Medra a inquedanza no sector marisqueiro ante a escaseza de molusco, ocasionada polas intensas choivas do outono e o inverno. Na ría de Pontevedra as mariscadoras tentan recuperar as praias, trasladando a cría aos bancos mais castigados |A maioría do Partido Popular impúxose para rexeitar que se investigue a compra de material sanitario por parte da Xunta durante a pandemia |Estabilizado o incendio forestal declarado no concello de Rois, despois de arrasar unhascen hectáreas. O lume, que os investigadores consideran intencionado viuse favorecido polaforza do vento|Numerosas actividades, hoxe, para celebrar un dos días internacionais que goza de máispopularidade: o día do Libro.Atopar un libro na rúa, nun autobús ounun parque non é extraño taménhai visitas especiais en bibliotecas e obradoiros. 23-04-2024
Persiste a influencia anticiclónica sobre Galicia. O anticiclón retírase cara ao oeste o que fai que entre unha masa de aire máis fría. Baixaron as temperaturas. Xeou no interior de Lugo, Ourense e Pontevedra e as máximas oscilan entre 16 graos na Coruña a 23 en Vigo. Os ceos están despexados, con máis nubes na metade norte. 23-04-2024
Medra a inquedanza no sector marisqueiro ante a escaseza de molusco, ocasionada polas intensas choivas do outono e o inverno. Na ría de Pontevedra as mariscadoras tentan recuperar as praias, trasladando a cría aos bancos mais castigados|A maioría do Partido Popular impúxose para rexeitar que se investigue a compra de material sanitario por parte da Xunta durante a pandemia|Estabilizado o incendio forestal declarado no concello de Rois, despois de arrasar unhascen hectáreas. O lume, que os investigadores consideran intencionado viuse favorecido polaforza do vento |Numerosas actividades, hoxe, para celebrar un dos días internacionais que goza de máispopularidade: o día do Libro. 23-04-2024
Medra a inquedanza no sector marisqueiro ante a escaseza de molusco, ocasionada polas intensas choivas do outono e o inverno. Na ría de Pontevedra as mariscadoras tentan recuperar as praias, trasladando a cría aos bancos mais castigados | Un incendio forestal en Rois, na Coruña, quedou estabilizado esta mañádespois de queimarunhascen hectáreas. Todo apunta, segundo as autoridades, que podería ser intencionado. | En Lugo o centro de Formación Profesional das Mercedes presenta dous vehículos de competición, preparados polos alumnos, que participarán en distintas probas automovilísticas | Numerosas actividades pra celebrar un dos días internacionais que goza de máispopularidade: o día do Libro. Visitas especiais en bibliotecas, obradoiros. 23-04-2024
O Tribunal Supremo confirma a pena de 14 anos de prisión ao 'Chicle' por violar a súa cuñada. Rexeita así o recurso de José Enrique Abuín, que cumprexa prisión permanente revisable polo asesinato e violación de Diana Quer en 2016| Oconsello da Xunta iniciouhoxe os trámites para a gratuidade das matrículas universitarias, que estará en vigor a partir do próximo curso. E Unha das promesas electorais de Alfonso Rueda, que recriminou a Pedro Sánchez o ascenso de Bildu naseleccións autonómicas do País Vasco|Os médicos residentes xustifican a baixa demanda da especialidade de atención primaria polas duras condiciónslaborais, sobre todo no rural. O Ministerio de Sanidade abre unha convocatoria extraordinaria para cubrir as 63 prazas MIR que quedan vacantes en Galicia | Fariña, auga, algún ovo e sal. E a fórmula máxica do produto que pasa a engrosar a lista de eventos gastronómicos galegos de interese turístico nacional. A Festa da Filloa que se celebra dende hai 40 anos na parroquia de Lestedo, no concello de Boqueixón, celebra o recoñecemento. 22-04-2024
Continuamos baixo influencia do anticiclón con ceos despexados e algunha nube de estancamento na Mariña. O nordés sopra forte en todo o litoral norte. As temperaturas empezan a baixar. As máximas hoxe quedarán en xeral por baixo dos 20 graos na metade norte e roldando os 25 na metade sur. 22-04-2024
