As protestas de agricultores e gandeiros chegan a Galicia. Un cento de tractores diríxense cara a cidade de Ourense, procedentes dos concellos de Xinzo e Maceda, mentres a Garda civil mantén un dispositivo de seguridade. Tamén en Lugo concéntranse vehículos agrícolas | RTVE celebrará o debate electoral proposto o vindeiro 14 de febrero. Será a dous, coa presenza dos candidatos do BNG e do PSOE, ao declinar o O PP participar con ningún candidato | Desde este xoves poden solicitarse as axudas da Xunta para renovar electrodomésticos, de ata 450 euros.
Abanca bateu en 2023 o seu propio récord, cun beneficio de 711 millóns de euros. A cifra supón un 220 por cento máis que o exercicio anterior. Os directivos da entidade destacan o dinamismo do seu negocio minorista, cun aumento de 130.000 clientes no último ano| A Sanidade pública centra o debate político logo de que milleiros de persoas sairan este domingo na manifestación celebrada en Santiago | O Celta venceu a Osasuna por un contundente 0 a 3 na súa visita ao Sadar. Fixoo cunha gran actuación de Strand Larsen, que en menos dun minuto anotou o primeiro tanto e asistiu a Luca de la Torre no segundo gol dos vigueses.
Abanca bateu en 2023 o seu propio récord, cun beneficio de 711 millóns de euros. A cifra supón un 220 por cento máis que o exercicio anterior | Protesta do persoal da UCI de Ourense, que denuncia fallos estruturais no espazo onde traballan e reclama máis contratacións | A neboa provoca a cancelación de tres voos no aeroporto coruñés de Alvedro. Outros cinco foron desviados a Santiago | O Celta amosa, esta vez sí, solidez defensiva e vence a Osasuna por un contundente 0 a 3 na súa visita ao Sadar. Fixoo cunha gran actuación de Strand Larsen, que en menos dun minuto anotou o primeiro tanto e asistiu a Luca de la Torre no segundo. O equipo de Rafa Benitez sitúase tres puntos por enriba do descenso.
Abanca triplicou o seu beneficio durante o ano pasado, con 711 millóns de euros. Pechou o ano coa compra do portugués Eurobic, co que a entidade galega se converte na sétima tanto en España como en Portugal. | Protesta do persoal da UCI de Ourense, que denuncia fallos estruturais no espazo onde traballan e reclama máis contratacións para garantir a calidade asistencial. Agora, din, tocan a case tres doentes por enfermeira | A neboa provoca a cancelación de tres voos no aeroporto coruñés de Alvedro. Outros cinco foron desviados a Santiago |O Celta amosa, esta vez sí, solidez defensiva e vence a Osasuna por un contundente 0 a 3 na súa visita ao Sadar. Fixoo cunha gran actuación de Strand Larsen, que en menos dun minuto anotou o primeiro tanto e asistiu a Luca de la Torre no segundo. O equipo de Rafa Benitez sitúase tres puntos por enriba do descenso.
Continúa sen demasiados cambios ata mediados da semana. Hoxe, temperaturas algo máis baixas. Xornada de novo de moitas néboas no interior , brétemas costeiras no litoral norte que foron despexando para deixar paso a un día de sol con algunhas nubes altas.
Videos, actos e declaracións para atraer o voto..., os partidos intensifican a actividade a poucas horas do arranque oficial dunha campaña que se anticipa marcada pola presenza de líderes nacionais | A armadora do Villa de Pitanxo ve graves erros técnicos no informe dos peritos xudiciais que atribue a responsabilidade do naufraxio a unha imprudencia do patrón. O Grupo Nores di que en base ás imaxes submarinas obtidas, non se pode afirmar que o aparello estivera embarrado | No último ano diagnosticáronse en Galicia 20.000 novos casos de cancro. Os afectados falan do impacto non so físico e psicolóxico senón tamén económico da doenza, que en moitos casos supón a perda do traballo. Piden máis sensibilidade empresarial para poder adaptar os postos ás circunstancias dos pacientes | O elexido como mellor mural do mundo, atopase en Fene. É unha obra do artista Sfhir: unha muller tocando o violonchelo, co instrumento integrado nas xanelas do edificio. A votación do portal Street Art Cities sitúa en segundo lugar a Dona do Esteiro, de Lula Goce, en Nigrán.
