Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Primeiro incendio forestal de consideración do ano en Galicia. Declarouse onte á tarde en Crecente, en Pontevedra, e arrasou 170 hectáreas de terreo| Outro incendio, este nunha vivenda do Valadouro, en Lugo, cobrouse a vida de dúas persoas, nai e filla, de 77 e 50 anos. A Garda Civil investiga as causas que orixinaron o lume | Pleno de apertura da nova lexislatura esta mañá no Parlamento Galego. O presidente da Cámara reivindicou a cordura política fronte á crispación e os populismos extremistas | Shakira e Fraga. Son os nomes das dúas aguias que está a empregar o Porto de Vigo para loitar contra as gaivotas e que non interfiran nas descargas e na actividade das lonxas. 16-04-2024

Segue a refrescar. Hoxe con máximas que oscilarán entre os 15 graos previstos en Lugo e os 22 graos que agardan en Pontevedra e Ourense, onde están os ceos máis abertos. Máis nubes no norte, con posibilidade dalgún orballo na Mariña e con nordés, que soprará con forza na costa. 16-04-2024

Primeiro incendio forestal de consideración do ano en Galicia. En Crecente, en Pontevedra, e arrasou 170 hectáreas | Outro incendio, nunha vivenda do Valadouro, en Lugo, cobrouse a vida de dúas persoas, nai e filla, de 77 e 50 anos | Pleno de apertura da nova lexislatura no Parlamento Galego. O presidente da Cámara reivindicou a cordura política fronte á crispación e os populismos extremistas | Dúas aguias traballan no Porto de Vigo para que as gaivotas non interfiran nas descargas e na actividade das lonxas. 16-04-2024

Primeiro incendio forestal de consideración do ano en Galicia. En Crecente, en Pontevedra, e arrasou 170 hectáreas | Outro incendio, nunha vivenda do Valadouro, en Lugo, cobrouse a vida de dúas persoas, nai e filla, de 77 e 50 anos | Pleno de apertura da nova lexislatura no Parlamento Galego. O presidente da Cámara reivindicou a cordura política fronte á crispación e os populismos extremistas | Dúas aguias traballan no Porto de Vigo para que as gaivotas non interfiran nas descargas e na actividade das lonxas. 16-04-2024

Primeiro consello da Xunta do novo goberno de Alfonso Rueda, cos 12 conselleiros que hoxe tomaron posesión. Hai catro caras novas, que levarán as competencias de cultura e lingua, medio rural, vivenda e infraestruturas e Sanidade | O sector do mar e as plataformas en defensa da Ría de Arousa e Ulloa Viva alegarán contra o proxecto de celulosa de Altri en Palas de Rei cos argumentos que usou ENCE para non trasladarse | Tráfico desenvolve esta semana unha campaña de especial vixilancia dos excesos de velocidade, que están detrás de case un de cada catro accidentes | Colaboración entre artistas e científicos. Conviviron durante tres meses no centro interdisciplinario de química e bioloxía da Coruña, experimentando con diferentes materiais para facer arte. O resultado será unha exposición itinerante de dez obras. 15-04-2024

Primeiro consello da Xunta do novo goberno de Alfonso Rueda, cos 12 conselleiros que hoxe tomaron posesión. Hai catro caras novas | O sector do mar e as plataformas en defensa da Ría de Arousa e Ulloa Viva alegarán contra o proxecto de celulosa de Altri en Palas de Rei cos argumentos que usou ENCE para non trasladarse | Tráfico desenvolve esta semana unha campaña de especial vixilancia dos excesos de velocidade | Colaboración entre artistas e científicos. Conviviron durante tres meses, experimentando con diferentes materiais para facer arte. 15-04-2024

O vento norte afasta o aire cálido que nos deixou calor durante a fin de semana co que hoxe xa notamos o descenso das temperaturas. As máximas oscilarán entre os 14 graos previstos na Coruña e os 26 que agardan en Ourense. Despois dunha mañá de néboas e algunhas nubes baixas, a tendencia é a que pola tarde os ceos queden despexados. 15-04-2024

