Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Quedamos baixo a influencia das altas presións centradas sobre o noroeste peninsular. Tan só algún chuvasco residual no norte e néboas en comarcas do interior a primeiras horas, que se foron disipando e quedando os ceos máis abertos no sur. As temperaturas mínimas descenderon durante a madrugada e as máximas van en lixeiro ascenso, ata 17 graos en Vigo e A Coruña e 18 en Ourense. 09-04-2024

Oferta dun pacto pola industria e a enerxía, anuncios de novas rebaixas fiscais e cambios no organigrama da Xunta. É o discurso co que Alfonso Rueda abriu hoxe a sesión de investidura | A oposición adiantou xa os motivos do seu voto negativo, por considerar o discurso de Rueda foi decepcionante | Nace en Galicia Feeberse, unha nova rede social orientada ao mundo do fútbol creada por un grupo de emprendedores de Vigo | Santiago é a terceira cidade de España que recicla máis vidro, segundo de Ecovidrio. 09-04-2024

Oferta dun pacto pola industria e a enerxía, anuncios de novas rebaixas fiscais e cambios no organigrama da Xunta | A oposición considera que o discurso de Rueda foi decepcionante, centrado en criticar ao goberno central e sen proxecto de país | Nace en Galicia Feeberse, unha nova rede social orientada ao mundo do fútbol. Foi creada por un grupo de emprendedores de Vigo | Santiago é a terceira cidade de España que recicla máis vidro. No conxunto de Galicia, este material reciclado durante o ano pasado ascende a 50.000 toneladas. 09-04-2024

A eclipse solar será visible hoxe, de xeito parcial, dende o litoral atlántico, e algo menos na Mariña de Lugo. O fenómeno astronómico comenzará arredor das 21.00 horas e poderá apreciarse apenas unspoucos minutos. | Navéspera da sesión de investidura, Alfonso Rueda di estar disposto a tender a manaos grupos da oposición para chegar a acordos de país. Nacionalistas e socialistas propoñen, polasua parte, que un desesacordos pase por chegar a unha postura común sobre o macroproxecto de Altri en Palas de Rei| As obras de reforma na estación de Chamartín, levan a cambiar os horarios e reducir as frecuencias dos trens de conexión de Galicia con Madrid. Renfe indica que o número total de prazas en oferta será a mesmagrazas á circulación de trens en dobre composición| Na Coruña está abertaunha nova edición do forum gastronómico, punto de encontro entre os profesionais e afeccionados á boa mesa. O eixo central, a despensa atlántica, da que os nososcociñeiros con estrelainvitannos a presumir. 08-04-2024

Na costa atlántica poderase ver un dos fenómenos astronómicos máis atractivos, unha eclipse solar arredor das 21.00 ata que chegueo ocaso. A imaxepoderase apreciar de maneira parcial e algo menos na Mariña. As previsións do tempo son favorables| Alfonso Rueda di estar disposto a tender a manaos grupos da oposición para chegar a acordos de país|As obras de reforma na estación de Chamartín, levan a cambiar os horarios e reducir as frecuencias dos trens de conexión de Galicia con Madrid| Abertana Coruña unha nova edición do forum gastronómico, punto de encontro entre os profesionais e afeccionados á boa mesa. O eixo central, a despensa atlántica. 08-04-2024

O espectáculo da eclipse solar será visible hoxe en Galicia de maneira parcial. O litoral atlántico e a Mariña de Lugo, serán os únicos puntos onde se poderá apreciar o fenómeno astronómico, arredor das 21.00 horas e durante poucos minutos. As previsións do tempo indican que as condicións serán favorables| O servizo de trens entre Galicia e Madrid vaise reorganizar temporalmente por mor das obras que Adif está a realizar en Chamartín, para transformar e modernizar a estación. Durarán ata o mes de xullo| Pendente de pasar a disposición xudicial un veciño do barrio de Coia, en Vigo,detido como presunto autor da mortedoutro home dun disparo na cara a noite do sábado. A policía investiga se ten relación co tráfico de drogas. 08-04-2024

No que vai de ano, en Galicia os accidentes laborais custáronlle a vida a nove traballadores. Unhas mortes que os sindicatos relacionan coa falta de formación e a precariedade laboral | A Fundación Amancio Ortega entrega á Xunta en Lugo unha residencia de maiores de 120 prazas que custou 25 millóns de euros. É a segunda das sete residencias que a fundación lle vai doar á administración autonómica | O primeiro río de España que ten dereitos recoñecidos oficialmente. Trátase do río Tins, no municipio coruñés de Outes. 05-04-2024

