Día dos océanos. // A Xunta participa tamén na celebración mostrando, sobre todo aos máis pequenos, os medios de salvamento marítimo e de loita contra a contaminación cos que conta Galicia. // O Banco de España calcula que Novagalicia Banco ten que facer un saneamento dos seus activos inmobiliarios por valor de 4.500 millóns de euros. // Un artefacto de fabricación caseira e pouca potencia explotou esta madrugada na sede do Partido Popular en Ribadumia. // Roupa vestida de revés por un día para que os que aínda non o fan, se animen a colaborar coas organizacións non gobernamentais. // Os alumnos de primaria do colexio da Mezquita, en Ourense, crean unha ópera. (08/06/12)
Ceo nubrado pola mañá, con algunha chuvia débil e dispersa. Pola tarde iranse abrindo claros e remitindo as chuvias. Vento frouxo de compoñente Oeste, con algún intervalo de moderado no Norte de A Coruña e Lugo. Temperaturas mínimas en lixeiro e moderado descenso; e máximas sen cambios significativos. (08/06/12)
Día dos océanos. // A Xunta mostra os medios de salvamento marítimo e de loita contra a contaminación. // Novagalicia Banco precisa 4.500 millóns de euros adicionais. // Un artefacto explotou de madrugada na sede do Partido Popular en Ribadumia. // Roupa vestida de revés por solidariedade. // Os alumnos de primaria do colexio da Mezquita crean unha ópera. (08/06/12)
A policía intercepta na AP-9 media tonelada de cocaína. Hai oito detidos. // O Goberno galego comezou hoxe a tramitación dunha nova lei que pretende fomentar as investigacións que se traduzan en resultados produtivos. // O Concello de Ourense sacará a concurso a conversión do antigo cárcere nun hotel balneario dentro dun ano. // Xoves de Corpus, festa da Coca en Redondela. Os bailes tradicionais, das espadas e as penlas marcan a diferenza con outras localidades. // O concello pontevedrés de Sanxenxo terá 17 bandeiras azuis nos seus 36 km de costa. (07/06/12)
Chuvias xeneralizadas nas primeiras horas, que poden alcanzar intensidade puntualmente forte, pero a medida que avance a xornada serán máis illadas e ocasionais. Vento de compoñente Oeste, forte durante a madrugada no litoral e zonas altas do interior, tendendo a diminuír a súa intensidade co avance da mañá. Temperaturas mínimas sen cambios, mentres que os valores máximos terán un lixeiro descenso. (07/06/12)
A policía intercepta na AP-9 media tonelada de cocaína. Hai oito detidos. // O Goberno galego comeza a tramitación da nova lei de innovación. // O Concello de Ourense sacará a concurso a conversión do antigo cárcere nun hotel balneario. // Xoves de Corpus, festa da Coca en Redondela. // Sanxenxo terá 17 bandeiras azuis. (07/06/12)
Textos xornalísticos para comezar tres días de selectividade para dez mil estudantes en Galicia. // Quince barcos de Burela e algún doutros portos ultiman os preparativos para comezar a costeira do bonito. // Once granxas da cooperativa Feiraco reciben a máxima certificación de calidade e seguridade alimentaria no seu proceso produtivo. // Un 32 por cento dos galegos teñen hoxe máis de 65 anos, unha porcentaxe á que chegará o conxunto de España en 2050. // O ano pasado operaron nos hospitais galegos 290 transplantes grazas a xenerosidade de 90 doantes. (06/06/12)
Ceos parcialmente nubrados con chuvias débiles pola mañá no litoral atlántico, que de modo illado se poden estender ao interior pola tarde. Vento frouxo de compoñente Oeste, con intervalos de moderado no litoral da provincia de A Coruña pola tarde e algún intervalo forte durante a noite. Temperaturas sen cambios significativos. (06/06/12)
Comezan tres días de selectividade para dez mil estudantes en Galicia. // Ultiman os preparativos para a costeira do bonito. // Feiraco recibe a máxima certificación de calidade e seguridade alimentaria no seu proceso produtivo. // Un 32 por cento dos galegos teñen hoxe máis de 65 anos. // O ano pasado operaron nos hospitais galegos 290 transplantes. (06/06/12)
A paraxe galega declarada máis recentemente Monumento Natural acollía esta mañá o acto de celebración da Xunta do Día Mundial do Medio Ambiente. Trátase dunha montaña entre Quiroga e Folgoso do Courel, que ten 350 millóns de anos de antigüidade. //Os incendios e a proliferación de especies invasoras son os principais problemas medioambientais de Galicia, segun denuncia o colexio de Biólogos. A Xunta considera que a nova lei de Montes axudará a erradicalas mentres os ecoloxistas reclaman máis cambios legais.// En Vigo comenzou o xuizo contra unha nai que educa ao seu fillo de dez anos na casa. A fiscal pide unha pena de sete meses de multa por un delicto de abandono de familia.// Os hospitais galegos necesitan 40.000 doazóns de sangue para afrontar as necesidades do verán. A conselleira de sanidade fixo hoxe un chamamento aos cidadáns para que fagan este xesto altruista tamén nas vacacións, cando sobe a demanda polos accidentes de tráfico. (05/06/12)