Primeiro consello da Xunta do novo goberno de Alfonso Rueda, cos 12 conselleiros que hoxe tomaron posesión. Hai catro caras novas, que levarán as competencias de cultura e lingua, medio rural, vivenda e infraestruturas e Sanidade | Tres bombeiros foron hospitalizados ao intentar sufocar un incendio na empresa madeireira de Vigo Las Cinco Jotas | O Celta caeu derrotado co Betis pero mantense fóra dos postos de descenso. Mentres, na Segunda, o Racing de Ferrol impúxose 2-1 ao Huesca. 15-04-2024

Aperta a calor en toda Galicia, con máximas que superan os 30 graos desde a Mariña de Lugo a Pontevedra ou en Arnoia en Ourense onde teñen arestora a temperatura máis alta de Galicia | Trala semana de investidura, Alfonso Rueda tomará mañá posesión como presidente da Xuntanun acto solemne en San Domingos de Bonaval, en Santiago | A inflación sitúase en marzo en Galicia no tres e medio por cento, tres décimas máis que na media do estado. Débese, principalmente, á suba do prezo da luz, as gasolinas e a vivenda | Un popular xornal británico apunta á Galicia como mellor lugar para vir de vacacións que as habituais Canarias ou a costa mediterránea.Salienta as praias galegas, o animado ambiente nocturno e o barato que é beber e comer. 12-04-2024

Aperta a calor en toda Galicia, con máximas que superan os 30 graos desde a Mariña de Lugo a Pontevedra ou en Arnoia en Ourense | Trala semana de investidura, Alfonso Rueda tomará mañá posesión como presidente da Xunta| A inflación sitúase en marzo en Galicia no tres e medio por cento, tres décimas máis que na media do estado. Débese, principalmente, á suba do prezo da luz, as gasolinas e a vivenda | Un popular xornal británico apunta á Galicia como mellor lugar para vir de vacacións que as habituais Canarias ou a costa mediterránea. 12-04-2024

Aperta a calor en toda Galicia, con máximas que superan os 30 graos desde a Mariña de Lugo a Pontevedra ou en Arnoia en Ourense onde teñen arestora a temperatura máis alta de Galicia | Trala semana de investidura, Alfonso Rueda tomará mañá posesión como presidente da Xuntanun acto solemne en San Domingos de Bonaval, en Santiago | A inflación sitúase en marzo en Galicia no tres e medio por cento, tres décimas máis que na media do estado. Débese, principalmente, á suba do prezo da luz, as gasolinas e a vivenda | Este domingo estrea disco na Coruña Xabier Díaz. "Axúdame a sentir", once cancións de autor, con instrumentos novos, coma a guitarra eléctrica, e outros de sempre, coma a pandeireta , instrumento fundamental para este compositor. 12-04-2024

É a quenda dos grupos parlamentarios na sesión de investidura do presidente da Xunta. PSOE e BNG propóñenlle a Rueda acordos de país sobre sanidade, vivenda ou enerxía | O Consello Económico e Social de España presentou esta mañá en Vigo un informe sobre o sector pesqueiro e acuícola no que propón medidas para equilibrar o negocio pesqueiro coa sostibilidade ambiental e as condicións laborais | O Nadador paralímpicoChano Rodríguez anuncia a súa retirada tras dar positivo por dopaxe. Asume a sanción e espera que o positivo non afecte ao deporte paralímpico. 11-04-2024

Nuns minutos retómase no Parlamento a sesión do debate de investidura do Presidente da Xunta. Alfonso Rueda vai contestar aos portavoces dos grupos parlamentarios | En Vilagarcía pasou a disposición xudicial o histórico narco Juan Manuel Vidal Padín. Foi detido este martes pola súa presunta implicación no caso do narcosubmarinoPoseidón | Primavera, sinónimo de alerxias | O Nadador paralímpicoChano Rodríguez anuncia a súa retirada tras dar positivo por dopaxe. 11-04-2024

