Un buque mercante con 3.500 toneladas de madeira de eucalipto permanece varado nun banco de area preto do porto de Ribadeo, tras fracasar os intentos de desencallalo | Tras un inverno chuvioso, cun 14 por cento de precipitacións por riba do habitual, os encoros galegos están case ao límite da súa capacidade e coas comportas abertas para desaugar | O rei emérito volve navegar pola ría de Pontevedra a bordo do Bribón. Despois de recibir a visita da súa filla, a infanta Elena, este mediodía decidiu saír a adestrar con vistas a regata que esta fin de semana | Cociñeiros en formación procedentes de escolas de hostalaría de cinco comunidades competiron hoxe en Santiago para amosar as súas dotes como futuros chefs. O gañador, un rapaz asturiano de 29 anos. 15-03-2024
Un buque mercante con 3.500 toneladas de madeira de eucalipto permanece varado nun banco de area preto do porto de Ribadeo, tras fracasar os intentos de desencallalo | Tras un inverno chuvioso, cun 14 por cento de precipitacións por riba do habitual, os encoros galegos están case ao límite da súa capacidade e coas comportas abertas para desaugar | O rei emérito volve navegar pola ría de Pontevedra a bordo do Bribón. Despois de recibir a visita da súa filla, a infanta Elena, este mediodía decidiu saír a adestrar con vistas a regata que esta fin de semana. 15-03-2024
Os prezos moderaron a súa suba en Galicia en febreiro, segundo o dato que coñecemos hoxe. O IPC queda no 3,2 por cento, 6 décimas menos que o mes anterior | O sector naval da Ría de Vigo sae á rúa para pedir máis seguridade laboral. Os traballadores dos estaleiros pararon hoxe e manifestáronse en Vigo reclamando máis control da Inspección de Traballo | O Goberno quere máis espazos sen fume, que se prohiba fumar en máis lugares, como paradas de autobús, nas terrazas dos bares o incluso nos coches. Tamén pide máis control para que se cumpran as prohibicións e subir o prezo do tabaco | "Deuses e heroes do barroco veneciano", unha exposición na Fundación Barrié da Coruña que abre as súas portas mañá. Unha importante mostra sobre personaxes mitolóxicos, sibilas... figuras que fascinaron aos pintores venecianos dos séculos XVI a XVIII. 14-03-2024
Os prezos moderaron a súa suba en Galicia en febreiro, segundo o dato que coñecemos hoxe. O IPC queda no 3,2 por cento | O sector naval da Ría de Vigo sae á rúa para pedir máis seguridade laboral | "Deuses e heroes do barroco veneciano", unha exposición na Fundación Barrié da Coruña que abre as súas portas mañá. Unha importante mostra sobre personaxes mitolóxicos, sibilas... figuras que fascinaron aos pintores venecianos dos séculos XVI a XVIII. 14-03-2024
Os prezos moderaron a súa suba en Galicia en febreiro, segundo o dato que coñecemos hoxe. O IPC queda no 3,2 por cento | O sector naval da Ría de Vigo sae á rúa para pedir máis seguridade laboral | O Goberno quere máis espazos sen fume, que se prohiba fumar en máis lugares, como paradas de autobús, nas terrazas dos bares o incluso nos coches | "Deuses e heroes do barroco veneciano", unha exposición na Fundación Barrié da Coruña que abre as súas portas mañá. Unha importante mostra sobre personaxes mitolóxicos, sibilas... figuras que fascinaron aos pintores venecianos dos séculos XVI a XVIII. 14-03-2024
Unha fronte pouco activa atravesa Galicia, deixando ceos anubrados con chuvascos, máis probables canto máis ó oeste e nestas horas centrais do día. As temperaturas mínimas ascenderon, mentres que as máximas que onte chegaron a superar os 25 graos en Ourense, sufrirán un moderado descenso. 14-03-2024
Inditex dispara a súa cotización un seis por cento, tras bater, de novo, o seu récord de beneficios, máis de cinco mil millóns de euros | As Mariscadoras da Ría de Pontevedra, que levan sen poder faenar dende xaneiro pola elevada mortaldade que ocasionaron as chuvias, volveron hoxe ás praias para limpalas e evitar que o mexillón acumulado na area prexudique á pouca cría de ameixa que hai | Tralo despido de Rafa Benítez, adestramento de Claudio Giráldez co primeiro equipo do Celta | Rodaxe en San Simón dunha película que percorre o período máis tráxico da illa, dende que se creou alí un campo de concentración franquista en 1936 ata que se pechou no 43
