A Xunta da por practicamente controlado o incendio que arrasou parte do parque natural das Fragas do Eume. // O presidente da Xunta pide unha reforma do código penal que endureza as penas contra os pirómanos. // Unións Agrarias propón para evitar os incendios que se lle permita aos gandeiros xestionar os montes. // Novagalicia Banco conta con cinco grupos de investimento internacionais para entrar no seu capital. // O Celta volve ao camiño da vitoria tras dúas semanas perdidas. O Deportivo mantense firme no liderado a pesar da súa derrota en Girona. (02/04/12)
Laboratorios Nupel entran en liquidación. Os principais acredores da farmacéutica de Dorribo non se presentaron, esta mañá, no xulgado do mercantil de Lugo. // Os sindicatos consideran que a folga xeral foi un éxito histórico en Galicia, e advirten de que van continuar as mobilizacións se o Goberno central non da marcha atrás coa reforma laboral. // Hoxe comezan as vacacións de Semana Santa para moitos. A crise non axuda, pero o tempo, polo momento, si. // Unha norueguesa e unha galega comparten nome debido a o afundimento dun buque en Cabo Silleiro hai 64 anos. // Festival Independente de Vilalba. (30/03/12)
Os ceos pouco anubrados e temperaturas estables ou con unha pequena baixada. Intervalos de nubes medias e altas que irán entrando polo sur durante o día e nebulosidade e estancamento no norte de Lugo e de A Coruña. Ventos do leste e nordés, de frouxos a moderados na metade norte, con refachos fortes no norte e no noroeste de A Coruña, e frouxos no resto. (30/03/12)
Laboratorios Nupel entran en liquidación. // Os sindicatos consideran que a folga xeral foi un éxito histórico en Galicia. // Hoxe comezan as vacacións de Semana Santa para moitos. A crise non axuda, pero o tempo, polo momento, si. // Dúas mulleres unidas por un naufraxio. // Festival Independente de Vilalba. (30/03/12)
Milleiros de persoas saen á rúa en Galicia para protestar contra a reforma laboral nun día de folga que está a ter unha ampla incidencia na nosa comunidade. // O Presidente da Xunta estima que non é o momento de oporse a unha reforma laboral que pretende evitar que sigan aumentando os actuais cinco millóns de parados. // Este día de folga xeral transcorre sen incidentes. // A explosión dunha caldeira parece ser a causa do incendio que provocou a morte dun home nunha nave industrial en Barro, en Pontevedra. 29/03/12
Loito e protesta polo brigadista falecido no incendio de Castrelo do Val. Os seus compañeiros denuncian as precarias condicións nas que traballan as cuadrillas de loita contra o lume. // Sesión de control al goberno no Parlamento Galego. O debate centrouse na folga xeral convocada para mañá. // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estuda arestora se suspenden cautelarmente os servizos mínimos decretados pola Xunta para maña, como lle solicitan os sindicatos. // A policía nacional abriu durante o ano pasado dez operacións contra a trata de mulleres en Galicia. // Os investigadores piden un cambio de filosofía na explotación das enerxías renovables. Aseguran que en Galicia a enerxía eólica xa está esgotada. // Intérpretes novos de Galicia sorprenden en toda Europa coa súa mestría. 28/03/12
Loito e protesta polo brigadista falecido no incendio de Castrelo do Val. // Sesión de control al goberno no Parlamento Galego. // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estuda os servizos mínimos. // A policía nacional abriu durante o ano pasado dez operacións contra a trata de mulleres en Galicia. // Os investigadores piden un cambio de filosofía na explotación das enerxías renovables. // Intérpretes novos de Galicia sorprenden en Europa. 28/03/12
Estable, cos ceos despexados e nubes de tipo baixo que aparecerán segundo se achegue a noite no litoral de A Mariña. Ventos frouxos de compoñente Leste en xeral, con intervalos de moderado no Norte da Coruña. Temperaturas sen cambios significativos ou con algún descenso puntual. 28/03/12
Case 32 graos no sur de Lugo. En Galicia estamos a ter estes días as temperaturas máis altas de Europa, unha situación máis propia de pleno verán que de comezos da primavera. // Hoxe está a declarar en Lugo o principal implicado na operación Campeón, o empresario Jorge Dorribo. // A idea de promover a fusión de concellos como medida de aforro crea debate no Parlamento. // Comeza a funcionar na Coruña un centro para axudar ás familias que teñen problemas coa educación dos seus fillos. // A Xunta dálle un novo pulo á Fundación Galega de Medicina Xenómica. Este instituto público atende cada ano a uns vinte mil pacientes con doenzas singulares, que precisan a análise do seu ADN para unha diagnose. 27/03/12
En Galicia estamos a ter estes días as temperaturas máis altas de Europa. // Hoxe está a declarar en Lugo Jorge Dorribo, o principal implicado na operación Campeón. // Debate no Parlamento sobre a fusión dos concellos. // Comeza a funcionar na Coruña un centro para axudar ás familias que teñen problemas coa educación dos seus fillos. // A Xunta dálle un novo pulo á Fundación Galega de Medicina Xenómica. 27/03/12
Ceos despexados ou pouco anubrados, aínda que pola tarde poderían crecer algunhas nubes de evolución nas zonas altas. Ventos do este, frouxos en xeral, con intervalos de moderado no litoral da Coruña e nas zonas montañosas. Temperaturas sen cambios, superando os 25 graos nalgúns puntos da Comunidade. 27/03/12
O ex deputado do BNG Fernando Blanco asegura que todo o que dixo sobre el Jorge Dorribo é falso. Blanco declarou esta mañá por segunda vez no xulgado de Lugo que instrúe o sumario da Operación Campeón. // A crise dispara as denuncias dos cidadáns ante o Valedor do Pobo. Durante o ano pasado a oficina do Valedor tramitou case tres mil expedientes, un nove por cento máis que en 2010. // CC.OO. e UGT denuncian por abusivos os servizos mínimos decretados pola Xunta para a folga xeral do xoves. // O Deportivo mantense firme no liderado de Segunda tras vencer ao Córdoba en Riazor, onde xa leva once vitorias consecutivas. A sete puntos está o Celta, que conseguiu empatar nos últimos minutos en Huesca. // O barrio de San Lázaro, en Santiago, celebra a Festa gastronómica da Uña. 26/03/12
Ceos pouco anubrados ou despexados, unicamente con nubes de tipo medio e alto na parte Leste da Comunidade. Temperaturas sen cambios significativos.