Seguen a subir as temperaturas. Hoxe con máximas que oscilarán entre os 25 e os 30 graos. Temperaturas que contrastan cunhas noites que aínda son frías. Diferenzas entre o día e a noite que poden superar os 20 graos en moitos puntos. Un día máis, os ceos están despexados con algunhas nubes altas. Á noite poden entrar néboas costeiras polo litoral norte. 11-04-2024

Nuns minutos retómase no Parlamento a sesión do debate de investidura do Presidente da Xunta. Alfonso Rueda vai contestar á primeira rolda de intervencións dos portavoces dos grupos parlamentarios | En Vilagarcía de Arousa pasou a disposición xudicial o histórico narco Juan Manuel Vidal Padín, alcumado O Burro. Foi detido este martes pola súa presunta implicación no caso do narcosubmarinoPoseidón | Primavera, sinónimo de alerxias. Cada vez afectan a máis persoas, son máis graves e aparecen a idades máis avanzadas | O Nadador paralímpicoChano Rodríguez anuncia a súa retirada tras dar positivo por dopaxe. Asume a sanción e espera que o positivo non afecte ao deporte paralímpico. 11-04-2024

Entra aire cálido que fai que empecen as subir as temperaturas de xeito notable e que serán de auténtico verán nos próximos días, sobre todo na xornada do venres. De momento hoxe oscilarán as máximas entre os 19 graos previstos na Coruña e os 24 que agardan en Ourense. 10-04-2024  

Con Teresa Portela como bandeira, a xeración de ouro do piragüismo galego saca billete para os xogos olímpicos de París. No selectivo de Pontevedra clasificáronse hoxe Antía Jácome e Carolina García | Tamén os deportistas paralímpicos están na carreira cara a París. Hoxe presentáronse en Santiago os 21 galegos preseleccionados | Na paréntese do debate de investidura de Alfonso Rueda, o PP e os grupos da oposición móstranse abertos a pactos políticos, pero desconfían de que se chegue a acordos | Hoxe é o aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo, que foi coñecido como 'patriarca das letras galegas'. Lembramos o escritor da Xeración Nós, tamén xeógrafo, docente e político galeguista, da man da Fundación Otero Pedrayo, que manten vivo o seu legado na casa museo de Trasalba. 10-04-2024  

A xeración de ouro do piragüismo galego saca billete para os xogos olímpicos de París. No selectivo de Pontevedra clasificáronse hoxe Antía Jácome e Carolina García | Tamén os deportistas paralímpicos están na carreira cara a París | O PP e os grupos da oposición móstranse abertos a pactos políticos, pero desconfían de que se chegue a acordos | Hoxe é o aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo, que foi coñecido como 'patriarca das letras galegas'. Lembramos o escritor da man da Fundación Otero Pedrayo, que manten vivo o seu legado na casa museo de Trasalba. 10-04-2024

Con Teresa Portela como bandeira, a xeración de ouro do piragüismo galego saca billete para os xogos olímpicos de París. No selectivo de Pontevedra clasificáronse hoxe Antía Jácome e Carolina García | Na paréntese do debate de investidura de Alfonso Rueda, o PP e os grupos da oposición móstranse abertos a pactos políticos, pero desconfían de que se chegue a acordos | A Federación Camiño Francés, que agrupa as asociacións de amigos da principal ruta de peregrinación, alerta das graves consecuencias que tería a macro planta de celulosa de Altri. 10-04-2024         

Oferta dun pacto pola industria e a enerxía, anuncios de novas rebaixas fiscais e cambios no organigrama da Xunta. É o discurso co que Alfonso Rueda abriu hoxe, ante o pleno do Parlamento a sesión de investidura | A oposición adiantou xa os motivos do seu voto negativo, por considerar o discurso de Rueda foi decepcionante, centrado en criticar ao goberno central e sen proxecto de país | Nace en Galicia Feeberse, unha nova rede social orientada ao mundo do fútbol. Foi creada por un grupo de emprendedores de Vigo e presentada hoxe en Pontevedra | Santiago é a terceira cidade de España que recicla máis vidro, segundo os datos da entidade xestora Ecovidrio. No conxunto de Galicia, este material reciclado durante o ano pasado ascende a 50.000 toneladas. 09-04-2024