Debate electoral neste centro Territorial de Televisión Española en Galicia, entre os candidatos á presidencia da Xunta, nunha campaña en busca do voto dos cidadáns, que chega ao seu tramo final co resultado máis incerto das últimas décadas | Falece en Vigo aos 75 anos de idade Ventura Pérez Mariño, xurista e político vigués que chegou a ostentar a alcaldía no ano 2003. Foi deputado no Congreso polo PSOE entre os anos 1993 e 1995 | Rematan os días de entroido, os días de disfraces na rúa e tamén nos colexios. Nun en Carballo, aproveitan estes días para ir en pixama mentres realizan unha das súas actividades favoritas: a aprendizaxe da lingua de signos.
As Madamas e Galáns de Cobres, en Vilaboa, danzan a cuberto por mor da chuvia, cos seus traxes, auténticas xoias de artesanía. Unha celebración tradicional que aspira a ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Mentres na Coruña, é o día grande dos Choqueiros, coa sua particular versión do entroido urbán | Acordo das organizacións maioritarias do sector agrario de toda a cornixa cantábrica para convocar mobilizacións a partir do próximo día 20| Todo preparado para o último debate previo as eleccións galegas. A cita darase neste Centro Territorial de TVE en Santiago, mañá a partir das 10 da noite, coa presenza dos candidatos a presidir a Xunta, Ana Pontón do BNG, e José Ramón Gómez Besteiro do PSdeG. O PP declinou a invitación a participar | Nestes días organízanse moitas actividades para fomentar a creatividade da rapazada. Un exemplo e o obradoiro de máscaras de Entroido, no Museo de Pontevedra, orientado a nenos de 6 a 10 anos
As Madamas e Galáns de Cobres, no concello de Vilaboa bailan a cuberto, na Casa de Cultura, por mor da chuvia. logo de catro días percorrendo a parroquia, de casa en casa cos seus traxes, auténticas xoias de artesanía, cheos de cor e abelorios | Moitas vilas e cidades celebran hoxe de xeito especial o Martes de Entroido. Na Coruña, é o día grande, onde os protagonistas son os choqueiros | Primeira semifinal do Concurso de Murgas en Pontevedra. Compiten desta volta catro agrupacións: Murga do Naveiro, Os do Val do Lérez, Os Barallocas e Os Arrombados
Día grande do entroido máis ancestral de Galicia, en Laza. A Farrapada, a batalla campal a base de trapos enbulleirados de lama, da paso, esta tarde na praza da Picota da localidade ourensá á baixada da Morena | O Celta volveu da súa visita a Getafe coas mans baleiras. A falta de contundencia en defensa e as perdas de balón en campo propio castigaron ao equipo vigués, que chegou ao descanso dous tantos por detrás no marcador| Cinco contratos de ambulancias do 061 quedan sen cubrir debido á baixa dotación económica por parte da Xunta, segundo os representantes dos traballadores | Iniciamos hoxe unha xeira de entrevistas electorais cos principais candidatos á presidencia da Xunta nas eleccións do domingo. A orde e duración das entrevistas están marcadas pola Xunta Electoral. A primeira convidada e Isabel Faraldo, de Podemos
Luns borralleiro en Laza, o día grande do Entroido máis ancestral de Galicia, co ritual da Farrapada, a batalla campal a base de guindarse trapos enlamados. Pola tarde, baixada da Morena, co lanzamento de formigas | A ultima enquisa do CIS pon en risco a maioría absoluta do PP, ó que sitúa entre 34 e 38 deputados. O BNG sube con forza, con entre 24 e 31 escanos |Hoxe é a noite grande do entroido coruñés. Na praza de María Pita, actuarán "Carlangas y Los Cubatas". Presentarán o novo proxecto de Carlos Pereiro, coñecido por formar parte de Novedades Carminha.