Comeza a batalla en busca do voto dos cidadáns para o 18 F, nunha campaña máis marcada ca nunca pola política nacional e cos prognósticos electorais máis abertos dos últimos anos | O mes de xaneiro remata, como é habitual, con datos negativos para o emprego. O paro en Galicia subiu en máis de 1.500 persoas | Transportistas e organizacións agrarias pídenlle ao goberno central que medie no conflito cos agricultores franceses, porque está provocando moitas perdas aos transportistas e moito temor nos agricultores e gandeiros galegos | Achegar a música clásica aos máis pequenos. E o que fai a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Aarón Zapico, xunto a unha compañía de monicreques, a través do famoso conto do Gato con botas
Comeza a batalla en busca do voto dos cidadáns para o 18 F, nunha campaña máis marcada ca nunca pola política nacional e cos prognósticos electorais máis abertos dos últimos anos | O mes de xaneiro remata con datos negativos para o emprego | Achegar a música clásica aos máis pequenos. E o que fai a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Aarón Zapico, xunto a unha compañía de monicreques, a través do famoso conto do Gato con botas
Sen cambios durante a fin de semana. O anticiclón segue centrado no Cantábrico co que teremos néboas pola mañá no interior e ceos despexados con algunhas nubes altas durante o resto da xornada. As temperaturas mantéñense nos valores destes días, con máximas que poden volver superar os 20 graos nas horas centrais do día.
Comeza a batalla en busca do voto dos cidadáns para o 18F | O mes de xaneiro remata con datos negativos para o emprego | Transportistas e organizacións agrarias pídenlle ao goberno central que medie no conflito cos agricultores franceses, porque está provocando moitas perdas | Achegar a música clásica aos máis pequenos. E o que fai a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Aarón Zapico, xunto a unha compañía de monicreques
Elexido como mellor mural do mundo o que se atopa en Fene, obra do artista Sfhir: unha muller tocando o violonchelo, co instrumento A obra integrado nas xanelas do edificio| Esta medianoite comeza a campaña para as eleccions do 18 de febreiro, nas que o Partido Popular aspira a revalidar a maioria absoluta. Os partidos da oposición ven ó PP á baixa e cren que haberá cambio na Xunta. | O Sergas comezará este mes a seleccionar os primeiros pacientes que se beneficien de tratamentos avanzados contra o cancro. Serán tratados nos hospitais galegos para tumores en sangue.
Segue a mandar o anticiclón, con algo de nordés que se nota sobre todo no litoral e que fai que as temperaturas sexan algo máis baixas sobre todo polo norte. No resto, despois dunha mañá con algunhas néboas e a algo máis fría, os ceos quedan despexados con algunhas nubes altas.
A medianoite comeza a campaña para as eleccions do 18 de febreiro, nas que o Partido Popular aspira a revalidar a maioria absoluta| A armadora do Villa de Pitanxo ve graves erros técnicos no informe dos peritos xudiciais que atribue a responsabilidade do naufraxio a unha imprudencia do patrón. | No último ano diagnosticáronse en Galicia 20.000 novos casos de cancro. Os afectados falan do impacto non so físico e psicolóxico senón tamén económico da doenza, que en moitos casos supón a perda do traballo | | O elexido como mellor mural do mundo, atopase en Fene. É unha obra do artista Sfhir: unha muller tocando o violonchelo, co instrumento integrado nas xanelas do edificio.
