Recuperamos a influencia do anticiclón situado ao norte. Durante a mañá, néboas no interior e nubes baixas no litoral da Coruña, con temperaturas mínimas algo máis baixas. Durante o día, as máximas en valores moi agradables con lixeiros ascensos na costa atlántica.
As cubas da fábrica de Aluminio de San Cibrao comenzan arestora a conectarse de novo a rede eléctrica. Un equipo de especialistas de Canadá participa no operativo, para dar cumprimento ao plan de viabilidade ao que Alcoa se comprometeu cos traballadores e as administracións. | O persoal médico de urxencias dos hospitais de toda Galicia concentranse para protestar pola situación crítica na que, din, que están a traballar. Reclaman a revisión das súas condicións laborais pactadas hai xa quince anos | A colleita de grelos, botada a perder en gran parte polas choivas de novembro e decembro. No mercado a verdura está a acadar estes días prezos por riba dos catro euros o quilo | Celébrase a data de nacemento en Rianxo de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das principais figuras da cultura e a política de Galicia. Este ano cúmprese ademáis o 40 aniversario do traslado dende Buenos Aires a Santiago dos seus restos mortais, Foi o 28 de xuño de 1984, Unha xornada histórica e polémica retransmitida por TVE en Galicia
Unha fronte moi pouco activa entra polo oeste e deixa ceos cubertos con chubascos, máis probables en puntos da fachada atlántica, con máis intensidade nas Rías Baixas. As temperaturas, altas con poucos cambios.
A planta de aluminio de Alcoa, volve hoxe a actividade, co rearranque das cubas electrolíticas, pese a que a dirección solicitara un aprazamento | O persoal médico de urxencias dos hospitais públicos de Galicia reclama revisar as súas condicións laborais. Aseguran que non poden ofrecer un servizo digno polo elevado número de horas que traballan | A colleita de grelos, botada a perder en gran parte polas choivas de novembro e decembro. No mercado a verdura, esencial para a elaboración de pratos como o cocido galego tradicional, está a acadar estes días prezos por riba dos catro euros o quilo | O Racing de Ferrol vence e mantense nos postos altos, mentres o Celta suma unha nova derrota que remata co público pedindo a marcha de Benítez.
O persoal médico de urxencias dos sete hospitais de Galicia protesta polas condicións de traballo. Piden aumento de persoal e reducción de horarios |A planta de aluminio de Alcoa, volve hoxe a actividade, co rearranque das cubas electrolíticas, pese a que a dirección solicitara un aprazamento, que foi interpretado polos traballadores como unha ameaza para o seu futuro. | Celta e Racing de Ferrol amosan una semana máis a diferenza no se momento anímico. Mentres que ferroláns vencen e mantéñense manterse nos postos altos, o Celta suma unha nova derrota que remats co público pedindo a marcha de Benítez.
As xogadoras da selección feminina de futbol están xa en Galicia, para preparar o partido de mañá contra a selección de Italia. | A Xunta anuncia a tramitación dunha lei para regular o emprego da Intelixencia Artificial| Un terzo dos cancros pódense evitar con hábitos de vida saudable. Os expertos apelan á prevención do cancro entre os adolescentes, cunha campaña sobre os riscos do consumo do alcol e o tabaco e a importancia do exercicio e a alimentación adecuada. | Criar en interior aos becerros de categoría suprema, durante os dous últimos meses de vida. E o cambio normativo que defende o consello regulador da indicación xeográfica Ternera Gallega. 30-11-23
Seguimos con temperaturas altas para estar en pleno inverno, ata 22 graos en Pontevedra, pero moitas outras localidades rozan os 20. Ceos despexados en xeral, agás con algunhas nubes baixas nas primeiras e nas derradeiras horas do día na provincia da Coruña.
