Marchas na rúa e actos institucionais no Día Internacional da Muller.Unhaxornada de mobilizacións convocadas por sindicatos e organizacións feministas, de reivindicación da loitapolaigualdade, contra a fenda salarial e a violencia machista, e con protagonismo para colectivos como o das enfermeiras, que piden máisrecoñecemento. |Vigo ofrece estes días o Salon do automóvil, que permite comparar máis de trinta marcas de coches e quince de motos. Os concesionarios ofrecen asesoramento para elixir entre os tradicionais vehículos de combustión e os últimos modelos eléctricos e híbridos|O inverno en Galicia foimáis húmido do habitual e con temperaturas máis elevadas. Este é o balance que presentouMeteogalicia, no que destaca que este xaneirofoi o máis cálido dos últimos 58 anos. 08-03-2024
Operación conxunta de Axentes da Garda Civil e da Policía Nacional contra o tráfico de drogas en Lugo. Hai once persoasdetidas, acusadas de formar unha das máis activa redes de distribución de cocaína da provincia. Aparte de varios quilos de droga, na operacion, chamada "deguello", os axentesintervironunha pistola detonadora |O Tribunal Superior pide á Xustiza europea que se pronuncie sobre a legalidade do proceso polo que se tramita a autorización de novos parques eólicos |O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, presenta a dimisión, porque di que está canso da parálise administrativa da que culpa a interventora e a secretaria do Concello. 07-03-2024
Operación conxunta da Garda Civil e da Policía Nacional contra o tráfico de drogas en Lugo. Hai once persoasdetidas, de nacionalidade dominicana, colombiana e española, acusadas de formar unha das redes máis activas de distribución de cocaína da provincia |A Xunta amosa o seu malestar coas decisións do Tribunal Superior de paralizar a tramitación de parques eólicos e pedir que a Xustiza europea se pronuncie sobre a sualegalidade|O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, presenta a dimisión, porque di que está canso da parálise administrativa da que culpa a interventora e secretaria do Concello|Nos casos de violencia de xénero son cada vez máisempregados os dispositivos telemáticos para avisar as vítimas cando os seus agresores incumpren a orde de afastamento e están a menos de cincocentos metros| O polvo, entre os produtosmáissustraidos nos establecementos en Galicia, segundo un informe coñecidohoxe. 07-03-2024
Unhafronte entra polametade sur e deixachuvascos localmente treboentos e por momentos acompañados de sarabia con ventosfortes na costa e zonas altas. As temperaturas baixan. A cota de neve irá descendendo epodería quedar nos 800 metros. 07-03-2024
Operación conxunta da Garda Civil e da Policía Nacional contra o tráfico de drogas en Lugo. Hai once persoasdetidas, de nacionalidade dominicana, colombiana e española, acusadas de formar unha das redes máis activas de distribución de cocaína da provincia | A Xunta amosa o seu malestar coas decisións do Tribunal Superior de paralizar a tramitación de parques eólicos e pedir que a Xustiza europea se pronuncie sobre a sualegalidade. Rueda anuncia un recurso contra a suspensión cautelar de 13 proxectos e asegura que pode ter consecuencias graves para a industria galega|Os sistemas telemáticos están a ser utilizados para darllemaisseguridade a mulleres vítimas de violencia de xénero, e avisalas cando os seus agresores -con orde de afastamento- están a menos de cincocentos metros delas |O polbo figura entre os produtosmáissustraidos nos establecementos en Galicia, segundo un informe coñecidohoxe. Entre o que máis levan sen pasar polacaixa do supermercado destacan tamén os licores, artígos de afeitado e o aceite. 07-03-2024
Unha muller, de 98 anos, falece no incendio dunha vivenda unifamiliar no concello coruñés de Bergondo. Os bombeiros, que tiveron que empregar material especializado para sufocar o lume, puideron rescatar ilesas a outras tres persoas | A Xunta fai balance da limpeza de gránulos plásticos a causa da vertedura do buque Toconao. Estima que foron recollidas un total de cinco toneladas, e cifra o custo do operativo en 2 millóns 300 mil euros, que está disposta a reclamar por vía xudicial | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspende cautelarmente a tramitación de 13 parques eólicos. Despois dunha sentenza do Supremo, o tribunal galego adapta os seus criterios, baseándose na prevención ambiental