O afundimento do Villa de Pitanxo foi debido a un erro humano do patrón, pola falta de percepción do risco que supuña a manobra de librar o aparello do fondo mariño nas circunstancias en que se atopaba o barco | Uns cincocentos transportistas galegos estanse vendo afectados polas mobilizacións dos agricultores franceses, que manteñen cortadas as principais autoestradas de Francia. Atrasos nas entregas, perda de mercancía e nalgún caso danos nos camións, son as principais dificultades que están sufrindo | Comeza a 56 edición da Feira do Cocido de Lalín. Esta fin de semana nesta festa gastronómica, considerada de interese turístico internacional, poderase degustar un dos platos máis emblemáticos da cociña galega
Seguimos baixo a influencia das altas presións, con bancos de néboa matinais que deron paso a ceos con poucas nubes en xeral, e que serán máis despexados sobre todo pola tarde. Pola noite posibilidade de brétemas no litoral norte. As temperaturas mínimas cun un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenden lixeiramente ata superar os 23 graos nas Rías Baixas
Un erro humano do capitán, na manobra para desenganchar o aparello do fondo, foi a causa mais probable do afundimento do Villa de Pitanxo. É a principal conclusión do informe pericial encargado pola Audiencia Nacional | Os veciños do barrio coruñés de Monte Alto denuncian a existencia de "narcopisos" | Uns cincocentos transportistas galegos, afectados polas mobilizacións dos agricultores franceses, que manteñen cortadas as principais autoestradas de Francia | Memorias dun neno labrego, A obra clásica de Xosé Neira Vilas, sae á luz nunha nova edición, adaptada pola ilustradora Iria Aldegunde | Comeza a 56 edición da Feira do Cocido de Lalín. Esta fin de semana nesta festa gastronómica, considerada de interese turístico internacional
Redada policial no barrio coruñés de Monte Alto, que rexistra un aumento da inseguridade, segundo os comerciantes, con máis de dez roubos diarios nos últimos meses. Os veciños denuncian a existencia de “narcopisos” e piden maior presenza policial | Un erro humano do capitán, na manobra para desenganchar o aparello do fondo, foi a causa mais probable do afundimento do Villa de Pitanxo. É a principal conclusión do informe pericial encargado pola Audiencia Nacional. As familias dos 21 mariñeiros falecidos consideran que este informe lles da a razón | As protestas dos agricultores franceses están afectando a uns cincocentos camións galegos. Ademáis dos atrasos xeralizados, un vehículo que saiu de Santiago sufriu actos vandálicos coa perda da carga e danos nas portas do remolque | 'Memorias dun neno labrego' xa ten versión en cómic. A adaptación gráfica do clásico de Neira Vilas toma forma grazas ao talento da ilustradora Iria Aldegunde
Apertura de xuízo oral contra cinco persoas polo asasinato de Samuel Luiz. Están acusadas de atacar o mozo, de 24 anos, ata acabar coa sua vida, en xuño de 2021 tras unha noite de festa nun local xunto á praia coruñesa de Riazor | Dende hoxe, a máscara xa non é obrigatoria en centros sanitarios pero sí o será nos servizos de urxencias, nos PACs e onde haxa pacientes inmunodeprimidos. A incidencia da gripe e da covid baixou case nun 50 % respecto a hai duas semanas | A cidade da Coruña será o escenario dos actos no Día das Letras Galegas que este ano se dedica a Luisa Villalta..
Remata a instrución do caso de Samuel Luiz, o mozo asasinado nas inmediacións da praia de Riazor en 2021 tras unha noite de festa. Serán xulgadas cinco persoas polo seu asesinato | Representantes do Sergas e dos sindicatos abordan a situación dos servizos de urxencias, logo da protesta dos médicos polo incremento da carga de traballo nos últimos anos | Dende hoxe, a máscara xa non é obrigatoria en centros sanitarios pero sí o será nos servizos de urxencias, nos PACs e onde haxa pacientes inmunodeprimidos | O IPC rompe a tendencia dos últimos meses e repunta en xaneiro ata o 3,4 por cento polo encarecemento da electricidade. A inflación subxacente, sen ter en conta a enerxía e alimentos frescos, cae sen embargo ao nivel máis baixo dos últimos dous anos
O xulgado remata a instrución do caso de Samuel Luiz, o mozo asasinado nas inmediacións da praia de Riazor en 2021 tras unha noite de festa. Serán xulgadas cinco persoas polo seu asesinato | Representantes do Sergas e dos sindicatos abordan a situación dos servizos de urxencias, logo da protesta dos médicos polo incremento da carga de traballo nos últimos anos. O conselleiro de Sanidade di que as condicións dos facultativos xa son mellores que en outras comunidades pero está disposto a negociar | O IPC rompe a tendencia dos últimos meses e repunta en xaneiro ata o 3,4 por cento polo encarecemento da electricidade. A inflación subxacente, sen ter en conta a enerxía e alimentos frescos, cae sen embargo ao nivel máis baixo dos últimos dous anos | A situación de extrema urxencia na franxa de Gaza, e unha realidade da que nos ofrece unha testemuña de primeira man Ruth Cano, enfermeira galega que acaba de regresar dunha misión alí naquel territorio devastado pola guerra, cunha carencia total de material sanitario