Seca no Día Forestal Mundial. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo anuncia créditos para comprar forraxes e pide aforrar auga. // O ex deputado popular, Pablo Cobián, négase a declarar por segunda vez como imputado no sumario da Operación Campeón. Di que as gravacións das súas conversas telefónicas con Jorge Dorribo se fixeron sen autorización xudicial. // Segundo día do xuízo polo incendio da planta química Brenntag de Caldas e a contaminación do río Umia. // Seis detidos en Santiago, entre esta mañá e a fin de semana, por supostamente formar parte dunha rede internacional que fornecía cocaína a clientes de clubs de alterne. // Día Mundial da Síndrome de Down. 4.000 galegos que teñen esta discapacidade intelectual aproveitan para reclamar igualdade de oportunidades. // Comeza en Tui o festival de cine documental Play Doc. 21/03/12
O presidente da Xunta anuncia créditos para comprar forraxes e pide aforrar auga. // Pablo Cobián, négase a declarar por segunda vez como imputado no sumario da Operación Campeón. // Xuízo polo incendio da planta química Brenntag de Caldas. // Seis detidos en Santiago por supostamente fornecer cocaína a clientes de clubs de alterne. // Día Mundial da Síndrome de Down. // Comeza o festival Play Doc. 21/03/12
Ceos pouco nubrados ou despexados, con algúns intervalos de nubes na provincia de Lugo e no este de Ourense , que poderían deixar algún chuvasco illado. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas nas zonas do interior. 21/03/12
A primavera entra en Galicia cun sol radiante mentres chove en boa parte da Península. O cambio de estación ocorreu pouco despois das seis da mañá. // Os empresarios que monten os seus negocios nalgún dos 19 concellos da Costa da Morte recibirán de media un cinco por cento máis de subvencións que os que se instalen en outras zonas. // A Comisión Europea suaviza a prohibición dos descartes na pesca, pero rexeita manter as axudas ao desguace da flota e ás paradas temporais. // Cada vez menos condutores enchen o depósito, coa esperanza de que baixe un pouco o prezo dos carburantes. A semana pasada, gasolina e gasóleo chegaron a novas marcas históricas. // Os Resentidos, aquel grupo vigués que cantaba en galego historias de crise e reconversión naval, xúntanse de novo para celebrar o trinta aniversario da súa creación. 20/03/12
A primavera entra en Galicia cun sol radiante mentres chove en boa parte da Península. // A Xunta prima ás empresas que se instalen na Costa da Morte. // A Comisión Europea suaviza a prohibición dos descartes na pesca. // Cada vez menos condutores enchen o depósito, coa esperanza de que baixe un pouco o prezo dos carburantes. // Os Resentidos xúntanse de novo para celebrar o trinta aniversario da súa creación. 20/03/12
Ceos pouco nubrados ou despexados, aínda que se rexistrarán algunhas nubes na zona da Mariña Lucense e bancos de néboa matinais illados e pouco persistentes en bisbarras do interior. Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso as máximas. Xeadas nas zonas do interior. Ventos do nordés moderados en xeral, con intervalos fortes na Costa da Morte. 20/03/12
Comeza o xuízo pola contaminación do Umia tras o incendio da planta química Brenntag, en Caldas. Tres empregados da factoría están acusados de imprudencia na descarga dun camión de tolueno, que sería a causa do lume e do vertido tóxico. // A Coruña foi a segunda cidade que ratificou a Constitución de Cádiz de 1812. Hoxe conmemoran o seu bicentenario e lembran que 25 galegos participaron nas deliberacións para a súa redacción. // A Xunta multa con 72.000 euros a tres compañías navieiras das que levan pasaxeiros ás Illas Cíes, por transportar máis dos declarados e dos permitidos polo Parque Nacional das Illas Atlánticas. // San Xosé e día do pai. // O Deportivo segue de líder e disparado cara o ascenso, tras gañarlle por tres a cero ao Alcoyano, mentres o Celta interrompe a súa serie de sete vitorias consecutivas. // Máis ilusión que capturas no primeiro día de pesca nos ríos, que van baixos coma no verán. 19/03/12
Durante a mañá, ceos parcialmente cubertos, con chuvascos nas primeiras horas no litoral norte e no leste da provincia de Lugo. Intervalos anubrados no terzo norte e máis despexados no resto. Ventos moderados do nordés. A medida que avance a xornada a tendencia será á diminución das nubes e a desaparición das chuvias. 19/03/12
Comeza o xuízo pola contaminación do Umia tras o incendio da planta química Brenntag, en Caldas. // A Coruña conmemora o bicentenario da Constitución de Cádiz. // A Xunta multa con 72.000 euros a tres compañías navieiras por levar máis pasaxeiros ás Illas Cíes dos permitidos. // San Xosé e día do pai. // O Deportivo, disparado cara o ascenso. O Celta interrompe a súa serie de sete vitorias consecutivas. // Primeiro día de pesca nos ríos. 19/03/12
Un incendio en Samos, en Lugo, leva queimadas más de 400 hectáreas e segue avanzando. Nas últimas horas tamén ardeu con forza entre Allariz e Vilar de Santos, Ourense. Aquí o lume arrasou unhas 140 hectáreas. // Os meteorólogos xa cualifican esta seca coma unha das máis graves dende que hai rexistros. Case chega ao nivel da sufrida en 1953 e calculan que tería que chover todo o que queda de ano para paliar a escaseza de auga. // A Xunta proponlle ás entidades financeiras un sistema de arbitraxe para resolver o conflito das participacións preferentes. // UGT e Comisións Obreiras presentaron hoxe no Rexistro da Xunta a súa convocatoria para a folga xeral do próximo día 29 contra a reforma laboral. // Concerto para bebés no Conservatorio Histórico de Santiago. (16/03/12)