O lume cóbrase a vida dunha muller nunha vivenda de Bergondo. A vítima mortal estaba enferma na cama, sen posibilidade de moverse. Os bombeiros puideron rescatar ilesas a outras tres persoas | A Xunta anuncia que recorrerá aos tribunais para pedirlle ao goberno que reclame os 2 millóns 300 mil euros que custou a limpeza dos gránulos de plástico do mercante Toconao. O operativo de limpeza recolleu cinco toneladas de gránulos e 20 doutros residuos plásticos | Nove de cada dez homes están de acordo en que os comportamentos machistas deben ser recriminados. Así o indica unha enquisa dos CIS que sen embargo, eleva a máis do 40 por cento os varóns que cren que debido ás políticas de igualdade agora son eles os discriminados | O período de matriculacións para o próximo curso remata con récord de vacantes nos centros escolares de infantil e primaria. En Vigo, a cidade máis poboada, ningún centro público chegou a cubrir todas as prazas dispoñibles. A comunidade educativa, preocupada polos efectos da caída da natalidade, aboga por introducir cambios no sistema |
Cara noite unha nova fronte entrará polo sur e deixará precipitacións de certa intensidade. As temperaturas ascenden polos ventos do sur que sopran con forza sobre todo na costa. A partir de mañá, de novo tempo moi invernal
O lume cóbrase a vida dunha muller nunha vivenda de Bergondo. A vítima mortal estaba enferma na cama, sen posibilidade de moverse. Os bombeiros puideron rescatar ilesas a outras tres persoas | A Xunta anuncia que recorrerá aos tribunais para pedirlle ao goberno que reclame os 2´3 millóns de euros que custou a limpeza dos gránulos de plástico do mercante Toconao | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspende cautelarmente a tramitación de 13 parques eólicos | O período de matriculacións para o próximo curso remata con récord de vacantes nos centros escolares de infantil e primaria. En Vigo, a cidade máis poboada, ningún centro público chegou a cubrir todas as prazas disponibles | O 44 por cento dos homes cre que as políticas de igualdade chegaron tan lonxe que agora os discriminan a eles. É un dos datos mais destacados do estudo monográfico publicado polo CIS
A fábrica de turbinas de Navantia, en Ferrol, ocupada agora mesmo na construción das fragatas F-110 para a Armada, negocia con Repsol e Enagás un proxecto para fabricar dispositivos electrolizadores para a produción de hidróxeno verde a gran escala | Santiago chora as vítimas do accidente de tráfico do domingo e garda un minuto de silencio na praza do Obradoiro. Un pai e a súa filla, veciños da parroquia de Laraño morrían ao bater o seu coche contra outro no concello de Ames | A Cidade da Cultura acolle a exposición "O silencio que chove luz na xanela", que recompila as obras do artista pontevedrés Xosé María Barreiro e que contén pintura, escultura e poesía
A chuvia danos unha pequena tregua hoxe e mañá, con máis nubes na costa atlántica, posibilidade dalgun orballo a última hora do día e ceos máis despexados á tarde sobre todo no interior. As temperaturas mínimas baixan e as máximas quedan sen cambios. No mar, toda a costa está en alerta por ondas que poden chegar aos cinco metros.
Enviado a prisión sen fianza o home detido en Tui por roubar unha furgoneta cun bebé de dous anos dentro. A nai do pequeno deixárao alí só un momento, mentres recollía outro fillo na escola | A fábrica de Navantia, en Ferrol negocia con Repsol e Enagás a fabricacación de dispositivos electrolizadores para a producir hidróxeno verde a gran escala | Santiago chora as vítimas do accidente de tráfico do domingo e garda un minuto de silencio na praza do Obradoiro. Un pai e a súa filla, veciños da parroquia de Laraño morrían ao bater o seu coche contra outro no concello de Ames | A taxa de actividade feminina é en Galicia oito puntos inferior á masculina | Deixarse escanear o iris a cambio dunha cantidade de criptomoedas equivalente a 80 euros. É o que milleiros de usuarios fixeron xa nun centro comercial da Coruña, por iniciativa dunha compañia de Intelixencia Artificial
Enviado a prisión sen fianza o home detido por roubar unha furgoneta cun bebé de dous anos dentro. O rapaz está ben pero a súa desaparición durante hora e media mantivo en máxima alerta a localidade de Tui | A planta de turbinas de Navantia, en Ferrol, prepárase para un novo reto: construir electrolizadores, necesarios para fabricar hidróxeno verde. Barállase final de ano coma data para iniciar este proxecto que contriburiá ao proceso de descarbonización | A taxa de actividade feminina é en Galicia oito puntos inferior á masculina. Na semana do 8M, os sindicatos Comisións Obreiras e UGT destacan que o principal freo para o acceso e a promoción das mulleres no mundo laboral e a falla de corresponsabilidade nas tarefas do fogar | Deixarse escanear o iris a cambio dunha cantidade de criptomoedas equivalente a 80 euros. É o que milleiros de usuarios fixeron xa nun centro comercial da Coruña, por iniciativa dunha compañia de Intelixencia Artificial. A Axencia Española de Protección de Datos alerta do risco de ceder datos biométricos
