Sol e calor. Arestora xa se superan os vinte graos en moitos puntos de Galicia, e na zona quente, Ourense, poden chegar hoxe ata os 26. Temperaturas moi agradables, máis propias de outros meses que de marzo. Pero ese calor e a falta de chuvias traen tamén o lume aos montes. // En competencia lingüística, matemáticas e coñecemento do medio os alumnos galegos acadan un notable. Máis do 70% dos avaliados sitúanse nos niveis intermedios de rendemento e o 30% nos niveis medio e superior. // A xuíza que instrúe o sumario da Operación Campeón cita a declarar ao alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, como imputado por presunta prevaricación. // O Centro de Transfusión de Galicia recibiu durante 2011 o un por cento menos de doazóns que o ano anterior. // Outra semana de éxito dos principais equipos galegos, que se afianzan nos primeiros postos da clasificación de Segunda. 12/03/12
Ceo pouco anubrado ou despexado en xeral, con nubes baixas no Norte das provincias da Coruña e Lugo. Temperaturas sen cambios significativos. Ventos moderados do leste e nordés no litoral Norte e frouxos de dirección variable no resto. 12/03/12
Temperaturas moi agradables, máis propias de outros meses que de marzo. Pero ese calor e a falta de chuvias traen tamén o lume aos montes. // Informe sobre da Educación en Galicia. // López Orozco, imputado por presunta prevaricación. // Baixan as doazóns de sangue. // Outra semana de éxito dos principais equipos galegos. 12/03/12
Dous ex-altos cargos da Xunta Bipartita que aparecen coma imputados no sumario da Operación Campeón van solicitar o sobresemento do caso no que a eles respecta. Trátase de Fernando Blanco e de Salustiano Mato. // Todo listo en Santiago para o congreso dos socialistas galegos que elixirá a dirección do partido para os próximos anos. // As razas autóctonas, ata hai poucos anos en perigo de extinción, son hoxe unha alternativa economicamente rendible para o sector gandeiro galego. Todas están presentes en Gandagro, no recinto feiral de Silleda. // O entorno do Castelo de Soutomaior, en Pontevedra, convertido no primeiro Xardín de Excelencia Internacional de España. (09/03/12)
Operación Campeón: Fernando Blanco e Salustiano Mato van solicitar o sobresemento do caso no que a eles respecta. // Todo listo en Santiago para o congreso do PSdeG. // As razas autóctonas, alternativa rendible para o sector gandeiro galego. Todas están en Gandagro. // O entorno do Castelo de Soutomaior, primeiro Xardín de Excelencia Internacional de España. (09/03/12)
Ceos pouco nubrados ou despexados, con algún intervalo de nubes altas disperso durante a tarde-noite. Vento frouxo de dirección variable, tomando compoñente Leste na metade Norte, onde alcanzará intervalos de moderado. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso e as máximas en ascenso, con sensación térmica primaveral durante a tarde. (09/03/12)
Operación Campeón. No Tribunal Supremo prestou declaración o empresario José Antonio Orozco e no xulgado de Lugo o actual reitor da Universidade de Vigo Salustiano Mato. // Se segue sen chover, como anuncian as previsións, a Xunta vai activar a finais de mes un protocolo para garantir o abastecemento de auga ás cidades. // Polémica en Ourense pola decisión do Ministerio de Fomento de aprazar a construción da estación do Ave deseñada por Norman Foster. // Actos institucionais, manifestacións e denuncias para recordar que aínda non hai igualdade real entre homes e mulleres. // Tamén hoxe se celebra o día mundial do ril, este ano poñendo a énfase na doazón. O transplante de ril é en moitas ocasións o único método para mellorar a calidade de vida dos enfermos renais crónicos. // Cun espectáculo da compañía catalá Sacude Danza, na parede do museo Marco de Vigo, botou onte á noite a andar o festival alternativo de artes escénicas ALT.12. 08/03/12
As néboas matinais deixarán paso a ceos pouco nubrados ou despexados, con nubes de estancamento no Norte de Lugo, onde orballará a primeira hora. Vento frouxo de compoñente Norte, con intervalos de moderado no extremo Norte de Lugo e A Coruña. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso, mentres que os valores máximos terán un lixeiro ascenso. 08/03/12
Operación Campeón. Declaracións de José Antonio Orozco e Salustiano Mato. // Se segue sen chover a Xunta vai tomar medidas a finais de mes. // Polémica en Ourense polo aprazamento da construción da estación do Ave. // Día da muller. // Tamén hoxe se celebra o día mundial do ril. // Festival ALT.12 en Vigo. 08/03/12
A Xunta comprométese co control do déficit e asegura que non lle vai ser complicado rebaixalo este ano ao 1,5 por cento do PIB, sen facer grandes axustes. // Tamén a administración local vai ter que manter a raia os seus gastos. O Goberno xa anunciou que lle vai propoñer aos concellos un límite de gasto do 0,3 por cento. // Alberto Núñez Feijóo di que vai seguir traballando para acadar unha entidade financeira solvente e galega. // A dirección e os traballadores da factoría Citroen de Vigo acaban de asinar o seu convenio colectivo para os próximos catro anos, que inclúe facer fixos ao vinte por cento dos traballadores eventuais. // Comeza a emitir en Pontevedra unha nova canle de TV por Internet, PONTE .TV. // A xeito de homenaxe, a Fundación Novacaixagalicia mostra na Coruña 35 obras de Isaac Díaz Pardo. 07/03/12
