Despois de meses de espera, o consello de ministros aproba hoxe o anteproxecto do Plan de Ordenación de espazos marítimos. Un texto que delimitará as zonas que se consideran axeitadas pra instalar parques de enerxía eólica mariña, dos que xa coñecemos ata 8 proxectos nas costas galegas. O sector pesqueiro presentou alegacións ós primeiros borradores, e opoñerase a que os parques previstos poidan instalarse en zonas onde se pesca.
Repetición do xuizo e de argumentos. Na Audiencia provinciala de Lugo vai continuar ó longo de toda a semana a vista oral na que debe decidirse se Ana Sandamil é culpable da morte da súa filla. Onte volveu dicir que a atopou morta pola mañá.
Este martes celebrarase tamén unha nova sesión no xuizo do lvia co turno para ós forenses.
E, doxe en tres meses celébranse as eleccións municipais... o PP expulsa o que durante máis de 20 anos foi o seu alcalde en Celanova por apoiar unha candidatura independente. Tampouco con outro histórico.. o rexedor de Beade
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Ana Baneira regresa a Galicia. A activista coruñesa, de 24 anos, volveu hoxe a casa despois de case catro meses encarcerada en Irán. A súa familia pediu privacidade pro reencontro.
En Lugo, comezou a repetición do xuizo contra Ana Sandamil, acusada de asasinar á súa filla Desiré, de sete anos, hai case catro anos en Muimenta.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Hai varios meses activistas de todo o mundo uníronse ás mulleres de Irán nunha vaga de protestas pola morte, en mans das autoridades, de Mashda Amini, unha muller que foi detida por levar mal posto o veo islámico. Unhas protestas asque se unía unha coruñesa, Ana Baneira, que acabou detida poals autoridades. Despois de catro meses de preocupación, hoxe Baneira regresa, cansa pero en bo estado, pra reencontrarse coa súa familia.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Tras tres meses presa en Irán, Ana Beneira foi liberada e hoxe está previsto que estea de volta na Coruña. A familia demanda espacio e intimidade para a atender a chegada da moza.
E, este luns, a atención está tamén na audiencia provincial de Lugo... coa constitución dun novo xurado... vaise repetir o xuizo a Ana Sandamil.. a condena a prisión permanente revisable foi anulada ó non estar ben argumentado o veredicto.
Deportes... cara e cruz.. triunfo do Celta e derrota do Lugo, que xa queda a 11 puntos dos postos que evitan o descenso de categoría
Pero do que máis se fala esta mañá e do frío...
O domingo déixanos unha feliz noticia: a liberación da activista coruñesa de 24 anos Ana Baneira. Estivo case catro meses na cadea en Irán por levar mal colocado o velo islámico. Voa nestes momentos cara a España e a súa familia agarda a chegada a Galicia a última hora do día.
Neste tempo informativo falaremos tamén da exclusión dixital das persoas de máis idade. Xa empeza a haber movimentos como o do concello de Ames que elimina a cita previa para as xestións e basta con acodir ás oficinas para facelas presencialmente.
No tempo da entrevista o convidadado é Borja san Ramón, secretario xeral de Podemos Galicia.
A precampaña electoral vai collendo pulo ante a proximidade dos comicios municiapis do 28 de maio. En Santiago o PP celebrou un acto que acaba de rematar para presentar aos 313 candidatos que pechou Alberto Núñez Feijoo. O ministro do Interior estivo esta mañá na Estrada para avaliar ao aspirante socialista. E o BNG fixo o propio no Porriño onde Ana Pontón amadriñou ao seu candidato.
En Ferrol houbo unha homenaxe a Rafael Pillado, o sindicalista e activista morto este luns por asbestose.
E unha boa parte deste informativo dedicarémola a profundizar na figura e na obra de Martín Códax.
Tamén a neve afecta arestora a algunhas vías de circulación ainda que non hai ningunha estrada cortada. Da rede principal hai que circular con preacaución na A-8 no Alto do Fiouco, na A-6 ao seu paso polas Nogais. As restriccións na A-52 nos concellos de Riós e Allariz que estiveron activas toda a mañá xa están levantadas.