O PP obtería entre 36 e 38 escanos segundo o CIS, ao borde da maioría absoluta, o BNG sería a segunda forza, con entre 20 e 23, e o Psoe quedaría en terceira posición, con entre 15 e 17. | Polémica iniciativa das comunidades gobernadas polo PP de unificar a proba da Abau. Alfonso Rueda amosou xa o seu apoio mentres os grupos da oposición consideran que vai en contra da autonomía do sistema educativo | Arranca en Santiago un simposio de expertos en biopsia líquida, a técnica que permitirá, nun futuro próximo, detectar precozmente ata vinte tipos de tumores diferentes | A desestacionalización e a proxección internacional, principais retos para o sector turístico de Galicia, que amosa o seu potencial na Feira Fitur, en Madrid. Este gran foro mundial é oportunidade para consolidar marcas e establecer novas oportunidades de negocio
O PP obtería entre 36 e 38 escanos segundo o CIS, ao borde da maioría absoluta, o BNG sería a segunda forza, con entre 20 e 23, e o Psoe quedaría en terceira posición, con entre 15 e 17 | Polémica iniciativa das comunidades gobernadas polo PP de unificar a proba da Abau. Alfonso Rueda amosou xa o seu apoio mentres os grupos da oposición consideran que vai en contra da autonomía do sistema educativo | A alerta pola vertedura das bolas de plástico baixa a nivel 1. Decidiuno a Xunta tralo descenso importante da chegada de granulados ás costas| | A desestacionalización e a proxección internacional, principais retos para o sector turístico de Galicia, que amosa o seu potencial na Feira Fitur, en Madrid
O PP tería entre 36 e 38 escanos nas eleccions do 18 de febrero, segundo a sondaxe do CIS, o BNG sería a segunda forza, subiría en apoios, con entre 20 e 23 deputados, e o Psoe quedaría en terceira posición | A alerta pola vertedura das bolas de plástico baixa a nivel 1. Decidiuno a Xunta tralo descenso importante da chegada de granulados ás costas. | A Xunta aprobou hoxe unha axuda de 550 euros, para sete mil mariscadores que estiveron afectados pola mortalidade de marisco nas rias galegas no mes de decembro

Navantia construirá un novo buque de abastecemento en combate. O presidente do goberno Pedro Sánchez fixo o anuncio nas propias instalacions de Ferrol, onde se reuniu coa dirección da empresa pública e cos representantes dos traballadores | A feira de turismo Fitur arranca en Madrid e Galicia presenta unha oferta na que destaca como destino relacionado coa abundancia de auga e con máis quilómetros de costa. | A industria musical da emprego en Galicia a unhas 3.250 persoas. Un estudo da Universidade de Santiago estima que o impacto do sector musical na economía galega elévase a cerca de 230 millóns de euros | Logo de oito discos sinxelos, o músico Javier Lago publica este venres o seu álbum debut "Perdón polas molestias".
Sánchez visita Ferrol para anunciar a construción dun novo buque de aprovisionamento de combate da Armada no estaleiro de Navantia. Suporá a creación de 1.800 empregos, cun investimento de 439 millóns de euros. | Fitur arranca en Madrid e Galicia presenta unha oferta na que destaca como destino relacionado coa abundancia de auga e con máis quilómetros de costa | Os despedimentos por non superar o período de proba dispáranse un 20 por cento, dende a aprobación da reforma laboral. Os sindicatos denuncian un uso fraudulento desa figura por parte das empresas para camuflar contratos temporais |.
Tempo case, case de primavera o que temos hoxe e agardamos tamén nos vindeiros días con sol e temperaturas altas para esta época do ano, que superarán os 20 graos en moitos puntos este mércores . Tempo máis cálido ao que axuda tamén o vento sur. No mar hai alerta amarela por ondas que poden chegar aos 5 metros
Navantia construirá un novo buque de abastecemento en combate. O presidente do goberno Pedro Sánchez fixo o anuncio nas propias instalacions de Ferrol, onde se reuniu coa dirección da empresa pública e cos representantes dos traballadores | A Feira Internacional de Turismo Fitur abre as suas portas en Madrid, e nesta primeira xornada, protagonismo para a oferta de Galicia | O Celta apease da Copa do Rei tras perder coa Real Sociedade nun partido condicionado por un temperán gol dos vascos.
En pleno mes de xaneiro, as temperaturas son noticia porque han chegar aos 20 graos en Ourense e acadarán máximas de 17 en Pontevedra ou Lugo. Polo demais, situación intermedia entre as altas presións situadas no sur peninsular e unha borrasca ao norte de Escocia que deixa orballos na franxa atlántica e ceos máis despexados no interior.
Representantes das forzas políticas tratan sobre cómo organizar debates televisados entre os candidatos as eleccións autonómicas do 18 F | O comité de Alcoa intensifica as xuntanzas coas administracións despois de que a multinacional pedise atrasar a reactivación da producción de aluminio prevista para este mes | Máis de 20 concellos polos que pasa a AP-9 forman unha fronte para reclamar conxuntamente que a concesionaria Audasa deixe de estar exenta de pagar o IBI | A copa do Rei regresa esta noite a Balaídos cinco anos despois. O Celta recibe á Real Sociedade. Cuartos de final, eliminatoria a partido único, esta noite.