Agricultores e gandeiros marchan a bordo duns 50 vehículos cara a Santiago dende Ordes, convocados a través das redes sociais | A xornada de folga convocada CCOO en Renfe deixa hoxe en Galicia un saldo de 14 trens que non circulan | No día da Muller e a Nena na ciencia, Pedro Sánchez anuncia na Coruña a creación dunha oficina nacional de asesoramento para fomentar a relación do Goberno cos expertos | O Entroido dos Animais é a obra coa que a Orquestra Sinfónica de Pontevedra anima os escolares a participar da festa e da música clásica
Agricultores e gandeiros marchan a bordo duns 50 vehículos cara a Santiago dende Ordes, convocados a través das redes sociais, á marxe das organizacións do sector | A xornada de folga convocada CCOO en Renfe deixa hoxe en Galicia un saldo de 14 trens que non circulan. A convocatoria coincide co arranque da fin de semana do Entroido | No día da Muller e a Nena na ciencia, Pedro Sánchez anuncia na Coruña a creación dunha oficina nacional de asesoramento para fomentar a relación do Goberno cos expertos | O Entroido dos Animais é a obra coa que a Orquestra Sinfónica de Pontevedra anima os escolares a participar da festa e da música clásica. Un espectáculo en directo con creacións audiovisuais e orientado cara a educación emocional
Día de chuvascos que nalgún puntos poden ser localmente treboentos. Unicamente se mantén activa unha alerta amarela no interior de Pontevedra por chuvias que poden descargar 40 litros por metro cadrado en doce horas. Rexistros que xa se acadaron durante a mañá en Santiago. Preludio dunha fin de semana que seguirá a ser chuviosa e algo máis fría, mesmo baixará a cota de neve, aínda ao final do día nos 1.000 metros e mañá ao redor dos 800.
Agricultores e gandeiros marchan a bordo duns 50 vehículos cara a Santiago dende Ordes, convocados a través das redes sociais, á marxe das organizacións do sector | A xornada de folga convocada CCOO en Renfe deixa hoxe en Galicia un saldo de 14 trens que non circulan. A convocatoria coincide co arranque da fin de semana do Entroido
Vento moi forte, con refachos que superaron os 200 quilómetros por hora, e chuvias intensas ao paso da borrasca Karlotta, que está a deixar incidencias por caída de árbores e outros obxetos nas estradas | A serie Rapa, e as longometraxes O Corno e Matria copan as candidaturas finalistas nos premios Mestre Mateo ao sumar un total de 42 nominacións. Entre elas, mellor película, serie, director e actor. Compite tamén a serie infantil co-producida por esta casa, Os argonautas e a moeda de ouro | Travis Birds volve aos esecnarios para presentar o seu último disco, "Perro Deseo", nunha xira que pasa por Galicia. Mañá actuará na Coruña, e o sábado en Vigo
Ceos cubertos, con chuvias, máis cuantiosas na metade oeste. As precipitacións tenderán a remitir co avance da xornada, quedando chuvascos ó final do día. As temperaturas mínimas tiveron un ascenso moderado mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento forte de compoñente sur, con refachos moi fortes no litoral e zonas altas.
A borrasca Karlotta está a pasar en forma dunha fronte fría moi activa, con chuvias que se prevén máis intensas na metade oeste, e ventos que levan a activar a alerta laranxa nas zonas de montaña e en todo o litoral | Os agricultores e gandeiros concentrados en OUrense acordan suspender temporalmente a protesta e retiran os tractores da cidade. Decidírono logo dunha xuntanza con representantes da Xunta aos que lle pediron que trasladasen as súas reivindicacións a Bruselas | Encontro da escritora galega Sica Romero, a mexicana Brenda Navarro e a inglesa Nel Leyshon co alumnado do Instituto Rosalía de Castro, de Santiago, que elexíu as suas obras para os premios San Clemente de novela | A serie Rapa, e as longometraxes O Corno e Matria copan as candidaturas finalistas nos premios Mestre Mateo ao sumar un total de 42 nominacións.
Vento moi forte, con refachos que superaron os 200 quilómetros por hora en Viveiro, e chuvias intensas ao paso da borrasca Karlotta, que está a deixar incidencias por caída de árbores e outros obxetos nas estradas | Os tractores aparcados en Ourense como medida de protesta dos agricultores e gandeiros contra a política agraria europea abandonan a cidade. É unha suspensión temporal das mobilizacións para celebrar o entroido nas súas comarcas. | Encontro da escritora galega Sica Romero, a mexicana Brenda Navarro e a inglesa Nel Leyshon co alumnado do Instituto Rosalía de Castro, de Santiago, que elexíu as suas obras para os premios San Clemente de novela | O Soño da Sultana, con producción da ferrolá Chelo Loureiro, candidata ao Goya á mellor longametraxe de animación. É unha das favoritas para facerse cun galardón que xa gañou en edicións anteriores con Valentina e Unicorn Wars. Tamén nomeada a curtametraxe Too Bird or not Too Bird, do director Martín Romero |
Todo o litoral en alerta amarela a partir de media tarde por ondas e ventos que xa esta mañá superaron os 117 km por hora. A borrasca Karlotta aproxímase, hoxe con ventos moi húmidos e algunhas chuvias febles. Cara a noite agardamos que as chuvias e o vento se intensifiquen.
