os tres grupos apoian unánimemente a demanda, pese a intercambiar reproches sobre responsabilidade de que as peaxes suban sen parar.| Comenza a instalación do alumeado de nadal de Vigo, cun investimento previsto de 2 millóns 2 mil euros. | Campaña arqueolóxica para coñecer a orixe do recinto fortificado do Castrillón, en Touro. Os arqueólogos sacan á luz, no alto dun outeiro, un muro defensivo construído en varios niveis 12-09-23
A Policía Nacional custodia un barco cargado con 2.000 quilos de cocaína. O pesqueiro que está atracado no porto de Vigo, foi apresado durante as últimas horas nas Rías Baixas.| Por cuarta vez nos últimos sete anos, o Parlamento de Galicia demanda o traspaso das competencias sobre a Autoestrada do Atlántico á Xunta. |Salvamento Marítimo presentou hoxe unha nova patrulleira en Burela, a Guardamar Urania, construída nos estaleiros Armón desta localidade da Mariña de Lugo . |12-09-23
Moitas nubes que pola tarde farán que se repitan os chuvascos treboentos. Poden descargar con forza sobre todo nas provincias do interior. Alerta amarela en zonas altas e sur de Lugo porque poden caer alí máis de 15 litros por metro cadrado. 11-09-23
Tras un retraso por culpa da néboa, a raíña Letizia acude á inauguración oficial do curso escolar no colexio do Camiño Inglés, en Oroso..| Día de volta a clase para 225.000 alumnos de tódolos ciclos educativos no sistema público: Infantil, Primaria, secundaria e Bacharelato.| A Coruña, con máis de 30.000 cans censados, súmase ás cidades onde será obrigatorio que os seus donos saian a pasealos levando consigo auga para limpar os mexos dos animais na vía pública. A ordenanza incluirá sancións de entre 100 e 500 euros para os infractores. | Ourense recupérase ainda dos desperfectos ocasionados polas treboadas da fin de semana. O sábado acumuláronse 95 litros por metro cadrado, no segundo día máis chuvioso alí dende que hai rexistros. 11-09-23
A raíña Letizia celebra a apertura de curso escolar, cos nenos do Colexio de infantil e Primaria do Camiño Inglés no concello de Oroso, distinguido polas suas prácticas pedagóxicas anovadoras.| Día de volta a clase para 225.000 alumnos de tódolos ciclos educativos no sistema público: Infantil, Primaria, secundaria e Bacharelato. | A Coruña súmase ás cidades onde será obrigatorio que os donos de cans saian a pasealos levando consigo auga para limpar os mexos dos animais na vía pública. | A cidade de ourense recupérase dos desperfectos ocasionados polas treboadas da fin de semana. 11-09-23
A raíña Letizia celebra a apertura de curso escolar, cos nenos do Colexio de infantil e Primaria do Camiño Inglés no concello de Oroso.| Día de volta a clase para 225.000 alumnos de tódolos ciclos educativos no sistema público: Infantil, Primaria, secundaria e Bacharelato. | En Ourense déixanse notar ainda os efectos das treboadas destes días. | O Rácing de Ferrol continúa invicto despois de cinco xornadas . Na Malata contra o Villarreal B conseguiu empatar a dous. 11-09-23
Con motivo da presidencia española da UE, Lugo acolle unha conferencia sobre demografía e envellecemento para buscar solucións á crise demográfica que vive toda Europa.| Apertura oficial do curso universitario en Galicia, nun acto en Vigo| | . | Hoxe cúmprense 501 anos do regreso da Nao Victoria, o único navío da Armada de Magallanes que deu a volta ao mundo nunha travesía que conseguiu rematar Juan Sebastían Elcano. Dende hoxe, En Vigo, pódese visitar unha réplica que tamén deu a volta ao mundo a vela. 08-09-23
Buscan solucións á crise demográfica nunha Conferencia de alto nivel, en Lugo, con motivo da presidencia española da Unión europea.| Apertura oficial do curso universitario en Galicia, nun acto en Vigo. | O Obradoiro presenta ao internacional ucraíno Artiem Pustovyi, de 2.19 de alto, que regresa despois de cinco anos áo club no que xogou tres temporadas. | Dende hoxe, pódese visitar en Vigo unha réplica da Nao Victoria, o único navío da Armada de Magallanes que deu a volta ao mundo nunha travesía que conseguiu rematar Juan Sebastían Elcano. 08-09-23
