Tempo de verán, e especialmente caloroso en Ourense e o sur de Lugo. Agárdase que as temperaturas superen hoxe en moito os trinta graos na capital das Burgas. // A Xunta aprobou hoxe o regulamento do canon da auga que igualará o recibo para todos os consumidores, vivan no concello que vivan. // Cada día morren en Galicia dez persoas por enfermidades vinculadas ao hábito de fumar. Hoxe é o día mundial sen Tabaco. // A Universidade de Santiago é a institución que máis patentes xera cada ano en Galicia, entre 25 e 30. // As empresas tecnolóxicas de Galicia e as do sector audiovisual alíanse para afrontar a súa internacionalización. // Michael Nyman na Coruña. (31/05/12)
A crise provoca que os turistas gasten menos e estean menos tempo en Galicia. Non obstante, o atractivo da nosa comunidade atrae cada vez a máis visitantes. // O Congreso dos Deputados rexeita unha proposta do BNG encamiñada a que Novagalicia Banco se converta na entidade financeira pública da comunidade. // Os sindicatos e os grupos de goberno do Concello de Ourense e da Deputación pactan o recorte dos gastos de persoal para aforrar este ano máis de 800.000 euros. // A Factoría Naval de Marín pechará a partir do 1 de xuño se non recibe 9,2 millóns de euros. // Galicia xa conta cun invernadoiro preparado para a investigación con plantas transxénicas. // Maratón de lectura na Fundación Granell. 30/05/12
A crise provoca que os turistas gasten menos e estean menos tempo en Galicia. // O Congreso di non a que Novagalicia Banco se converta na entidade financeira pública da comunidade. // Concello de Ourense e Deputación pactan o recorte dos gastos de persoal. // A Factoría Naval de Marín pechará a partir do 1 de xuño se non recibe 9,2 millóns de euros. // Un invernadoiro preparado para a investigación con transxénicos. // Maratón de lectura na Fundación Granell. 30/05/12
Néboas e nubes baixas a primeiras horas que se irán disipando ao longo do día, agás no litoral norte, onde serán localmente persistentes. Ventos frouxos de dirección variable pola mañá, tomando despois compoñente norte e alcanzando intervalos de moderado no litoral oeste. As temperaturas ascenden agás no litoral norte. 30/05/12
Nos próximos seis anos está previsto investir no xacemento arqueolóxico de Santa Tegra, na Guarda, 19 millóns de euros, para convertelo en referente turístico. // A multinacional Nestlé amplía a súa fábrica de Pontecesures para aumentar un 50 por cento a súa produción e crear 22 novos empregos. // 110 institucións culturais e educativas defenden a creación dun dominio propio para Galicia en internet. O "puntoGal" aumentará a presenza e o prestixio da nosa lingua na rede. // Os pais dunha nena do concello ourensán de Castro Caldelas están a ser investigados pola xustiza por non enviala ao colexio. // A alimentación para os pacientes seguirá sendo gratis nos hospitais públicos de Galicia, aínda que a xestión do servizo sexa privada, segundo a Xunta. // O novo disco dos Cempés. 29/05/12
Plan director para o xacemento arqueolóxico de Santa Tegra. // Nestlé amplía a súa fábrica de Pontecesures e crea 22 novos empregos. // 110 institucións culturais e educativas defenden a creación dun dominio propio para Galicia en internet. // Os pais dunha nena de Castro Caldelas están a ser investigados por non enviala ao colexio. // A alimentación para os pacientes seguirá sendo gratis nos hospitais públicos de Galicia, segundo a Xunta. // Novo disco dos Cempés. 29/05/12
Intervalos de nubes e claros na provincia de A Coruña e o norte da de Lugo, que aumentarán co avance do día, coa posibilidade dalgunha chuvia illada. No resto da comunidade, ceos máis abertos aumentando a nebulosidade cara á tarde. Ventos frouxos, con predominio do oeste e do suroeste, alcanzando intervalos moderados na Costa da Morte. As temperaturas manteranse sen cambios significativos ou con algúns ascensos puntuais. 29/05/12
O gol de Xisco, o 2 a 1, devolve o Deportivo á Primeira e pon en marcha unha agardada celebración na Coruña. // A finais deste ano entrará en servizo en Negreira a plataforma loxística do Sergas, unha nave que vai almacenar e distribuír os 45mil produtos que utilizan os hospitais e centros de saúde galegos. // Os partidos da oposición aseguran que a Xunta querer dar entrada aos negocios privados na sanidade pública. // Xuízo en Vigo a unha das coidadoras dunha gardería, acusada de darlle tranquilizantes a varios bebés. A fiscalía pide para ela 14 anos de cadea. // Na Coruña o cantautor cordobés, Mario díaz, acompañado dunha interprete en lingua de signos, Iria Márquez, conseguiu que o público que non oe poida entender a letra e o ritmo. 28/05/12
O gol de Xisco, o 2 a 1, devolve o Deportivo á Primeira. // A finais deste ano entrará en servizo en Negreira a plataforma loxística do Sergas. // Os partidos da oposición aseguran que a Xunta querer dar entrada aos negocios privados na sanidade pública. // Xuízo en Vigo a unha das coidadoras dunha gardería, acusada de darlle tranquilizantes a varios bebés. // Música para xordos na Coruña. 28/05/12