Ceos anubrados e néboas a primeira hora. Nubes de tipo medio e alto e chuvascos, máis importantes no interior, ocasionalmente de carácter tormentoso. Ventos frouxos do oeste. As temperaturas mínimas non varían e as máximas descenden entre lixeira e moderadamente. (16/03/12)
Un incendio en Samos, en Lugo, leva queimadas más de 400 hectáreas e segue avanzando. // Os meteorólogos xa cualifican esta seca coma unha das máis graves dende que hai rexistros. // A Xunta proponlle ás entidades financeiras un arbitraxe sobre as participacións preferentes. // UGT e Comisións Obreiras rexistran a súa convocatoria de folga xeral. // Concerto para bebés no Conservatorio Histórico de Santiago. (16/03/12)
Dous veciños de Bueu morreron esta mañá ao envorcar a embarcación deportiva na que estaban pescando. Sucedeu preto da illa de Ons, fronte á ría de Pontevedra. // Milleiros de traballadores de Navantia e as industrias auxiliares da comarca de Ferrol maniféstanse en Santiago pedindo encargas para o sector e a construción dun dique flotante que permita reparar grandes buques en Fene. // O Sector naval foi un dos asuntos que trataron ata hai uns minutos o presidente a Xunta e o do Goberno na Moncloa. // Dorribo tentou chantaxear ó presidente da Audiencia Provincial de Lugo coa compra da farmacia do seu xenro en Santiago. // O imperio Inditex abre tenda hoxe na Quinta Avenida de Nova York na que estrea nova imaxe. // O grupo arxentino Les Luthiers está de xira por Galicia co seu espectáculo "Lutherapia", unha historia entre paciente e psicanalista que remata con final feliz. (15/03/12)
Vaise achegando un embolsamento de aire frío, que trae nubes de tipo medio e alto. No litoral, intervalos nubrados e néboas especialmente persistentes na provincia de A Coruña. Ventos frouxos do nordés no litoral norte, con intervalos de moderado no litoral de A Coruña. As temperaturas seguen sen cambios. (15/03/12)
Dous veciños de Bueu morreron esta mañá ao envorcar a embarcación na que estaban pescando. // Traballadores de Navantia e as industrias auxiliares da comarca de Ferrol maniféstanse en Santiago. // Reunión entre o presidente a Xunta e o do Goberno na Moncloa. // Dorribo tentou chantaxear ó presidente da Audiencia Provincial de Lugo coa compra dunha farmacia. // O imperio Inditex abre tenda hoxe en Nova York. // Les Luthiers está de xira por Galicia. (15/03/12)
Os alcaldes de Oza dos Ríos e Cesuras, na comarca de Betanzos, fixeron hoxe oficial a intención de fusionar os dous concellos. O resultado vai ser un municipio dunha poboación de case 5.500 habitantes. // Preocupación na Costa da Morte polo anuncio de que se renuncia a construír, de momento, o Parador Turismo de Muxía. O alcalde socialista deste concello pídelle ao presidente da Xunta que convenza a Rajoy para seguir adiante co proxecto. // O presidente da Audiencia Provincial de Lugo denuncia a Jorge Dorribo por intento de extorsión. // A Consellería de Educación, o Valedor do Pobo e maila Fiscalía de Ourense investigan se na Escola de Hostalería de Vilamarín se estaba a utilizar aos alumnos para obter ingresos sen ningún tipo de control fiscal. // Hoxe, no día europeo dedicado ás enfermidades cardiovasculares, que son a principal a principal causa de morte na nosa sociedade, a Xunta pon en marcha un ambicioso plan para fomentar a actividade física dos galegos. 14/03/12
Os alcaldes de Oza dos Ríos e Cesuras fan oficial a intención de fusionar os dous concellos. // Preocupación na Costa da Morte polo anuncio de que se renuncia a construír, de momento, o Parador Turismo de Muxía. // O presidente da Audiencia de Lugo denuncia a Dorribo por intento de extorsión. // Investigan se na Escola de Hostalería de Vilamarín se estaba a utilizar aos alumnos para obter ingresos sen control fiscal. // Día europeo des enfermidades cardiovasculares. 14/03/12
Debate do estado da autonomía con anuncio sorpresa. O presidente da Xunta avanzou que mañá se vai presentar a primeira fusión de dous concellos de Galicia desde hai 44 anos. // Para os partidos da oposición, a intervención do presidente da Xunta foi repetitiva e falta de contido. // O naval de ría de Ferrol marcha cara Santiago para pedir o compromiso das administracións na busca de carga de traballo para os estaleiros de Navantia e a industria auxiliar. // O visado de vivendas caeu un 90 por cento nos últimos cinco anos en Galicia. // A falta de chuvias fai que a presenza de pole no ambiente sexa escasa, o que augura uns meses máis levadeiros para os alérxicos, se o tempo non muda. // "Paisaxe que sabe a pan", a primeira exposición de Manuel Colmeiro en Lugo desde hai case 80 anos. 13/03/12
A primeira fusión de dous concellos de Galicia desde hai 44 anos vaise presentar mañá. // Para os partidos da oposición, a intervención do presidente da Xunta no debate do estado da autonomía foi repetitiva e falta de contido. // O naval de ría de Ferrol marcha cara Santiago. // O visado de vivendas caeu un 90 por cento nos últimos cinco anos. // Alerxias suaves pola seca. // "Paisaxe que sabe a pan", exposición de Manuel Colmeiro en Lugo. 13/03/12
Ceos despexados agás na Mariña Lucense e o norte de A Coruña. Ventos do este, frouxos pola mañá, con intervalos pola tarde de moderado arredor de Bares. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. 13/03/12