Expectación nos xulgados de Santiago mentres no interior comparecía o alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa, acusado por Facenda de non declarar case 300.000 euros. // A Xunta acaba de aprobar o proxecto dunha nova lei de vivenda, que quere reactivar o sector da construción e facilitar o aceso dos mozos á vivenda. // O concello ourensán de Xinzo de Limia anuncia recortes no capítulo de persoal para poder aforrar ao ano medio millón de euros. // En Pontevedra estudan o alcance dunha nova bacteria, moi agresiva para as plantas de kiwi, aínda que non afecta ó froito. Chámase PSA e noutros países como Nova Zelanda, ten causado perdas importantes. // O cómico italiano Leo Bassi arranca hoxe a súa xira por Galicia e faino con polémica. 12/04/12
Expectación nos xulgados de Santiago mentres no interior comparecía o alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa. // A Xunta acaba de aprobar o proxecto dunha nova lei de vivenda. // O concello ourensán de Xinzo de Limia anuncia recortes de persoal para aforrar ao ano medio millón de euros. // En Pontevedra estudan o alcance dunha nova bacteria moi agresiva para as plantas de kiwi. // O cómico italiano Leo Bassi arranca hoxe a súa xira por Galicia. 12/04/12
Nubes e chuvascos probables en calquera punto da comunidade. A cota de neve está arredor dos 1.200 metros de altitude. Vento de compoñente Norte moderado con intervalos fortes no litoral Oeste durante a madrugada, amainando pola tarde. Temperaturas sen cambios significativos. 12/04/12
As protestas polo engano das participación preferentes chegan ao Parlamento galego. Un grupo de afectados por este produto financeiro interromperon hoxe o pleno da cámara pedindo solucións para recuperar os seus aforros. // Cada quince días a Xunta vai avaliar a situación pola seca e propor solucións. É un das consecuencias do Protocolo de seguimento e coordinación da Seca que contempla 60 medidas. // A seca obrigará aos concellos da provincia de Ourense a analizar con máis frecuencia a auga captada para o abastecemento para evitar problemas sanitarios. // Preocupación en Santiago polos baixos niveis de ocupación hoteleira. Esta Semana Santa caeu un dez por cento con respecto á do ano pasado. // En Galicia, o 70% dos estudantes prefiren ir á universidade e o resto, o 30%, elixen a Formación Profesional. // Estes días en Galicia xúntanse varios dos máis prestixiosos creadores da chamada World Music. 11/04/12
As protestas polo engano das participación preferentes chegan ao Parlamento galego. // Cada quince días a Xunta vai avaliar a situación pola seca e propor solucións. // A seca obrigará aos concellos da provincia de Ourense a analizar con máis frecuencia a auga. // Preocupación en Santiago polos baixos niveis de ocupación hoteleira. // En Galicia, o 70% dos estudantes prefire ir á universidade e o resto elixe a Formación Profesional. // Galicia Connection. Encontro de World Music. 11/04/12
Ceos cubertos durante todo o día, con chuvias xeneralizadas, máis intensas nas provincias da Coruña e Pontevedra. Vento moderado de compoñente Oeste, forte no litoral das provincias de A Coruña e Lugo. Temperaturas sen experimentarán cambios significativos. 11/04/12
O Parlamento galego aproba a creación da Área Metropolitana de Vigo co único apoio do Partido Popular. A oposición rexeita a lei que a pon en marcha por considerar que o PP pretende con ela gobernar desde fóra o concello vigués. // A Xunta considera rápida e eficiente a actuación para apagar o incendio que queimou unhas 750 hectáreas do parque natural das Fragas do Eume a semana pasada. // O alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, admite a súa débeda con Facenda, pero nega "rotundamente" que teña cometido un delito de fraude e asegura que non vai dimitir. // Novas declaracións xudiciais na Operación Campeón. O socio de Jorge Dorribo en varias empresas asegura que non presenciou pagos de comisións ilegais. // Un estudo de CC.OO. indica que case a metade dos dependentes recoñecidos en Galicia non recibe ningunha prestación. 10/04/12
O Parlamento galego aproba a creación da Área Metropolitana de Vigo co único apoio do Partido Popular. // Xunta considera rápida e eficiente a actuación para apagar o incendio das Fragas do Eume. // O alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa nega "rotundamente" que teña cometido un delito de fraude e asegura que non vai dimitir. // Novas declaracións xudiciais na Operación Campeón. // Un estudo de CC.OO. indica que case a metade dos dependentes recoñecidos en Galicia non recibe prestación. 10/04/12
Pola mañá, ceos cubertos con chuvias. Ao longo do día iranse abrindo claros, aínda que caerán chuvascos menos frecuentes na metade Sur. Vento de compoñente Oeste, moderado en xeral, con momentos fortes no litoral Norte e nas zonas altas do interior. Temperaturas mínimas en ascenso, pero os valores máximos terán un descenso, entre lixeiro e moderado. 10/04/12
Hoxe aínda é festivo en lugares como na Coruña, Ferrol ou Padrón..., pero para a maioría de nós a Semana Santa xa pasou. E con ela unhas vacacións que, a pesar dos cambios de tempo, trouxeron a Galicia milleiros de turistas. // Hoxe rematan as visitas guiadas ao mosteiro de Caaveiro no parque natural das Fragas do Eume. Turistas e veciños ateigan estes días a zona, atraídos pola beleza deste espazo único e pola curiosidade de ver cómo quedou tras o incendio. // Medra a presión política sobre o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, do Partido Popular, acusado pola fiscalía de defraudar a Facenda case 300.000 euros. Socialistas e BNG piden a súa dimisión, mentres o seu grupo agarda que se explique. // Preparando xa o derbi, Deportivo e Celta afrontan a semana con distinta actitude. // Camariñas celebrou estes días a súa mostra de encaixe. Achegáronse a ela más de 17.000 visitantes. 09/04/12