Xornada de transición na que chegará unha nova fronte pola noite que vai cubrir os ceos na metade oeste, con algunhas chuvias no litoral. No leste, nubes e claros, con máis nubes pola mañá. Á noite virán as chuvias, máis intensas na franxa atlántica. As temperaturas soben lixeiramente e os ventos serán fortes do sur durante todo o día. 05-04-2024

A Ribeira Sacra, de novo candidata a ser considerada patrimonio mundial. O consello de patrimonio histórico español escolleu este mediodía a proposta galega | No que vai de ano, os accidentes laborais custáronlle a vida a nove traballadores | A Fundación Amancio Ortega entrega á Xunta en Lugo unha residencia de maiores de 120 prazas. É a segunda das sete que a fundación lle vai doar á administración autonómica | O primeiro río de España que ten dereitos recoñecidos oficialmente. Trátase do río Tins, no municipio coruñés de Outes. 05-04-2024

A Ribeira Sacra, de novo candidata a ser considerada patrimonio mundial. O consello de patrimonio histórico español escolleu este mediodía, por unanimidade, a proposta galega | No que vai de ano, en Galicia os accidentes laborais custáronlle a vida a nove traballadores. Unhas mortes que os sindicatos relacionan coa falta de formación e a precariedade laboral | A Fundación Amancio Ortega entrega á Xunta en Lugo unha residencia de maiores de 120 prazas que custou 25 millóns de euros. É a segunda das sete residencias que a fundación lle vai doar á administración autonómica | O primeiro río de España que ten dereitos recoñecidos oficialmente. Trátase do río Tins, no municipio coruñés de Outes. Unha declaración deste concello recoñece o seu dereito a non ser contaminado ou danado por actividades humanas. 05-04-2024

A Xunta, o Ministerio de Industria e Alcoa van traballar xuntos no proceso de venda da factoría de aluminio da Mariña, que se está poñendo en marcha | O Foro Económico de Galicia fíxase no sector audiovisual e no do deporte como xeradores de riqueza | Desaparece o último poboado de chabolas da Coruña. As máquinas botaron hoxe abaixo as construcións que quedaban no asentamento da Pasaxe | O festival de Cans contará coa presenza da actriz e directora Sara Casasnovas e renderalle homenaxe ao músico KepaJunquera. 04-04-2024

Seguen a subir as temperaturas, que poden chegar a 22 graos en Ourense.Axuda nese ascenso térmico o vento do sur que se intensifica con alerta amarela na costa coruñesa. A chuvia dá unha tregua durante o día, pero á noite agardamos a chegada dunha fronte que nos envía a borrasca Olivia, con precipitacións que se farán notar sobre todo na franxa atlántica, menos probables no leste da comunidade. 04-04-2024

A Xunta, o Ministerio de Industria e Alcoa van traballar xuntos no proceso de venda da factoría de aluminio da Mariña, que se está poñendo en marcha. A multinacional xa está buscando compradores e comezará a recibir ofertas vinculantes a mediados de xuño | O Foro Económico de Galicia fíxase no sector audiovisual e no do deporte como xeradores de riqueza na comunidade | Desaparece o último poboado de chabolas da Coruña. As máquinas botaron hoxe abaixo as construcións que quedaban no asentamento da Pasaxe, á beira da ría do Burgo | A historia de Susi Maquieira, unha muller con acondroplasia, un trastorno que limitou o seu crecemento en estatura, pero non en gañas de gozar da vida. 04-04-2024

Alfonso Rueda anuncia cambios estruturais na Xunta, tras acudir hoxe o Pazo do Horreo para completar o protocolo institucional co Presidente do Parlamento, que lleconfirmouoficialmente, que contacamaioría para ser investido para un novo mandato | Segueaberta a operación contra unha banda adicadaao narcotráfico, que polo momento se salda con dezpersoasdetidas no entorno da Ría de Arousa. Os investigadores consideran que están relacionadas coa fabricación de narcolanchas, como as atopadashai un ano en Ribeira e conarcosubmarino Poseidón|No encoro de Portodemouros a multinacional Altri ten previsto captar 46 millóns de litros de augaao día, para a macroplanta de Palas de Rei. Un proxectoapoiadopola Xunta e pendente de recibir financiamento por parte da UE, que está a espertar un forterexeitamento entre os vecinos |Escolares practicando a arte da regueifa, o xeito tradicional de improvisación oral en verso e en galego. O Teatro Principal de Santiago acolleuhoxe a gala final do certameEnregueifate. 03-04-2024