Ventos de compoñente Leste, moderados no litoral norte e frouxos no resto. Brisas costeiras nas Rías Baixas. 26/03/12
O ex deputado do BNG Fernando Blanco asegura que todo o que dixo sobre el Jorge Dorribo é falso. // A crise dispara as denuncias dos cidadáns ante o Valedor do Pobo. // CC.OO. e UGT denuncian por abusivos os servizos mínimos decretados pola Xunta. // O Deportivo mantense firme no liderado de Segunda. // O barrio de San Lázaro, en Santiago, celebra a Festa gastronómica da Uña. 26/03/12
O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco declara como imputado no caso Campeón. O empresario Jorge Dorribo acúsao de irregularidades. // O presidente dos empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, cualifica de 'valente' a reforma laboral, pero considera que necesita unha volta máis. // UGT e CC.OO. van recorrer os servizos mínimos marcados pola Xunta para a folga xeral da próxima semana. // Plenos informativos nos concellos coruñeses de Oza dos Ríos e Cesuras. Os alcaldes tentan convencer aos grupos da oposición e aos veciños das vantaxes de fusionar os dous municipios. // Hoxe é o día mundial da meteoroloxía, e os centros nos que se elaboran as predicións abren as súas portas para explicar como funcionan. // Alumnos de instituto premian a Eduardo Mendoza, Colm Tóibín e Xulia Alonso. (23/03/12)
Intervalos de nubes de tipo medio e alto e temperaturas en moderado ascenso que evitarán que se formen xeadas. Ventos frouxos do sueste, moderados pola tarde nas zonas altas e no extremo norte da Comunidade. (23/03/12)
O alcalde de Lugo declara como imputado no caso Campeón. // O presidente dos empresarios de Galicia cualifica de 'valente' a reforma laboral, pero considera que necesita unha volta máis. // UGT e CC.OO. van recorrer os servizos mínimos marcados pola Xunta para a folga. // Plenos informativos nos concellos coruñeses de Oza dos Ríos e Cesuras. // Día mundial da meteoroloxía. // Alumnos de instituto premian a Eduardo Mendoza, Colm Tóibín e Xulia Alonso. (23/03/12)
Hoxe é o Día da Auga e en Galicia celébrase con preocupación pola seca. A falta de chuvia mantén os encoros galegos a menos do 50 por cento da súa da capacidade. // O Goberno galego aproba os servizos mínimos para a folga do día 29, que serán os mesmos que os da última mobilización xeral, a do 2010. Tamén decidiu poñerlle un tope aos salarios dos directivos de entes públicos. // En Ferrol comezou o xuízo contra oito mariscadores acusados de bloquear a entrada a ría dun gaseiro en 2007. Era o primeiro buque que atracaba en Reganosa en Mugardos e tardou dous días en podelo facer. // Protestas dos traballadores do Sergas e outros empregados públicos contra a lei que modifica as súas condicións laborais, e contra os recortes da Xunta en servizos como os sanitarios. // Vigo reforza os servizos de inspección urbanística cunha policía especializada en detectar obras ilegais. 22/03/12
Hoxe é o Día da Auga e en Galicia celébrase con preocupación pola seca. // O Goberno galego aproba os servizos mínimos para a folga do día 29. // En Ferrol comezo o xuízo contra oito mariscadores acusados de bloquear a entrada a ría dun gaseiro en 2007. // Protestas dos traballadores do Sergas e outros empregados públicos. // Vigo reforza os servizos de inspección urbanística. 22/03/12
Ceos despexados en xeral e nubes en aumento co avance da xornada na metade oeste. Ventos frouxos do sur, con algún intervalo de moderado no oeste da Coruña. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro ascenso. 22/03/12