Hoxe aínda é festivo en lugares como na Coruña, Ferrol ou Padrón..., pero para a maioría de nós a Semana Santa xa pasou. // Rematan as visitas guiadas ao mosteiro de Caaveiro no parque natural das Fragas do Eume. // Medra a presión política sobre o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa. // Deportivo e Celta afrontan a semana con distinta actitude. // Mostra do Encaixe de Camariñas. 09/04/12
Ceo despexado e néboas no interior. Nas últimas horas da xornada empezarán a chegar algunhas nubes baixas polo litoral atlántico. Vento frouxo de dirección variable nas primeiras horas que irá tomando compoñente Oeste e pola tarde soprará con intervalos de moderado no litoral da Coruña e Lugo. Temperaturas sen cambios significativos. 09/04/12
Vacacións de Semana Santa con crise e cos prezos dos carburantes polas nubes. // Unha borrasca aproxímase a Galicia e con ela un tempo máis inestable. O máis destacado será probablemente o frío e as chuvias, que serán máis frecuentes o xoves e o venres santo. // Os alcaldes da zona convidan a visitar as Fragas do Eume durante a Semana Santa, para paliar co turismo, na medida do posible, os danos que provocou o lume. // As obras do AVE priman a Galicia no reparto autonómico dos orzamentos do Estado. Correspóndenlle algo máis de 1.700 millóns de euros. // Un xulgado de Santiago investiga ao alcalde da cidade, o popular Gerardo Conde Roa, acusado pola Fiscalía de non declarar a Facenda o IVA de venda de 61 pisos de protección oficial en 2010. // Aerolíneas Federales: Novo disco e volta aos escenarios vinte anos despois. (04/04/12)
Intervalos de nubes no terzo Norte, con chuvascos ocasionalmente acompañados de sarabia, que poderían producirse no resto da comunidade pola tarde, pero de modo máis illado e ocasional. Vento do Norte en aumento ao longo do día, sendo moderado no litoral e frouxo a moderado no interior. Temperaturas en lixeiro ou moderado descenso. (04/04/12)
Vacacións de Semana Santa con crise e cos prezos dos carburantes polas nubes. // Unha borrasca aproxímase a Galicia e con ela un tempo máis inestable. // Os alcaldes da zona convidan a visitar as Fragas do Eume durante a Semana Santa. // As obras do AVE priman a Galicia no reparto autonómico dos orzamentos do Estado. // Gerardo Conde Roa, acusado pola Fiscalía de non declarar a Facenda o IVA da venda de 61. // Aerolíneas Federales: Novo disco e volta aos escenarios. (04/04/12)
O paro aumentou durante o último ano en Galicia un once por cento, un punto e medio por riba da media estatal. Hoxe están aquí sen emprego 276.000 persoas, 27.500 máis que hai un ano. // Xa non se ven lapas nas Fragas do Eume. O incendio que arrasou unhas 750 hectáreas do parque natural, a metade de gran valor ecolóxico, está controlado e só se manteñen na zona equipos de terra refrescando o terreo. // Pre alerta pola seca en 220 municipios de Ourense, Lugo e León. // Antes de que remate este ano agárdase que atraquen os primeiros barcos no Porto Exterior da Coruña. // O sector hostaleiro de Galicia agarda chegar nos días festivos da Semana Santa a unha ocupación media do setenta por cento nos seus establecementos. (03/04/12)
Néboas matinais no interior e ceos alternando nubes e claros en xeral, con máis nubes no Norte. No Leste de Ourense, nubes de evolución pola tarde. Vento do Norte frouxo en xeral, moderado no litoral atlántico, especialmente durante a tarde. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos; mentres que os valores máximos terán un descenso entre lixeiro e moderado. (03/04/12)
O paro aumentou durante o último ano en Galicia un once por cento, un punto e medio por riba da media estatal. // Xa non se ven lapas nas Fragas do Eume. O incendio arrasou unhas 750 hectáreas do parque natural, a metade de gran valor ecolóxico. // Pre alerta pola seca en 220 municipios de Ourense, Lugo e León. // Este mesmo ano agárdase que atraquen os primeiros barcos no Porto Exterior da Coruña. // O sector hostaleiro de Galicia agarda ocupación media do setenta por cento nos próximos días. (03/04/12)
A Xunta da por practicamente controlado o incendio que arrasou parte do parque natural das Fragas do Eume e eleva a mil hectáreas e estimación da superficie queimada. // O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo vaille pedir ao seu partido unha reforma do código penal que endureza as penas contra os pirómanos. // Unións Agrarias propón como solución para evitar os incendios forestais que se lle permita aos gandeiros xestionar os montes para dedicalos ao pastoreo, como acontece en Francia. // Novagalicia Banco conta con cinco grupos de investimento internacionais para entrar no capital da entidade e permitir que continúe en solitario. // O Celta volve ao camiño da vitoria tras dúas semanas perdidas. Gañoulle dous a cero a o Villarreal B e queda a catro puntos do líder. O Deportivo mantense firme nese liderado a pesar da súa derrota en Girona. (02/04/12)
Nubes de evolución que darán lugar a chuvascos acompañados de tormenta no interior, mentres que no resto, ceos pouco anubrados. Néboas matinais no interior e brumas na costa. Temperaturas sen cambios significativos ou en descenso lixeiro as máximas. Ventos frouxos do nordés no terzo norte, con intervalos moderados no litoral, e frouxos e variables no resto. (02/04/12)