O Paro segue a baixar, con 500 persoas sen emprego menos rexistradas en Febreiro en Galicia. Os sectores máis beneficiados son os servizos, a construción e a industria... A seguridade social gaña 4.500 afiliados. Con todo, e Pese á reforma laboral, máis do 60 por cento dos contratos asinados foron temporais| O BNG concreta as suas sospeitas de irregularidades na compra de materiais para loitar contra a pandemia por parte da Xunta. c Pide que os contratos de emerxencia asinados polo Sergas sexan remitidos ao Parlamento para unha auditoria externa | O sobrepeso afecta xa a metade da poboación e en Galicia calcúlase que máis de 350.000 persoas en Galicia sofren obesidade. Unha doenza, asociada, din os especialistas, a problemas físicos e tamén mentais como a baixa autoestima | Exhumación de restos de vítimas do franquismo na foxa do cemiterio do Val, en Narón, o lugar onde foron fusilados máis de 30 membros da tripulación do acorazado de guerra España e outros veciños da comarca ao comenzo da guerra civil
O Paro segue a baixar, con 500 persoas sen emprego menos rexistradas en Febreiro en Galicia. Os sectores máis beneficiados son os servizos, a construción e a industria... A seguridade social gaña 4.500 afiliados | O BNG concreta as suas sospeitas de irregularidades na compra de materiais para loitar contra a pandemia por parte da Xunta | O sobrepeso afecta xa a metade da poboación e en Galicia calcúlase que máis de 350.000 persoas en Galicia sofren obesidade | Ana Peleteiro gaña a medalla de bronce no Campionato Mundial de Glasgow cun triplo salto de 14,75 metros, que lle abre as portas dos Xogos Olímpicos de París | Exhumación de restos de vítimas do franquismo na foxa do cemiterio do Val, en Narón, o lugar onde foron fusilados máis de 30 membros da tripulación do acorazado de guerra España e outros veciños da comarca ao comenzo da guerra civil
Unha nova fronte fría deixa chuvia e ventos fortes nas primeiras horas da mañá e comeza a entrar o aire frío que trae detrás. Así que quedamos cun día de chuvascos, que irán perdendo intensidade co avance da tarde. A cota de neve irá baixando ata os 800 metros. As máximas nas principais cidades oscilan entre os catorce graos de Vigo e a Coruña e os dez de Lugo.
Exhumación de restos de vítimas do franquismo na fosa do cemiterio do Val, en Narón. O lugar onde foron fusilados máis de 30 membros da tripulación do acorazado de guerra España e outros veciños da comarca ao comenzo da guerra civil | Pesar en Santiago polos falecidos no accidente de tráfico acontecido onte no concello de Ames. Pai e filla, de 17 anos, veciños da parroquia de Laraño, morrían nunha tráxica colisión | Ana Peleteiro gaña a medalla de bronce no Campionato Mundial de Glasgow cun triplo salto de 14,75 metros. A atleta galega volve á competición cunha marca que lle abre as portas de cara ós vindeiros Xogos Olímpicos de París.
O goberno anuncia unha demanda contra a compañía Talgo por incumprir o prazo de entrega dos trens Avril. A chegada da alta velocidade ás cidades, más alá de Ourense, queda adiado polo menos ata maio | A Policía detén a un home en relación co cadáver aparecido nunha maleta en Vigo. Ao parecer convivía coa vítima nunha pensión próxima ao lugar onde foi atopado o corpo | Cúmprense un ano da entrada en vigor da "lei trans". Un regulamento que permite, entre outros aspectos, tramitar o cambio de sexo sen avaliacións médicas e psicolóxicas | O músico Abraham Cupeiro continúa coa presentación do seu novo traballo, Mythos. Hoxe actúa en Ourense e mañá en Santiago
O goberno anuncia unha demanda contra a compañía Talgo por incumprir o prazo de entrega dos trens Avril. O atraso na certificacións dos vehículos impide que comencen a circular polas vías galegas antes de que remate este mes, tal como estaba previsto. A chegada da alta velocidade ás cidades, más alá de Ourense, queda adiado polo menos ata maio | Novidades no caso do cadaver dunha muller atopado no interior dunha maleta en Vigo a semana pasada. A Policía detivo a un home, que ao parecer convivía coa vítima nunha pensión próxima, como presunto autor do crime | Cúmprense un ano da entrada en vigor da "lei trans". Un regulamento que permite, entre outros aspectos, tramitar o cambio de sexo sen avaliacións médicas e psicolóxicas. Falamos con Marta, unha viguesa que nos conta a súa experiencia | Abraham Cupeiro, o multiinstrumentista, amósanos o seu taller no que reconstrue intrumentos de antigas civilizacións, como Grecia e Roma. Continúa coa presentación do seu novo traballo, Mythos
Toda a costa está en aviso laranxa por ondas que poden chegar aos 7 metros. En terra chove a reo. Sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra e tamén na montaña de Lugo. As borrascas atlánticas seguirán a enviarnos frontes, mañá con aire polar e con descenso da cota de neve ata os 600 metros