Nova baixada do paro en marzo, impulsada polo sector servizos, sobre todo os contratos da hostalaría para a Semana Santa. Hai 1.500 persoas menos nos rexistros de desemprego e máis de 6.500 novas afiliacións a Seguridade Social|Rolda de consultas, hoxe, do Presidente do Parlamento cos portavoces dos grupos parlamentarios, para confirmar que Alfonso Rueda contacoapoio necesaria para o Pleno de investidura, gracias a maioría absoluta que supoñen os 40 deputados do seu Grupo, o Popular|Unións Agrarias posicionase en contra do proxecto da fábrica de celulosa e fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei. Un proxecto que xeramoitasdúbidas en materia medioambiental e de consumo de auga, segundo indicou o sindicato agrario nunha rolda de prensa esta mañá en Lugo. 02-04-2024
Unha borrasca atlántica cunhafronte fría varreráa comunidadenas horas centrais, con ventosfortes do sur e con chuvias que se intensifican, sobre todo polo oeste da comunidade, e que amainarán co avance da xornada. As temperaturas suben, con mínimas de 10 graos e máximas que superan os 15. 02-04-2024
Luns de pascua con elevada afluencia á Romaría da Virxe do Nordés, na hermida de Chamorro, en Ferrol. Unha celebración que pon fin ao ciclo de eventos da Semana Santa na cidade|A Semana Santa deixa un balance positivo en canto a afluencia turística. Segundo os datos provisionais do sector, as previsión cumpríronsecunha ocupación media do 85 por cento pese ámeteoroloxía adversa|A nova lexislatura avanza, coa constitución das comisións parlamentarias. O BNG pide que se auditen os contratos da Xunta durante a pandemia e sospeita dos suscritos por valor de 17 millóns de euros coas empresas dirixidaspolairmá e o cuñado de Alberto Núñez Feijóo|Os ríos discorrencodobre do caudal habitual e os encoros están ao 87 por cento da súacapacidade na conca do Miño Sil. Son trece puntos máis que o valor medio anual e oitomáis que o ano pasado. A reservas garanten xa que este verán non haberá problemas de seca. 01-04-2024
Comezamos semana e mes con máischuvia. Seguimos con temperaturas baixas para a época do ano, no interior xeou e as máximas en xeral quedarán moi por baixo dos 15 graos. O ventosopra con refachosfortes no litoral norte e en zonas altas.Na costa a alerta elévasemañá a laranxa. 01-04-2024
A nova lexislatura avanza, coa constitución das comisións parlamentarias. O BNG pide que se auditen os contratos da Xunta durante a pandemia e sospeita dos suscritos por valor de 17 millóns de euros coas empresas dirixidaspolairmá e o cuñado de Alberto Núñez Feijóo|Os ríos da conca Miño Sil baixancodobre do caudal habitual, no anohidrolóxicoque está a ser o terceiromáis húmido da serie histórica|O Celta empata a cero en Balaídosco Rayo Vallecano, e queda a un posto do descenso. Mentres, o Racing de Ferrol asegura a permanencia virtual na segunda a falta de nove xornadascunha nova vitoria,fronteao Elche. 01-04-2024
Optimismo no sector turístico, con destinos como Santiago ou a Ribeira Sacra onde as reservas para a Semana Santa superan o 80 por cento en moitos establecementos | A nova borrasca, bautizada como Nelson, afecta a toda a comunidade con fortes ventos e mantén a toda a costa en alerta laranxa por ondas superiores aos 5 metros | O Centro Dramático Galego cumpre hoxe 40 anos. Con máis de 100 proxectos escénicos na súa traxectoria, comeza a celebración esta tarde, con visitas guiadas á sua sede, o Salón Teatro de Santiago e cunha xira de 15 obras por varios concellos de Galicia
Optimismo no sector turístico, con destinos como Santiago ou a Ribeira Sacra onde as reservas para a Semana Santa superan o 80 por cento en moitos establecementos. A ocupación podería ser maior que a do ano pasado | O dato adiantado do IPC repunta oito décimas respecto ao mes anterior. Un incremento dos prezos que se ve influido pola SUBA dos carburantes e o do IVE da electricidade | A nova borrasca, bautizada como Nelson, afecta a toda a comunidade con fortes ventos e mantén a toda a costa en alerta laranxa por ondas superiores aos 5 metros | O Senado comenza a tramitar o suplicatorio para que Manuel Baltar sexa xulgado polo Tribunal Supremo por un delito contra a seguridade vial