O día comeza con néboas no interior, posibles brumas na costa e algún orballo disperso no extremo oeste, mentres que o ceo quedará o resto do día parcialmente cuberto por intervalos de nubes de tipo medio e alto. Temperaturas mínimas sen cambios, pero as máximas ascenden de forma moderada no interior. Ventos frouxos de dirección variable, con brisas no litoral. 28/05/12
O sector naval recibe con esperanza, pero tamén con cautela, os últimos anuncios de contratación de buques nos estaleiros galegos. // O presidente da Xunta di, nunha entrevista en Rne, que a economía mellorará a comezos de 2013 froito das medidas tomadas polo Goberno central. // O conselleiro de Economía e os responsables de Novagalicia Banco defenden a continuación da entidade financeira en solitario. // Allariz ofrecerá este verán a posibilidade de degustar carne de boi de calidade preparada de 11 maneiras diferentes. // Teatro no cárcere. Un grupo de internos do centro penitenciario de Teixeiro estrea hoxe unha obra que fala deles mesmos e da liberdade. // Exposición antolóxica de Virxilio en Ourense. 25/05/12
Nubes de evolución diúrna con chuvascos no interior, ocasionalmente fortes e acompañados de aparato eléctrico, especialmente na metade Leste. Vento frouxo de compoñente Oeste, con algúns intervalos moderados no litoral. Temperaturas mínimas sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un descenso moderado, localmente notable. 25/05/12
O sector naval recibe con esperanza, pero tamén con cautela, os anuncios de contratación nos estaleiros galegos. // O presidente da Xunta di que a economía mellorará a comezos de 2013. // O conselleiro de Economía e os responsables de Novagalicia Banco defenden a continuación da entidade financeira en solitario. // Allariz ofrecerá carne de boi preparada de 11 maneiras. // Teatro no cárcere de Teixeiro. // Exposición antolóxica de Virxilio. 25/05/12
Os estaleiros galegos van construír 14 remolcadores para a petroleira pública de México e queda aberta a posibilidade de que fagan tamén un buque-hotel flotante para os empregados da compañía. // Os estaleiros ven con satisfacción a proposta de bonificación fiscal que o goberno español lle enviou á Unión Europea. // Representantes dos traballadores e afectados polas participacións preferentes manifestaron hoxe a súa preocupación polo futuro de NovaGalicia Banco. // O Deportivo ten o ascenso ao alcance tras vencer onte no último minuto do partido ao Nástic, e o Celta protagoniza outra goleada cun xogador menos e tras comezar perdendo. // Festival de Cans: Comeza no Porriño o concurso de curtametraxes máis singular. 24/05/12
Ceos pouco nubrados, con nubes de evolución diúrna en zonas montañosas do interior. Vento frouxo de dirección variable en xeral, con réxime de brisas nas Rías Baixas. Pola tarde, frouxo de compoñente Norte no terzo Norte, con intervalos de moderado arredor de Bares. Temperaturas mínimas sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso, mentres que as máximas continúan subindo de modo entre lixeiro e moderado. 24/05/12
Os estaleiros galegos van construír 14 remolcadores para a compañía petroleira pública de México. // Os estaleiros ven con satisfacción a proposta de bonificación fiscal. // Preocupación polo futuro de NovaGalicia Banco. // O Deportivo vence no último minuto e o Celta protagoniza outra goleada. // Festival de Cans, en O Porriño. 24/05/12
Movementos para buscarlle unha saída a fonda crise que atravesa o sector naval galego. // O líder dos socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, afirma que o Goberno galego falseou os datos do déficit do ano pasado. // Viaxar entre Galicia e Madrid en tren será un pouco máis rápido dentro dun mes. // Ata 30.000 euros poderán recibir as emprendedoras galegas como axuda da Xunta para montar o seu negocio. // Os inmigrantes son dos que máis están a sufrir a crise, pero na súa maioría deciden quedar en Galicia e non retornan aos seus países de orixe. // ACADACANTO, o novo proxecto de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero. 23/05/12
Ceos pouco nubrados ou despexados, con bancos de néboa matinais e algunhas nubes de evolución diúrna no interior. Vento frouxo e variable, predominando o compoñente Sur durante a mañá. Brisas no litoral. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en ascenso entre lixeiro e moderado. 23/05/12
Movementos para buscarlle unha saída ao sector naval. // Pachi Vázquez, acusa ao Goberno galego de falsear os datos do déficit. // Viaxar entre Galicia e Madrid en tren será un pouco máis rápido. // 30.000 euros para as emprendedoras galegas. // Os inmigrantes son dos que máis están a sufrir a crise, pero na súa maioría deciden quedar en Galicia. // ACADACANTO. 23/05/12
Nubes baixas e néboas que irán rompendo durante a mañá, con posibles chuvascos illados de madrugada, especialmente no terzo Oeste. Co avance da xornada os ceos quedarán con intervalos de nubes medias e altas que irán entrando dende o Oeste. Vento frouxo do Sur e Sueste en xeral, con intervalos moderados no litoral da provincia de A Coruña. Temperaturas entre lixeiro e moderado ascenso. 22/05/12