A Xunta Activou a alerta laranxa por Louis, un temporal costeiro con vagas de 8 metros. No interior das provincias da Coruña e Lugo, aviso amarelo por fortes ventos. Emerxencias xa informou da situación a todas as administracións e entidades pra que tomen medidas | A lanzadora de xavelina Yulemnis Aguilar, cubana afincada en Oleiros, leva xa catro anos loitando para conseguir a nacionalidade que lle permita competir por España nos Xogos Olímpicos | A Semana da Moda de Madrid tamén presenta coleccións exclusivas para mascotas. O deseñador galego Gabriel Nogueira amosa a súa nova colección para cans que a estrela canina das redes e da televisión, Pipper, luciu durante os desfiles.
Unha fronte moi activa está a deixar precipitacións abundantes que pola tarde poden ser en forma de chuvascos localmente treboentos acompañados de saraiba. As temperaturas sofren un notable descenso, coa cota de neve que irá baixando ata arredor dos 600 metros. Atención especial aos ventos fortes do suroeste
Saída dende a zona da Torre de Hércules, na Coruña da contrarreloxo coa que arranca O Gran camiño, a volta ciclista que se disputa en Galicia en catro etapas | A Audiencia Nacional confirma que Todas as empresas lácteas de Galicia intercambiaron información sensible para coordinar a compra do leite, en perxuízo dos gandeiros | Uns 400 especialistas participan hoxe en Vigo nun simposio para debatir sobre a importancia desta disciplina | Yulemnis Aguilar, cubana afincada en Galicia dende hai catro anos, ten o récord mundial de lanzamento de xavelina no que vai de ano, e o seu obxectivo e participar nos xogos olímpicos e conseguir unha medalla para España. Un soño para o que so se interpón a lentitude na tramitación da súa nacionalidade | O deseñador galego Gabriel Nogueira amosa a súa nova colección para cans que a estrela canina das redes e da televisión, Pipper, luciu durante os desfiles
Saída dende a zona da Torre de Hércules, na Coruña da contrarreloxo coa que arranca O Gran camiño, a volta ciclista que se disputa en Galicia en catro etapas e percorrá uns 500 quilómetros, para rematar no monte Aloia en Tui | A Audiencia Nacional confirma que Todas as empresas lácteas de Galicia intercambiaron información sensible para coordinar a compra do leite, en perxuízo dos gandeiros. A sentencia responde á denuncia feita por Unións Agrarias da existencia do chamado Cártel do leite entre os anos 2000 e 2013 | Fármacos personalizados para cada paciente tras estudar os seus hábitos e características xenéticas. é a oncoloxía de precisión. Uns 400 especialistas participan hoxe en Vigo nun simposio para debatir sobre a importancia desta disciplina | Yulemnis Aguilar, cubana afincada en Galicia dende hai catro anos, ten o récord mundial de lanzamento de xavelina no que vai de ano, e o seu obxectivo e participar nos xogos olímpicos e conseguir unha medalla para España. Un soño para o que so se interpón a lentitude na tramitación da súa nacionalidade.
Agricultores e gandeiros protestan hoxe en Madrid pola crítica situación no campo. Desde Galicia o sector apoia estas mobilizacións | Os resultados das eleccións ao Parlamento galego do domingo entran de cheo no debate político nacional. Hoxe, no Congreso, foron o motivo do primeiro enfrontamento dialéctico entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo | Hoxe están colocando as pezas centrais da nova Ponte de Ponte Arnelas, na comarca do Salnés | Un proxecto para espertar as vocacións científicas entre as nenas
A influencia anticiclónica retírase cara ás Azores e nas próximas horas van chegar choivas febles á franxa atlántica. O ceo presentará intervalos de nubes e claros, máis nubrado na metade oeste da comunidade. As precipitacións febles aparecerán pola noite no litoral atlántico. En canto ás temperaturas, as mínimas sufrirán un lixeiro ascenso e as máximas apenas baixan. O vento do suroeste soprará forte no litoral e en zonas altas do interior con refachos que poden chegar aos 80 quilómetros por hora na Mariña.