Un sistema frontal provoca ceos nubrados e choivas con intensidade moderada, e puntualmente, de forma treboenta. A cota de neve baixa ata os 800 metros nas últimas horas do día. E malia que as temperaturas continúan sendo baixas, experimentan un leve ascenso. A situación non vai mellorar e espérase moita inestabilidade nos días centrais da Semana Santa
Optimismo no sector turístico, con destinos como Santiago ou a Ribeira Sacra onde as reservas para a Semana Santa superan o 80 por cento en moitos establecementos. A ocupación podería ser maior que a do ano pasado, pese ao aumento da oferta e a lixeira subida dos prezos | O dato adiantado do IPC repunta oito décimas respecto ao mes anterior. Un incremento dos prezos que se ve influido pola SUBA dos carburantes e o do IVE da electricidade | O Senado comenza a tramitar o suplicatorio para que Manuel Baltar sexa xulgado polo Tribunal Supremo por un delito contra a seguridade vial. O expresidente da deputación de Ourense está acusado de conducir a 215 quilómetros por hora ao volante dun coche oficial nunha autovía en Zamora | Máis de 160 millóns de unidades de semente de ameixa. E a producción no último ano do criadoiro máis importante de Galicia, situado en Malpica. Hoxe achegámonos a coñecer o traballo dos técnicos que fan posible a chegada das crías do molusco en perfecto estado ás bateas e aos areais
Incendio nunha nave industrial no polígono do Ceao en Lugo. Pertence a unha empresa de despece de automóbiles, cunha zona de residuos onde se acumulaban neumáticos, aceite e abundante material inflamable. Hai dous traballadores feridos | O mal tempo está a acaparar protagonismo na Semana Santa. No mar está activada alerta laranxa en toda a costa por ventos e malamar | A illa de Ons conta cun novo reclamo turístico: unha sala de arqueoloxía e unha ruta para poñer en valor os restos atopados nas últimas excavacións. Permiten saber como vivían os primeiros habitantes que producían a púrpura, un tinte moi preciado no Imperio Romano
Incendio nunha nave industrial no polígono do Ceao en Lugo. Hai dous traballadores feridos. Os equipos de extinción conseguiron evitar o risco de que o lume se propagase aos edificios colindantes | A Unión Europea respalda a rebaixa dos requisitos medioambientais que agricultores e gandeiros deben cumplir para acceder ás axudas da PAC | Máxima flexibilidade horaria, días libres ilimitados e sen reducción de salario. Son condicións de traballo que aplica unha empresa coruñesa adicada a impartir cursos de programación | O mal tempo acapara o protagonismo na Semana Santa. No mar está activada alerta laranxa en toda a costa| A illa de Ons conta cun novo reclamo turístico: unha sala de arqueoloxía e unha ruta para poñer en valor os restos atopados nas últimas excavacións. Permiten saber como vivían os primeiros habitantes que producían a púrpura, un tinte moi preciado no Imperio Romano
O aire frío en capas altas segue a provocar inestabilidade, o que deixa un día de intervalos nubrados con chuvascos, máis frecuentes e intensos nas horas centrais. E durante á noite, serán localmente treboentos e acompañados ocasionalmente de sarabia. A cota de neve comeza nos 600 metros e irá subindo ata os 1200 metros a medida que avance o día. As temperaturas sofren un novo descenso
