Todos os niveis educativos están convocados hoxe a unha folga que está a ter unha incidencia moi desigual en Galicia. // A futura lei de vivenda da Xunta busca facilitar a venda do elevado numero de pisos baleiros. // Navalia: Os estaleiros e as empresas auxiliares buscan internacionalizarse para sobrevivir á fonda crise que atravesa o sector. // Descargar de internet vídeos, películas ou música, mentres se recarga a batería do coche eléctrico, ou realizar os pagamentos deses servizos desde o teléfono móbil. Son posibilidades que abre unha iniciativa pioneira. // Dous estudantes ourensáns descobren que as ondas electromagnéticas inflúen negativamente nas plantas. // "Luar na Lubre" fálanos do seu novo disco, "Mar maior". 22/05/12
Folga no ensino con incidencia moi desigual en Galicia. // A futura lei de vivenda da Xunta. // Navalia: Os estaleiros e as empresas auxiliares buscan internacionalizarse. // Descargar de internet vídeos, películas ou música, mentres se recarga a batería do coche eléctrico. // Dous estudantes ourensáns descobren que as ondas electromagnéticas inflúen nas plantas. // O novo disco de "Luar na Lubre". 22/05/12
Inaugúrase en Vigo a nova sede do Laboratorio Europeo de Referencia de Biotoxinas Mariñas. // O presidente da Xunta descarta un adianto das elección autonómicas e confía nunha nova maioría do Partido Popular neses comicios. // Cen mil sinaturas contra as fumigacións aéreas dos eucaliptos. Os representantes da Plataforma contra as fumigacións entregáronas esta mañá no rexistro da Xunta. // O Deportivo perde unha batalla, pero mantense como primeiro candidato ao ascenso directo. Onte caeu por dous goles a tres fronte ao Xerez. E o Celta volve golear. Catro cero contra o Alcoyano. // Mozos discapacitados intelectuais e con síndrome de Down formaranse nun banco. 21/05/12
Inaugúrase en Vigo a nova sede do Laboratorio Europeo de Referencia de Biotoxinas Mariñas. // O presidente da Xunta descarta un adianto das elección autonómicas. // Cen mil sinaturas contra as fumigacións aéreas dos eucaliptos. // O Deportivo perde unha batalla, pero mantense como primeiro candidato ao ascenso directo, e o Celta volve golear. // Mozos discapacitados intelectuais e con síndrome de Down formaranse nun banco. 21/05/12
Moita nubosidade de tipo baixo e chuvias débiles, dispersas e ocasionais, máis probables e frecuentes na metade Oeste e nas zonas elevadas do interior. Vento frouxo de compoñente Oeste, con intervalos de moderado no litoral de Lugo e no noroeste da Coruña. Temperaturas sen cambios significativos. 21/05/12
Hoxe é o día internacional dos museos e os de Galicia súmanse á celebración cunha xornada festiva e divulgativa. // O museo do humor de Fene. // O Goberno galego aumenta a dotación da renda de inserción social, para os máis desfavorecidos, e faina compatible co cobro por traballos menores. // Tres mulleres da comarca do Ribeiro, que estaban en paro, montan unha cooperativa para ofrecer comida caseira a domicilio, sobre todo a persoas maiores e dependentes. // Fixámonos na faceta de ensaísta de Valentín Paz Andrade. 18/05/12
Ceos con intervalos nubrados e chuvias dispersas e ocasionais, máis probables durante a mañá no norte e pola tarde no interior, particularmente na provincia de Ourense. Ventos frouxos de compoñente oeste. As temperaturas descenderán lixeiramente. 18/05/12
Día internacional dos museos. // O museo do humor de Fene. // O Goberno galego aumenta a dotación da renda de inserción social. // Tres mulleres da comarca do Ribeiro montan unha cooperativa para ofrecer comida caseira a domicilio. // Fixámonos na faceta de ensaísta de Valentín Paz Andrade. 18/05/12
Homenaxe institucional a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. // Milleiros de persoas asisten en Santiago a tradicional manifestación do 17 de maio para reivindicar o dereito a vivir coa lingua propia. // A Xunta recortará este ano 26 millóns de euros de gasto para cumprir co déficit marcado polo goberno do un e medio por cento. // En Santiago hai hoxe festa por partida dobre. É o xoves da Ascensión, que aquí e festivo local. // O Deportivo vai disparado cara Primeira. Onte ganoulle tres a un en Riazor ao Las Palmas. // O neto dun emigrante galego foi o derradeiro amante de Marilyn Monroe. 17/05/12