Inditex dispara a súa cotización un seis por cento, tras bater, de novo, o seu récord de beneficios, máis de cinco mil millóns de euros | As Mariscadoras da Ría de Pontevedra, que levan sen poder faenar dende xaneiro pola elevada mortaldade que ocasionaron as chuvias, volveron hoxe ás praias para limpalas e evitar que o mexillón acumulado na area prexudique á pouca cría de ameixa que hai | Tralo despido de Rafa Benítez, adestramento de Claudio Giráldez co primeiro equipo do Celta | Rodaxe en San Simón dunha película que percorre o período máis tráxico da illa, dende que se creou alí un campo de concentración franquista en 1936 ata que se pechou no 43
Inditex dispara a súa cotización un seis por cento, tras bater, de novo, o seu récord de beneficios, máis de cinco mil millóns de euros | As Mariscadoras da Ría de Pontevedra, que levan sen poder faenar dende xaneiro pola elevada mortaldade que ocasionaron as chuvias, volveron hoxe ás praias para limpalas e evitar que o mexillón acumulado na area prexudique á pouca cría de ameixa que hai | Tralo despido de Rafa Benítez, adestramento de Claudio Giráldez co primeiro equipo do Celta | Rodaxe en San Simón dunha película que percorre o período máis tráxico da illa, dende que se creou alí un campo de concentración franquista en 1936 ata que se pechou no 43
A influencia anticiclónica déixanos un día de ceos practicamente despexados en xeral, con algúns bancos de néboa illados en zonas de interior. As temperaturas ascenden, tanto as mínimas como sobre todo as máximas, que chegan aos 23 graos en Ourense. Durante a noite xa entrarán nubes baixas que deixarán orballos na franxa atlántica.
| Colas nas oficinas rurais da Xunta para rexistrar os pequenos galiñeiros familiares. Un trámite que é obrigatorio por motivos sanitarios dende 2021, como consecuencia dunha normativa europea, pero que é agora cando os establecementos empezan a esixirllo aos propietarios para poder repoñer os animais | José Ramón Gómez Besteiro presentou a súa precandidatura as eleccións primarias que proclamarán ao novo lider dos socialistas galegos. Namentras, reclama xenerosidade ao BNG na constitución da Mesa do Parlmaento, o próximo luns | Rafa Benítez, destituído como adestrador do Celta de Vigo, por non obter os resultados esperados. O club anunciouno mediante un comunicado, tralo pobre desempeño do equipo, que agora está a tan só dous puntos do descenso | A detección precoz é a clave na enfermidade renal. En Santiago centos de persoas fixeron a proba, mediante unha simple picada na man, na carpa carpa instalada coincidindo co día mundial do ril. A doenza, din os especialistas, pode pasar desapercibida durante moito tempo, xa que os riles non doen, por iso a veces detéctase cando xa é tarde
Aumento, nos últimos días, do número de persoas que están acudindo a rexistrar os seus galiñeiros. Os propietarios que os teñen para autoconsumo estanse atopando que sen ese trámite non poden repoñer os animais | José Ramón Gómez Besteiro presentou a súa precandidatura as eleccións primarias que proclamarán ao novo lider dos socialistas galegos | En Pontevedra, segunda xornada do xuízo polo presunto asasinato en Barro de Jessica Méndez. O acusado, José Eirín declarouse inocente e asegura que non sabía de quen era o coche contra o que bateu | Rafa Benítez, destituído como adestrador do Celta de Vigo, por non obter os resultados esperados. O club anunciouno mediante un comunicado, tralo pobre desempeño do equipo, que agora está a tan só dous puntos do descenso
Xornada marcada pola influencia anticiclónica, con néboas en zonas de interior, que dan paso a ceos con nubes altas, que non impeden o paso do sol. As temperaturas mínimas descenden lixeiramente, mentres que as máximas experimentan un moderado ascenso, ata 20 graos na Coruña e 21 en Ourense
Comeza en Pontevedra o xuízo polo asasinato de Jéssica Méndez en Barro. A Fiscalía pide 24 años de cárcere por asasinato con agravante de xénero. Segundo a acusación, en 2022, JoséEiriz arremeteu co seu coche contra o vehículo no que estaba a vítima | Renfe pon hoxe á venda billetes para viaxar a Madrid por 25 euros. Unha compensación aos usuarios galegos polo atraso na chegada dos novos trens Avril | A metade dos falecidos o ano pasado en accidentes de tráfico en Galicia non levaban posto o cinto de seguridade. 26 mortes que quizais se puideron evitar usándoo. A Dirección Xeral de Tráfico desenvolve esta semana unha campaña de especial vixilancia e control do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantís | Sen polbeiras, non hai feiras. Unha plataforma dixital pon en marcha unha campaña para reivindicar o traballo das profesionais do polbo. Queren fotografar todas as polbeiras que aínda van ás feiras en Galicia, que cada vez son menos, pola falta de xente nova que siga co oficio. 11-03-2024