Incendio nunha nave industrial no polígono do Ceao en Lugo. Pertence a unha empresa de despece de automóbiles, cunha zona de residuos onde se acumulaban neumáticos, aceite e abundante material inflamable. Hai dous traballadores feridos. Os equipos de extinción conseguiron evitar o risco de que o lume se propagase aos edificios colindantes | A Unión Europea respalda a rebaixa dos requisitos medioambientais que agricultores e gandeiros deben cumplir para acceder ás axudas da PAC. Así o decidíu o Comité Especial de Agricultura en Bruxelas co apoio dos 27 países membros. Tamén propoñen suprimir as sancións as pequenas explotacións | Máxima flexibilidade horaria, días libres ilimitados e sen reducción de salario. Son condicións de traballo que aplica unha empresa coruñesa adicada a impartir cursos de programación. A satisfacción dos seus 75 empregados actuais e compatible con duplicar a sua facturación cada ano | Lucenses e turistas puideron desfrutar da procesión da Virxe da Esperanza, coñecida polos devotos coma a procesión dos mariñeiros, que fixo o seu percorrido pola capital ata rematar, como é tradición, co canto da Salve Mariñeira
Unha nova fronte está deixándonos ceos nubrados e algunhas precipitacións febles. Esas choivas volveranse localmente treboentas e estarán acompañadas de sarabia. En canto á cota de neve, descenderá ata os 600 metros nas últimas horas do día. Prevese tamén unha notable baixada das temperaturas, sobre todo dos valores máximos
Alfonso Rueda tomará posesión para un novo mandato como presidente da Xunta o próximo sábado día 13 abril. Así o aprobou a Xunta de Portavoces que hoxe se constituíu no Parlamento | Producir enerxía renovable aproveitando a forza das mareas a un custo competitivo. E o obxectivo dunha empresa de Redondela, que, logo de 15 anos de investigación, deseña a primeira plataforma flotante con rotores submarinos | Adentrarse en distintos museos de museos de Galicia e interactuar coas as súas pezas máis destacadas a través dunhas lentes. É a proposta de Galiverso dos Museos nunha nova edición de realidade virtual instalada na Cidade da Cultura |
A Semana Santa comeza con cambio de tempo. Xa se retirou o anticiclón e unha nova fronte está deixándonos ceos nubrados e algunhas precipitacións febles | hoxe quedou constituída a xunta de portavoces do Parlamento, que aprobou o calendario que levará ata a toma de posesión do Presidente da Xunta o día 13 de abril e apertura da lexislatura o día 16. Hoxe foi aprobada tamén a composición da comisións parlamentarias | Producir enerxía con rotores submarinos que captan a forza das correntes. Así funcionará o primeiro parque maremotriz flotante do mundo, que vai construír en Gran Bretaña unha compañía galega. O seu deseño final conseguiuse tras diferentes probas e quince anos de investigación
Empeza a operación saída as portas da Semana Santa cun dispositivo de 600 axentes para controlar máisdun millón e medio de desprazamentos previstos nas estradas galegas. Os galegos preparan esas viaxes de escapadas familiares con máis antelación | O sector turístico sitúa as espectativas para os próximos días en igualar a alta ocupación acadada o ano pasado, nun contexto de lixeiro incremento no prezo dos establecementos. O protagonismo será para destinos emblemáticos como Ferrol e Viveiro, ou a Ribeira Sacra | As traballadoras de Inditex volvenásmobilizacións para reivindicar axudassociais como o bono comedor, melloras nos seus horarios e un aumento da prima de vinculación por antigüidade. Son dereitos dos que xa desfrutan os seuscompañeiros da central de Arteixo e queren extender a todo o persoal do grupo | Os tesouros que as coroas europeas enviaron a Xerusalén durante cincocentos anos, expostosao público, por vez primeira, en España. Grandes pezas de Ouriveiría, roupaxesliturxicos, xoias únicas, que pertencenao museo de Terra Santa, forman a exposición que hoxe abre na cidade da Cultura, en Santiago. 22-03-2024
Empeza a operación saída as portas da Semana Santa, Con máisdun millón e medio de desprazamentos previstos nas estradas galegas| O sector turístico agardaunha boa Semana Santa con ocupacións do 70 ou 80 por cento de media en Galicia| Xornada de folga, hoxe, no sector da banca, cunseguemento de máis do 75 por centonas entidades financeiras de Galicia, que suman un total de 2.600 traballadores| Abreao público en Santiago, a exposición sobre os tesouros que as coroas europeas enviaron a Xerusalén durante cincocentos anos. Por primeira vez en España, 75xoias únicas, que pertencenao museo de Terra Santa. 22-03-2024