Homenaxe a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. // Manifestación en Santiago para reivindicar o dereito a vivir coa lingua propia. // A Xunta recortará este ano 26 millóns de euros de gasto. // En Santiago hai hoxe festa por partida dobre. // O Deportivo vai disparado cara Primeira. // O neto dun emigrante galego foi o derradeiro amante de Marilyn. 17/05/12
Ceos moi nubrados nas bisbarras atlánticas, con algunha chuvia débil e ocasional. No resto, intervalos anubrados con momentos de apertura de grandes claros. Vento do Sueste moderado, con intervalos fortes pola tarde na área de Ortegal-Bares. Temperaturas mínimas en moderado ascenso e as máximas entre un moderado e notable descenso, agás no Norte de Lugo, onde ascenderán. 17/05/12
Dimite por sorpresa o Valedor do Pobo, Benigno López. // Sorpresa en Moaña pola decisión de Novagalicia Banco de pechar, ata novo aviso, as tres oficinas que ten no centro da vila. // O Presidente da Xunta presenta en Ourense o seu modelo de hospital intelixente, sostible e centrado na atención ao paciente. // A universidade de Santiago homenaxea a Valentín Paz. // Cero a tres definitivo no Guadalajara-Celta. // Complétase a restauración ambiental da antiga explotación de lignito das Pontes. 16/05/12
Intervalos de nubes de tipo medio e alto, alternando con momentos de sol. Vento de compoñente Leste, moderado con intervalos fortes no extremo Norte e máis frouxos na metade Sur. Temperaturas en ascenso, entre moderado e notable, con sensación térmica de calor en toda a comunidade, agás no Norte de Lugo, onde será máis suave. 16/05/12
Dimite por sorpresa o Valedor do Pobo, Benigno López. // Sorpresa en Moaña pola decisión de Novagalicia Banco de pechar, ata novo aviso, as tres oficinas que ten no centro da vila. // O Presidente da Xunta presenta en Ourense o seu modelo de hospital. // A universidade de Santiago homenaxea a Valentín Paz Andrade. // Cero a tres definitivo no Guadalajara-Celta. // Complétase a restauración ambiental da antiga explotación de lignito das Pontes. 16/05/12
A Xunta convoca a concellos, institucións e empresas para que se comprometan a tomar medidas que promovan hábitos saudables. // Benigno López seguirá sendo Valedor do Pobo. O Partido desoe as peticións de dimisión por parte da oposición polas declaracións nas que o Valedor suxeriu a suspensión da lei de dependencia. // En Redondela investigan as causas do accidente dun camión das obras do AVE, no que morreu o condutor, un mozo andaluz de 37 anos. // Un cento de traballadores descargan estes días no porto de Marín boa parte da lura que capturan os barcos galegos no caladoiro das Malvinas. // Valentín Paz Andrade, xornalista. 15/05/12
A Xunta chama a tomar medidas para promover hábitos saudables. // Benigno López seguirá sendo Valedor do Pobo. // Accidente dun camión das obras do AVE en Redondela. Morreu o condutor. // Descarga en Marín de lura das Malvinas. // Valentín Paz Andrade, xornalista. 15/05/12
Ceos despexados, agás nas bisbarras cantábricas, onde haberá nubes de estancamento. Ventos do nordés, moderados no litoral e máis frouxos no interior tendendo en xeral a aumentar de intensidade pola tarde. As temperaturas sufrirán un novo descenso, entre lixeiro e moderado. 15/05/12
Xunta, Ministerio de Fomento e varias ducias de concellos galegos comprométense a investir 44 millóns de euros en rehabilitación de vivendas e espazos públicos. // Ser muller, sufrir unha discapacidade e vivir no rural pode ser motivo dunha tripla discriminación á que están expostas milleiros de persoas en Galicia. // Tamén en Galicia, milleiros de persoas celebran na rúa o primeiro aniversario do movemento 15-M, aquí sen incidentes. // 72 adegas das cinco denominacións de orixe de Galicia abren as súas instalacións ao público e ofrecen degustacións gratuítas de viño. // O Celta regresa aos postos de ascenso directo. O Deportivo goleou con facilidade ao Numancia. (14/05/12)
Intervalos de nubes durante a mañá, con néboas no interior e brumas costeiras nas Rías Baixas. Pola tarde predominarán os ceos pouco anubrados ou despexados. Temperaturas en lixeiro descenso. Ventos moderados do noroeste no litoral norte e frouxos no resto. Brisas nas Rías Baixas. (14/05/12)
44 millóns de euros para rehabilitación de vivendas e espazos públicos. // Ser muller, sufrir unha discapacidade e vivir no rural pode ser motivo dunha tripla discriminación. // Milleiros de persoas celebran na rúa o primeiro aniversario do 15-M. // 72 adegas das cinco denominacións de orixe de Galicia abren as súas instalacións ao público. // O Celta regresa aos postos de ascenso directo. (14/05/12)