Muda o tempo e notámolo xa dende primeira hora. Ceos grises con moitas nubes e con chuvias moi débiles que comezaban a caer sobre todo no litoral atlántico. Orballos como os que grababamos na Coruña que sorprendían a algúns. As temperaturas tamén han ser hoxe algo máis baixas, en torno os 22-23 graos. (05/06/12)
O último lugar que foi declarado Monumento Natural de Galicia acolleu hoxe o acto central de celebración do Día do Medio Ambiente. E unha montaña de Quiroga, en Lugo, que se formou hai 350 millóns de anos. // Comenza en Vigo o xuízo contra unha nai acusada de non escolarizar ó seu fillo. Ela di que o educa persoalmente na casa.// Sanidade fai un chamamento para conseguir ata 40.000 doazóns de sangue durante os meses de verán.// ¿Aficiones peligrosas¿ una novela inédita de Emilia Pardo Bazán, escrita cuando tenía solo 13 años. (05/06/12)
A Rianxeira soará de novo en Primeira. Cinco anos despois o Celta dí adeus o inferno da Segunda División. Balaídos vivíu uha das súas noites máxicas e pasada a media noite, festa na Praza de América. //O Club Deportivo Lugo pode ocupar un dos ocos deixados na Segunda División por Celta e Deportivo, logo de gañarlle por tres goles a un ao Atlétic Balears. // O Presidente da Deputación de Ourense, Xosé Manuel Baltar, propón que os titulares destes organismos provinciais sexan elexidos directamente polos votantes e ampliar as súas competencias. //O mes de maio remata en Galicia con 1.036 parados menos que en abril. O descenso nótase sobre todo na construción, na industria e no colectivo das persoas sen un emprego anterior. // Nace unha plataforma tecnolóxica de investigación biomédica que desenvolverá patentes para novos medicamentos. (04/06/12)
O Celta dixo adeus á segunda división, cinco anos despois, cunha gran festa que sigue hoxe.// O Lugo podería tomar o relevo dos equipos galegos na Segunda División.//Xosé Manuel Baltar propón que os votantes elixan directamente ós presidentes das Deputacións provinciáis. //O paro descende en 1.000 persoas no mes de maio en Galicia.//Dos departamentos punteiros de Galicia presentan unha plataforma para investigar novos fármacos xenómicos. (04/06/12)
Comezamos semana con sol e temperaturas agradables, pero cara a tarde e mañá chegan cambios. As temperaturas máximas estarán comprendidas entre os 19 graos de Viveiro e Ribadeo e os 29 de Ourense. As mínimas oscilarán entre os 7 graos de Pedrafita e os 14 de A Coruña. Aumento progresivo na nubosidade e risco de chubascos que se intensificarán na xornada de mañá, sobre todo na costa. (04/06/12)
Comeza xuño con calor, que mesmo levou a activar a alerta por altas temperaturas nalgunhas zonas de Ourense e sur de Lugo. // A liña de baixo custe de Iberia comeza a voar de Santiago a Madrid, en dúas frecuencias diarias. // Sete empresas tecnolóxicas galegas lideradas pola operadora de telecomunicacións R van poñer en marcha o Fogar Dixital Asistencial. // O Concello ourensán de Amoeiro, gobernado polo PSOE, reclámalle á Igrexa 4.300 euros en concepto de IBI por unha trintena de fincas da súa propiedade. // Vigo prepárase para celebrar o domingo a volta do Celta á Primeira. 01/06/12
Comeza xuño con calor, que mesmo levou a activar a alerta por altas temperaturas nalgunhas zonas de Ourense e sur de Lugo. // Iberia Express comeza a voar entre Santiago a Madrid. // Sete empresas tecnolóxicas galegas van poñer en marcha o Fogar Dixital Asistencial. // O Concello ourensán de Amoeiro reclámalle á Igrexa 4.300 euros en concepto de IBI. // Vigo prepárase para celebrar o ascenso do Celta. 01/06/12
A primeiras horas, intervalos de nubes medias e altas. Irán crecendo nubes de evolución que cara á tarde deixarán chuvascos de carácter localmente tormentoso, máis probables no interior. Vento frouxo de compoñente Leste no extremo Norte de Galicia e de dirección variable no resto. Temperaturas mínimas en moderado ascenso; mentres que as máximas non terán cambios significativos, polo que continuará a intensa sensación térmica de calor. 01/06/12
Alerta por altas temperaturas en Ourense e o sur de Lugo. // A Xunta aprobou hoxe o novo canon da auga. // Cada día morren en Galicia dez persoas por enfermidades vinculadas ao hábito de fumar. // A Universidade de Santiago é a institución que máis patentes xera en Galicia. // As empresas tecnolóxicas e as do sector audiovisual de Galicia alíanse. // Michael Nyman na Coruña. (31/05/12)
Ceos despexados, con algunhas nubes baixas no litoral cantábrico e con posibilidade de que crezan nubes de evolución diúrna no interior, con nubes de estancamento en A Mariña nas primeiras horas. Vento no terzo Norte do Nordés entre frouxo e moderado, con refachos fortes á tarde no litoral Norte de A Coruña. No resto, frouxo de dirección variable, con brisas nas Rías Baixas. Temperaturas en ascenso, lixeiro nas mínimas e entre moderado e notable nas máximas, agás en A Mariña, onde non teñen cambios significativos. (31/05/12)