As temperaturas deixan atrás os valores invernais e quedan en rexistrosmáis propios desta época, con máximas entre 16 graos en Lugo e os 20 que agardan en Ourense. As chuvias serán escasas e só afectarán a puntos de Pontevedra e sur da Coruña. 03-04-2024

Rueda anuncia cambios estruturais na Xunta, tras acudir hoxe o Pazo do Horreo para completar o protocolo institucional co Presidente do Parlamento, que lleconfirmouoficialmente, que contacamaioría para ser investido para un novo mandato|Un home de 63 anos de idadefoidetido en Vigo como suposto autor do homicidio da suahirmá, á que presuntamente acoitelounun domicilio da parroquia de Lavadores. O detido está diagnosticado cunhaenfermidade mental|O peración contra unha banda adicadaao narcotráfico, que polo momento se salda con dezpersoasdetidas no entorno da Ría de Arousa. Os investigadores consideran que están relacionadas coa fabricación de narcolanchase conarcosubmarino Poseidón|No encoro de Portodemouros a multinacional Altri ten previsto captar 46 millóns de litros de augaao día, para a macroplanta de Palas de Rei. Un proxecto que está a espertar un forterexeitamento entre os vecinos que temen ao risco de chuvia ácida. 03-04-2024

O lugar da Retorta, no encoro de Portodemouros, é onde a multinacional Altri ten previsto captar 46 millóns de litros de augaao día, para a macroplanta de Palas de Rei. O proxecto, está a espertar un forterexeitamento entre os veciños, ante o risco de efectos como a chuvia ácida|Alfonso Rueda fará cambios estruturais na Xunta que anunciará durante o debate de investidura. Dixoo tras completar o protocolo institucional coa reunión co Presidente do Parlamento para confirmarlle oficialmente, que dispón da maioría para ser investido para un novo mandato |Comeza a campaña da declaración da renda. A Axencia Tributaria estima que en Galicia presentaranse case 1 millón e medio 449 mil de declaracións das que 948 mil sairán a devolver. 03-04-2024

Os contratos para a Semana Santa impulsan a baixada do paro, con 1.500 persoas menos nos rexistros de desemprego e máis de 6.500 novas afiliacións a Seguridade Social. O número total de parados en Galicia baixa de 130.000 | As demandas de investigación sobre presuntas irregularidades en compras de material sanitario durante a pandemia centran o debate, ás portas da sesión de investidura. Rueda di que en Galicia non hainecesidade de cambios na lei de memoria histórica |Desterrar os prexuizos e visibilizar a presencia das persoas con autismo na sociedade. É a mensaxe no Día Mundial dedicado á concienciación sobre un trastorno que afecta a unha de cada cenpersoas, e que fai que requiranunha atención especial |En Santiago, o concello organiza un obradoiro para que alumnos de primaria e ESO poidanautodiagnosticarse sobre o abuso de dispositivos electrónicos. Aprenderán tamén cómo afrontar os ciberataques ou o acoso nas redes, e as vantaxesdoutras alternativas coma o deporte ou quedar presencialmente con amigos. 02-04-2024

Os contratos para a Semana Santa impulsan a baixada do paro, con 1.500 persoas menos nos rexistros de desemprego e máis de 6.500 novas afiliacións a Seguridade Social|As demandas de investigación sobre presuntas irregularidades en compras de material sanitario durante a pandemia centran o debate, ás portas da sesión de investidura|Desterrar os prexuizos e visibilizar a presencia das persoas con autismo na sociedade. É a mensaxe no Día Mundial dedicado á concienciación sobre un trastorno que afecta a unha de cada cenpersoas, e que fai que requiranunha atención especial|Obradoiro en Santiago para que alumnos de primaria e ESO poidanautodiagnosticarse sobre o abuso de dispositivos electrónicos. Aprenden tamén cómo afrontar os ciberataques ou o acoso nas redes. 02-04-2024