O Tribunal Supremo confirma a pena de 14 anos de prisión ao 'Chicle' por violar a súa cuñada| O DeporAbancavolve á primeira división do fútbol feminino, tras derrotar o Cacereño por 3 a 1 este domingo. O equipo foi recibido hoxe polo presidente da xunta, Alfonso Rueda, para celebrar o ascenso | Malia perder ante o Villarreal B, o Racing de Ferrol segue a ter opcións de loitarpolasprazas de ascenso a Primeira división. Mentres, o Celta segueunhaxornadamáislonxe dos postos de descenso tras golear á Unión Deportiva Las Palmas en Balaídos| A Festa da Filloa de Lestedo en Boqueixón obtén o título de Festa de Interese turistico nacional, a décima de Galicia que conta con esta distinción. Unha exaltación gastronómica con corenta anos de historia. 22-04-2024
O Tribunal Supremo confirma a pena de 14 anos de prisión ao 'Chicle' por violar a súa cuñada| Os médicos residentes xustifican a baixa demanda da especialidade de atención primaria polas duras condiciónslaborais, sobre todo no rural. O Ministerio de Sanidade abre unha convocatoria extraordinaria para cubrir as 63 prazas MIR que quedan vacantes en Galicia | Oconsello da Xunta iniciouhoxe os trámites para a gratuidade das matrículas universitarias, que estará en vigor a partir do próximo curso| A Festa da Filloa de Lestedo en Boqueixón obtén o título de Festa de Interese turistico nacional, a décima de Galicia que conta con esta distinción. 22-04-2024
Desartellada unha organización dirixida desde Ourense que subministraba lanchas e motores aos narcos que operan no Estreito de Xibraltar e que as empregaban tamén para o tráfico ilegal de inmigrantes. Hai seis detidos e foron intervidas oito embarcacións e 25 motores| Cada vez é máis difícil atopar vivenda en aluguer, a pesar de que Galicia é a comunidade do estado con máis pisos baleiros. En cambio, dispáranse os pisos turísticos. En Santiago multiplicáronse por dez nos últimos cinco anos | Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata 2025. O técnico porriñés, que se fixo cargo do primeiro equipo trala destitución de Rafa Benítez, sela a súa continuidade | Unha exposición diferente. As protagonistas son usuarias dunha residencia para persoas con discapacidade física de Bóveda, en Lugo. Móstranlle á cámara os seus corpos para reivindicar a beleza máis alá do canon establecido. 19-04-2024
Soben as temperaturas neste arranque dunha fin de semana na que se manterá o tempo seco e solleiro. Os ceos están despexados despois dunha mañá con algúns bancos de néboa polo interior. Á tarde, nubes de evolución no sur da comunidade onde as temperaturas oscilarán entre os 26 graos en Vigo aos 29 de Ourense. Na metade norte, máximas máis frescas entre os 21 graos da Coruña aos 24 que agardan en Lugo ou 25 en Santiago. 19-04-2024
Desartellada unha organización dirixida desde Ourense que subministraba lanchas e motores aos narcos que operan no Estreito de Xibraltar e que as empregaban tamén para o tráfico ilegal de inmigrantes | Cada vez é máis difícil atopar vivenda en aluguer, a pesar de que Galicia é a comunidade do estado con máis pisos baleiros. En cambio, dispáranse os pisos turísticos | Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata 2025 | Unha exposición diferente. As protagonistas son usuarias dunha residencia para persoas con discapacidade física de Bóveda, en Lugo. 19-04-2024
Desartellada unha organización dirixida desde Ourense que subministraba lanchas e motores aos narcos que operan no Estreito de Xibraltar | Cada vez é máis difícil atopar vivenda en aluguer, a pesar de que Galicia é a comunidade do estado con máis pisos baleiros. En cambio, dispáranse os pisos turísticos | Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata 2025 | Unha exposición diferente. As protagonistas son usuarias dunha residencia para persoas con discapacidade física de Bóveda, en Lugo. 19-04-2024