Moita néboa que deixará paso a ceos parcialmente cubertos. A medida que avance a tarde as nubes serán máis compactas no litoral Norte e deixarán algún chuvasco á noite. Vento frouxo e de dirección variable á mañá collendo compoñente Oeste pola tarde. Temperaturas en ascenso entre lixeiro e moderado. 07/03/12
A Xunta asegura que non lle vai ser complicado rebaixar o déficit este ano ao 1,5 por cento. // Tamén a administración local vai ter que manter a raia os seus gastos. // Alberto Núñez Feijóo di que vai seguir traballando para acadar unha entidade financeira solvente e galega. // A dirección e os traballadores da factoría Citroen de Vigo acaban de asinar o convenio. // Comeza a emitir en Pontevedra unha nova canle de TV por Internet, PONTE .TV. // A pintura de Díaz Pardo na Coruña. 07/03/12
Alberto Núñez Feijóo entrevistase coa vicepresidenta Soraya Saenz de Santamaría para expoñerlle os principais asuntos nos que o executivo de Mariano Rajoy ten decisión respecto de Galicia. // Declaran no Tribunal Supremo dous empresarios en relación co Caso Campión. Tamén compadece no xulgado de Lugo o vicepresidente de Azkar, José Antonio Orozco. // Os Parlamentos autonómicos queren mellorar a súa imaxe, trasladar á sociedade que as cámaras, neste tempo de crise, "son potenciadoras de solucións" e "non parte do problema". // Novagalicia Banco quere seguir en Galicia e en solitario, resistíndose ao crecente proceso de concentración bancaria. // O saxofonista estadounidense Joe Lovano trae esta noite a Santiago os temas do seu último disco, Bird Songs. // ¿A pantasma do palco¿: Teatro e diversión para que os nenos entendan a música clásica. 06/03/12
Alberto Núñez Feijóo entrevistase coa vicepresidenta Soraya Saenz de Santamaría. // Declaran no Tribunal Supremo dous empresarios en relación co Caso Campión. // Os Parlamentos autonómicos queren mellorar a súa imaxe. // Novagalicia Banco quere seguir en Galicia e en solitario. // O saxofonista estadounidense Joe Lovano actúa esta noite en Santiago. // ¿A pantasma do palco¿. 06/03/12
Os ceos iranse cubrindo de Oeste a Leste a medida que avance a xornada, deixando algún chuvasco pola tarde na metade Oeste. Vento moi frouxo de dirección variable. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso e as máximas terán un lixeiro descenso. 06/03/12
Os presidentes dos Parlamentos autonómicos reúnense hoxe e mañá en Santiago para compartir experiencias nestes momentos especiais de crise. Din que nas cámaras autonómicas, cos seus deputados e gobernos, está parte da responsabilidade para saír desta situación. // Contra atrás entre os socialistas galegos para o congreso no que elixiran a nova dirección. // Novagalicia Banco anuncia que vai poñer máis de 6.000 millóns de euros a disposición de pequenas e medianas empresas galegas. // Está de volta en Vigo o buque oceanográfico Ramón Margalef, que durante catro meses se dedicou ao estudo da erupción volcánica submarina na illa del Hierro. // Deportivo e Celta continúan firmes, tras a fin de semana, encabezando a clasificación de Segunda e avanzando cara o ascenso. // Estivemos en Narón coa que está considerada a mellor banda tributo a Queen, e tamén con Brothers in Band, a réplica galega dos Dire Straits. 05/03/12
Tempo seco. Con todo, unha pequena baixa que atravesa o Océano Atlántico enviará intervalos de nubes de tipo medio e alto, e mesmo algunhas nubes baixas, que nas últimas horas deixarán chuvias débiles polo oeste. Ventos frouxos do nordés, con intervalos moderados no litoral atlántico. Temperaturas mínimas en descenso moderado, coa reaparición de xeadas en zonas do interior, mentres que as máximas non varían. 05/03/12
Os presidentes dos Parlamentos autonómicos reúnense hoxe e mañá en Santiago. // Contra atrás entre os socialistas galegos para o congreso no que elixiran a nova dirección. // Novagalicia Banco aumenta os créditos. // Está de volta en Vigo o buque oceanográfico Ramón Margalef. // Deportivo e Celta continúan firmes cara o ascenso. // Bandas tributo. 05/03/12
En febreiro perderon o seu traballo 3.391 persoas en Galicia. // A CIG e os sindicatos CUT, CNT e CXT presentaron esta mañá a convocatoria de folga xeral en Galicia, prevista para o 29 de marzo. // A Xunta quere rebaixar este ano o gasto farmacéutico un 7%, o que suporía aforrar 60 millóns de euros, que se sumarían aos 102 aforrados en 2011. // No que vai de ano foron detidas en Galicia 50 persoas acusadas de ter provocado incendios forestais, 43 máis que hai un ano, na mesma época. // O Concello Oleiros, na Coruña, vai abrir un expediente para multar ao Bispado por ter abandonada unha igrexa parroquial. 02/03/12
Pouco nubrado ou despexado a primeira hora, aparecendo nubes de evolución diúrna que deixarán chuvascos illados no interior. Vento frouxo do Sur e Sueste, aumentando a moderado polo Noroeste durante a tarde. Temperaturas sen cambios significativos. 02/03/12