Agricultores e gandeiros protestan hoxe en Madrid pola crítica situación no campo. Desde Galicia o sector apoia estas mobilizacións | A pesca unirase ás mobilizacións de gandeiros e agricultores, cos que comparte a crise e as reivindicacións. O sector advirte que desde a pandemia entrou en recesión | Os resultados das eleccións ao Parlamento galego do domingo entran de cheo no debate político nacional | Analizamos con dous especialistas en información política as claves que nos deixan estas eleccións autonómicas | Os escolares que se apuntaron ao reto de falar só en galego un mínimo de 21 días celebrárono cunha festa en Santiago
Agricultores e gandeiros protestan hoxe en Madrid pola crítica situación no campo. Desde Galicia o sector apoia estas mobilizacións | A pesca unirase ás mobilizacións de gandeiros e agricultores, cos que comparte a crise e as reivindicacións. O sector advirte que desde a pandemia entrou en recesión | Os resultados das eleccións ao Parlamento galego do domingo entran de cheo no debate político nacional. Hoxe, no Congreso, foron o motivo do primeiro enfrontamento dialéctico entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo | Analizamos con dous especialistas en información política as claves que nos deixan estas eleccións autonómicas | Hoxe é o Día da Lingua Materna. Os escolares que se apuntaron ao reto de falar só en galego un mínimo de 21 días celebrárono cunha festa en Santiago
Tractoradas e cortes de estradas nas cidades e principais puntos de acceso a Galicia, dende o límite con Asturias ata o de Zamora. Protestan pola sua situación din, afectada polo aumento disparado dos custos e unha normativa comunitaria, que consideran excesivamente burocrática | O conselleiro do Medio Rural di que que comprende as mobilizacións dos agricultores e pide ao Goberno Central presionar a Europa para lograr unha moratoria da Política Agraria Común | Desprázanse a vivendas situadas en aldeas,en quendas de mañá e tarde para atender a pacientes con problemas de mobilidade. Son as 70 enfermeiras, que dende hai xa mais dun ano, fan consultas a domicilio en todo o rural galego
Continúa a influencia anticiclónica. Temos o ceo despexado e con entrada de nubes de tipo alto de oeste a leste que non impiden o paso do sol. Posibles néboas costeiras nas Rías Baixas durante a tarde. As temperaturas mínimas sofren un novo descenso, máis pronunciado no centro e sur de Lugo e provincia de Ourense e as máximas quedan sen cambios significativos
Mobilización convocada polas organizacións maioritarias do sector agrogandeiro da Cornixa Cantábrica en dez puntos diferentes de Galicia | O conselleiro do Medio Rural di que que comprende as mobilizacións dos agricultores e pide ao Goberno Central que presione a Europa para lograr unha moratoria da Política Agraria Común | A dirección do Partido Popular celebra, en Madrid, a vitoria electoral de Alfonso Rueda, que recibíu o aplauso dos seus compañeiros tras revalidar a maioría absoluta. Un resultado que os populares consideran un impulso decisivo para desaloxar a Pedro Sánchez da Moncloa | Un dos responsables do pulo do Camiño de Santiago foi Elías Valiña, un cura novo do interior de Lugo, que decidiu converter a frecha amarela na marca internacional que identifica ás rutas xacobeas
Recuperamos a influencia das altas presións, con nubes baixas que deron paso a ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas, sen cambios significativos, con máximas que superan os 20 graos, sobre todo na metade sur.