As praias de Malpica, cubertas con milleiros de medusas, ao baixar a marea. O Concello piden extremar as precaucións e facer caso das indicacións dos equipos de salvamento.| Os representantes do profesorado ameazan con mobilizacións se non se aplican medidas para aumentar as contratacións e reducir a carga docente. A consellería de Educación asegura que Galicia ten un dos rateos de alumnos por aula máis baixos de España. |As confrarias piden o peche definitivo da mina de San Finx pola verteduras de auga contaminada con metais pesados perigosos á ría de Noia. | Películas de autor de Galicia e os países lusófonos, protagonistas da Primavera do cine, o certame que cumpre 12 anos en Vigo, con estreas internacionais, longametraxes e curtas de cineastas consagrados e talentos novos de todos os xéneros. | 07-09-23
Ceos cubertos, con algunha precipitación illada na fachada atlántica e nubes de evolución que pola tarde poden deixar trebóns nas zonas altas do interior que poden ser localmente fortes e máis probables na provincia de Lugo. As temperaturas seguirán por riba do 25 graos. 07-09-23
Milleiros de corpos de medusas, semienterradas na area. Así quedaban as principais praias de Malpica esta mañá, ao baixar a marea.| O Concello da Coruña garda 28 minutos de silencio en lembranza das vítimas da violencia machista, un minuto por cada muller asasinada desde o anterior pleno. | A Xunta vai facilitar a transformación de baixos comerciais en vivendas. Eses baixos teñen que ter mais de 40 metros cadrados e levar moito tempo pechados comercialmente |As confrarias piden o peche definitivo da mina de San Finx pola verteduras de auga contaminada con metais pesados perigosos á ría de Noia. |
07-09-23
Milleiros de corpos de medusas, semienterradas na area. Así quedaban as principais praias de Malpica esta mañá, ao baixar a marea. Os veciños din que non recordan tal proliferación destes exemplares.| O Concello da Coruña garda 28 minutos de silencio en lembranza das vítimas da violencia machista, un minuto por cada muller asasinada desde o anterior pleno.| As confrarias da ría de Noia critican que a Xunta tardase sete anos en sancionar as verteduras da mina de San Finx, que amezan o maior banco de berberecho de España. 07-09-23
Satisfacción entre os produtores das Rías Baixas polo estado que presentan as uvas na colleita que realizan coa maior antelación no calendario na historia desa denominación de orixe, e na que están a acadar récord de prezos. | Galicia encabeza as estatísticas de suicidio en España, con 340 persoas que se quitaron a vida o ano pasado. A provincia de Lugo ten a taxa máis alta, con 16 casos por cada cen mil habitantes. | Cosméticos fabricados con ingredientes tan próximos como uva de albariño ou auga do atlántico. Están entre os productos saídos da única fábrica de tintes para o pelo de Galicia, ubicada en Carral. | Santiago será o punto de partida do Camiño Escena Norte, o certame de intercambio de intercambio de grupos escénicos que logo recorrerá Asturias, Cantabria Euskadi e Navarra. Arrancará o próximo 17 de setembro e terá presenza en ata 55 localidades. | 06-09-23
Os ceos iranse cubrindo progresivamente con nubes de tipo medio, con baixa probabilidade de precipitacións. As temperaturas mínimas descenden lixeiramente no interior e quedaron sen cambios significativos no resto, mentres que as máximas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado.
Avanzan os labores da vendima nos viñedos de toda Galicia, coa ollada posta na meteoroloxía. | O Conselleiro de Educación confirma que, con menos alumnos, o sistema educativo galego contará o próximo curso con 370 profesores máis. | Galicia encabeza as estatísticas de suicidio en España, con 340 persoas que se quitaron a vida o ano pasado. A provincia de Lugo ten a taxa máis alta, con 16 casos por cada cen mil habitantes. | Os pais poderán estar presentes nas cesáreas programadas no hospital de Santiago. Tras meses de traballo, o Chus pon en marcha agora o protocolo de cesárea humanizada.|