Preocupación na ría de Arousa pola caída na produción de marisco, que está a provocar ceses de actividade e redución de persoal nas confrarías | Hoxe puxéronse á venda os billetes para viaxar entre Galicia e Madrid nos novos trens Avril | Case 20.000 alegacións contra a instalación dunha fábrica de celulosa e fibras téxtiles en Palas de Rei. É a estimación da plataforma Ulloa Viva | Radio 5 Todo Noticias cumpre hoxe 30 anos. Tres décadas de servizo público da que foi a primeira emisora en España dedicada integramente á información. 18-04-2024
Preocupación na ría de Arousa pola caída na produción de marisco, que está a provocar ceses de actividade e redución de persoal nas confrarías. Piden a rexeneración dos bancos marisqueiros e o saneamento integral da ría | Hoxe puxéronse á venda os billetes para viaxar entre Galicia e Madrid nos novos trens Avril, que está previsto que comecen a funcionar dentro dun mes, o 21 de maio | Case 20.000 alegacións contra a instalación dunha fábrica de celulosa e fibras téxtiles en Palas de Rei. É a estimación da plataforma Ulloa Viva, que nos explica os motivos polos que se opoñen ao proxecto | Radio 5 Todo Noticias cumpre hoxe 30 anos. Tres décadas de servizo público da que foi a primeira emisora en España dedicada integramente á información. 18-04-2024
Seguimos con ceos despexados, hoxe con algúns cambios nas temperaturas. As nocturnas foron algo máis baixas, con mínimas por baixo dos cero graos en Lalín e con máximas que empezan a subir. Quedarán ao redor dos 20 graos polo norte e polo sur xa poderían pasar dos 25. Segue o nordés, con refachos fortes na costa da Coruña. 18-04-2024
Preocupación na ría de Arousa pola caída na produción de marisco, que está a provocar ceses de actividade e redución de persoal nas confrarías | Hoxe puxéronse á venda os billetes para viaxar entre Galicia e Madrid nos novos trens Avril | Case 20.000 alegacións contra a instalación dunha fábrica de celulosa e fibras téxtiles en Palas de Rei | Radio 5 cumpre 30 anos. Foi a primeira emisora en España dedicada integramente á información. 18-04-2024
Juan Carlos Santorum, no banco dos acusados. É o presunto líder da organización que tentou introducir en Galicia case catro toneladas de cocaína, en 2020, incautadas a bordo dun remolcador | Desde este mediodía, o rei emérito está de novo en Sanxenxo. Segunda visita a Galicia este ano, unha vez máis para participar nas regatas da fin de semana | Vivendas de cen metros e tres habitacións. Son as máis demandadas e din os promotores inmobiliarios que non se poden facer por menos de 250.000 euros | Un paseo pola natureza a través da poesía de Rosalía de Castro. A súa flor favorita era o pensamento, pero a máis citada na súa obra é a rosa. Profesores da Universidade de Santiago reuniron todas as flores e as plantas rosalianas. 17-04-2024
Juan Carlos Santorum, no banco dos acusados. É o presunto líder da organización que tentou introducir en Galicia case catro toneladas de cocaína, en 2020, incautadas a bordo dun remolcador | Desde este mediodía, o rei emérito está de novo en Sanxenxo. Segunda visita a Galicia este ano, unha vez máis para participar nas regatas da fin de semana | Espertar o interese da rapazada pola ciencia ofrecéndolles mesmo a oportunidade de traballar cos investigadores. É o obxectivo dun programa destinado a alumnos de 3º da ESO no que colaboran o CSIC. 17-04-2024
Juan Carlos Santorum, no banco dos acusados. É o presunto líder da organización que tentou introducir en Galicia case catro toneladas de cocaína, en 2020 | Desde este mediodía, o rei emérito está de novo en Sanxenxo | Vivendas de cen metros e tres habitacións. Son as máis demandadas e din os promotores inmobiliarios que non se poden facer por menos de 250.000 euros | Un paseo pola natureza a través da poesía de Rosalía de Castro. 17-04-2024
Seguimos con tempo seco e solleiro e con ventos do nordés, fortes na costa atlántica. Ceos, en xeral, despexados, agás na Mariña onde poden ter algún orballo e nubes de estancamento. As temperaturas mínimas baixaron e as máximas han quedar en valores semellantes aos destes días. No norte oscilarán entre os 17 e os 20 graos e polo sur roldarán os 25. 17-04-2024