Triunfo total para o Partido Popular que confirma a sua hexemonía con 40 escanos, dous máis dos necesarios para a maioría absoluta, sen que lle afecte a suba do BNG e a irrupción de Democracia Ourensana | Aínda que perden dous escanos polo aumento da participación, os populares obteñen uns resultados moi bos que, para Alfonso Rueda, supoñen unha mensaxe dende Galicia para o resto de España, de reforzó do liderado de Núñez Feijóo| Os nacionalistas encabezados por Ana Pontón non conseguen o obxetivo de encabezar un cambio de goberno, pero consolídanse como segunda forza, cun resultado histórico de 25 escanos | O PSdeG perdeu cinco deputados, continua a ser a terceira forza no parlamento con 9 escanos. O seu candidato, José Ramón Gómez Besteiro, recoñece que non son os resultados que agardaban e asegura que traballará desde a oposición para consolidar unha alternativa ao PP
Triunfo total para o Partido Popular que encadea a sua quinta maioría absoluta. Un resultado no que destaca tamén o desplome dos socialistas que continuan a ser a terceira forza con so 9 escaños | Os nacionalistas non conseguiron o seu obxetivo de encabezar un cambio de goberno, pero consolídanse como segunda forza política. Ana Pontón acadou un resultado histórico | Democracia Ourensana da a sorpresa ao entrar por primeira vez no Parlamento de Galicia cun deputado, un reto que non lograron nin VOX, nin Sumar, nin Podemos. É un resultado histórico para unha formación que se presentaba por quinta vez a unhas eleccións autonómicas.
2,7 millóns de galegos están chamados a votar nestas eleccións autonómicas. A xornada transcorre sen incidencias importantes | Lugo que é a provincia con menor múmero de electores, 337.000 | Os principais candidatos coinciden en sinalar a importancia destes comicios e nos chamamentos á participación | Elixiremos os 75 deputados que nos representarán no parlamento galego na vindeira lexislatura que decidirán a Presidencia da Xunta | Nestas eleccións ten moito peso o voto rural, que supón un 30 por cento do censo, e tamén o voto dos residentes no estranxeiro, case dous de cada dez | Para facilitar o desprazamento dos cidadáns aos colexios electorais dispuxéronse en toda Galicia autobuses ou taxis de balde. Tamén un barco para os veciños da illa de Ons
Último día permitido para o voto dos residentes no exterior, que podería ser clave nas eleccions autonomicas do domingo. En total son 476.000, case un de cada cinco electores. Arxentina é o que está a cabeza, con máis de 166.000. En Europa, a maior comunidade de galegos está en Suiza: 34.114 | Hai xusto dous anos do naufraxio do Villa de Pitanxo. 21 mariñeiros morreron na traxedia. Só sobreviviron o patrón, o seu sobriño e outro tripulante, con versións contraditorias sobre o ocorrido | Ao redor de cen gandeiros e agricultores atascaron unha das vías principais da Coruña esta mañá en protesta contra a nova normativa europea convocados pola asociación lucense Agromuralla | O debate electoral de RTVE liderou a franxa de emisión en Galicia, cun 17,4 por cento de cota de pantalla. Un total de 340.000 persoas viron algún momento do debate entre Ana Pontón, candidata do BNG, e José Ramón Gómez Besteiro, do PSdeG.
O debate electoral de RTVE lidera a franxa de emisión en Galicia, cun 17,4 por cento de cota de pantalla. Un total de 340.000 persoas viron algún momento do debate entre Ana Pontón, candidata do BNG, e José Ramón Gómez Besteiro, do PSdeG | Ao redor de cen gandeiros e agricultores atascaron unha das vías principais da Coruña esta mañá en protesta contra a nova normativa europea Convocados pola asociación lucense Agromuralla, que se desmarcou do resto de organizacións agrarias | Galicia sitúase como a segunda comunidade autónoma con maior inflación no mes de febrero, cun 3,8 %, debido principalmente á suba dos prezos nos grupos de alimentos e a vivenda
A campaña en busca do voto dos cidadáns para o 18F encara o seu tramo final, coas espectativas máis incertas das últimas décadas, e a ollada posta aquí, no debate electoral entre os candidatos á presidencia da Xunta, neste centro territorial de TVE en Galicia | Falece en Vigo, aos 75 anos de idade Ventura Pérez Mariño, xurista e político vigués que ostentou a alcaldía da cidade olívica no ano 2003 | O Cristo da Boa Viaxe regresou hoxe á sua capela, no exterior da Basílica de Santa María de Pontevedra. Seis meses prolongouse a restauración desta talla en madeira | Para poder aprender lingua de signos son cruciais os anos da infancia. É por iso que, no colexio Gándara Sofán, en Carballo, priorizan esta lingua e teñen o obxectivo de que ningún neno marche sen saber comunicarse a través de signos