Os agricultores e gandeiros de Ourense que se sumaron ás protestas contra a política agraria de Bruselas seguirán mobilizándose ata mañá. Cos seus tractores van percorrer os polígonos industriais para despois regresar á cidade a pasar a noite | Volve a calma ao barrio coruñes de Monte Alto despois da protesta duns 300 veciños contra o que consideran un "narcopiso". A protesta rematou coa porta da vivenda rota e cos okupas desaloxados | Entrega en Pontevedra dos Premios da Cultura Galega deste ano, que recoñecen a poeta Yolanda Castaño, e o investigador Eduardo Pardo de Guevara. Galardoado tamén o Museo do Gravado de Ribeira, os cursos de Galego sen Fronteiras, a asociación Ponte nas Ondas e a banda de música de Guláns | En plena temporada do cocido, falamos con Xosé María Paz Gago, galardoado co premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro por unha obra sobre os beneficios para a saúde deste prato tradicional,
Mobilización de agricultores e gandeiros da provincia de Ourense que se sumaron ás protestas contra a política agraria de Bruselas. Acordan manter ata mañá unha vintena de tractores arredor da subdelegación do goberno, tras manter unha xuntanza co subelegado | No barrio coruñés de Monte Alto era tapiada hoxe a vivenda ante a que horas antes se producira o enfrontamento entre un grupo duns 300 veciños cos ocupantes ilegais do inmoble. Os veciños tiraron a porta abaixo o que motivou a intervención dos axentes de Policía. Os okupas abandonaron a casa escoltados pola policía. | Xabier Díaz lanza o seu novo videoclip, "Maneo Náufrago", coas Adufeiras de Salitre | Xosé María Paz Gago, galardoado co premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro por unha obra sobre os beneficios para a saúde deste prato tradicional.
Segue a mobilización dos agricultores e gandeiros da provincia de Ourense que se sumaron ás protestas contra a política agraria de Bruselas. Tras unha xuntanza co subdelegado do goberno, deciden manter ata mañá unha vintena de tractores arredor da subdelegación | Horas de tensión no barrio coruñés de Monte Alto. Ao redor de 300 veciños achegaronse a un dos que consideran "narcopisos" coa intención de botar aos okupas que viven dentro, tiraron a porta abaixo e a Policia interveu | Xabier Díaz lanza o seu novo videoclip, "Maneo Náufrago", coas Adufeiras de Salitre, segundo sinxelo do que vai ser o seu vindeiro disco xuntos, "Axúdame a Sentir"
Máis dun cento de tractores marchan cara a cidade de Ourense, onde a Garda civil mantén un dispositivo de seguridade. Tamén en Lugo concéntranse vehículos agrícolas nunha xornada de mobilizacións para expresar o malestar do sector primario polas políticas comunitarias | A campaña electoral xira ao redor do debate que tivo lugar na TVG, no que Rueda salientou a estabilidade do seu goberno fronte os candidatos da esquerda que apostaron pola necesidade do cambio. TVE mantén a celebración do previsto o día 14 coa presencia de Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro | A Garda Civil incorpora a Galicia dous equipos especializados en reconstruir accidentes de tráfico. Dotados con medidores láser, drons, cámaras e programas de simulación complementan o traballo do persoal de atestados para tentar averiguar qué pasou co menor marxe de erro posible | Na conta atrás para a gran gala do cine español, falamos con Álvaro Gago, nominado ao premio á mellor director novel por Matria, a historia dunha muller das rías baixas sumida na precariedade laboral
Día máis frío, con néboas que foron deixando paso o sol. Co avance do día aumentarán as nubes e o vento. Soprará con refachos fortes á noite no entorno de Bares e na Costa da Morte. As Primeiras chuvias desta semana, a última hora no litoral oeste
Mais de cento vinte tractores saíron as estradas hoxe en Ourense pra situarse arestora fronte a subdelegación do goberno. Tamén en Lugo medio cento de gandeiros e agricultores moveron os seus vehículos seguindo o exemplo do sector en Francia | A campaña electoral xira ao redor do debate que tivo lugar na TVG, no que Rueda salientou a estabilidade do seu goberno fronte os candidatos da esquerda que apostaron pola necesidade do cambio. TVE mantén a celebración do previsto o día 14 coa presencia de Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro | | A Garda Civil incorpora a Galicia dous equipos especializados en reconstruir accidentes de tráfico | Álvaro Gago, nominado ao premio á mellor director novel por Matria, a historia dunha muller das Rías Baixas sumida na precariedade laboral