Comeza en Pontevedra o xuízo polo asasinato de Jéssica Méndez en Barro. A Fiscalía pide 24 años de cárcere por asasinato con agravante de xénero | Renfe pon hoxe á venda billetes para viaxar a Madrid por 25 euros. Unha compensación aos usuarios galegos polo atraso na chegada dos novos trens Avril | A metade dos falecidos o ano pasado en accidentes de tráfico en Galicia non levaban posto o cinto de seguridade. A DGT desenvolve esta semana unha campaña de control do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantís | Sen polbeiras, non hai feiras. Unha plataforma dixital pon en marcha unha campaña para reivindicar o traballo das profesionais do polbo. 11-03-2024
Amainan as chuvias, polo menos ata metade de semana. O anticiclón aséntase mañá polo que hoxe non se descarta aínda algunha chuvia feble canto máis ao oeste. As temperaturas mínimas baixaron e as máximas oscilarán entre os 12 graos previstos en Lugo e os 15 que se agardan en Vigo. Valores que empezarán a subir a partir de mañá. 11-03-2024
Comeza en Pontevedra o xuízo polo asasinato de Jéssica Méndez en Barro. A Fiscalía pide 24 años de cárcere por asasinato con agravante de xénero. Segundo a acusación, en 2022, JoséEiriz arremeteu co seu coche contra o vehículo no que estaba a vítima | Renfe pon hoxe á venda billetes para viaxar a Madrid por 25 euros. Unha compensación aos usuarios galegos polo atraso na chegada dos novos trens Avril | A metade dos falecidos o ano pasado en accidentes de tráfico en Galicia non levaban posto o cinto de seguridade. 26 mortes que quizais se puideron evitar usándoo. A Dirección Xeral de Tráfico desenvolve esta semana unha campaña de especial vixilancia e control do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantís. 11-03-2024
De madrugada a borrasca estará máis próxima a Galicia, descargando moitachuvia. A cota de neve caerá a noite 600 e mesmo 500 nasprimeiras horas do sábado. Vento con refachos de ata 130 quilómetros por hora. No mar todo o litoral atlántico está en alerta laranxa por ondas que poden chegaraos 6 metros. 08-03-2024
Xornada de mobilizacións convocadas por institucións, sindicatos e organizacións feministas, de reivindicación da loitapolaigualdade, contra a fenda salarial e a violencia machista, |Abertodendehoxe o prazo para solicitar as axudas da PAC, que ascenden a un 200 millóns de euros para as explotacións galegas. A Xunta busca unha alianza coas comunidades da Cornixa cantábrica para reclamar cambios no plan estratéxico marcado pola Unión Europea|Vigo ofrece estes días o Salon do automóvil, que permite comparar máis de trinta marcas de coches e quince de motos. Os concesionarios ofrecen asesoramento para elixir entre os tradicionais vehículos de combustión e os últimos modelos eléctricos e híbridos|O inverno en Galicia foimáishúmido do habitual e con temperaturas máis elevadas. Este é o balance que presentouMeteogalicia, no que destaca que este xaneirofoi o máis cálido dos últimos 58 anos. 08-03-2024
O feminismo galegovolvesaírhoxeás rúas. Haimobilizacións convocadas ásoito da tarde nasprincipaiscidades e vilas de Galicia. Pero xa esta mañáhouboconcentracións|En Vigo estará a Compaña Feminista, un grupo de mulleres anónimas, ataviadas con máscaras e túnicas brancas, paralembrarás mulleres asasinadaspola violencia machista. Din que son moitasmáis das que figuran na estatística oficial |Abertodendehoxe o prazo para solicitar as axudas da PAC, que ascenden a un 200 millóns de euros para as explotacións galegas. A Xunta busca unha alianza coas comunidades da Cornixa cantábrica para reclamar cambios no plan estratéxico marcado pola Unión Europa, con menos burocracia e maior control de prezos|Neste 8M botamos unhaolladataménás mulleres máis veteranas, como Florinda, unhamuller de Carreira, no Concello de Zas, con 100 anoscumpridos, e matriarca dunha familia moi numerosa. fai un repaso por unha vida marcada polo traballo, dende ben nova, na casa e na terra. 08-03-2024